La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

PARQUE NACIONAL TEIDE.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "PARQUE NACIONAL TEIDE."— Transcripción de la presentación:

1 PARQUE NACIONAL TEIDE

2

3 SITUACIÓN: no centro da illa de Tenerife (arquipélago de Canarias)
Concellos: La Orotava, Santiago del Teide, Guía de Isora, Vilaflor de Chasna, Fasnia e Icod de los Vinos. SUPERFICIE: 3.606,7 hectáreas

4 Costa norte de Tenerife co Teide

5

6 ALTITUDE MEDIA: m CUME MÁIS ALTO: Teide, con m

7

8 PROTECCIÓN Parque Nacional (1954), o maior e máis antigo da Illas Canarias. Patrimonio da Humanidade (2007)

9 VALORES NATURAIS -É unha área de grande interese xeolóxico onde se poden apreciar caldeiras, conos volcánicos, coadas de lava de materiais moi diversos, domos, pitóns, covas, depósitos de cinsas, fumarolas... -Grande diversidade de ecosistemas e de especies de flora e fauna con numerosos endemismos. -Paisaxes espectaculares Vista desde Guajara, na beira da caldeira

10 Monte Izaña, co observatorio astronómico. Ao fonto o Teide.

11 Chaira de Ucanca

12 Minas San José

13 Minas San José

14 Roques de García

15 XEOLOXÍA O antigo edificio volcánico que ocupaba o centro da illa de Tenerife formouse durante 3,5 millóns de anos en sucesivas erupcións alternadas con procesos de erosión e esbaramento, sobre todo cara ao norte, dando como resultado unha grande depresión ou caldeira (coñecida como As Cañadas) dentro da que xurdiu o complexo de volcáns Teide-Pico Viejo. Vista parcial da caldeira das Cañadas desde o cume do Teide.

16 Chaira de Ucanca desde o cume do Teide

17 Vista da caldeira e do Teide desde o cume de Guajara.
A parte que se conserva da caldeira das Cañadas mide 16x12 km

18 Llanos de Ucanca, a maior Cañada do Teide.

19 Vista do interior da caldeira das Cañadas.

20 O conxunto Teide-Pico Viejo son estratovolcáns de tipo estromboliano que comezaron a formarse hai uns anos.

21 Cume do Teide

22 Cume do Teide

23 O Teide e a Montaña Branca (vista leste)

24 Cráter do Pico Viejo

25 A última erupción tivo lugar no 1798 na base do Pico Viejo e formou as Narices do Teide.

26 Monte Pasajirón e Roque “La Grieta”, na beira sur da caldeira.

27 Monte Guajara (2.712 m) o cume máis alto da beira sur da caldeira.

28 O Gangarro (2223 m), ao pé da Boca Tauce, una das entradas na caldeira do Teide.

29 Na actualidade a única actividade son as furmarolas.

30 As lavas procedentes de distintas erupcións, formadas por materiais diversos (basaltos, basanitas, traquibasaltos, fonolitas, traquitas...) conforman unha paisaxe onde as cores, as formas e as texturas son moi variadas.

31

32 Lava cordada

33

34

35 Os campos de escoiras formados polas coadas de lava coñécense co nome de “malpaíses”.

36 Formacións basálticas coas características formas prismáticas (Roques de García)

37 Minas de San José, un campo de area de pedra pómez

38 Montaña Mostaza, un cono de cinzas de cor avermellada.

39 Os Azulejos, materiais de cor verdosa, formados por acción hidrotermal

40 Efectos da erosión nas rochas.

41 Os roques son estruturas que sobresaen na paisaxe formadas por rochas máis duras que resistiron a erosión dando lugar a curiosas formas. O Roque Cinchado, Roques de García

42 Roques de García

43 Roques de García

44 Roque A Catedral

45 Roque A Catedral

46 Roque na base do Guajara

47 O zapato da Raíña

48 FLORA As especies vexetais están adaptadas ás rigorosas condicións do ambiente (altitude, forte insolación, amplitude térmica e seca). Teñen formas semiesféricas, reducen a superficie foliar, están cubertas de pelos ou cera, floración abundante...

49 Están rexistradas 194 especies vexetais, das que 5 son exclusivas do Parque Nacional, 32 endemismos tinerfeños e 31 endemismos de Canarias.

