La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

As empresas de servizos enerxéticos

Presentaciones similares


Presentación del tema: "As empresas de servizos enerxéticos"— Transcripción de la presentación:

1 As empresas de servizos enerxéticos
Xornada sobre sostenibilidade enerxética municipal EGAP, 16 de marzo de 2011 Paula Uría Traba Xefa de Área de Aforro e Eficiencia Enerxética Instituto Enerxético de Galicia-Inega

2 Introdución. Obxectivos de aforro
Entre as estratexias e obxectivos da política enerxética galega ( ) inclúese:  Intensificar as medidas de aforro e eficiencia enerxética co obxectivo de reducir as tasas de consumo e incrementar a competitividade.  O obxectivo é reducir o incremento do total do período do 6,22 % (1,01 % anual) ao 1,66 % (0,27 % anual) no consumo de enerxía final en Galicia.

3 Introdución. Actuacións sectoriais
 Destaca o Plan de Aforro e Eficiencia na Administración Pública Galega que recolle: 1.- Elaboración estratexia de eficiencia a nivel autonómico 2.- Realización de actuacións de aforro e eficiencia enerxética a nivel autonómico 3.- Programa actuacións de aforro e eficiencia enerxética a nivel local

4 Aforro no sector municipal. Consumos
A iluminación pública supón o 53% do consumo enerxético dun concello medio en Galicia Referido aos gastos enerxéticos, a iluminación pública supón o 70% do gasto enerxético municipal

5 Aforro no sector municipal. Potencial de aforro
Dos resultados dos estudos realizados en diferentes concellos auditados, indican un aforro enerxético medio dun 22% da enerxía consumida. Estes aforros son especialmente significativos na iluminación pública que pode acadar o 35% e nas instalacións deportivas que ronda o 15%.

6 Aforro no sector municipal. Posibilidades actuación
Aforro enerxético Aforro económico Nulo investimento Adecuación de temperaturas a usos Boa utilización de iluminación natural Optimización de ocupacións en edificios En xeral, cambios de hábitos AHORRO Aforro enerxético Aforro económico Investimento baixo/alto Cambios de equipos térmicos, eléctricos Instalación de equipos de iluminación eficientes. Instalaciones de coxeración, xeración distribuida EFICIENCIA Ingresos medios/altos Aforro económico Investimento media/alta Reducidos gastos explotación Xeración eléctrica Xeración térmica EERR

7 Aforro no sector municipal. Actuacións públicas
Subvencionáronse máis de 600 proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector municipal, cunha axuda concedida de 15,6 millóns de euros. Destes proxectos, corresponden a iluminación pública, un total de 14,8 M€, o que supón un investimento asociado en medidas de aforro e eficiencia enerxética en iluminación superior a 29 M€. Estas axudas facilitaron o cambio de máis de 800 instalacións de iluminación pública por instalacións máis eficientes. Con estas actuacións estímase que se acadou un aforro superior a MWh/ano. As demáis actuacións corresponden a proxectos de eficiencia en plantas potabilizadoras de auga (74 proxectos; € de axuda); plans de mobilidade urbana sostible (8 proxectos; €); auditorias enerxéticas tanto na iluminación exterior como en edificios municipais (123 estudos; € de axuda), así como proxectos de eficiencia térmica en edificios (7 proxectos; €).

8 Aforro no sector municipal. Apoio e financiamento
- Liñas de axuda a fondo perdido para proxectos que cumpren unhas características determinadas: concurrencia competitiva (entre o 15 e o 70% do investimento elexible). Liñas de financiamento en base aos ingresos obtenidos (xeración eléctrica con EERR) Liñas de financiamento en base aos aforros obtidos Empresas de servizos enerxéticos

9 ¿Qué é unha empresa de servizos enerxéticos?
ESEs/ESCOs Servizo enerxético (art. 3.e Directiva 2006/32/CE) Beneficio físico, utilidade ou vantaxe derivados da combinación dunha enerxía cunha tecnoloxía eficiente en termos de enerxía e/ou cunha acción, que poderá incluir as operacións de mantemento e control necesarios para prestar este servizo, que prestase baseándose nun contrato que en circunstancias normais amosou levar a unha mellora da eficiencia enerxética verificable e mensurable ou estimable e/ou a un aforro de enerxía primaria Empresa de servizos enerxéticos (art. 3.i Directiva 2006/32/CE) Persona física ou xurídica que proporciona servizos enerxéticos ou de mellora da eficiencia enerxética nas instalacións ou locais dun usuario e afronta certo grao de risco económico ao facelo. O pagamento dos servizos prestados basearase (en parte ou totalmente) na obtención de melloras da eficiencia enerxética e no cumprimento dos demáis requisitos de rendemento convenidos.

