Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
REPASO SELECTIVIDADE
2
MOI IMPORTANTE Ler ben a introdución e os textos
Non esquecer ningunha parte(introdución, documentos, contexto, análese e conclusións) e rematar a comoposición, tedes que medir ben o tempo. Pensade e non vos precipitedes. Orde, marxes, non tachones…. SEMPRE: ANTECEDENTES E PERIODO SEGUINTE. Valorase moi positivamente. Cando faledes de Franco non utilicedes o termo fascista se non sublevados, nacionais, franquistas… Sempre neutralidade e obxectividade, non pode aparecer nada partidista nin despectivo. Tampouco opinións persoais. Nas conclusións NON COMECEDES NUNCA con “na miña opinión”. Se non sabedes algo seguro(e pode estar moi mal) non o poñades, mellor un olvido que un erro moi grande. En igualdade de condicións facede sempre a composición máis dificil. É Historia, polo tanto son importantes as fechas e a precisión.
3
SE O LEMBRADES ENGADIDE A BIBLIOGRAFÍA
Para realizar esta composición utilicei os libros de Historia de España de Editorial Bahía (X. Alfeirán), Historia de España de Vicens Vives (J. Aróstegui); ademáis foron completados co Manual de Historia de España de Ángel Martínez Velasco e Javier Tusell así como o Atlas de Historia de España de F. García de Cortázar. J. Solé Turá: Constitucións Calquera libro que coñezades.
4
SETEMBRO 2006: Igrexa-Estado
Os seguintes documentos permiten a realización dunha redacción que teña por tema central as relacións entre a Igrexa e o Estado dende a implantación do liberalismo na década de 1830 ata o franquismo. Dende a inicial confrontación que a liquidación do Antigo Réxime supón, e que exemplifica a desamortización (Doc.1), as relacións Igrexa-Estado serán cambiantes, en función do carácter conservador ou progresista dos distintos gobernos e réximes políticos; en liñas xerais, nos períodos de predominio conservador o poder político favoreceu a Igrexa, facéndolle importantes concesións e buscando o seu apoio (Doc.2), ocorrendo o fenómeno contrario en momentos como a Segunda República (Doc.3). A Igrexa, que non agachou as súas simpatías polo bando sublevado durante a guerra civil, constituiría un dos piares do réxime franquista (Doc.4). Lembra que debes contextualizar os documentos e referirte aos seus contidos ao longo da túa exposición, pois non se trata de elaborar o tema de referencia á marxe das fontes propostas.
5
INTRODUCIÓN Na seguinte composición imos desenvolver todo o relativo a evolución nas relacións entre a Igrexa e o Estado entre os século XIX e XX. Unha evolución que vai estar plenamente vinculada ás diferentes ideoloxías políticas, así como ós documentos do Estado (constitucións) de tal maneira que podemos falar de alianza entre os movementos conservadores (doc. 2 e 4) coa Igrexa e de ruptura no caso das ideoloxías liberais e progresistas (doc. 1 e 3).
6
CONTEXTO Aínda que o noso texto centrase en unhas etapas moi concretas (liberalismo, II República e Franquismo) non podemos deixar de referirnos brevemente a todas as etapas políticas que ten lugar neste dous séculos e as súas relación coa Igrexa. Lembremos que xa dende as Cortes de Cádiz e o goberno de Fernando VII ( ) xurden os primeiros problemas en relación ás cuestións relixiosas, sen embargo un dos momentos máis importantes nesta loita será a instauración e creación do Estado Liberal en España. Baixo a monarquía de Isabel II e ás rexencias previas poñeránse de manifesto as claras vinculacións entre os diferentes grupos políticos e as distintas ideas relixiosas
7
II República e Guerra Civil (bando republicano)
DOC.1. DOC.2. DOC.3. DOC.4 EVOLUCIÍON O obxectivo dos liberais era limitar o poder da igrexa que dende un primeiro momento amosouse oposta ós principios liberais.Neste momento, no período isabelino, se suprimen todos os mosteiros dos que saíra un so frade para ir loitar cos carlistas A liberdade relixiosa como un dos dereitos dos textos constitucionais é un dos máis polémicos, hai posturas dende o anticlericalismo máis radical e o integrismo católico; entre a demolición de conventos e a supresión de ordes relixiosas e a proclamación do catolicismo como relixión oficial do Estado e a condena do liberalismo como inductor á atentar contra os dereitos da Igrexa. (DOC. 1). A maior parte do s. XIX o catolicismo foi declarado relixión oficial do Estado. En todo o século XIX as relacións Igrexa-Estado pasan por diversas vicisitudes . A supresión dos conventos, a expropiación das terras (DOC. 1)e a