La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

software para edición de vídeo Juan Ramón Alonso García

Presentaciones similares


Presentación del tema: "software para edición de vídeo Juan Ramón Alonso García"— Transcripción de la presentación:

1 software para edición de vídeo Juan Ramón Alonso García
VIDEOPAD software para edición de vídeo Juan Ramón Alonso García

2 VIDEOPAD Introducción Cómo usar VideoPad
Gardar o proxecto nun formato de saída VideoPad é un programa para Windows que lle permite editar clips de vídeo e crear unha película completa, con transicións e efectos. Pode entón sacar a súa película a un CD ou DVD ou nun amplo rango de diversos tipos de arquivos para ser reproducidos en distintos dispositivos.

3 CARACTERÍSTICAS Cargue unha serie de formatos de arquivo de vídeo tales como avi,.wmv, .3gp,.wmv,.divx e moitos outros máis. Capture vídeo directamente dende a súa cámara de vídeo. Cre o seu proxecto de vídeo en calquera formato para ser producido en calquera lugar: DVD, Windows PC, Mac, CD, discos Blu-ray e HD-DVD. Moitos dispositivos portátiles son compatibles: iPod, PSP, teléfono móbil, e o iPhone. Narre os seus vídeos usando un micrófono. Pode ver as súas películas en vivo a medida que edita. Pode engadir efectos e transicións incluíndo fundido cruzado e axuste de cor. Unha interface moi potente, simple e intuitiva.

4 Engadir e quitar clips:
COMO USAR VIDEOPAD Esta é unha descrición xeral sobre como usar VideoPad para crear un proxecto de vídeo cos seus propios vídeos. Engadir e quitar clips: Comece o seu proxecto engadindo arquivos á área da lista de medios. Cada arquivo que engada en Videopad considérase un "clip". Para engadir un vídeo en VideoPad, oprima o botón "engadir multimedia" na barra de ferramentas, ou seleccione dende o menú "arquivo -> capturar vídeo". Busque os seus arquivos de vídeo, seleccione os que desexa usar e oprima "abrir". Unha vez que os arquivos foron engadidos, se desexa quitar algúns faga clic dereito sobre os arquivos e seleccione "quitar elementos" no menú.

5 Uso da área de vista previa do clip:
Cando selecciona un clip na área da lista de medios, este estará dispoñible para ser editado na "área da vista previa do clip". Aquí pode controlar a reprodución do clip premendo os botóns de reprodución/retroceso/avance. Así mesmo pode ir a unha posición no clip arrastrando o cursor ao longo da liña de tempo mentres que mantén premido o botón esquerdo do rato. Axustar os puntos de entrada/saída dun clip: Se necesita unha sección en particular do clip de vídeo, pode usar as bandeirolas vermella e azul para establecer os puntos de "entrada" e "saída" (ou prema a combinación de teclas "Ctrl+, " e "Ctrl+. "). Estes indicadores definen o principio e o final do clip unha vez que se engade á secuencia.

6 Tamén pode "cortar" clips novos dende un clip existente con só facer clic no botón de "gardar como clip novo" que se encontra á dereita das bandeirolas de entrada / saída (é a icona do arquivo de vídeo cunha estrela na esquina superior dereita). Unha vez que fixo clic, verá que se creou e engadiu un novo clip á lista de medios. VideoPad tamén pode ser configurado para mostrar fotogramas anteriores e seguintes do arquivo de vídeo. Isto pode ser útil durante o proceso de edición, non obstante está considerado como unha característica avanzada. Para cambiar a esta vista, faga clic sobre a vista previa actual do clip e seleccione "mostrar fotogramas anteriores e seguintes".

7 Colocar clips na secuencia:
Unha vez que estea satisfeito coas configuracións de entrada/saída do seu clip, pode entón colocalo na secuencia do proxecto. Pode facelo de dúas maneiras. A primeira é dende a lista de medios. Só seleccione o clip na lista e co botón esquerdo do rato premido, arrástreo cara á área da secuencia. Se o prefire, pode facer clic dereito no clip seleccionado e elixir "engadir elementos á secuencia" dende o menú. Agora, o clip foi engadido á secuencia e é parte do proxecto. O segundo xeito de engadir clips á secuencia é dende a área da vista previa do clip. Na barra de ferramentas da área da vista previa, faga clic no botón "engadir clip á secuencia" (frecha verde apuntando cara a abaixo) que se encontra á dereita do botón "gardar como clip novo". Agora, o clip foi engadido ao final da secuencia e é parte do proxecto.

