Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
UNIVERSO FILGUEIRA
2
“Os meus primeiros e mellores mestres foron os meus pais”
3
“O meu pai, que era tan sabidor de cousas da Natureza coma dos clásicos”
4
Dna. Araceli Valverde Vaquero (1870-1946) casou con D
Dna. Araceli Valverde Vaquero ( ) casou con D. José Mª Filgueira Martínez ( ), médico, en 1903. Froito do matrimonio un único fillo, José Fernando Filgueira Valverde ( ). Ela era sobriña do penúltimo Deán da catedral de Santiago do s. XIX, D. Eduardo Valverde Cazorla ( ). Profesou nas Fillas da Caridade de S. Vicente de Paúl e prestou seus servizos no Hospital de Pontevedra, onde coñecería ao que chegou ser o seu marido.
5
Dr. D. Enrique López de la Ballina
“Ligado a min polo dobre vínculo do ‘padrinazgo’ e da máis firme amistade”. “Pois fora coma un irmán do meu pai”. “Encheu co seu agarimo, moitas horas da miña infancia e dos meus primeiros pasos de aprendiz de historiador”.
6
OS MESTRES DA ÉPOCA FORMATIVA EN PONTEVEDRA
7
Casto Sampedro y Folgar (1848-1937)
“A tertulia [do despacho de Sampedro] da que tanto se ten falado, non era, como adoita, de xente sentada, senón de pe, sempre interrompida polos que chegaban e saían”. “De min , agregado desde os quince anos, podo decir que aprendín moito nela”. “Fun o único que se atreveu a remexer, sen medo, nos libros e papeis [de D. Casto]”.
8
Fco. Javier Sánchez Cantón (1891-1971)
“Sánchez Cantón era para el como Pepito Grillo, era un Pepito Grillo que tiña en Madrid”. “Consultábanse moitas cousas” “Reuníanse tódolos días da Peregrina para tomar unhas sardiñas no ‘Carabela’”.
9
Antón Losada Diéguez (1884-1929)
“Chegou como catedrático de Instituto. Eu cursaba cuarto curso a miña amistade con Losada é a de discípulo neno co mestre que era espello, exemplo de todos nós. (…) Tiña eu 13 anos”. “A carón dos meus pais, el foi un dos meus mellores mestres”.
10
CASTELAO ( ) “Chega [a Pontevedra] no 1916 e xa non pode retornar da viaxe ás Cortes de xullo de 1936”. “Todo, todo, pode acabarse en mín, menos o amor que sinto por Pontevedra”.
11
CATRO AMIGOS DE PONTEVEDRA
12
Luis Pintos Fonseca (1906-1959)
“As lembranzas de Luisiño Pintos e da súa amistade están xunguidas ás dos mellores días da miña mocidade”. “Atopeime con el por primeira vez no outono de 1917, cando me incorporei no Instituto de Pontevedra ó segundo curso xa que fixera <<por libre>> o primeiro, por non te-la idade”. “Foi un dos meus mellores e admirados amigos”
13
Antón Fraguas Fraguas (1905-1999)
“Antón Fraguas é un dos nosos mellores <<homes bos>>, <<en el mejor sentido de la palabra bueno>>, como diría Machado”. “Cunha bondade que xurde dun ánimo aberto, cordial, que inza na máis sincera relixiosidade, guiadoira das verbas agarimosas, dos feitos xenerosos… Fraguas é amigo de todos”.
14
Alfonsiño Daniel, o fillo de Castelao (1913-1928)
“Era <<un mociño espigado, desperto, mais de fráxil estado corporal>>. Espelido, aberto, alegre, bo estudante… nel puxeran os pais as mellores ilusións”. Aquel fillo “fora o seu mellor tesouro e a súa meirande perda”.
15
Antonio Iglesias Vilarelle (1891-1971)
“Foi unha das máis atraíntes persoalidades galegas do noso tempo”. “Botóu, no quente fogar de Lousada Diéguez, os alicerces do <<Seminario de Estudos Galegos>> e do <<Museo de Pontevedra>>”. “Encetou pra Galicia os traballos da Psicotecnia Escolar”. “Amigo ó que me avencellou unha verdadeira irmandade”.
16
ETAPA UNIVERSITARIA EN SANTIAGO (1922-1927)
17
OS MESTRES
18
ARMANDO COTARELO VALLEDOR (1879-1950)
“Para min e para tantos discípulos D. Armando será sempre o prototipo do mestre formador e conformador”. “Ensinounos a penetrar con fondura nun tema, a intui-la largacía, a coñece-las fontes, a ter un criterio propio dos feitos”. “Visitas dirixidas a moimentos e lugares que nos fixo descubrir e comprender”. “Biblioteca persoal riquísima, aberta a nós, coma a súa mesma casa (…). Xeneroso do seu saber, sen ciumes nen reservas”. “Era, de certo, un polígrafo, unha enciclopedia xurdia”.
19
SALVADOR CABEZA DE LEÓN (1864-1934)
Foi un daqueles catedráticos composteláns que souberon comprender e acoller a aqueles mozos dos anos 20 do pasado século como Filgueira. Chegou a presidir o Seminario de Estudos Galegos ( ), sucedendo ao primeiro presidente, Cotarelo Valledor (1923). Recopilou datos e materiais para realizar unha Historia da Universidade compostelá. Foi un home moi activo e dinámico, exemplo para os seus discípulos.
20
PABLO PÉREZ COSTANTI (1857-1938)
“Á par de Sampedro, de Cantón e dos persoeiros da xeración <<Nós>>, é moito o que lle debo”. “Achegueime a traballar con el no rico Arquivo do Concello que ordeara e catalogara con excepcional sabencia e primor”. “Era xeneroso da súa erudición e compracíase en abrir camiños ós mozos que iamos labourar alí”. “Todo un mestre, Don Pablo, sen outro pago que o agarimo e os éxitos dos amigos e discípulos”.
21
OS COMPAÑEIROS/AMIGOS. O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
22
A ACTIVIDADE EDUCADORA
23
OS SEUS MELLORES VALEDORES: A SÚA FAMILIA
25
FILGUEIRA AQUÍ- 17/11/1994
26
Na gratitude a D. Xosé e na lembranza por sempre.
AUTOR: Germán Manuel Torres de Aboal © 28/10/2006
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.