perda dos seus privilexios, fixo que a Igrexa,como institución, fose hostil ó Estado liberal. Sen embargo dende a sinatura do Concordato entre España e o Vaticano no 1851 (DOC. 2), propiciado polos liberais moderados, permitiu recuperar poder á igrexa solo alterada nos períodos máis revolucionarios. A partir de 1876 a igrexa integrouse perfectamente no sistema identificándose coa orde establecida; controlou a educación e tivo gran influencia sobre as clases dirixentes; a pesar de todo continua viva unha corrente anticlerical que estoupou violentamente en certas ocasións( queima de conventos, mitins e sátiras contra a Igrexa. A xerarquía eclesiástica apoiou ós sublevados dende os inicios da guerra; a cambio Franco devolveu á Igrexa os privilexios e rango social. O catolicismo pasou a ser relixión oficial do estado,dando lugar a unha ideoloxía denominada nacionalcatolicismo. CONTEXTO DO DOC. Rexencia de María Cristina ( ) : goberno de Mendizabal (progresista) Isabel II ( )- Nárvaez ( ) AÍNDA QUE NON APARECE NOS DOC. BREVEMENTE: Sexenio democrático ( )= RUPTURA Restauración + P. Rivera ( )= consolidación poder Igrexa, Const. 75: catolicismo de Estado + recoñecemento libertade relixión e outros cultos II República e Guerra Civil (bando republicano) Gobernos esquerdas+características Constitución (xerais) Guerra Civil (bando nacional) e Franquismo IDEAS Superación definitiva do Antigo Réxime (se vos lembrades: algunha idea relacións AR-Igrexa: grupos privilexiados) Gobernos progresistas= ruptura relacións Igrexa Igrexa vs liberalismo Desamortización 35-36 Constitución 1837= certa tolerancia relixiosa, pervive ata 45 Moderantismo+Igrexa Constitución 1845: exclusividade relixión católica+obriga Estado mantenmento Igrexa Concordato 1851: a Igrexa acepta a venda do seu patrimonio a cambio da imposición do catolicismo como relixión oficial e única do Estado. Educación seguindo a doutrina católica Separación total Igrexa-Estado + consolidación coas reformas relixiosas Perda de poder da Igrexa, educación…. Igrexa triunfal: apoio Franco, elexido por Deus, Cruzada… NACIONALCATOLICISMO Vinculación plena Igrexa-Estado+ consolidación relacións Concordato 1953 Igrexa defensora da moralidade, sociedade cristián Moi importante labor educativa IMPORTANCIA Redución poder Igrexa Recuperación poder e influencia social, no texto: educación e moral perda poder da Igrexa, intento fin moralidad católica…. Conflictividade Unha das causas Guerra Civil Igrexa como piar do Franquismo e base de todas as cousas CONCLUSIÓNS Importancia ideoloxías-relixión - Conflitos contínuos loitas poder - Peso da Igrexa no historia de España Fin relativo dos conflitos coa democracia e a Constitución de 1978: separación Igrexa Estado e liberdade de cultos.
8
CONTEXTO Breves alusións: Século XIX: Século XX
Isabel II e rexencias ( ) I República ( ) Restauración (Alfonso XII, María Cristina, Alfonso XIII) Século XX II República Franquismo
9
RELACIÓNS IGREXA ESTADO SÉCULO XIX
O obxectivo dos liberais era limitar o poder da igrexa que dende un primeiro momento amosouse oposta ós principios liberais.Neste momento, no período isabelino, se suprimen todos os mosteiros dos que saíra un so frade para ir loitar cos carlistas (DOC. 1). A liberdade relixiosa como un dos dereitos dos textos constitucionais é un dos máis polémicos, hai posturas dende o anticlericalismo máis radical e o integrismo católico; entre a demolición de conventos e a supresión de ordes relixiosas e a proclamación do catolicismo como relixión oficial do Estado e a condena do liberalismo como inductor á atentar contra os dereitos da Igrexa. A maior parte do s. XIX o catolicismo foi declarado relixión oficial do Estado. En todo o século XIX as relacións Igrexa-Estado pasan por diversas vicisitudes . A supresión dos conventos, a expropiación das terras (DOC. 1)e a perda dos seus privilexios, fixo que a Igrexa,como institución, fose hostil ó Estado liberal.Sen embargo dende a sinatura do Concordato entre España e o Vaticano no 1851 (DOC. 2), propiciado polos liberais moderados, permitiu recuperar poder á igrexa solo alterada nos períodos máis revolucionarios. A partir de 1876 a igrexa integrouse perfectamente no sistema identificándose coa orde establecida; controlou a educación e tivo gran influencia sobre as clases dirixentes; a pesar de todo continua viva unha corrente anticlerical que estoupou violentamente en certas ocasións( queima de conventos, mitins e sátiras contra a Igrexa.