8 Editar clips na secuencia:
Pode axustar a duración do clip cambiando o tamaño do fotograma do clip na secuencia. Para facelo, primeiro seleccione o clip que desexa editar na secuencia, de modo que queda resaltado (azul escuro). Logo pode facer clic e arrastrar dende o principio ou o final do fotograma para axustar os puntos de entrada e saída do clip. Este proceso brindaralle os mesmos resultados como o axuste das bandeirolas de entrada/saída na área da vista previa do clip. Tamén pode engadir efectos aos clips na secuencia Para engadir efectos, faga clic na icona da estrela verde que se encontra na esquina inferior esquerda do clip na secuencia. Se o prefire, pode seleccionar un clip, ir ao menú principal e logo premer "editar -> clip-> axustar efectos". Para aplicar efectos a varios arquivos ao mesmo tempo, seleccione o primeiro clip, prema a tecla Mayús e faga clic no último clip que desexa seleccionar. Para obter máis información por favor vexa Efectos.

9 Para engadir unha transición entre os clips, oprima no rectángulo azul na esquina inferior dereita do clip na secuencia. Se o prefire, pode seleccionar un clip e logo elixir a transición que lle gustaría aplicar dende o menú despregable á esquerda da área da secuencia, ou vaia ao menú e prema "editar -> clip-> engadir transición". Tamén pode facer unha selección múltiple de clips e aplicar a mesma transición a varios clips. Para obter máis información por favor vexa Transicións. Para dividir un clip nun punto en particular, móvase na liña de tempo (na parte superior da secuencia) e arrastre o control deslizante ata o punto onde desexa dividir o clip. Pode usar a área da vista previa da secuencia como referencia para saber onde se encontra no clip. Unha vez que encontre o punto onde desexa dividir o clip, prema o botón dividir clip" no panel da pista de vídeo.

10 Traballar con audio: Se un clip ten un audio nativo, este será visualizado na área da "pista de audio do clip" cando se engade un clip á secuencia. Se o prefire, pode engadir efectos de son dende a Fonoteca de NCH facendo clic dereito en calquera espazo baleiro na pista de son e seleccionando "engadir son dende a fonoteca de NCH... " no menú contextual. O arquivo que elixa será engadido no lugar onde fixo o clic dereito. Tamén pode engadir audio independente á secuencia. Despois de engadir o arquivo de audio á lista de medios (botón "engadir multimedia" na barra de ferramentas), simplemente arrástreo e colóqueo na área da "pista de son" na secuencia. Unha vez na secuencia, pode mover a pista de son e axustar os puntos de entrada e saída tal como un clip de vídeo normal. Igualmente pode mover os seus arquivos de son dunha pista a outra usando a opción de arrastrar e colocar ou seleccionando "mover pista" dende o menú contextual.

11 Gardar e cargar o proxecto de vídeo:
Creando o proxecto: Unha vez que complete o seu proxecto, necesita crealo. Faga clic no botón "gardar película" na barra de ferramentas. Aparecerá entón un cadro de diálogo novo. Seleccione o dispositivo de destino e o formato no que desexa crear o seu proxecto. Hai unha páxina de axuda para cada tipo de destino (ás cales pode acceder facendo clic no botón "axuda" na parte inferior do cadro de diálogo "configurar vídeo de saída"). Gardar e cargar o proxecto de vídeo: Se desexa gardar o seu proxecto seleccione dende o menú "arquivo -> gardar proxecto como" e seleccione o arquivo de destino onde gardar o proxecto. Para cargar o proxecto gardado, dende o menú seleccione "arquivo -> abrir proxecto... ". Logo seleccione o arquivo de proxecto gardado. Advertencia: cando garda o seu arquivo de proxecto, en realidade non está a gardar as súas películas aí. Só os nomes de arquivo son gardados. Se desexa que toda a información incluíndo os clips, narracións e pistas de son estea seguras, non cambie de nome, elimine ou mova ningún arquivo que está a ser usado no proxecto dende a carpeta orixinal.

