La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Podes ler un libro da biblioteca facendo clic no tema do teu interese.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Podes ler un libro da biblioteca facendo clic no tema do teu interese."— Transcripción de la presentación:

1 Podes ler un libro da biblioteca facendo clic no tema do teu interese.
Vivir Felicidade Servir Ventas Aprender Pensamentos Madurez A Vida O Tempo Diñeiro Saír

2 A túa vida é como un libro. O título que leva é o teu nome
A túa vida é como un libro. O título que leva é o teu nome. O prefacio é a túa introducción ao mundo. As páxinas son as crónicas diarias dos teus esforzos. O asunto principal do teu libro pode ser a profesión, o negocio, o Amor, a ciencia, a literatura ou a relixión. Día a día os teus pensamentos e actos inscríbense nel, como evidencia do teu éxito ou do teu fracaso. O que anotes en cada unha das páxinas, é de vital importancia, queda escrito alí por sempre. Un día haberá de escribirse nel a palabra fin. Fai que entón poida dicirse que o teu libro é un modelo de nobres propósitos e servicio xeneroso ao mundo. Sé valente, esfórzate, dá o mellor de ti mesmo e aparecerá escrito o mellor da túa vida. Volver

3 A túa capacidade de servir aos demais está en proporción directa á grandeza do teu corazón e á nobreza dos teus sentimentos; de igual maneira, a medida que te esforzas por compartir ..…dar, servir e ser solidario, crece e ennobrécese o teu ser interior, converténdote en mellor persoa, máis feliz e con maiores posibilidades de vivir unha vida de mellor calidade. Volver

4 Aprendín que é moi difícil determinar onde fixar o límite entre defender o que creo e non ferir os sentimentos dos demais. Aprendín que non podo compararme co mellor que fan os demais, senón co mellor que podo facer eu mesmo. Aprendín que non podo facer que alguén me ame, só converterme en alguén que debe amar. Aprendín que se poden requirir anos para construír a confianza e unicamente segundos para destruíla. Por eso debo coidala. E seguirei aprendendo... Volver

5 MADUREZ é humildade. É ser suficientemente grande para dicir “equivoqueime" e, cando se estea no correcto, a persoa madura non necesita experimentar a satisfacción de dicir “xa cho dicía eu". MADUREZ significa confiabilidade. Manter a palabra, superar as crises. Os inmaturos son mestres da escusa; son os confusos e desorganizados. As súas vidas son unha confusión de PROMESAS ROTAS, AMIGOS PERDIDOS, NEGOCIOS SEN REMATAR E BOAS INTENCIÓNS QUE NUNCA SE CONVERTEN EN RELAIDADE! MADUREZ é a arte de vivir en paz e harmonía coas persoas e as cousas que nos rodean. MADUREZ é a habilidade de controlar e equilibrar pensamento, vontade e sentimentos. MADUREZ é paciencia. É saber pospoñer o pracer inmediato en favor dun beneficio a longo prazo. MADUREZ é a perseveranza. É a habilidade para cumprir as metas e sacar adiante un proxecto ou unha situación a pesar das dificultades. MADUREZ é a capacidade de tomar unha decisión e sostela. Os inmaturos pasan a súa vida explotando posibilidades para á fin non facer nada. MADUREZ é a capacidade de encarar desgustos e frustracións, incomodidades e derrotas, sen queixa nin abatemento. Volver

6 Con diñeiro podemos: Medicinas pero non saúde.
Mercar unha cama, pero non un soño. Libros, pero non cultura. Comida, pero non apetito. Adornos, pero non a beleza. Unha casa, pero non un fogar. Medicinas pero non saúde. Luxos pero non simpatía. Diversións, pero non felicidade. Un crucifixo, pero non un Salvador. Unha igrexa, pero non o ceo. E lembra que o que o diñeiro non pode comprar, Deus dánolo diariamente sen cobrar! Volver

7 A felicidade. ¡non consiste en facer sempre o que queiramos
A felicidade... ¡non consiste en facer sempre o que queiramos!; pero si en querer todo o que fagamos. A felicidade nace de poñer o noso corazón no traballo... e de facelo con alegría e entusiasmo. A felicidade, non ten receitas... cada quen cocíñaa co sazón da súa propia meditación. A felicidade... ¡non é unha pousada no camiño... senón unha forma de camiñar pola vida! A felicidade non depende do que pasa ao noso arredor... senón do que pasa dentro de nós mesmos. A felicidade mídese polo espírito co que nos enfrontamos aos problemas da vida. A felicidade... ¡é un asunto de valentía!; é tan fácil sentirse deprimido e desesperado... A felicidade... ¡é un estado de ánimo!; non somos felices en tanto non decidamos selo. Volver

8 Se dou a coñecer a nosa estructura empresarial en termos de recursos humanos e tecnolóxicos, esperto o concepto de RESPALDO. Cando respondo a unha chamada ou envío unha cotización oportunamente, créase unha imaxe de AXILIDADE. Ao dar a coñecer ao cliente información adicional asociada á solución, pódenme considerar como un ASESOR. Cando demostro con naturalidade e seguridade, que temos sido solución para outros clientes, facilito a CONFIANZA. Ao escoitar primeiro as necesidades do meu cliente e logo demostro que o noso producto as cubre, somos unha SOLUCION. Describindo brevemente tódolos nosos productos e o feito de estar axustados á lei, o cliente percibe a nosa COBERTURA. Volver

9 Canto mais envellezo, máis escoito aos que falan pouco. G.G.
A fábrica que produce o mellor producto é o fogar C.W. Todos queren cambiar o mundo, pero ninguén pensa en cambiarse a si mesmo León Tolstoi. Máis cerca dos deuses está aquel que sabe calar, aínda tendo a razón Catón. Envexa é a arte de contar as ledicias alleas en vez das propias H.C. Non deixes que os confíns da túa mente e do teu corazón te ceguen; porque as cousas mais fermosas e sinxelas no universo do ser, ocorren sen explicación algunha. Anónimo A adulación é moeda falsa que non circularía de non ser pola vaidade La Rochefoucauld Volver

10 A vida é como un labirinto con moitos camiños por tomar
A vida é como un labirinto con moitos camiños por tomar. No camiñar cotiá podemos estrelarnos contra as paredes cando as circunstancias son difíciles, pero hai que tomar unha actitude positiva e de desapego. Nada gañamos angustiándonos, preocupándonos e torturándonos cos problemas...... Para calquera dificultade na vida existe unha razón que moitas veces escapa á nosa perspectiva e non entendemos ao momento. Non podemos entender o porqué de tódalas paredes do labirinto, a menos que nos elevemos e vexamos a figura completa. Volver

11 E todo o que se quere debaixo do ceo ten a súa hora.
Todo ten o seu tempo E todo o que se quere debaixo do ceo ten a súa hora. Tempo de nacer, e tempo de morrer; tempo de sementar e tempo de colleita. Tempo de ofender e tempo de pedir perdón. Tempo de destruír e tempo de edificar. Tempo de chorar e tempo de rir. Tempo de lembrar e tempo de esquecer. Tempo de calar e tempo de falar. Tempo de perder e tempo de acadar. Tempo de guerra e tempo de paz. Tempo de gastar e tempo de gardar. Tempo de odiar e tempo de amar. Volver


Descargar ppt "Podes ler un libro da biblioteca facendo clic no tema do teu interese."

Presentaciones similares


Anuncios Google