La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

TEMA 1 O MEDIO FÍSICO: RELEVO E CLIMAS

Presentaciones similares


Presentación del tema: "TEMA 1 O MEDIO FÍSICO: RELEVO E CLIMAS"— Transcripción de la presentación:

1 TEMA 1 O MEDIO FÍSICO: RELEVO E CLIMAS
1.º PDC

2 O PLANETA TERRA É un dos oito planetas que xira en torno ao Sol formando (xunto con asteroides, cometas, meteoritos e satélites) o Sistema Solar. Os planetas que compoñen o sistema solar son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno.

3 PARTES DA TERRA Núcleo: capa máis interna. Manto: rodea o núcleo.
Codia: capa externa da Terra. Hidrosfera: capa de cauga que rodea a terra. Atmosfera: capa gasosa que envolve todas as anteriores.

4 OS MOVEMENTOS DA TERRA MOVEMENTO DE ROTACIÓN: é o movemento que realiza a Terra sobre si mesma e que dá lugar á alternancia entre día e noite. MOVEMENTO DE TRASLACIÓN: é o movemento que realiza a Terra arredor do Sol. Dá lugar á alternancia das estacións.

5 LOCALIZACIÓN DUN PUNTO XEOGRÁFICO
Para localizar un punto xeográfico trázanse unhas liñas imaxinarias que dividen a Terra en cuadrículas: PARALELOS MERIDIANOS

6

7 O Ecuador é o paralelo 0º e divide a superficie terreste en hemisferio norte e hemisferio sur.
O meridiano 0º é o de Greenwich e divide a superficie terrestre en hemisferio occidental e hemisferio oriental.

8 LONXITUDE E LATITUDE LONXITUDE: mídese polos meridianos e indica a distancia entre un punto xeográfico e o meridiano 0º. LATITUDE: mídese polos paralelos e indica a distancia entre un punto e o Ecuador. Ambas mídense en graos.

9 O relevo da Terra Vista desde o espazo a Terra parece un planeta azul xa que o 71% é auga e só o 29% é terra. Todo o conxunto de auga (salgada ou doce) constitúe a hidrosfera. A maior parte de auga está recollida nos océanos. Distinguimos cinco océanos: Atlántico, Pacífico, Índico, Glacial Ártico e Glacial Antártico.

10 O RELEVO TERRESTRE A terra que emerxeu na superficie conforma os continentes: América, Asia, África, Europa, Antártida e Oceanía. A meirande parte da superficie terrestre concéntrase no hemisferio norte.

11 O RELEVO TERRESTRE Está formado polas diferentes formas que constitúen a superficie terrestre. É produto da suma das forzas tectónicas (volcáns, terremotos, etc.) e dos axentes erosivos (auga, vento, accións dos seres vivos, etc.).

12 A orixe do relevo O relevo terrestre ten a súa orixe nas forzas procedentes do interior da Terra. Son dúas as formas fundamentais: Formas elevadas ou pregamentos (montañas e cordilleiras) Depresións e vales provocados pola ruptura da superficie nunha falla.

13 AS PRINCIPAIS FORMAS DO RELEVO
O RELEVO COSTEIRO Penínsulas: porción de terra rodeada de mar por todas as partes menos por unha (istmo). Illas: porción de terra rodeada de mar por todas partes. Un conxunto de illas denomínase arquipélago. Golfos: terra baixa na que entra o mar. Cabos: saínte rochoso que penetra no mar. Rías: entrantes de mar que inundan vales estreitos na costa.

14 FORMAS DO RELEVO O relevo continental:
Chairas: extensións planas de altitude menor a 150 metros. Mesetas: zona chá cunha altitude de 650 metros. As mesetas situadas a grandes altitudes denomínanse “altiplanos”. Vales: zonas afundidas xeralmente percorridas por un río e situadas entre montañas. Montañas: son elevacións abruptas do relevo de altura sempre superior a 1000 metros. Agrúpanse formando cordilleiras.

15 O RELEVO DE EUROPA É un continente de reducida extensión (11 millón de Km2 En realidade Europa é unha prolonga ción de Asia, da que está separada polos montes Urais e a cordilleira do Cáucaso. En relación co relevo, posúe formas de pouca elevación. O pico máis importante é o Elbrus (5.633 metros), situado na cordilleira do Cáucaso. E o río máis longo é o Volga.