50 As formacións vexetais máis características son os “retamales” ou xesteiras, dominadas pola xesta do Teide.

51 ENDEMISMOS DO PARQUE NACIONAL
Violeta do Teide (Viola cheiranthifolia), “jarilla” das Cañadas (Helianthemum juliae), cardo de prata (Stemmacantha cynaroides), edelweiss do Teide (Gnapalium teydeum), herba coelleira (Silene nocteolens). Edelweiss do Teide (Gnapalium teydeum)

52 ENDEMISMOS CANARIOS Xesta do Teide (Spartocytisus supranubius), alhelí do Teide (Erysimum scoparium),  tonática (Nepeta teydea Var. teydea), flor do malpaís (Tolpis webbii), roseira do guanche (Bencomia estipulata). Alhelí do Teide (Erysimum scoparium) Tonática (Nepeta teydea Var. teydea)

53 Flor do malpaís (Tolpis webbii)

54 Xesta do Teide (Spartocytisus supranubius)

55 ENDEMISMOS DO PISO SUPRAMEDITERRÁNEO
Taxinaste vermello (Echium wildpretii), margarida do Teide (Argyranthemum teneriffae), herba “pajonera” (Descurainia bourgaeana), roseiriña de cume (Pterocephalus lasiospermus).  Margarida do Teide (Argyranthemum teneriffae)

56 Taxinaste vermello (Echium wildpretii)

57 Herba “pajonera” (Descurainia bourgaeana)

58 Roseiriña de cume (Pterocephalus lasiospermus).

59 Taxinaste picante (Echium auberianum)

60 Andryala pinnatifida

61 Cedro canario (Juniperus cedrus)

62 Piñeiro canario (Pinus canariensis).
É a única especie de piñeiro que retoña despois de ser cortado ou de arder.

63 FAUNA MAMÍFEROS. Cinco especies de morcegos: nóctulo pequeno (Nyctalus leisleri), orelludo canario (Plecotus teneriffae), morcego de Madeira (Pipistrellus maderensis)... e varias especies introducidas en distintas épocas (muflón, coello, ratos, gato asilvestrado, ourizo moruno...) AVES. Vinte especies (10 nidificantes): pimpín azul do Teide  (Fringilla teydea teydea), bisbita camiñeiro (Anthus berthelotii berthelotii), lagarteiro (Falco tinnunculus canariensis), alcaudón real (Lanius excubitor); ferreiriño (Parus caeruleus teneriffae), picafollas (Phylloscopus collybita), xirrio unicolor (Apus unicolor unicolor), bufo pequeno (Asio otus canariensis), perdiz moruna, pomba bravía... Bisbita camiñeiro (Anthus berthelotii berthelotii),

64 RÉPTILES: destacan tres especies endémicas: lagarto tizón (Gallotia galloti galloti), perenquén (Tarentola delandii), lisa (Chalcides viridanus viridanus). Lagarto tizón (Gallotia galloti galloti).

65 INVERTEBRADOS 1.400 especies, na súa maioría endémicas: arañas, insectos (escaravellos, dípteros, hemípteros e himenópteros).

66 Escaravello do Teide (Pimelia ascendens), un endemismo do parque.

67 CURIOSIDADES -O Teide é o pico máis alto do Estado Español e de todas as terras emerxidas do Océano Atlántico.

68 -O Parque Nacional do Teide recibe máis de tres millóns de visitantes ao ano. É o parque con máis visitantes de Europa e o segundo do mundo.

69 -O nome do Teide en guanche era Echeyde que significaba inferno.
Segundo as súas crenzas, nel vivía Guayota, o espíritu do mal.

70 Observatorio do Teide, no que hai instalación de distintos países para estudar o Universo e o clima. A calidade e transparencia do aire fai que sexa un dos mellores enclaves do mundo.

71 O Roque Cinchado é una das imaxes máis coñecidas do Parque Nacional do Teide.

72 O ascenso ao cume pódese facer cun permiso especial.
No mesmo Teide está situado o Refuxio de Montaña de Altavista e un teleférico que ascende desde o pé, a uns m ata A Rambleta, a uns m. O ascenso ao cume pódese facer cun permiso especial. Vista desde o teleférico do Teide.

73 Adela Leiro Lois, Mon Daporta Padín
Xuño 2014


Descargar ppt "PARQUE NACIONAL TEIDE."

Presentaciones similares


Anuncios Google