Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
A Crise do Antigo Réxime en España
2
O reinado de Fernando VII (1813-1833)
Tras a vitoria española sobre as tropas napoleónicas e a firma do Tratado de Valençay (decembro de 1813) Fernando VII, regresa do seu cautiverio. O seu regreso supuxo o fin da experiencia liberal- radical que representaran as Cortes de Cádiz ó reinstaurar o absolutismo. Durante o seu reinado prodúcese o conflito entre absolutistas e liberais.
3
O manifesto dos persas Fernando VII asinará un decreto, en maio de 1814 onde condena e declara sen efecto a obra das Cortes de Cádiz, o que supuxo a volta ó Antigo Réxime. Dende 1813 os absolutistas comezan a organizarse e preparan a volta do rei como monarca absoluto. Así en Valencia, entréganlle este documento no que lle piden que reinstaure a monarquía absoluta e que anule a obra liberal das Cortes de Cádiz.
4
O Sexenio Absolutista (1814-1820)
A súa política caracterizouse por: A volta ó Antigo Réxime. A crise agraria e económica, así como a quebra da Facenda que se agudizou, fixo que a Corona fora incapaz de ofrecer solucións. Non houbo un programa de goberno axeitado á crítica situación. O proceso de emancipación dos territorios americanos que, apoiados por EEUU, provocan rebelións contra A metrópole A represión contra os liberais que ou se exilian ou se convirten en clandestinos. O Sexenio Absolutista ( ) Esta represión, inaugura unha fórmula conspiratoria: o Pronunciamento. Haberá varios pronunciamentos falidos como o de Díaz Porlier na Coruña, que rematan coa execución dos responsables.
5
O pronunciamento de Riego
O Pronunciamento que si vai ter éxito vai ser o do Tenente-Coronel Rafael del Riego de 1820 que iniciará unha nova etapa: o Trienio Liberal ( ). Riego dará nome ó famoso himno adoptado polos liberais primeiro, e logo polos republicanos.
6
O Trienio Liberal ( ) Tras o Pronunciamento, o rei asinou un decreto onde xurou defender a Constitución de Durante este Trienio puidéronse aplicar as reformas aprobadas nas Cortes de Cádiz. O rei proclamou a amnistía e convocou eleccións.
7
O Trienio Liberal ( ) As Cortes levaron a cabo unha gran obra lexislativa: 1) Liquidar o réxime señorial no campo: supresión de señoríos e morgados, inicio do proceso desamortizador. .
8
O Trienio Liberal ( ) 2) Liberalizar a economía e o comercio. Abolición dos gremios. 3) Modernización política e administrativa.
9
O Trienio Liberal ( ) 4) Creación da Milicia Nacional como forza de orde pública. O seu obxectivo último sería o mantemento do Réxime constitucional.
10
Os medios de difusión do liberalismo foron:
A Milicia Nacional As Sociedades Patrióticas A prensa
11
A fin do Trienio Liberal
Varios obstáculos impediron o normal desenvolvemento do sistema: A oposición do propio rei Fernando VII, que vai bloquear as leis ó empregar o dereito a veto. A división dos liberais en exaltados (a favor da aplicación literal da Constitución de 1812) e moderados (defenden unha revisión moderada da mesma. A oposición decidida da Igrexa Católica. Finalmente Fernando VII recibirá o apoio da absolutista Santa Alianza en Europa, que se materializará na intervención das tropas do rei francés Luís XVIII, xunto con voluntarios absolutistas españois: os chamados Cen mil fillos de San Luís.
12
A Década absolutista (1823-1833)
Co regreso do absolutismo sucédese unha forte represión (execucións de Riego e Mariana Pineda) sobre os liberais. Moitos terán que exiliarse, ou vivir na clandestinidade.
13
As reformas Nun contexto de mala situación económica, influída pola guerra coas colonias americanas. parte do absolutismo comezará a apoiar a introdución de certas reformas para intentar frear a quebra do sistema. Así, xunto coa burguesía financeira moderada, proxectarase racionalizar a economía e crear un Estado centralizado o que atentaba contra a existencia dos foros vascos e de Navarra.
14
As tensións do fin do reinado
As reformas provocaron a reacción dos ultrarrealistas que non querían cambios e que contaban co apoio do irmán do rei, D. Carlos María Isidro. A oposición foi crecendo e levou á revolta dos Malcontents. Finalmente, xurdirá un conflito sucesorio, ó non ter, Fernando VII, fillo varón. e ó non poder herdar a coroa a súa filla Isabel pola lei sálica de As pretensións ó trono do seu irmán Carlos, apoiado polos sectores máis conservadores, levará ó estoupido da I guerra Carlista, ó apoiar os liberais a Isabel sabedores do perfil ultraconservador de Carlos.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.