La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

15 de novembro de 2012 Ramón Verea Adicado a Leonardo da Vinci e a...

Presentaciones similares


Presentación del tema: "15 de novembro de 2012 Ramón Verea Adicado a Leonardo da Vinci e a..."— Transcripción de la presentación:

1 15 de novembro de 2012 Ramón Verea Adicado a Leonardo da Vinci e a...
A Estrada 11/12/1833 - Bos Aires 6/2/1899

2 O Día da Ciencia en galego...
... instaurouse como protesta contra o decreto de plurilingüismo que exclúe o galego do ensino das ciencias e da tecnoloxía. ...na súa terceira edición escollénronse para centrar as actividades as figuras de Leonardo da Vinci e Ramón Verea.

3 Un pouco de historia das CALCULADORAS
1.- Leonardo da Vinci ( ) O boceto descubriuse no ano 1967 na Biblioteca Nacional de Madrid nos documentos que serían coñecidos como Códice de Madrid I e II (podes velos nese enlace, folio 36-verso) Formada por 13 rodas con 10 dentes en cada unha ensambladas de xeito que cando a primeira da 10 voltas a segunda avanza 1... e así sucesivamente. VIDEO EXEMPLO CON 7 RODAS

4 Video sobre a reconstrucción do reloxo calculador de Schikard
Un pouco de historia das CALCULADORAS 2.- O reloxo de Schickard Considerada como a primeira máquina de calcular Construída no 1623 polo astrónomo alemán Wilhelm Schickard ( ). Podía realizar as catro operacións básicas. O único que se construiu foi destruído nun incendio no 1624. Video sobre a reconstrucción do reloxo calculador de Schikard

5 Video sobre A PASCALINA
Un pouco de historia das CALCULADORAS 3.- A Pascalina Deseñada polo filósfo e matemático francés Blaise Pascal ( ) No ano 1642 Máquina aritmética que realizaba sumas e restas. Construíronse varios exemplares que se distribuíron por Europa e servirían como referencia para que outros construíran as súas propias sumadoras. Video sobre A PASCALINA

6 4.- A máquina de Leibniz Pequeno Video
Un pouco de historia das CALCULADORAS 4.- A máquina de Leibniz Gottfried Wilhelm Leibniz ( ) matemático, filósofo e diplomático alemán Máquina moito máis complexa que a de Pascal. Constrúe un exemplar no 1694 e outro no 1704, pero os seus mecanismos, demasiado complexos para o desenvolvemento tecnolóxico da época, nunca chegaron a funcionar satisfactoriamente. As innovacións que achegadas por Leibniz foron utilizadas polos seguintes inventores. Pequeno Video

7 5.- O aritmómetro Video Un pouco de historia das CALCULADORAS
Deseñado sobre a base da calculadora de Leibniz Ideado por Charles-Xavier Thomas de Colmar ( ), enxeñeiro francés A primeira versión foi contruída no 1822. Foi a primeira calculadora con éxito comercial de toda a historia A súa produción estederase con sucesivas versións desta máquina durante todo o século XIX, incluso despois da morte de Thomas de Colmar, ata o ano 1915. Video

8 6.- A multiplicadora de Ramón Verea
Un pouco de historia das CALCULADORAS 6.- A multiplicadora de Ramón Verea Todas as calculadoras construídas ata o último cuarto do XIX basaban o cálculo do produto nunha serie de sumas sucesivas. Ademais este procedemento non era automático. Ramón Verea ( ), patentou no ano 1878 en Nova York un mecanismo que podía realizar directamente multiplicacións cunha capacidade de obter resultados de ata quince cifras. Ramón Verea era plenamente consciente de cal fora a súa aportación á tecnoloxía das máquinas calculadoras. Nun artigo publicado no xornal Las Novedades de Nova York Verea afirmaba que Non sei se algún dos inventores que me precederon soñou algunha vez cunha máquina de calcular; pero sei que todos os aparatos ata o de hoxe inventados non fan máis que contar.

9 6.- A multiplicadora de Ramón Verea
Un pouco de historia das CALCULADORAS 6.- A multiplicadora de Ramón Verea Pesaba uns 23 quilos Medía 35 centímetros de longo, 30 centímetros de ancho e 20 de alto Podía sumar, multiplicar e dividir números de nove cifras O aparello podía resolver un produto dun nº de 9 cifras por outro de 6 en vinte segundos, unha velocidade sorprendente para a época. O seu invento só deixou pegada na historia da computación como base para futuras máquinas, como a de Otto Steiger. Consérvase nos depósitos da sede central de IBM, en White Plains (Nova York) formando parte da colección iniciada en 1930 por Thomas J. Watson Sr., presidente fundador de IBM.

10 Un pouco máis sobre RAMÓN VEREA
Nace na parroquia de Curantes (A Estrada) o 11 de decembro de 1833 Inicia estudos na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela Emigra a Cuba Dirixe na cidade de Colón (Cuba) o xornal Progreso. Establécese en Nova Iorque Dirixe o xornal El Cronista Inventa e patenta a máquina de cálculo. Faise coa propiedade da imprenta “El Polígloto” Funda e dirixe a revista El Progreso Trasládase a Guatemala Chega a Bos Aires e funda o xornal El Progreso 1899 Acontece en Bos Aires o seu pasamento

11 CHARLA DIDÁCTICA Por: D. OLIMPIO ARCA XOVES 15/11/2012 HORA: 11:35
Moito máis sobre RAMÓN VEREA... CHARLA DIDÁCTICA Por: D. OLIMPIO ARCA XOVES 15/11/2012 HORA: 11:35

12 Para saber máis... http://www.cienciaengalego.org/drupal6/
(especial agradecemento ao autor deste magnífico blog, Cibrán Arxibai, veciño da Estrada e profesor de matemáticas en Silleda) Departamentos de: MATEMÁTICAS, CIENCIAS, FÍSICA E QUÍMICA E TECNOLOXÍA


Descargar ppt "15 de novembro de 2012 Ramón Verea Adicado a Leonardo da Vinci e a..."

Presentaciones similares


Anuncios Google