La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Ra verde Pelophylax perezi rana frog grenouille ra.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Ra verde Pelophylax perezi rana frog grenouille ra."— Transcripción de la presentación:

1 Ra verde Pelophylax perezi rana frog grenouille ra

2 CLASE: anfibios ORDE: anuros FAMILIA: ránidos

3 Corpo oval lixeiramente aplastado de ata 10 cm de lonxitude, coa pel núa, lisa con algunhas protuberancias, de cor verde-parda con manchas negras polo lombo.

4 CABEZA: cónica aplastada.
OLLOS: grandes e saíntes que lle permiten ver fóra da auga mantendo o corpo mergullado. LÍNGUA: musculosa e extensible, para atrapar ás presas.

5 PATAS DIANTEIRAS: con catro dedos
PATAS DIANTEIRAS: con catro dedos. O polgar dos machos aumenta de tamaño e faise rugoso na época da reproducción para suxeitar á femia PATAS TRASEIRAS: con cinco dedos, adaptadas ao salto e á natación.

6

7 ALIMENTACIÓN: carnívora e cazadora.
Aliméntase de insectos, moluscos, vermes que caza ao axexo saltando sobre eles.

8 HÁBITAT: lagoas con vexetación nas proximidades, charcos, regos, estanques, ríos. É a máis acuáticas de todas as ras.

9 DISTRIBUCIÓN: Península Ibérica e sur de Francia.

10 COSTUMES: Teñen moi desenvolvidos a vista e o oído
COSTUMES: Teñen moi desenvolvidos a vista e o oído. Viven independentes, soportan a presenza das demais ras, aínda que ás veces comen ás pequenas. Chegados os fríos ivernan (dende outubro-novembro, ata marzo-abril) enterradas na lama do fondo das pozas.

11 REPRODUCIÓN: ovípara. A fecundación é externa e ten lugar na auga
REPRODUCIÓN: ovípara. A fecundación é externa e ten lugar na auga. A femia pon de 800 a ovos e os cágados nacen ao cabo de 12 a 15 días. Desenvólvense por metamorfose.

12 Durante a primavera e primeiros días do verán os machos escollen un sitio na súa poza e desde alí “chaman” (expulsando o aire dos pulmóns a uns sacos bucais) ás femias.

13 Cando conseguen abrazar a algunha femia a punto de poñer os ovos, agárranse a ela ata que os expulsa, ao mesmo tempo o macho expulsa os espermatozoides para que os fecunden (fecundación externa).

14 Os ovos son esféricos, de 7 mm de diámetro
Os ovos son esféricos, de 7 mm de diámetro. Quedan formando masas que aboian apegadas ás plantas acuáticas. Pasados uns días nacen as larvas que durante catro ou cinco días permanecen apegadas ás plantas.

15

16 Os cabezolos ou cágados teñen as bránquias externas.
Aos días desaparecen as bránquias. Aos días: na zona próxima ao rabo van medrando as patas traseiras. Logo saen as patas dianteiras.

17 Aos tres meses desaparece o rabo (ensúmeselle) e completan a metamorfose. Empezan a saír da auga e a respirar directamente do aire, adquiren o aspecto e os costumes das ranas adultas.

18 As rás fanse adultas ós 2, 3 anos e poden vivir ata 10.

19 Son animáis útiles porque sanean as pozas eliminando os insectos
Son animáis útiles porque sanean as pozas eliminando os insectos. Nalgunhas zonas péscanse para aproveitalas como alimento.

20

21

22

23 Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Cambados, 2013


Descargar ppt "Ra verde Pelophylax perezi rana frog grenouille ra."

Presentaciones similares


Anuncios Google