Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
A ORIXE DA VIDA
2
A EVOLUCIÓN DAS BIOMOLÉCULAS
Hipótese de Oparin: postulada polo bioquímico Oparin en Explicaba que as primeiras moléculas orgánicas se sintetizaron por reaccións químicas producidas entre os gases da primitiva atmósfera terrestre (metano, amoníaco, hidróxeno e vapor de auga), grazas á enerxía de tormentas e das reaccións solares. Hipótese apoiada polo experimento de Miller e Urey en 1953: reproduciron as condicións da atmósfera primitiva: introduciron nun recipiente unha mestura dos gases (metano, amoníaco, hidróxeno e vapor de auga), aplicaron descargas eléctricas e radiación uv, e observaron ao cabo dun tempo que se formaba unha “sopa primitiva ou primordial” de azucres, aa, ácidos graxos e nucleótidos. Probas recentes demostraron que esa atmósfera inicial se restrinxiría a zonas con condicións especiais, como as zonas volcánicas ou submarinas. As primeiras moléculas se acumularon en zonas cálidas do océano primitivo, reaccionaron e deron lugar a biomoléculas cada vez máis complexas e estables.
3
A APARICIÓN DAS CÉLULAS
1º paso: formación de vesículas constituidas por bicapas de fosfolípidos (sucede espontáneamente nun medio acuoso rico en moléculas lipídicas). Moitas destas vesículas aillaron no seu interior algunhas das macromoléculas concentradas nese “caldo de cultivo” Esas vesículas ou protocélulas comezaron a realizar 3 importantes funcións, para convertirse en CÉLULAS: Intercambiar materia e enerxía co medio exterior Regularse en función dos cambios ambientais Producir réplicas de sí mesmas grazas ao seu primitivo material xenético. Estas primeiras células posiblemente serían HETERÓTROFAS E ANAEROBIAS, xa que tomaban do medio moléculas orgánicas e non dispoñían de Osíxeno A aparición das primeiras células AEROBIAS e das EUCARIOTAS producirase moito despois.
4
A EVOLUCIÓN CELULAR Aparición primeiros PROCARIOTAS FOTOAUTÓTROFOS
Grandes cantidades de O2 na atmósfera Algúns procariotas anaerobios evolucionan e dan orixe a células PROCARIOTAS AEROBIAS Evolucionan e aparecen as primeiras CÉLULAS EUCARIOTAS Autotrofos: organismos capaces de sintetizar todas as substancias esenciais para o seu metabolismo a partir de materia inorgánica (non necesitan de outros seres vivos para nutrirse) Heterótrofos: organismos que deben alimentarse coas substancias orgánicas sintetizadas por outros organismos (necesitan de outros seres vivos para nutrirse) Aerobios: necesitan O2 para vivir Anaerobios: non necesitan O2 para vivir
5
TEORÍA ENDOSIMBIÓTICA DE LYNN MARGULIS: (1967)
Hipótese máis aceptada sobre cal foi o proceso evolutivo que orixinou as células eucariotas.Segundo esta teoría: Célula procariota engloba outras máis pequenas sobreviven no seu interior en simbiose evolucionan orixinan as mitocondrias e cloroplastos. O núcleo orixinaríase por invaxinacións da mb plasmática unidas ao ADN
6
A CÉLULA PROCARIOTA Carece dun núcleo rodeado por membrana.
Flaxelos: apéndices proteicos que serven para o movemento Fimbrias: apéndices proteicos curtos e numerosos para a fixación da célula Pili: apéndices proteicos longos e escasos que interveñen no intercambio de material xenético con outras células. Parte externa Parede celular: cuberta protectora ríxida formada por polisacáridos e peptidoglicano (glícido + péptido) Membrana plasmática: formada por bicapa de fosfolípidos e proteínas. Actúa de barreira fronte ao exterior. Citoplasma Parte interna Ribosomas: síntese de proteínas Mesosomas: pregamentos da mb plasmática que presentan gran actividade metabólica ADN: molécula circular NON rodeada de mb, denominado nucleoide.
7
CELULA PROCARIOTA
8
A CÉLULA EUCARIOTA Presentan un núcleo rodeado por unha membrana.
