La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

TEMA 7: VOCABULARIO.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "TEMA 7: VOCABULARIO."— Transcripción de la presentación:

1 TEMA 7: VOCABULARIO

2 Caciquismo O sistema caciquil ou caciquismo estivo presente na vida política española da Restauración e con posterioridade. A súa base era o cacique, persoa eu exerce unha autoridade abusiva nunha vila ou zona, cunha influencia excesiva en asuntos políticos ou administrativos, valéndose do seu poder económico ou estatus social.

3 “Desastre de Annual” Derrota militar de na que as tropas marroquíes de Abd-El-Krim destrozaron ás españolas, causándolles máis de mortes. A catástrofe debeuse á imprudencia do xeneral Silvestre, ó parecer alentado a unha acción temeraria polo propio Rei Alfonso XIII.

4 Directorio Militar Goberno militar creado polo ditador Miguel Primo de Rivera e que durará dende 1923 a A preocupación fundamental foi o problema da Guerra de Marrocos e o mantemento da orde pública (evitar as folgas e perseguir os sindicatos anarquistas).

5 Encasillado ou encadrado
Proceso polo que o ministro de Gobernación colocaba nas cadrículas correspondentes a cada distrito electoral os nomes dos candidatos (ministeriais e da oposición), que o Goberno de turno estaba disposto a aceptar, tras arduas negociacións con todas as forzas implicadas.

6 “Expedente Picasso” Investigación dirixida polo militar do mesmo nome ante o forte impacto na opinión pública do Desastre do Annual co fin de averiguar o comportamento dos militares e depurar responsabilidades. A sospeita de que o propio Afonso XIII resultara implicado, co conseguinte desprestixio da monarquía, levou ao golpe militar de 1923 e á anulación dos resultados do expedente.

7 Pacto de San Sebastián Acordo político entre socialistas, republicanos, nacionalistas e outras forzas minoritarias para organizar unha sublevación contra o goberno de Afonso XIII, asinado en O Comité revolucionario establecido vai ser o futuro Goberno Provisional da IIª República. Consecuencia deste acordo foi a formación dunha coalición electoral para as municipais de A vitoria desta coalición supuxo a caída de Afonso XIII.

8 Pucheirazo . Substitución masiva dos votos emitidos no pucheiro ou urna electoral en beneficio do candidato oficial. Fraude ou falsificación electoral consistente en computar votos non emitidos na elección

9 Rexeneracionismo Termo que aparece en España a finais do século XIX para englobar os proxectos críticos co sistema da Restauración e denuncian os problemas políticos, sociais e económicos que afectaban a España. É un movemento da pequena e mediana burguesía, marxinada do poder pola oligarquía dominante, que tomará protagonismo a partir do "desastre" de Un dos seus maiores representantes será o economista Xoaquín Costa.

10 Semana Tráxica Nome con que se coñece o conxunto de actos de protesta producidos en Cataluña na última semana de Xullo de A decisión de Maura de mobilizar os reservistas para incrementar o exército expedicionario en África, orixinou ondadas de protestas en toda España. As organizacións obreiras catalás, sobre todo as anarquistas, decretaron a folga xeral para impedir o embarque dos reservistas cataláns. O motín estendeuse e tomou claras tinguiduras anticlericais co asalto e queima de conventos e igrexas. O exército interveu e levouse a cabo unha forte represión.

11 Sistema de quenda Réxime político caracterizado pola alternancia no poder de dous partidos. No caso español, refírese ó sistema compartido polos partidos Liberal e Conservador durante os reinados de Alfonso XII e Alfonso XIII, recibindo os nomes tamén de turnismo ou bipartidismo amañado.

12 Unión Patriótica Partido político creado para apoiar á Dictadura de Primo de Rivera en torno ós principios de “relixión, patria e monarquía”. Tivo unha existencia moi breve ( ). Os seus simpatizantes e afiliados eran coñecidos como “upistas”.


Descargar ppt "TEMA 7: VOCABULARIO."

Presentaciones similares


Anuncios Google