10
DOC.1 Doc.1.-Desamortización (1836): “Art. 1º. Quedan declarados en estado de venda dende agora todos os bens raíces de calquera clase que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas (...)”.
11
Texto xurídico, autor…. CONTEXTO: Ideas:
Rexencia de María Cristina ( ) : goberno de Mendizabal (progresista) Ideas: Superación definitiva do Antigo Réxime (se vos lembrades: algunha idea relacións AR-Igrexa: grupos privilexiados) Gobernos progresistas= ruptura relacións Igrexa Igrexa vs liberalismo Desamortización 35-36 1835: supresión dos mosteiros de ordes monacais con excepción dos que prestasen servizos sociais 1836: Venta dos bens raíces das institucións suprimidas Obxectivos: Reducir o poder da Igrexa Reformar o réxime de propiedade Obter recursos para cubrir os gastos do Estado provocados póla guerra carlista Reducir a débeda pública Conseguir apoio social á causa liberal Constitución 1837= certa tolerancia relixiosa, pervive ata 45 APOIOS OPOSICIÓN IMPORTANCIA: redución poder Igrexa
12
DOC. 2 Doc.2.-Concordato entre o Estado español e a Santa Sé (1851): “Art. 1. A relixión católica, apostólica, romana, que con exclusión de calquera outro culto continúa sendo a única da nación española, conservarase sempre nos dominios da S. M. Católica con todos os dereitos e prerrogativas de que debe gozar segundo a lei de Deus e o disposto polos sagrados canons. Art. 2. Na súa consecuencia a instrución nas Universidades, Colexios, Seminarios e Escolas públicas ou privadas de calquera clase, será en todo conforme á doutrina da mesma relixión católica; e a este fin non se poñerá impedimento ningún aos bispos e demais prelados diocesanos encargados polo seu ministerio de velar pola pureza da doutrina da fe e dos costumes, e pola educación relixiosa da xuventude no exercicio deste cargo, mesmo nas escolas públicas”.
13
Texto xurídico-relixioso, autor…. CONTEXTO
Isabel II ( )- Nárvaez ( ) AÍNDA QUE NON APARECE NOS DOC. BREVEMENTE: Sexenio democrático ( )= RUPTURA Restauración + P. Rivera ( )= consolidación poder Igrexa, Const. 75: catolicismo de Estado + recoñecemento libertade relixión e outros cultos IDEAS Moderantismo+Igrexa Constitución 1845: exclusividade relixión católica+obriga Estado mantenmento Igrexa Concordato 1851: a Igrexa acepta a venda do seu patrimonio a cambio da imposición do catolicismo como relixión oficial e única do Estado. Educación seguindo a doutrina católica APOIOS OPOSICIÓN IMPORTANCIA: recuperación poder e influencia social, no texto: educación e moral
14
A xerarquía eclesiástica apoiou ós sublevados dende os inicios da guerra; a cambio Franco devolveu á Igrexa os privilexios e rango social. O catolicismo pasou a ser relixión oficial do estado,dando lugar a unha ideoloxía denominada nacionalcatolicismo.
15
Doc.3.-Constitución de 1931: “Art. 3. O Estado español non ten relixión oficial (...). Art.26. (...) O Estado, as rexións, as provincias e os municipios non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións, e Institucións relixiosas. Unha lei especial regulará a total extinción, nun prazo máximo de dous anos, do orzamento do clero”.