10 ¿Qué é unha empresa de servizos enerxéticos?
As principais características dunha ESE son: 1.- A ESE garante os aforros enerxéticos e/ou a subministración do mesmo nivel enerxético a menor custe, mediante a implantación dun proxecto de eficiencia enerxética. 2.- A remuneración da ESE provén directamente dos aforros enerxéticos acadados. 3.- A ESE financia ou asiste na tramitación do financiamento para a implantación dun proxecto enerxético que se leva a cabo mediante unha garantía de aforros. 4.- Baixo un contrato de rendemento enerxético, a ESE desenvolve, implementa e financia directamente (ou xestiona o financiamento) un proxecto de eficiencia enerxética e/ou enerxías renovables, e emprega os aforros de custo ou de enerxía producida para sufragar os custos do proxecto, incluíndo os custos do investimento. A ESE non recuperará o investimento realizado se non se cumpren os aforros garantidos.

11 ¿Qué é unha empresa de servizos enerxéticos?
Os servizos enerxéticos subministrados por unha ESE consisten na aplicación de tecnoloxías eficientes e/ou utilizacion de enerxías renovables, levadas a cabo mediante un contrato asociado a un aforro de enerxía e/ou mellora da eficiencia enerxética e/ou subministro de enerxía renovable, os cales deben ser verificables, medibles ou estimables. PROXECTO SEN ESE PROXECTO CON ESE Proveedores Proveedores Instaladores Instaladores Consultoría e enxeñaría Consultoría e enxeñaría ESE CLIENTE CLIENTE Subministración enerxética Financiamento e subvencións Subministración enerxética Financiamento e subvencións

12 Marco Normativo Directiva 2006/32/CE, sobre a eficiencia do uso final da enerxía e os servizos enerxéticos, así como a Directiva 2010/31/UE sobre a eficiencia enerxética nos edificios. Real Decreto-lei 6/2010 de 9 de abril, inclúe medidas específicas de impulso as ESE. Lei 30/2007 de contratos do sector público Lei 2/2011 de Economía Sostible. Plan de Intensificación do AEE. Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética na Administración Pública Galega. Plan de Activación das Empresas de Servizos Enerxéticos (Plan 2000 ESEs) XESTIÓN IDAE - INEGA

13 Situación en España e a nivel internacional
En España existen dúas grandes asociacións que engloban as empresas de servizos enerxéticos: AMI (asociación de empresas de mantemento integral e servizos enerxéticos) e ANESE (asociación de empresas de servizos enerxéticos). e Existen outras asociacións relacionadas como son: Asociación de empresas de calor e frío (ADHAC); Asociación de empresas de eficiencia enerxética (A3E) e a nivel europeo: European Federation of Intelligent Energy Efficiciency Services (EFIEEs) así como a European Association of Energy Service Companies (EU-ESCO) Dende o ano 2010, existe un directorio de empresas de servizos enerxéticos en que pode servir de consulta. Trátase dun directorio indicativo no se pode consultar as diferentes ESEs que se inscriben e os seus principais datos. Segundo este directorio existen algo máis de 100 ESEs que operan en España. Segundo datos de rexistros de ESEs da Comisión Europea (2005) en España estaban rexistradas 7 empresas deste tipo. Este dato incrementouse no ano 2007 ata acadar 15 ESE.

14 Situación en España e a nivel internacional
As empresas de servizos enerxéticos que operan en España diferencianse polas características do seu funcionamento e os servizos que prestan: Grandes empresas enerxéticas: dedicadas a subministración e comercialización de enerxía en España Empresas de operación e mantemento: empresas que viñan realizando este tipo de servizos e que inclúen os investimentos en eficiencia enerxética. Empresas de enxeñaría e subministración de equipos enerxéticos: adicadas a implantación de proxectos enerxéticos. Os principais proxectos desenvoltos na actualidade son proxectos de coxeración; instalacións de iluminación pública; proxectos de enerxía solar. Segundo datos da UE o mercado de ESEs en España potencial estímase en millóns de euros. (Institute for Environmental and Sustaintability)

15 Situación en España e a nivel internacional
Mercado comezou a desenvolverse dende principios dos anos 90 en EEUU principalmente, seguido de Alemania, Francia e Reino Unido. Alemania: existen máis de 500 ESE activas aínda que 50 empresas son as que máis operan cun valor de mercado investido de 750 M€ ata 2006. Francia: existen 2 empresas dominantes aínda que existen 500 empresas de pequeno e mediano tamaño. A facturación anual das ESE en Francia estímase en millóns de euros. Reino Unido: existen 24 empresas ESE que operan principalmente cunha facturación estimada cercana aos millóns de euros. EEUU: existen entre 500 a ESE que operan cunha facturación anual superior aos millóns de euros. Os principais proxectos desenvoltos con este tipo de empresas realízanse baixo a modalidade de colaboración público-privada e son: proxectos de coxeración; iluminación pública; sistemas de frío e calor e ventilación.