12 GARDAR O PROXECTO NUN FORMATO DE SAÍDA
Unha vez que complete o seu proxecto, necesita crealo: Faga clic no botón "gardar película" na barra de ferramentas. Aparecerá entón un cadro de diálogo novo (o cadro de diálogo "configurar saída de vídeo"). Seleccione o dispositivo de destino e o formato no que desexa crear o seu proxecto facendo clic sobre a imaxe. Se o desexa, pode axustar as configuracións para o formato que elixiu. Hai unha páxina de axuda para cada tipo de destino (ás cales pode acceder facendo clic no botón "axuda" na parte inferior do cadro de diálogo "configurar vídeo de saída"). Prema o botón "aceptar" na parte inferior do cadro de diálogo "configurar vídeo de saída". Estes son os destinos de saída entre os cales se pode elixir: Discos DVD, CD, ou Blu-Ray (ou arquivo.iso) Arquivos de vídeo Dispositivo portátil (por exemplo, iPhone ou PSP) Secuencia de imaxe (unha serie de imaxes fixas) Cargar vídeo 3D estereoscópico

13 VIDEOPAD Por onde empezar? Que necesitamos?
A resposta é ben simple, empezaremos cun papel e un lapis e consecuentemente con un guión máis ou menos elaborado. É dicir, antes de comezar, debemos saber que queremos facer. Por exemplo, desexamos facer un vídeo turístico sobre unha cidade. Que necesitamos? Unha vez establecido o esbozo do guión, necesitaremos un conxunto de elementos multimedia, os cales colocaremos nunha carpeta única.

14 os temas musicais de fondo as fotos, se as houbese
Para os que vaian tomar isto máis en serio a mellor opción é dispoñer dun disco duro externo (1 Terabyte mínimo) onde poder almacenar vídeos sen problema ningún de espazo. A edición de vídeo é un procedemento que consume inxentes cantidades de memoria e se almacenásemos todo iso no mesmo disco duro do ordenador, esgotariámolo en poucos meses. Así pois, dispoñeremos nun disco duro externo, dunha carpeta específica para noso traballo e na devandita carpeta colocaremos: os clips de vídeo os temas musicais de fondo as fotos, se as houbese os fragmentos de voz do narrador, se se precisasen NOTA: No proceso de edición nunca acertaremos plenamente en canto aos elementos multimedia necesarios, ao final sempre teremos que engadir elementos complementarios. En todo caso, é conveniente facer sempre máis tomas das necesarias e cunha duración superior á estimada. Logo sempre é posible recortar os planos, a voz ou a música. O popular dito; "máis vale que sobre a que falte" aquí cobra pleno sentido.

15 IMPORTANTE: Conforme vaiamos traballando co programa gardaremos o proxecto coa opción Archivo  Guardar arquivo de proxecto como. Se cambiásemos de sitio os arquivos multimedia, por exemplo a outra carpeta, TODO o traballo realizado sería irrecuperable. É fundamental e imprescindible non cambiar xamais o lugar onde almacenamos os ficheiros multimedia (vídeos, audio, etc.) ata que o noso traballo estea totalmente finalizado. O uso da cámara: Prescindindo das características de uso específicas para cada cámara, imos dar unhas recomendacións xerais. Cada cámara dispón de varias calidades de imaxe, pero son distintas para cada marca e mesmo para cada modelo dunha mesma marca. Recomendo usar unha calidade dun nivel lixeiramente inferior ao máximo. É dicir, se tivesen 5 opcións, elixiriamos o cuarto nivel. Sempre é posible rebaixar a calidade no proceso de edición pero nunca a subir, por iso convén usar unha calidade próxima ao máximo permitido. Posteriormente, no proceso de transformación co “FreeStudio” xa normalizaremos os formatos a un común.

