Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
TEMA 6 A EVOLUCIÓN DOS SERES VIVOS
2
CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
TAXONOMÍA: Ciencia que se ocupa da clasificación e nomenclatura dos seres vivos agrupándoos en categorías e taxóns(grupos) Carl Von Linneo (1758) asentou as bases da taxonomía moderna .Propuxo un sistema de clasificación xerárquico que agrupaba os seres vivos en categorías.Ademais nomeaba segundo a nomenclatura binomial: o nome científico consta de 2 palabras en latín escritas en cursiva. A primeira é un substantivo e refírese ó xénero a segunda é un adxetivo e identifica á especie.
3
Segundo as características podería utilizar distintos adxetivos:Cor ( veridis: verde purpureus: púrpura),Orixen,Habitat…. Os taxóns: cada ser vivo clasifícase mediante un sistema natural que ten en conta a historia evolutiva.Cada grupo es un taxón. Os principais taxóns son:
4
CARL WOESE (1928) O microbiólogo foi o creador da nova taxonomía molecular, basada na comparación do ARN ribosómico que teñen os seres vivos da terra. Os seus análisis levaron ó descubrimento dun novo reino: Archaea A finais dos anos 80 a comunidade científica acepta este novo dominio de forma que na clasificación dos seres vivos hai tres grandes grupos ou DOMINIOS a partir dos cales se obteñen 6 REINOS. DOMINIOS: Archaea:procariotas Bacteria: procariotas Eukarya: eucariotas
5
OS 6 REINOS:
6
PLANTAE: REINO DAS PLANTAS
Organismos pluricelular seres eucariotas e autótrofos Son especies
7
ANIMALIA REINO DOS ANIMAIS
Organismos pluricelulares Son eucariotas e heterótrofos Son especies
8
FUNGI REINO DOS FUNGOS Son unicelulares e pluricelulares
Son eucariotas e heterótrofos Hai especies aprox. Fermentos,cogomelos, mofos
9
PROTISTA REINO DOS PROTOZOOS E ALGAS
Son unicelulares e pluricelulares Son eucariotas Hai especies
10
REINO DE EUBACTERIA Son unicelulares e procariotas Hai 10.000 especies
Son autótrofos e heterótrofos
11
REINO DE ARCHAEBACTERIA
Son unicelulares e procariotas. Son autótrofos e heterótrofos Hai 300 especies Lago en Yellowstone (USA)
12
FILOXENIA Phylos(griego): raza Genia: orixen, nacemento
É a relación de parentesco entre as especies ou taxóns. FILOXENÉTICA: é a ciencia que estuda a filoxenia, é dicir, as relacións evolutivas entre as diferentes especies de seres vivos baseándose no estudio do desenrolo embrionario dos organismos e nas semellanzas nos seus cromosomas e proteínas. Con esta información establécense os árbores filoxenéticos. Esta necesidade por establecer a filoxenia entre as especies iníciase no 1859 coa obra de Darwin “El origen de las especies”.
13
Os primeiros seres vivos.
Hipóteses sobre o orixe da vida: 1.Hipóteses da PANSPERMIA Primeiros organismos De outros lugares do universo proceden chegaron ESPORAS á terra transportadas por meteoritos ou cometas. ¿CAL é a explicación de cómo se orixinaron os primeiros seres vivos fora da terra?
14
2.Síntese abiótica. Hipótese de Oparin.
Biólogo e bioquímico soviético ( ) que realizou avances con respecto ó orixe da vida na terra. P R O ó N xunto con John Haldane( ) que os primeiros seres vivos xurdiron de moléculas orgánicas que se organizaron en sistemas esféricos a partir de materia inorgánica nos primeiros tempos de formación do noso planeta. Estas macromoléculas foron capaces de multiplicarse, dando lugar as primeiras células.
15
As primeiras células: Segundo Oparín
Os millones de anos son suficientes para que as probabilidades de novas asociacións moleculares deran lugar aos primeiros seres vivos. as macromoléculas se agruparían formando una vesícula chamada coacervado. Co paso de millóns de anos e por sucesivos choques e agrupacións entre as macromoléculas, originaronse coacervados cada vez mais complexos hasta dar lugar ás PRIMEIRAS CÉLULAS e posteriormente a organismos pluricelulares. Esta hipótese foi corroborada por Stanley Miller e Harold Urey co seguinte experimento.
