La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Auga 22 de marzo día mundial.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Auga 22 de marzo día mundial."— Transcripción de la presentación:

1 auga 22 de marzo día mundial

2 A Asamblea Xeral das Nacións Unidas, na súa resolución do 22/12/1992 decidiu declarar
o 22 de marzo como DÍA MUNDIAL DA AUGA a celebrar a partir de 1993

3 É unha data para recordarnos a todos e a todas que hai que facer esforzos concretos para proveer de auga potable a todas as persoas do mundo e concienciarnos sobre a súa correcta xestión.

4 Cada ano a Asamble Xeral das Nacións Unidas adíca esta celebración a un tema diferente

5 1993 A auga: Unha Herdanza en Común
Todos herdamos o prezado tesouro da auga. Se non o conservamos as xeracións futuras non poderán gozalo.

6 1994 Coidar dos recursos hídricos é cousa de todos
A xestión da auga xera disputas entre persoas, comunidades ou países debido aos desequilibrios entre a demanda e a disponibilidade. Hai que destacar a importancia da cooperación a todos os niveis.

7 1995 Muller e auga Nas problematicas asociadas á dispoñibilidade da auga as máis afectadas son as mulleres que, en moitas sociedades, xogan un papel central na obtención, manexo e distribución deste prezado recurso

8 Na maioría dos paísen en vías de desenvolvemento as mulleres son as responsables da xestión da auga a escala doméstica e comunitaria. Algunhas mulleres e nenas destes paises empregan máis de 8 horas ao día e percorren ata 15 km para trasladar de 15 a 25 litros de auga por viaxe.

9 1996 Auga para as cidades sedentas
No 2020, o 60% de la poboación mundial vivirá nas cidades polo que o desenvolvemento de infraestruturas para o abastecemento de auga e a súa correcta xestión é sumamente urxente.

10 1997 A auga no mundo, resulta suficiente? -Máis de millóns de persoas non teñen garantido o acceso a auga potable. -Máis de millóns non teñen saneamento seguro. -A maioría dos ecosistemas acuáticos do planeta están ameazados.

11 1998 Auga subterránea, o recurso invisible

12 1999 Todos vivimos augas abaixo

13 2000 Auga para o século XXI A escaseza de auga é un dos problemas máis importantes que debe afrontar o mundo no século XXI. Durante o pasado século o uso da auga aumentou a un ritmo máis de dúas veces superior á taxa de crecemento da poboación.

14 Para o ano 2025, millones de personas habitarán en áreas con escaseza absoluta de auga, e 2/3 da poboación mundial padecerá conflictos relacionados co seu uso.

15 2001 Auga e saúde Un chamamento a unha conciencia global sobre a escaseza de augas limpas e vivas nun mundo cada vez máis agresivo e menos habitable en pro dunha nova racionalidade fronte ao modelo de desenvolvemento actual

16 Dous millóns de nenos e nenas morren
cada ano por falta de auga potable.

17 2002 Auga para o desenvolvemento
A agua é o recurso natural máis importante e inflúe en todos los aspectos da civilización. Ao longo da historia da humanidade a necesidade e a demanda de auga foron un motor de desenvolvemento social, económico e cultural. Sen auga non hai agricultura, industria, lecer...

18 2003 Auga para o futuro Nun mundo que experimenta un forte crecemento demográfico e onde o consumo de auga aumenta constantemente, as dificultades para garantir o recurso son cada vez maiores. As dificultades medioambientales, sociais e económicas van en aumento como resultado das moitas presións que se exercen sobre os recursos naturais.

19

20 2004 A auga e os desastres Hai unha profunda preocupación polo aumento da frecuencia e a intensidade dos fenómenos climáticos extremos e os desastres naturais que se producen en moitas zonas do mundo polo seu considerable impacto económico, social e ambiental, en particular nos países en desenvolvemento.

21 Comeza o Decenio Internacional da Auga co lema “Auga para todos, auga para a vida” co obxectivo de ocuparse das cuestións relativas á auga (escaseza, contaminación, saneamento, reducción do risco de desastres...) e da execución de programas e proxectos que servan para mellorar a situación mundial.

22 2005 A auga fonte de vida A auga é esencial para a vida, pero é escasa para millóns de persoas en todo o mundo. Moitos millóns de nenos e nenas morren cada día por enfermidades transmitidas pola auga. A seca azota periódicamente a algúns dos países máis pobres do planeta.

23 2006 Auga e cultura Existen tantas maneiras de considerar, utilizar e conmemorar a agua como tradicións culturais hai no mundo. A agua sitúase no centro de numerosas relixións e emprégase en diversos rituais e ceremonias.