16 De todos os xeitos, aí van as miñas recomendacións persoais:
A continuación vou indicar unhas cantas normas de uso que non deben tomar como unha regra de obrigado cumprimento. Cada usuario ten o seu propio estilo e pode e debe gravar como mellor prázalle, pois en definitiva estamos a tratar dun proceso de pura creación artística e consecuentemente cun alto nivel de iniciativa persoal. De todos os xeitos, aí van as miñas recomendacións persoais: Cada plano non debe ter unha duración superior aos 12 segundos, recomendo uns 8 segundos como norma xeneral. Ao pulsar o botón de gravar contamos lentamente e ao chegar a 8, apertamos o stop. La cámara mellor que estea montada sobre un trípode por moito estabilizador de imaxe que leve incorporada. Alternativamente suxeitala firmemente con ambas as dúas mans procurando que non baile excesivamente. Cando usemos o zoom a nivel máximo a cámara debe estar sempre suxeita a un trípode, pensade que cun zoom x10, un lixeiro movemento da cámara amplificaríase x10 veces. Activar o zoom no medio dun plano é unha práctica horrorosa, só en moi contadas ocasións debe usarse e en todo reducindo moito a velocidade de transición.

17 Deben evitarse innecesarios movementos de cámara
Deben evitarse innecesarios movementos de cámara. Para crear a sensación de movemento non é necesario movela continuamente, abondan planos fixos curtos os cales ao montalos crearán esa sensación de movemento sen necesidade de marear o espectador. Os movementos de cámara deben ser suaves, esaxeradamente suaves, tanto máis lentos canto maior sexa o nivel de zoom usado. A ser posible a panorámica horizontal debe seguir un desprazamento paralelo ao horizonte. Cuando movamos a cámara non debemos darlle ao botón de gravar ao tempo que iniciamos o movemento. O procedemento a seguir é; 1º) mirar a ollo nu onde imos iniciar o plano e onde o imos finalizar, 2º) mantendo a cámara fixa pulsamos o botón de "gravar", contamos ata 2 e iniciamos o movemento da cámara, 3) unha vez cheguemos ao punto final do plano, mantendo a cámara fixa, contamos ata 2 e seguidamente pulsamos o botón de "stop". Coidado coa dirección do movemento, non podemos pasar dun plano esquerda – dereita a outro plano dereita - esquerda. En todo caso poderiamos intercalar un plano fixo entre ambas as dúas panorámicas. Los movementos en diagonal deben procurar facerse seguindo algunha liña xeométrica do ámbito, como por exemplo a varanda dunha escaleira, o perfil dun edificio, etc.

18 Non é recomendable usar efectos estraños nin transicións complexas, basta con fundidos suaves. Os efectos especiais poden parecen bonitos a primeira vez pero deseguida cansan e desvían a atención do espectador, perdendo interese cara á historia que esteamos a contar. Mellor gravar sempre en exceso. Polo menos o 20% das gravacións serán eliminadas no montaxe final. É preferible non usar continuamente das transicións entre planos, só ao inicio, ao final e quizais nalgún punto intermedio. Un fundido é como un punto e á parte nun escrito, só ten sentido cando existe un cambio narrativo. O inicio: Unha vez gravemos os clips de vídeo, debemos pasalos ao ordenador ou ao disco duro externo. Para iso conectaremos a cámara ao PC mediante o cable correspondente, ao porto USB. A cámara debe estar inicialmente apagada, unha vez conectemos o cable, acenderemos a cámara, pulsamos o botón para pasar ao modo de visión de imaxes e nuns segundos (se todo vai ben) o PC recoñecerá a cámara como unha unidade externa. Co habitual procedemento de copiar e pegar, trasladamos os clips de vídeo á nosa carpeta de traballo no ordenador. Apagamos a cámara e desconectámola do noso PC.

19 VideoPad. A pantalla inicial
A pantalla inicial do VideoPad presenta dúas ventás, a central permite visualizar cada un dos clips separadamente e a da dereita a película completa. Debaixo de cada unha de as dúas pantallas aparecen os seus propios controis: "play", "stop", "pause", liña de tempo, etc.

20 A barra de menús é ben simple e intuitiva, non merece comentarios.
Ao abrir o menú Archivo aparece. Está todo moi claro e non precisa engadir ningunha explicación complementaria.