16 Proxectos potenciais das ESEs
Grandes proxectos enerxéticos que requiran un investimento asociado considerable. Proxectos medios cun alto potencial de aforro enerxético e no que a propiedade precisa financiamento para acometelos. Principais proxectos potenciais: centros de oficinas e administrativos; centros educativos e universitarios; centros hospitalarios; centros comerciais; hoteis; centros deportivos; industria; iluminación pública; centros sociais; aeroportos.

17 Proxectos potenciais das ESEs.
Centros de oficinas e administrativos. Iluminación interior: optimización da subministración enerxética e substitución de luminarias por equipos máis eficientes así como sistemas de control da iluminación. Calefacción e climatización: substitución de equipos térmicos por equipos de maior rendemento e substitución de combustible; recirculación de aire; instalación de equipos eficientes en climatización. Sistemas de control: Instalación de sistemas de control de consumos.

18 Proxectos potenciais das ESEs.
Centros educativos e universitarios. Iluminación interior: optimización da subministración enerxética e substitución de luminarias por equipos máis eficientes así como sistemas de control da iluminación. Calefacción e Climatización: substitución de equipos térmicos por equipos de maior rendemento e substitución de combustible; actuacións na envolvente. Proxectos de district-heating para varios edificios (campus universitarios). Sistemas de control da demanda: Instalación de sistemas de control, monitorización e optimización de consumos. Proxectos de micro-coxeración. Proxectos de enerxías renovables: solar térmica e fotovoltaica e caldeiras de biomasa.

19 Proxectos potenciais das ESEs.
Centros hospitalarios. Iluminación interior: substitución de luminarias por equipos máis eficientes así como sistemas de xestión centralizada da iluminación. Calefacción e Climatización: substitución de equipos térmicos por equipos de maior rendemento e substitución de combustible; substitución de equipos de xeración de frío por equipamento máis eficiente. Sistemas de control da demanda: Instalación de sistemas de control, monitorización e optimización de consumos. Proxectos de coxeración. Proxectos de enerxías renovables.

20 Proxectos potenciais das ESEs.
Instalacións deportivas. AQS: mantemento e renovación de caldeiras de xeración de AQS. Calefacción e Climatización: illamentos correctos; emprego de bombas de calor eficientes. Proxectos de coxeración. Proxectos de enerxías renovables. Solar térmica para AQS e quentamento das piscinas.

21 Proxectos potenciais das ESEs.
Instalacións de iluminación pública. Substitución de lámpadas e equipo auxiliar de vapor de mercurio por VSAP. Substitución de luminarias por equipamento máis eficiente. Introdución de tecnoloxía eficiente: LED; Haloxenuros Metálicos; Inducción. Instalación de sistemas de regulación do fluxo lumínico, así como instalacións de reloxo astronómico programable. Substitución de semáforos por óptica LED.

22 Modelo ESE e modalidades de contratación
Principais parámetros dun contrato de servizos enerxéticos (dependendo do modelo de contratación): Financiación do proxecto: realizada pola ESE, polo cliente ou por unha entidade financeira. Duración do contrato: en función do investimento realizado e dos aforros acadados. Duración media entre 5 e 12 anos. Prestacións: - Subministro enerxético - Mantemento corretivo - Garantía total - Investimentos en instalacións, - Investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables.

23 Modelo ESE e modalidades de contratación
Garantías e reparto de aforros Aforros garantidos: a ESE garante un % de aforro ao cliente. Aforros compartidos: a ESE e o cliente comparten os aforros. Aforros mixtos: a ESE garante un % aforro fixo e o adicional se comparte. Reparto de aforros (principais): Dende o comezo do proxecto: O cliente verá reducida a factura enerxética dende o primeiro momento e alongará o prazo de vixencia do contrato. Aforros íntegros ao final do proxecto: A ESE utiliza os aforros conseguidos para amortizar o investimento. Unha vez se amortiza se repercuten os aforros no cliente. Os prazos de duración do contrato se acortan.

24 Modelo ESE e modalidades de contratación
Aspectos clave da contratación dos servizos enerxéticos. Alcance. Deberá establecerse, como mínimo: Instalacións incluidas no alcance Servizos e actividades incluídas así como un cronograma de implantación. O alcance das OeM así como o servizo de garantía. Recursos a utilizar no contrato. 2. Garantía de aforros. É un dos obxectos do contrato e ten unha dobre misión: garantir unha redución do consumo enerxético e dos custos e por outra banda permite financiar unha reforma das instalacións. Aforro: medible, estimado ou verificable. Moi importante o procedemento de verificación e medida dos aforros que ten que ser acordado coa ESE e o cliente.