24 "Debido ao seu papel fundamental na vida da sociedade, a auga ten unha forte dimensión cultural. Non se pode atopar ningunha solución de futuro sostible sen entender nen considerar os aspectos culturais dos nosos problemas relacionados coa auga”.

25 2007 Afrontando a escaseza de auga
Ao tempo que medra a poboación e as necesidades de desenvolvemento esixen maior cantidade de auga para as ciudades, a agricultura e a industria, a presión sobre los recursos hídricos intensifícase, o que produce tensións e conflictos, e un impacto excesivo no medio ambiente.

26 A principal dificultade consiste en atopar maneiras máis efectivas de conservar, utilizar e protexer os recursos hídricos a nivel global.

27 Espérase que a poboación mundial acade os 8
Espérase que a poboación mundial acade os millones de personas no ano Para manter o ritmo da crecente demanda de alimentos, durante os próximos 30 anos será necesario destinar ao uso agrícola un 14 % máis de auga dóce.

28 2008 Saneamento Un correcto manexo sanitario da auga potable e das augas residuais reduce os riscos para a saúde e mellora a calidade de vida das persoas. 2.600 millones de personas no mundo carecen de acceso a un saneamiento básico o que as fai víctimas potenciais do 80% de las enfermidades.

29 A mellora do saneamento reduce o cólera, o tifo, a malaria, as diarreas, a pneumonía, e ata a desnutrición o que evitaría 1,5 millóns de mortes ao ano.

30 2009 Recursos hídricos transfronteirizos
As 263 cuncas e lagos transfronteirizos do mundo cobren case a metade das superficie dos continentes e esténdense a través do territorio de 145 países. Tamén se moven grandes cantidades de auga dóce por debaixoo das fronteiras nos acuíferos subterráneos. É importante fomentar as oportunidades de cooperación na xestión da auga. Todos compartimos esa responsabilidade de cara ás xeracións actuais e futuras.

31 2010 Auga limpa para un mundo san

32 2011 Auga para as cidades, respondendo ao desafío urbano”.
Todos (gobernos, organizacións, comunidades e persoas individuais) debemos participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana para mellorar o seu aproveitamento e a eficacia dos sistemas de distribución e tratamento.

33 A auga é un dos recursos máis preciados do planeta, é unha necesidade e un dereito humano primordial... pero case unha sexta parte da poboación mundial non ten acceso a ela.

34 consumo de auga no mundo

35 2012 Auga e seguridade alimentaria
Auga e alimentación están estreitamente relacionadas Segundo a ONU existe seguridade alimentaria cando calquera persoa pode satisfacer as súa necesidades . El deficiencias están generado graves crisis en amplias y cada vez más numerosas zonas del mundo. Según la ONU, "existe  seguridad alimentaria cuando cualquier persona puede satisfacer sus necesidades dietéticas para poder tener una vida activa y sana; y el agua es uno de los factores fundamentales para la producción de los alimentos".

36 2012 Auga e seguridade alimentaria
Auga e alimentación están estreitamente relacionadas Segundo a ONU existe seguridade alimentaria “cando calquera persoa pode satisfacer as súas necesidades dietética para poder ter unha vida activa e san; e a auga é un dos factores fundamentais para a produción de alimentos”.

37

38 2013 ANO INTERNACIONAL AUGA E COOPERACIÓN

39 2013 OBXECTIVOS: -Fomentar a sensibilización sobre a importancia, os beneficios e retos da cooperación en materia de auga; -Mellorar o coñecemento e a capacitación para a cooperación -Estimular accións concretas e innovadoras cara á cooperación en materia de auga -Fomentar as asociacións e o diálogo arredor da cooperación en materia de auga.

40 2014 Auga e enerxía Auga e enerxía están moi relacionados entre sí e son interdependientes. A producción e trasmisión de enerxía precisa da auga (centrais hidroeléctricas, térmicas ou nucleares) e una importante cantidade de enerxía (aproximadamente un 8% emprégase para a extracción, o tratamento e o transporte da auga aos consumidores.

41 Hai que poner especial interese no estudo das desigualdades, especialmente nos problemas que teñen una gran parte das poboacións que viven en barrios marxinais e zonas rurais pobres sen acceso á auga potable, a un saneamento axeitado, alimentos suficientes e fontes de enerxía.

42 facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo.
Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. PROVERBIO AFRICANO

43 auga e enerxía 22 de marzo 2014 DÍA MUNDIAL DA AUGA
IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Marzo 2014


Descargar ppt "Auga 22 de marzo día mundial."

Presentaciones similares


Anuncios Google