21 Completan a pantalla inicial as ferramentas da parte esquerda, as cales xa iremos explicando con todo detalle nos apartados seguintes. Finalmente, a parte inferior central, a máis importante de todas (agora completamente baleira) é a liña de tempos e onde situaremos todos os elementos multimedia separadamente por filas; vídeo, sons, música, voz, transicións, etc. É aí onde os mesturaremos todos, fixándonos que a barra de tempo vertical nos indicará a simultaneidade dos elementos aí presentes.

22 VideoPad. Ficheiros multimedia
Unha vez aberto o programa, na barra de menús pulsamos Engadir multimedia, eliximos a carpeta onde están os ficheiros, seleccionámolos e pulsamos Aceptar. Os ficheiros aparecerán á esquerda da pantalla principal, onde pon Archivos. Seleccionamos co rato os ficheiros de vídeo que desexamos incorporar e arrastrámolos ata a pista de vídeos. Igualmente seleccionamos o ou os ficheiros de música e arrastrámolos ata a pista de son. A pantalla de VideoPad presenta agora un aspecto similar a:

23 Neste caso engadimos 6 clips de vídeo os cales aparecen na pista de vídeo e unha banda sonora que aparece na pista de son. Debaixo da pista de vídeo temos os 6 clips de audio de son ambiental asociados a cada un dos vídeos. Co rato podemos ir sinalando cada clip e inmediatamente aparecerá ese vídeo na pantalla central. En cambio a pantalla da dereita mantense igual.

24 IMPORTANTE: A pantalla central sérvenos para ver o resultado dos clips un por un e as súas modificacións. A pantalla da dereita, en cambio, móstranos como quedaría o vídeo completo. É dicir, traballaremos os cambios na pantalla central e comprobaremos na pantalla dereita o resultado das nosas modificacións. Se nos parece ben deixámolo así e se non nos gusta o resultado faremos as modificacións pertinentes no clip. O audio do vídeo está formado polos ruídos ambientais que captase o micrófono da cámara, as voces das persoas e pola narración do autor, caso de existir. Aquí temos dúas opcións; manter eses sons ou ben quitalos. Xeralmente o son ambiente molesta e eu prefiro quitalo. Para iso situarémonos na pista de audio, marcaremos o clip co botón dereito do rato e seleccionaremos Desvincular clip de son. O clip de audio automaticamente trasládase á pista de son 2, dende a cal o poderemos borrar tranquilamente com a tecla Suprimir. Igualmente faremos co resto dos clips. Poderemos comprobar na pantalla da dereita o efecto conseguido, agora o vídeo carece de son ambiental. En todo caso sempre poderemos desfacer os cambios pulsando CRL + Z

25 Á esquerda, en Estilo da secuencia, podemos conmutar entre dúas posicións Guión gráfico e Liña de tempo. O primeiro estilo é o da imaxe anterior e o estilo Liña de tempo é o que vemos a continuación. Cambia a forma como aparecen os clips na pista de vídeos. Persoalmente prefiro o estilo Guión gráfico. Observaremos tamén como desapareceron as pistas do son orixinal.

26 VideoPad. Traballando os clips
Elixamos un clip, por exemplo o primeiro. Fixémonos nos dous triangulitos; vermello á esquerda e azul á dereita, ambos os dous marcan a ENTRADA e a SAÍDA do clip, respectivamente. Desprazándoos ao noso antollo podemos seleccionar unha porción dese clip. Pulsemos agora no botón:

27 A pantalla cambia agora a:
Pulsando no botón (Gardar como clip novo) e a continuación no botón (Engadir clip á secuencia) O clip quedará recortado e incorporado á pista de vídeos.

28 Posición do control deslizante Aceptar
Previamente aparece a pantalla da dereita con esas 3 opcións: Xeralmente elixiremos: Posición do control deslizante Aceptar Agora coexisten na pista de vídeos dous clips contiguos, o inicial e o recortado. Seleccionamos o clip inicial e pulsamos Suprimir para borralo.

29 NOTA: Como sempre, comprobaremos o resultado obtido na pantalla da dereita e se non nos convence poderemos desfacer o cambio pulsando CTRL + Z. Alternativamente, podemos fixar a posición exacta da Entrada e a Saída, escribindo o tempo exacto en Punto de entrada e Punto de saída e pulsando nas bandeiriñas vermella e azul respectivamente. Persoalmente recomendo usar o método dos controis deslizantes, é máis rápido e igual de efectivo. Outra posibilidade sería cortar o clip usando o botón Dividir.