25 Modelo ESE e modalidades de contratación
Fases no proceso de contratación dunha ESE. 1.- Prediagnóstico enerxético/Auditoria enerxética. 2.- Procedemento de contratación: C. Mixto SyS ou CCPP. (Ley 30/2007) 3.- Estudo de optimización enerxética de detalle. 4.- Diseño do proxecto. 5.- Instalación e explotación. 6.- Xestión enerxética das instalacións e Operación e Mantemento. 7.- Control, verificación e medida dos aforros.

26 Dificultades de implantación.
1.- Modelos contractuais adaptados á lexislación. No caso do sector público estes modelos (sobre todo o CCPP) ofrece dificultades na súa execución. 2.- Duracións longas de contratos para amortizar os investimentos. 3.- Financiamento acumulativo por parte da ESE. 4.- Dificultade de obter crédito. 5.- Descoñecemento en moitos sectores deste modelo de negocio enerxético. 6.- Desconfianza por parte dos clientes dos aforros “garantidos”. 7.- Externalización de servizos de mantemento asociado. 8.- Falta de coñecemento e limitación dos protocolos de verificación e medida.

27 Vantaxes das ESEs 1.- Minimización ou nulo investimento en medidas de eficiencia enerxética e/ou implantación de enerxías renovables para o cliente. 2.- O cliente pode obter redución inmediata da súa factura enerxética. 3.- Trasferencia de riscos financeiros e técnicos a ESE. Contrátase servizo e confort. Os riscos da súa obtención é responsabilidade da ESE. 4.- Servizo global: integra diferentes contratos nun único contrato. Único interlocutor. 5.- Externalización de determinados servizos: mantemento. 6.- Duración do contrato máis curto que a vida útil das instalacións. Unha vez finalizado este a propiedade ten equipos máis eficientes. 7.- A ESE aporta solucións técnico-economicamente viables e amortizables posto que o investimento está asociado aos aforros garantidos.

28 Actuacións no ámbito público.
PLAN 2000 ESEs. Objectivos: 1.- Conseguir un aforro de enerxía e introdución das EERR en centros consumidores de Enerxía (CCE), mediante a realización de medidas de aforro e eficiencia enexética que garante un aforro do 20% con respeto ao consumo actual, baixo a modalidade de contratos de servizos enerxéticos realizadas por ESEs. 2.- Dinamizar o mercado das ESEs, tal e como establece a Directiva 2006/32/CE. Centros (CCE) obxecto do plan: 2000 centros públicos 1.000 centros da AXE (Ampliación do Plan 330 AXE) 1.000 centros da administración autonómica e local

29 Empresas de servicios energéticos
PLAN 2000 ESEs. Centros consumidores de enerxía (CCE): Unidade de actuación enerxética que conta cun potencial de aforro enerxético ou aproveitamento de fontes renovables realizable a través da execución de medidas de fomento do aforro e a eficiencia enerxética e de EERR baio un modelo de contrato de servizos enerxéticos. Para este plan, os CCE comprenderán un edificio ou conxunto de edificios e/ou servizos públicos (iluminación exterior) Facturación enerxética (inc. mantenimiento ) do CCE > €/ano

30 Empresas de servicios energéticos
PLAN 2000 ESEs. Líñas de financiamento do Plan: O plan conta cun orzamento total de 80 M€ para financiar o 15% do investimento elexible, puidendo acadar o 20% con achega adicional das CCAA. Por outra parte, conta con dotación orzamentaria adicional (PAE4 anual de cada CCAA) para realizar un servizo de asistencia técnica por proxecto, consistente en: - realización de diagnoses enerxéticas - apoio no proceso de contratación - seguimento das actuaciones: medicións durante 1 ano.

31 Empresas de servicios energéticos
PLAN 2000 ESEs. Propostas de centros consumidores de enerxía CENTROS CCE CENTROS EDIFICIOS SUPERFICIE AFECTADA GASTO ENERXÉTICO (M€) USO RESIDENCIAL e SERVIZOS SOCIAIS 7 32 1,7 USO SANITARIO 4 12 10,1 USO DOCENTE MEDIO 2 30 85.308 0,5 USO ADMINISTRATIVO 3 9 91.708 1,5 USO DEPORTIVO 1 24.890 0,2 USO DOCENTE UNIVERSITARIO 10 En estudio TOTAL 20 100 > > 14 Prevese que durante o primeiro semestre de 2011 se publiquen os primeiros concursos públicos correspondientes aos proxectos deste plan.

32 Moitas grazas pola súa atención


Descargar ppt "As empresas de servizos enerxéticos"

Presentaciones similares


Anuncios Google