16
Experimento de Stanley Miller
Os gases eran arrastrados polo vapor de auga do matraz e despois depositábanse nun tubo en forma de U. Para reproducir as condicións dos mares antigos (fai 4500 millóns de anos)conectaron un matraz con auga fervendo a un depósito con gases(amoníaco, nitróxeno, metano, vapor de auga) Unha semana despois a auga tiña un aspecto turbio e aparecían alguns aminiácidos sinxelos Aplicaron dous electrodos con 60000voltios simulandoi lostregos e intensas radiaccións solares. deduciron que o clima favorecía a evaporación. Demostrou que poden surxir moléculas orgánicas AMINOÁCIDOS a partir de moléculas inorgánicas simples…
17
3. A xeración espontánea O químico belga Jean Baptiste van Helmont( )(descubridor do Dióxido de carbono) describiu que se se puña roupa sudada nun recipiente de boca ancha con trigo 21 días despois o trigo transformábase en ratos adultos de ambos sexos. Este proceso chámase XERACIÓN ESPONTÁNEA. Aristóteles pensaba que os seres vivos podían surxir de barro e materia en descomposición. Exemplo: os cocodrilos surxiron de troncos descompostos na auga.
18
4. A bioxénese No século XVII rexeitouse a teoría da xeración espontánea co experimento de Francesco Redi (naturalista italiano) no que se demostrou que os seres vivos xurden de outros seres vivos e non de materia inanimada.Esta idea foi aceptada cando Louis Pasteur demostra que a bioxénese tamén é aplicable a microorganismos. Redi experimentou con carne en descomposición, en diversos frascos (uns cubertos con tela fina e outros abertos) e comprobou que os vermes só aparecían nos frascos abertos. Deduciu entón, que só se orixina vida onde as moscas puideron entrar e depositar os seus ovos
19
Louis Pasteur (químico francés) puxo nun matraz con boca curvada un caldo de cultivo, despois de hervilo e tapalo con algodón para impedir a entrada de polvo, notou que durante meses non aparecía vida, a diferencia dos matraces non esterilizados. Nos que aparecían microorganismos.
20
Teorías evolucionistas: LAMARCKISMO e DARWINISMO
JEAN BAPTISTE LAMARCK , naturalista francés que formulou a primeira teoría evolucionista. obra: Filosofía zoolóxica. BASÉASE NA OBSERVACIÓN DE FÓSILES, NAS SEMELLANZAS NAS ESPECIES ACTUAIS E NAS ADAPTACIÓNS DE ANIMAIS Á VIDA. Lammarck dixo que: AS ESPECIES SOFREN TRANSFORMACIÓNS E DAN LUGAR A OUTRAS OS FÓSILES INDICAN QUE OS SERES VIVOS CAMBIARON E DERON LUGAR A OUTROS OS CAMBIOS DÉBENSE A O PROGRESO E A ADAPTACIÓN: O PROGRESO: os seres vivos mais sinxelos se orixinaron por XERACIÓN ESPONTÁNEA e transformáronse noutros de perfección crecente. ADAPTACIÓN: a tendencia á perfección pode ser interrumpida pola necesidade de adaptarse aos cambios ambientais polas seguintes leis: LEI DO USO E DESUSO: O emprego frecuente dun órgano desenvólveo e aumenta de tamaño, e a falta de uso dun órgano leva a que se debilite ou que desaparezca(ollos dunha toupa, patas das serpes)
21
Lei da herdanza dos caracteres adquiridos
Os cambios que se producen nos órganos transmítense á descendencia.Así as crías das xirafas que alargaron o seu pescozo para chegar ás pólas mais altas nacen co pescozo mais longo ca outras, sempre que esta característica esté nos dous proxenitores.
22
Lei de uso e desuso A xirafa alimentase da follaxe dos árbores, todo o seu corpo "tende hacia arriba", polo que alargase o pescozo e as patas dianteiras. Os patos, as ocas e os animais palmípedos, que tenden a vivir en lugares con abundancia de auga, desenrolan nas patas unha membrana interdixital que lles facilita a natación.