30 Marcamos o clip, situamos o cursor deslizante (liña vertical vermella) no punto desexado e pulsamos o botón Dividir. Aparentemente non pasa nada, pero comparando ambas as dúas imaxes vemos como o clip marcado, agora aparece dividido en dúas partes, unha sombreada e a outra non. Pulsando a tecla Suprimir eliminaremos a zona sombreada. Podemos combinar esa técnica tantas veces como desexemos, repetíndoa e extraendo os anacos non desexados.

31 VideoPad. Insertando espazo adicional e superposicións
Na edición de vídeos é habitual engadir un espazo adicional ao comezo e outro ao final para presentar por exemplo o título do vídeo e o nome dos realizadores, tal como sucede nunha película profesional. Na barra de menús pulsaremos sobre a icona Insertar espazo. Ábresenos un menú com tres opcións: Branco, Negro, Cor personalizada. Eliximos: Cor personalizada  Azul. Volve aparecer outro menú coas opcións onde se vai inserir: Posición do control deslizante Comezo da liña de tempo Final da liña de tempo O habitual é situar un espazo adicional ao comezo e outro ao final do vídeo completo. Por defecto, o programa insire un clip de 3 segundos de duración. Debaixo da pantalla do clip aparece a Duración en segundos  Aceptar.

32 Despois de inserir os dous clips, o aspecto global da nosa mesa de traballo é:
Aparécenos unha pantalla de cor azul (pista dos clips), sobre a cal poderemos escribir os rótulos que desexemos.

33 Pulsamos sobre o botón Pista de superposicións.
E aparécenos a ventá:

34 "VISTAS DESDE LA CIUDAD DE ALICANTE".
Escribimos o texto ou alternativamente seleccionamos unha imaxe ou vídeo. Neste caso escribimos: "VISTAS DESDE LA CIUDAD DE ALICANTE". Podemos seleccionar 5 tipos de desprazamentos; Non desprazar, Arriba cara a abaixo, Abajo cara a arriba, Esquerda a dereita, Dereita a esquerda. O resto de opcións; Tamaño, Opacidade, Fundido, formato de letra, etc. son moi evidentes e doados de controlar.

35 Xogando co tempo de duración do clip (pantalla azul) podemos lograr un desprazamento máis rápido ou máis lento do rótulo. Activando en Estilo de secuencia o modo Guión gráfico aparecen claramente á vista a duración dos clips, as transicións e as superposicións. É moi evidente como modificar estes valores ata conseguir o efecto desexado. Ao igual como inserimos un rótulo, poderiamos ter inserido unha foto fixa. Por exemplo, a foto dunha paisaxe e un rótulo explicativo sobre esa imaxe.

36 VideoPad. Insertando subtítulos
Para inserir un subtítulo pulsamos na barra de menús sobre a icona Subtítulos. Apareceranos unha ventá adicional e aí escribiremos o texto desexado; "Exemplo dun subtítulo". Como sempre, poderemos editar o texto coas ferramentas dispoñibles. A diferenza entre un rótulo e un subtítulo é que neste caso o texto aparece fixo no clip, na súa parte inferior. Ademais o subtítulo quédase "pegado" ao clip, non podemos cambialo, nin o mover, nin modificar a súa duración dunha forma inmediata, tal como acontecía cos rótulos. Para cambialo, habería que entrar de novo na pantalla de subtítulos e dende alí modificalo, eliminalo ou xogar cos tempos que por certo, son bastante incómodos de usar e controlar. Por iso, o meu consello é non usar os subtítulos se non son necesarios, mellor optar por un rótulo coa opción No desprazar, que vén a dar o mesmo resultado.

37 VideoPad. Transicións e efectos
A transición é un efecto visual utilizado para separar dous clips consecutivos. No modo Guión gráfico ao pulsar sobre a icona que separa dous clips ábrese a pantalla da esquerda. Unha vez elixido o efecto preferido, fixamos a súa Duración en segundos (por defecto está fixada en 0,5 seg) e pulsamos Aceptar.

