Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
O Núcleo en división. Os cromosomas
Cando a célula comeza a división, o núcleo cambia de aspecto: - A lámina nuclear e os nucleolos non se visualizan e a envoltura nuclear desorganízase. O nucleoplasma mestúrase co citosol e o contido nuclear distribúese polo citoplasma Prodúcese a condensación da cromatina: A cromatina vaise enrolando ata empaquetar o ADN ata veces fórmanse os cromosomas
2
O Núcleo en división. Os cromosomas
Os cromosomas son moléculas de ADN unidas a proteínas (histonas) que se orixinan por condensación e empaquetamento da cromatina O empaquetamento dos cromosomas cumple dúas funcións: As moléculas de ADN que se duplicaron pasan a estar ordenadas unha ó lado da outra, facilitando a súa posterior separación As longas moléculas de ADN son fráxiles e ao empaquetarse fanse mais resistentes a rotura durante a división Microfotografía dun cromosoma.
3
O Núcleo en división. Os cromosomas
Morfoloxía dos cromosomas metafásicos Brazos: fragmentos de cada cromátida separados polo centrómero Cromatina Centrómero: estreitamento que une os brazos Cromátidas irmás: cada un dos brazos; moléculas de ADN idénticas Telómero: extremo do cromosoma
4
O Núcleo en división. Os cromosomas
Morfoloxía dos cromosomas metafásicos O telómero é unha rexión de ADN non codificante que se atopa nos extremos dos cromosomas lineais. A lonxitude do telómero varía segundo a especie e o cromosoma. Os telómeros están relacionados coa estabilidade dos cromosomas e a división celular e o tempo de vida das células. Ademais están involucradas en enfermidades tan importantes como o cancro.
5
O Núcleo en división. Os cromosomas
Tipos de cromosomas Metacéntricos: o centrómero está no centro; brazos de igual lonxitude Submetacéntricos: o centrómero está un pouco desprazado do centro; brazos lixeiramente desiguais Centrómero Centrómero Telocéntricos: o centrómero está nun extremo do cromosoma Acrocéntricos: o centrómero está preto dun dos extremos; brazos de lonxitude moi desigual Centrómero Centrómero
6
Células haploides e diploides
Existen dous tipos de células en función do número de cromosomas que posúen: Células haploides. Aparece un só xogo de cromosomas. Eses cromosomas son diferentes entre eles e non se poden emparellar uns con outros; non son cromosomas homólogos. As células haploides adoitan ser células reproductoras (gametos) que, ao unirse, orixinan células diploides durante a reprodución sexual. n = dotación haploide Células diploides. Teñen dous xogos de cromosomas. Os cromosomas desas parellas teñen o mesmo aspecto e chámanse cromosomas homólogos. Cada un dos cromosomas da parella procede dun dos proxenitores. 2n = dotación diploide
7
Células haploides e diploides
Organismos haploides Organismos diploides Célula n = 3 Cromosomas maternos Cromosomas paternos Célula 2n = 6
8
Células haploides e diploides
Se unha especie ten unha serie de n cromosomas diferentes presenta unha dotación haploide de cromosomas non homólogos. A dotación diploide da especie constará, de dúas series de cromosomas homólogos e desígnase como 2n. Un individuo contén unha parella de cromosomas sexuais e o resto dos cromosomas da célula chámanse autosomas. Cromosomas sexuais de machos de ser humano, boi, gato e rato.
9
Células haploides e diploides
Sexo Heterogamético: os machos de mamíferos, moitos insectos e algunhas plantas. Porque teñen un cromosoma sexual X e outro mais pequeno (Y) Sexo Homogamético: as femias porque teñen dous cromosomas sexuais homólogos X Nas aves, réptiles e anfibios as femias teñen cromosomas diferentes (W,Z) e a os machos cromosomas iguais(W,W).
10
Cariotipo Un cariotipo é o conxunto completo de parellas de cromosomas dunha célula, clasificados e ordenados segundo a súa forma e tamaño. Para establecer o cariotipo úsanse células en división.Para estudar ó cariotipo tínguese os cromosomas cun método chamado Giemsa. A tinción varía segundo a composición química de cada zona do cromosoma.
11
Cariotipo Heterocromosomas masculinos Heterocromosomas femeninos
12
Cariotipo Número de cromosomas do cariotipo dalgunhas especies:
Ser Humano: 2n = 46 Rata: 2n = 44 Cebola: 2n = 16
13
Mitose O realizan tanto os organismos unicelulares coma os pluricelulares. Realízase no núcleo das células eucariotas. Resultado: 2 células fillas a partir dunha célula nai. A mitose é conservativa: consérvase todo o material xenético da célula nai. Mitose
14
Reprodución sexual Evolucionada e complexa.Ocorre na maioría das especies Dous proxenitores Intervención de células (gametos) e órganos (gónadas) especializadas A maioría das especies son DIOICAS (2individuos con SEXOS distintos); hai unhas poucas especies HERMAFRODITAS OU MONOICAS (un individuo produce os 2 tipos de gametos) VANTAXE:Cambios xenéticos nas xeracións, mellorando e obténdose así combinacións xenéticas favorables.MAIOR VARIABILIDADE XENÉTICA. Durante o seu desenvolvemento teñen lugar 3 procesos sucesivos: Gametoxénesis formación dos gametos masculinos e femininos, a partir dunha célula nai fórmanse catro gametos Fecundación fusión do gameto masculino co feminino orixinando unha nova célula (cigoto ou ovo) Desenvolvemento embrionario a partir de divisións sucesivas do cigoto fórmase o embrión que madura ata nacer. Desenvolvemento postembrionarioa.despois do nacemento culmina coa formación do adulto con capacidade reprodutora
15
Especies HERMAFRODITAS OU MONOICAS Que son?
Organismos capaces de orixinar gametos masculinos e femininos, xa que presenta órganos reprodutores masculinos e femininos. Non implica autofecundación: a fecundación case sempre é cruzada para aumentar a variabilidade do material EXEMPLOS: PLANTAS: piñeiros: flores masculinas e femininias separadas nun mesmo pé de planta. Os espáridos( dourada, sargo...) son MONOICO SECUENCIAL: o principio da vida son machos e despois son femias...
16
Reprodución asexual Un só proxenitor produce novas xeracións de individuos da súa especie sen intervención de células sexuais. É mais sinxela que a sexual. O crecemento da poboación é moi rápido Inconveniente: o material dos descendientes é igual ao do proxenitor polo que non hai variedade xenética, TODOS OS INDIVIDUOS SON IGUAIS. Cun cambio no ambiente pode suponer a extinción da especie.
17
división binaria ou bipartición Xemación Pluripartición Esporulación
Existen varias formas de reproducción asexual: división binaria ou bipartición Xemación Pluripartición Esporulación Fragmentación ou escisión Fragmentación: Esporulación:
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.