Son máis grandes e máis complexas que as procariotas. Algunhas (vexetais e fungos) presentan parede celular. O seu citoplasma contén orgánulos que poden ser: Sen membrana Rodeados por 1 membrana Rodeados por unha doble membrana
9
ORGÁNULOS DA CÉLULA EUCARIOTA
Microfilamentos Filamentos intermedios Microtúbulos forman centriolos, que interveñen na div celular Dan forma á cél. Citoesqueleto: formado por Ribosomas: síntese de proteínas Sen membrana Retículo endoplasmático: rede de membranas relacionada coa síntese e transporte de moléculas. Pode ser rugoso ou liso en función de si presenta ou non ribosomas. Aparello de Golgi: conxunto de vesículas que tamén interveñen no transporte e síntese dalgunhas moléculas. Lisosomas e Peroxisomas: conteñen enzimas dixestión de moléculas. Vacúolos: almacenan nutrintes e productos de refugallo Rodeados por 1 soa membrana Mitocondrias: nelas teñen lugar importantes reaccións metabólicas producción de enerxía Cloroplastos: atópanse en celulas vexetais. Realizan a fotosíntese. Núcleo: nel atópase o ADN e se poduce a replicación e síntese de ARN (transcripción) Rodeados por dobre membrana
10
CELULA EUCARIOTA ANIMAL
11
CELULA EUCARIOTA VEXETAL
12
OS PRIMEIROS ORGANISMOS PLURICELULARES
Seres unicelulares limitacións: só poden vivir en medios acuosos e teñen pequenos tamaños. Algúns organismos unicelulares permanecen xuntos forman colonias especializadas en diferentes funcións O paso de Colonias organismos pluricelulares require 3 características: Especialización e diferenciación das células para levar a cabo tarefas específicas. Funcionamento coordinado: necesitan mecanismos de “intercomunicación” entre as distintas células. Un medio interno: líquido extracelular no que están inmersas as células, a través do cal se comunican e intercambian ubstancias. O mantenemento das características e o equilibrio do medio interno se denomina homeostase.
13
NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DOS VEXETAIS: Tipo Talo: estrutura formada por células idénticas unidas íntimamente. Típica de algas e fungos (denominados talófitos) Tipo Cormo: organización típica das plantas vasculares. Presentan tecidos especializados dedicados á conducción de líquidos (vasos) NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DOS ANIMAIS: Nivel celular: animais máis simples (poríferos: esponxas) agregados de células con distintas especializacións. Nivel de tecidos-órganos: (cnidarios: medusas)algo máis complexos. Chegan a formar tecidos (conxunto de células con unha función determinada) Nivel de órganos-sistemas: a maior parte dos animais teñen órganos (grupo de tecidos que se asocian para formar unha estrutura cunha misión concreta). Estes órganos forman parte de aparatos ou sistemas de maior ou menor complexidade.
14
AS FORMAS NON CELULARES
VIRUS: Son estruturas proteicas que conteñen no seu interior material xenético. Carecen de metabolismo propio polo que necesitan outra célula para perpetuarse son parásitos intracelulares obrigados. A célula á que parasitan se denomina hóspede. Estrutura: Posúen como material xenético ADN ou ARN Cuberta de protección chamada cápside constituída por proteínas. Poden presentar a maiores unha envoltura Poden presentar unha estrutura chamada cola (os virus complexos)
15
MULTIPLICACIÓN DOS VIRUS:
Unha vez que o virus penetrou na célula, pode continuar o seu ciclo e a súa multiplicación de 2 xeitos: CICLO LÍTICO: O virus apropiase do metabolismo da célula, reprodúcese (provocando a morte desta lise) e sae ao exterior para infectar a novas células. CICLO LISOXÉNICO: O ADN do virus intégrase no cromosoma hóspede e, en cada división celular, pasa con él ás células fillas. Nun momento determinado poden cambiar e pasar a desenrolar un ciclo lítico.
16
AS FORMAS NON CELULARES
PLÁSMIDOS: Son pequenas moléculas de ADN que non pertencen ao material xenético orixinal da célula, pero que se lle transmite ás sucesivas xeracións. Poden ter xenes beneficiosos para á célula (p.ex. proporcionar resistencia a antibióticos en bacterias). Presentes normalmente en bacterias. VIROIDES: Son pequenas moléculas de ARN circular que producen enfermidades nalgunhas plantas. Son axentes infecciosos que, a diferencia dos virus, non posúen proteínas nin lípidos. PRIÓNS: Son proteínas que causan enfermidades neurodexenerativas, como a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob ou das vacas tolas. Non presentan material xenético.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.