38 Unha vez seleccionado un clip, ao pulsar sobre a pestana Efectos ábresenos un amplo catálogo de efectos, e mesmo un enlace para descargar outros efectos adicionais (algúns de pagamento). A quen lle gusten estas cousas, non é o meu caso, pode ir probando os efectos conseguidos, mesmo a superposición de varios deles. Algúns efectos permiten controlar distintos parámetros como Ruído, Brillo, Contraste, etc. Na parte esquerda da pantalla aparecen os efectos seleccionados. CONSELLO: Os efectos e as transicións son aparentemente moi atractivos e espectaculares pero non debemos abusar deles porque co tempo cansan, non engaden nada interesante ao vídeo e ademais pérdese moito tempo probándoos.

39 VideoPad. Traballando o audio
Debemos considerar 4 situacións diferentes: O audio propio do clip, é dicir, o son ambiente captado pola cámara ao gravar. Neste proxecto os clips de audio eliminarámolos inicialmente, pero para practicar a técnica usaremos un clip de voz incorporado á Pista de son 2. Ao pulsar co rato sobre ese clip de audio aparécenos a forma de onda do audio, é o seu representación gráfica.

40 Podemos recortalo cos controis deslizantes (triangulitos vermello e azul) ao igual como faciamos cun clip de vídeo. Fixémonos agora na liña amarela do centro da pantalla. Se pulsamos co rato sobre esa liña aparecerá un puntito vermello (tantos como queiramos). Eses puntos vermellos permiten subir ou baixar o volume do audio. Os controis compórtanse como unha banda elástica, xogando con eles podemos conseguir o efecto sonoro desexado. Por exemplo unha suba de volume ou un esvaecemento, ao ritmo que nós o marquemos.

41 2) A música ambiental que desexemos engadir para ambientar a escena.
Suponse que temos algún ficheiro musical en formato mp3 na carpeta multimedia. Co rato, picamos sobre ese ficheiro e trasladámolo á pista de Son 1. Ao pulsar co rato sobre a pista de son activámolo, aparecendo o seu perfil gráfico na pantalla central, coa correspondente liña amarela no centro. Cos puntos vermellos perfilamos unha forma trapezoidal, é a máis habitual. Ao principio sobe o son, mantense a un nivel máximo e ao final vai decaendo, esvaecéndose. Pulsando Play na pantalla da dereita vemos e escoitamos como queda finalmente o son.

42 Moita atención á liña de tempos (en cor verde), non coincide coa posición xeométrica do cursor deslizante (liña vertical vermella). Debemos fixarnos na escala de tempos, NON na posición do cursor, pois a pantalla central representa escala reducida, NON un pequeno clip de audio, senón TODA a pista de son. 3) Os clips de voz previamente gravados con outro programa e inseridos posteriormente. É conveniente usar un micrófono externo, conectado á toma de micro do ordenador. Abrimos o programa Audacity e gravamos. Suponse que temos previamente escrito o guión do que imos dicir.

43 Ese ficheiro exportámolo á carpeta onde gardamos todos os elementos multimedia do noso proxecto. A continuación co rato trasladamos ese ficheiro á pista de son 2, ou a outra calquera que estea libre. Obviamente podemos gravar cantos ficheiros de audio desexemos e posteriormente colocalos na pista de son sincronizándoos coas imaxes. 4) A narración incorporada directamente ao VideoPad. Neste caso pulsamos a icona Narrar na Barra de menús. Ábresenos a seguinte pantalla. Podemos usar un micro externo (mellor) ou ben o micro que case todos os portátiles levan incorporados. Pulsamos o botón vermello e comezamos a falar intentando sincronizar a nosa voz coa imaxe que vai avanzando. Unha vez finalicemos pulsamos a tecla de Stop.