23
Non se trata dun proceso de adaptación, sino de SELECCIÓN NATURAL.
Charles Robert Darwin – Darwinismo O británico Charles Darwin( ) foi o primeiro científico que de xeito explícito defendeu a evolución de todas as especies de seres vivos. Para Darwin, non cabía a menor dubida de que o ser humano atopouse inmerso no mesmo proceso evolutivo que o resto dos seres naturais. Darwin publicou en 1859 “El origen de las especies” e, mais tarde, en 1871, “El origen del hombre”. Nestas obras presentou unha teoría completa sobre a evolución, segundo a cual o conxunto das especies animais e vegetais actuais procede de outras especies anteriores. Non se trata dun proceso de adaptación, sino de SELECCIÓN NATURAL.
24
Alfred Wallace Alfred Wallace envioulle as súas ideas ó naturalista inglés Charles Darwin, con quen intercambiou varias cartas. Darwin, quen estivera traballando durante 20 anos na su propia teoría da selección natural, non publicara as súas ideas por medo a que foran rexeitadas. Pronto deuse de conta de que os descubrimientos de Wallace encaixaban cos seus e decidiu dar o paso. Presentou ambos documentos á vez para que os dous recibiran crédito pola teoría da evolución. No momento, os dous fixéronse famosos pero o publicar Darwin o libro “El origen de las especies” en Darwin pasa a posteridade como o “home que descubriu a evolución”
25
Ideas fundamentais do Darwinismo
A selección natural: o cambio evolutivo non é o resultado dun impulso misterioso, nin unha simple cuestión do azar, senón o resultado da selección natural, que ten dúas fases: Producción da variabilidade: Cada xeración posee cantidade de variacións. Selección a través da supervivencia na loita pola existencia. Os individuos mais adaptados sobreviven e os menos adaptados desaparecen. Estes individuos transmiten á descendencia estes caracteres e os menos ventaxosos extínguense. A evolución é un proceso GRADUAL e LENTO.
26
Ideas fundamentais do Darwinismo
As especies que existen proceden doutras extintas no pasado. A transformación dunha especie noutra pode ocorrer en poblacións illadas mediante selección natural. Aqueles organismos con características mais ventaxosas desprazan aos demais. Moitos cambios favorables ao longo de moitas xeracións desembocará nunha nova especie.
28
ANTES E DESPOIS DO EVOLUCIONISMO…
Antes das ideas evolucionistas prevalecían as doutrinas fixistas ou o FIXISMO. Os fixistas defenden que os seres vivos foron creados por un ser todopoderoso e éstas non varían no tempo. Os fósiles son entón evidencias de especies que se extinguiron por catástrofes ambientais. George Cuvier, Aristóteles e Platón eran fixistas. Despois do evolucionismo de Darwin…O neodarwinismo.
29
Despois do darwinismo O NEODARWINISMO:
August Weismann( ) refutou a hìpótese da herdanza dos caracteres adquiridos e propuxo que os organismos estaban formados por plasma xerminal e plasma somático.Así os caracteres adquiridos non son herdables xa que afectan só as células que non forman parte do plasma xerminal. Gregor Mendel ( ) estableceu as Leis da Herdanza que describen a transmisión de caracteres. As leis de Mendel falan de aparición de caracteres opostos polo que non existen as formas intermedias das que falaba Darwin.Nin un cambio gradual. Hugo de Vries e T. Morgan descubriron as variacións hereditarias no ADN, as MUTACIÓNS.o MUTACIONISMO rexeitou a selección natural. O NEODARWINISMO: Trátase dunha teoría : TEORÍA SINTÉTICA DA EVOLUCIÓN. Theodosius Dobzhansky integrou as ideas de Darwin coas de Morgan. Resúmese así: As MUTACIÓNS son o motivo das variacións nos individuos dunha poboación.Xorden ó azar e son herdables. A SELECCIÓN NATURAL actúa sobre as MUTACIÓNS favorecendo a supervivencia dos mais EFICACES e eliminando ó resto.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.