16 ¿Que debemos localizar no mapa do relevo europeo?
A gran chaira europea. Cadeas montañosas de orixe antiga: Montes Urais, Montes escandinavos, Macizo Central Francés, os Vosgos e a Selva negra. Cordilleiras novas: Apeninos, Alpes, Cárpatos, Balcáns, Cáucaso.

17

18 ZONAS CLIMÁTICAS ZONA CÁLIDA: situada en torno ao Ecuador e delimitada polo Trópico de Cáncer (norte) e de Capricornio (sur). Nesta área as temperaturas son moi elevadas durante todo o ano (superiores aos 18º). Isto é así porque os raios solares inciden sobre esta zona de maneira perpendicular e o seu efecto calorífico é maior. Na zona cálida atopamos tres climas: O CLIMA ECUATORIAL, TROPICAL E DESÉRTICO. ZONA TEMPLADA: está comprendida ao norte polo T. de Cáncer e o Círculo Polar Ártico e ao sur polo T. de Capricornio e o C. Polar Antártico. As temperaturas suavízanse (18º-8º) e varían segundo as estacións do ano. Diferenciamos tres climas: MEDITERRÁNEO; OCEÁNICO E CONTINENTAL. ZONA FRÍA: delimitadas polos círculos polares e os polos. Presenta as temperaturas máis baixas do planeta xa que os raios do sol caen rasantes e apenas posúen forza. Debemos diferenciar aquí o CLIMA POLAR DO CLIMA DE ALTA MONTAÑA.

19 ZONAS CLIMÁTICAS

20 CONCEPTOS CLAVE Amplitude térmica: é o resultado de restar a temperatura máis elevada acadada no ano e a temperatura máis baixa. Temperatura media: consiste en sumar as temperaturas medias de cada mes e dividila entre 12. Total de precipitacións: total de cantidade caída por litro cuadrado.

21 ZONA CÁLIDA: CLIMA ECUATORIAL
Temperaturas elevadas e constantes superiores aos 25º. Mínima A.T. (1º-2º) Precipitacións moi abundantes durante todo o ano. Paisaxe: selva virxe.

22

23 ZONA CÁLIDA: CLIMA TROPICAL
Temperaturas superiores a 20º. Amplitude Térmica de 5º-10º. Precipitacións abundantes en verán e escasas no inverno. Paisaxe: a sabana.

24 CLIMA DESÉRTICO Temperaturas moi altas (grande contraste entre o día e a noite). Precipitacións case inexistentes. Paisaxe: deserto

25 PAISAXES ZONA CÁLIDA

26 ZONA TEMPLADA. CLIMA MEDITERRÁNEO
Invernos de temperaturas suaves e veráns calurosos. Amplitude térmica de 15º aproximadamente. Precipitacións escasas, case inexistentes no verán. Paisaxe: bosque de encinas, alcornoques, arbustos e matorrais.

27 Zona templada. Clima oceánico o atlántico
Temperaturas suaves e regulares todo o ano, debido á acción do mar. Amplitude térmica en torno a 10º. Precipitacións abundantes todo o ano, aínda que diminúen no verán. Paisaxe: bosque de folla caduca (faia, carballos, castiñeiros).

28 ZONA TEMPLADA. CLIMA CONTINENTAL
Es el clima propio del interior de los continentes, onde non chega a acción do mar, que suaviza as temperaturas. Gran amplitud térmica, superior a 20º. Veráns calorosos e invernos moi fríos. Precipitacións escasas (inferiores a 500 mm.), aumentan no verán debido ás tormentas. Paisaxe característica: taiga (bosques de folla perenne, pradeiras, estepas).

29 PAISAXES CLIMA TEMPLADO

30 CLIMA FRÍO. CLIMA POLAR Temperaturas sempre inferiores a 10º.
Chuvias inexistentes, aínda que a neve é persistente. Nas zonas extremas non existe vexetación. A tundra é a vexetación propia das zonas árticas non polares.

31 Clima frío. Clima de alta montaña
As temperaturas descenden progresivamente a medida que aumenta a altura (- 0,6º cada seis metros). As precipitacións adquiren forma de neve a medida que ascendemos. A vexetación varía dependendo da altura: bosque, pradeira e ausencia de vexetación do cumio.

32


Descargar ppt "TEMA 1 O MEDIO FÍSICO: RELEVO E CLIMAS"

Presentaciones similares


Anuncios Google