44 Automaticamente o ficheiro de son incorpórase á nosa carpeta de elementos multimedia co nome Narracion 1.mp3. A continuación co rato trasladamos ese ficheiro á pista de son 2, ou outra que estea libre. Recomendación: É aconsellable realizar as gravacións de voz co micro externo e o programa Audacity. Obtéñense mellores resultados. Finalmente, unha vez incorporados todos os elementos de audio; sons ambientais, narración, fondo musical, etc. queda o traballo máis complicado, como subir e baixar o volume de cada unha desas pistas coa técnica dos puntos vermellos e os cursores elásticos para lograr compoñer un conxunto audible e ben organizado. É dicir, cando apareza a voz, a banda sonora debe atenuarse e cando aparece algunha escena ou momento impactante na película, a banda sonora debe subir ao máximo. Pero iso xa é un traballo de artista, non de informático, que só mediante a práctica lograremos alcanzar a necesaria habilidade.

45 VideoPad. Efectos especiais
Este editor de vídeo permite levar a cabo, aínda que cunha calidade un tanto discutible, un efecto especial moi corrente no cine profesional: as transparencias. Por exemplo un personaxe está no estudo de gravación e sobre o fondo proxéctase a imaxe dunha estrada, co cal parece coma se o protagonista estivese a conducir un coche. O programa permite usar dous métodos: 1º) Usando a web-cam do ordenador. Na opción (á esquerda) Pista de superposicións, pulsamos o botón coa cruz verde e a continuación en Gravar. Ábresenos a pantalla da dereita. Pulsamos en Quitar fondo e seguimos as instrucións. Ao pulsar Gravar gravarase soamente a nosa figura desaparecendo totalmente o fondo.

46 Este vídeo sitúase na pista de superposicións mesturándose co vídeo orixinal previamente existente na pista de vídeos. Xeralmente a mestura sae bastante chafalleira pero podemos mellorala se detrás o noso colocamos unha pantalla ou unha saba dunha cor uniforme, por exemplo verde. Ademais, o actor non debe levar enriba nada de cor verde para non confundir o programa. Nese caso o corte é bastante limpo. Á parte, deberemos iluminar moi ben a zona dunha forma perfectamente uniforme, sen brillos nin sombra ningunha. En fin, unha técnica para profesionais. 2º) Usando un clip de vídeo previamente gravado coa nosa videocámara ou un fragmento doutra película. Na opción (á esquerda) Pista de superposicións, pulsamos o botón coa cruz verde e a continuación en Examinar  Aceptar. Activamos a opción Usar croma.

47 Pulsamos sobre a icona Selección de croma (bonequiño cadrado verde).
Debemos elixir unha cor e graduar a tonalidade de fondo e Primeiro plano

48 Con esta técnica logramos separar a imaxe dos actores do fondo, para mesturalo sobre outro fondo distinto. En xeral os resultados non son moi bos, salvo que coidemos moito usar un fondo con cor uniforme e os personaxes teñan un ton de cor diferente dese fondo. De todos os xeitos, non é doado conseguir resultados aceptables. Esta técnica ten unha limitación importante, o clip colocado na pista de superposición, perde a súa pista de audio no proceso de mestura.

49 VideoPad. Finalizando o traballo
O proceso de edición de vídeo é un traballo longo que nos ocupará varias sesións. Cando finalicemos cada sesión gardaremos o noso traballo facendo Archivo  Guardar arquivo de proxecto como. E cando consideremos que o traballo está totalmente finalizado, na barra de menús pulsaremos sobre Gardar película. Ábresenos unha ventá coas seguintes opcións:  Disco Permite gravar o noso traballo nun disco. Pode ser nun DVD ou nun CD como datos.

50  Equipo/Datos É a opción máis recomendable. Permite gardar o noso traballo en forma dun ficheiro de vídeo "avi" por exemplo, o cal posteriormente poderemos editar, gravar, transformar, etc.  Dispositivo portátil Vai dirixido cara aos dispositivos móbiles tipo smartphones, IPhone, etc.  Secuencia de imaxes Tal como indica o título, permite transformar o vídeo nunha secuencia de imaxes en formato "jpg”  Cargar (Web) Permite subir directamente o vídeo ás redes sociais tipo YouTube, Facebook, etc.  Dispositivo estereoscópico Converte o vídeo orixinal en 2 D nun vídeo en 3D coas cores vermella e azul. Necesitaremos obviamente duns lentes especiais e dun sistema reprodutor en 3D.


Descargar ppt "software para edición de vídeo Juan Ramón Alonso García"

Presentaciones similares


Anuncios Google