La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

PRODUCCIÓN BÁSICA DO ALUMINIO

Presentaciones similares


Presentación del tema: "PRODUCCIÓN BÁSICA DO ALUMINIO"— Transcripción de la presentación:

1 PRODUCCIÓN BÁSICA DO ALUMINIO
Esquema do proceso de producción Alumna: Ánxela López Pulpeiro Profesora: Teresa Díaz Estévez

2 Barco con bauxita A materia prima para a obtención da alúmina é a bauxita, normalmente procedente de Boke (Guinea) Chega en barco, descárgase no porto e con cintas transportadoras lévase a un dos grandes silos

3 Moenda A bauxita móese nunhas machacadoras de martelos ata ter o tamaño aproximado de 1mm. Despois mestúrase cunha disolución de sosa cáustica e faise unha moenda húmida en muíños de barras e bólas, converténdoa nunha polpa.

4 Dixestión A polpa xunto con máis sosa cáustica pasa aos dixestores a 240ºC e 25 kg/cm2 No dixestor sepárase por decantación un licor rico en aluminato sódico de un residuo formado por impurezas insolubles ( óxido de ferro maioritariamente)

5 Precipitación O licor rico, xa limpo e frío, pasa ás instalacións de precipitación onde se lle incorporan xermes de hidrato e óxido de alúmina O resultado é a formación de cristais que van medrando ao longo do circuíto ata acadar o tamaño e características adecuadas

6 Hidrato Unha parte do hidrato de alúmina obtido pasa directamente ao mercado O resto ...

7 Calcinación O resto é calcinado a unha temperatura entre
900ºC e 1000ºC A molécula de hidrato perde auga e obtemos o producto final:

8 Alúmina Óxido de aluminio, polvo branco coñecido como alúmina
A producción en San Criprián é aproximadamente de toneladas anuais, das que o 30% é vendida e o 70% restante é consumida por as fábricas do grupo De 4 toneladas de bauxita obtéñense 2 de alúmina e de éstas sae 1 tonelada de aluminio

9 Silo de cock A planta fabrica os ánodos que
consume, e recicla os usados Necesita cock, que recibe en barcos e por medio de cintas transportadoras é levado a os silos

10 Coke + Brea Dos silos pasa aos mezcladores, onde se lle engade brea

11 Torre de pastas O cock mesturado con brea envíase á torre de pastas,
da que sae o ánodo xa formado, pero cru Na electrolise, o ánodo é o encargado de pasar a corrente ao electrólito (criolita e fluoruro de aluminio)

12 Cocción O ánodo cru non serve para ser utilizado
Ten que ser levado aos fornos para a súa cocción, previa a ser enviado a selar.

13 Selado de ánodos Selado de ánodos, onde se lle acoplan todos os
detalles precisos para a súa próxima utilización Quedando o ánodo preparado para desempeñar a súa función electrolítica

14 Ánodo+Alúmina A traves da alúmina faise pasar gas fluor desprendido
na electrólise, formándose fluoruro de aluminio, ao que se lle engade criolita, como fundente, para obter o electrólito. Con os ánodos e o electrólito obtidos na fábrica, pasamos á electrólise

15 Electrólise A cuba electrolítica é un caixón de aceiro recuberto
interiormente de material refractario, que consta de: Ánodo (electrodo+) parcialmente sumerxido no electrólito ( criolita e fluoruro de aluminio) Cátodo ( electrodo -) bloques de carbón grafito que cubren o material refractario

16 Bolsa de colada A corrente eléctrica pasa dende
o ánodo a o cátodo, a traves do electrólito que esta aproximadamente a 1000ºC producindo a electrolise da alúmina A alúmina reducida a aluminio metal, líquido, deposítase no cátodo, de onde flue ás bolsas de colada

17 Transporte do metal Camións especiais levan as
bolsas de colada, ate os fornos de fundición Trátase de aluminio líquido con unha pureza do 99´8%

18 Fundición En fundición elabóranse as distintas calidades e aleacións
Os aleantes máis frecuentes son: Manganeso, cobre, estroncio, silicio, magnesio e ferro

19 Pezas O metal arrefríase nas mesas de colada, rociando con auga
os moldes situados sobre unha plataforma móbil. PLACA TOCHO LINGOTE Solidifícase en forma de lingote, placa ou tocho, segundo pida o cliente.


Descargar ppt "PRODUCCIÓN BÁSICA DO ALUMINIO"

Presentaciones similares


Anuncios Google