La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Experiência dos clubes de leitura nos centros de ensino secundário

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Experiência dos clubes de leitura nos centros de ensino secundário"— Transcripción de la presentación:

1 Experiência dos clubes de leitura nos centros de ensino secundário
Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia Encontro de Bibliotecas Escolares de Matosinhos A-MAR-LER

2 Os clubs de lectura son:
Grupos de dinamización da lectura nas comunidades educativas das que forman parte. Espazos de convivencia e de educación cidadá. Ámbitos de aprendizaxe non formal que contribúen á adquisición de competencias clave (especialmente as do ámbito da comunicación e da información). IES A PARALAIA (PONTEVEDRA) Esta acción intégrase no programa Hora de ler para o fomento da lectura nos centros educativos, incluído á súa vez, no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).

3 Incorporan a lectura dixital co uso dos novos dispositivos de lectura.
Integran as tecnoloxías da comunicación e da información de forma natural nas súas actividades (vídeos, blogues, redes sociais, booktrailers...) Crean vínculos de colaboración e realizan actividades conxuntas que axudan a tecer unha rede de lectores por toda a xeografía galega CPI Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra) IES Porto do Son (A Coruña) IES Aquis Celenis ( Caldas de Reis , Pontevedra)

4 No ano lectivo 2015/2016 Funcionan 239 clubs de lectura, co apoio da Consellería. O 74% do total acolle varios grupos de lectura, dependendo do nivel de estudos, os intereses dos lectores ou as temáticas de lectura. Cómpre salientar que as reunións dos grupos de lectura realízanse fóra dos horarios lectivos (tempos de lecer ou horario extraescolar). Participan directamente desta iniciativa algo máis de once mil lectores e lectoras, entre profesorado, alumnado e familias. Un 26% destes clubs integran un grupo de lectura de adultos, do que forman parte profesorado, persoal non docente e nais/pais da comunidade educativa.

5 Os 20 libros máis lidos

6 A escritora premiada no 2016
é Ledicia Costas

7 Como se organiza un club? Convocatorias

8

9

10 Actividades máis frecuentes
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo) IES Xoán Montes (Lugo) Lectura de libros. Roteiros literarios. Encontros con autores.

11 Intercambio con outros clubs Blog do club, folletos, cartelaría.
Merendas literarias. Recitais, teatro, talleres de escritura creativa. Participación na revista do centro ou outros. Podcast, vídeos. Audiovisuais relacionados. Visitas a librarías e bibliotecas. CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco, A Coruña) Taller de Escrita con Raúl Vacas Biblioteca Torrente Ballester (Salamanca)

12 Reunións IES RIBEIRA DO LOURO (Pontevedra)

13 Roteiros literarios

14 Selección literaria

15 Selección literaria

16

17 EXPERIENCIAS Vídeo-resumo do Club de lectura
CPI do Progreso (Catoira, Pontevedra) IES Ribeira do Louro IES de Poio

18 O profesorado que coordina os clubs opina:
Avaliación O profesorado que coordina os clubs opina: A diferenza de idades permite compartir vivencias con outros “máis lectores” e atender ás súas reflexións. Hai, á vez, unha comunicación entre iguais. É importante o vínculo que se vai creando co alumnado, que permite a continuidade. Un libro leva a outro. O alumnado móstrase disposto a profundar en propostas lectoras máis amplas e variadas. Establécense canles de comunicación entre os diferentes sectores da comunidade educativa. Combínase aprendizaxe e debate. Increméntase a sociabilidade. Apréndese a valorar a opinión dos outros

19 Potencialidade do club para traballar a expresión oral en todos os seus aspectos.
O alumnado vai adquirindo competencia literaria e se sente protagonista do feito lector: “a capacidade crítica e a competencia literaria van aumentando progresivamente”. Valórase a “Xornada de clubs de lectura” e os materiais entregados. Valórase tamén o ”banco de libros”: Libros a eito.

20 Libros a eito (banco de libros) Ler en mancomún (blog de Clubs)

21 Obrigadas! http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Descargar ppt "Experiência dos clubes de leitura nos centros de ensino secundário"

Presentaciones similares


Anuncios Google