16
Texto xurídico, relixioso…. CONTEXTO:
II República e Guerra Civil (bando republicano) Gobernos esquerdas+características Constitución (xerais) IDEAS: Separación total Igrexa-Estado + consolidación coas reformas relixiosas Perda de poder da Igrexa, educación…. APOIOS OPOSICIÓN IMPORTANCIA: perda poder da Igrexa, intento fin moralidad católica…. Conflictividade Unha das causas Guerra Civil
17
Doc 4. - Normas para la Escuela Primaria. 1939
Doc 4.- Normas para la Escuela Primaria Año de la Victoria: “O oprobio dunha escola laica rematou. Para formar españois profundos, crentes e patriotas austeros España rexorde, gloriosa, polo esforzo decidido e xigante dos seus fillos, dos que morreron alegremente por ela, dos que por ela se sacrificaron e quixeron renderlle o mellor e máis espléndido da súa vida. A Escola ten que recoller o ambiente heroico das xuventudes guiadas polo Caudillo á vitoria... 1ª A reposición do Santo Crucifixo marca a apertura do curso (…). 2ª Ademais do retrato do Caudillo, haberá no salón de clase unha imaxe da Virxe, con preferencia da Inmaculada, e en sitio preferente (...). 4ª Á entrada na escola os nenos saudarán co tradicional Ave María Purísima, sendo contestados polo mestre: Sin pecado concebida (...)".
18
Texto xurídico…. CONTEXTO IDEAS
Guerra Civil (bando nacional) e Franquismo IDEAS Igrexa triunfal: apoio Franco, elexido por Deus, Cruzada… NACIONALCATOLICISMO Vinculación plena Igrexa-Estado+ consolidación relacións Concordato 1953 Igrexa defensora da moralidade, sociedade cristián Moi importante labor educativa APOIOS OPOSICIÓN IMPORTANCIA FIN PERIODO: Concilio Vaticano II ( ): renovación da Igrexa e crítica á ditadura, anos 70: aumento oposición relixiosa e diferentes sectores católicos
19
CONCLUSIÓNS Importancia ideoloxías-relixión
Conflitos contínuos loitas poder Peso da Igrexa no historia de España Fin relativo dos conflitos coa democracia e a Constitución de 1978: separación Igrexa Estado e liberdade de cultos.
20
XUÑO 2005: EXÉRCITO OPCION 2 Un rasgo destacado na España contemporánea é a reiterada intromisión do Exército na vida política. O pulo do líberalismo durante a crise do Antigo Réxime (Doc.l), o apoto ás súas diferentes faccións no período isabelino (Doc.2) e mesmo a promoción da democracia en 1868 marcan as súas actuacións iniciais; pero a partir da Restauración (Doc.3) irán gañando terreo posturas cada vez máis conservadoras e reaccionarias, que cristalizarán no século XX en fórmulas autoritarias (DocsA e 5), coa longa ditadura franquista como máxima expresión. Lembra que na túa exposición debes referirte aos documentos propostos, pois non se trata de elaborar un tema á marxe dos mesmos.
21
INTRODUCIÓN CONTEXTO: SÉCULO XIX: SÉCULO XX: FERNANDO VII ISABEL II
RESTAURACIÓN SÉCULO XX: PRIMO DE RIVERA SEGUNDA REPUBLICA FRANQUISMO
22
EVOLUCIÓN EXÉRCITO FERNANDO VII: DIVISIÓN LIBERAL/ABSOLUTISTA
ISABEL II: MILITARIZACIÓN PLENA DA POLÍTICA: PRONUNCIAMENTOS RESTARACIÓN: SOMETEMENTO PRIMO DE RIVERA E FRANCO: MÁXIMA REPRESENTACIÓN DO PODER MILITAR.
23
CARACTERÍSTICAS XERÁIS EXÉRCITO SÉCULO XIX
O exército ten un papel activo e importante na vida política de España durante o s. XIX. e XX. Ata o remate da Guerra da Independencia os altos cargos militares eran reservados á nobreza.Debido ás necesidades da guerra e como premio polo comportamento de determinadas figuras na loita contra os franceses, algúns non nobres chegaron a obter altos cargos no exército. Fernando VII quixo restablecer o Antigo Réxime e os privilexios de clase, ó que se opuxeron os militares, que xa non quererán perder os cargos recen adquiridos, esto fixo que á morte de Fernando VII, a maioría dos militares apoiaran ó liberalismo isabelino fronte ó Antigo Réxime representado polo carlismo. Participaron os altos mandos militares ocupando cargos políticos: Rexencias, Presidencias do goberno, ministerios, deputados nas Cortes. (tamén os oficiais medios e suboficiais intervirán en política). Características e forma de participación dos militares na vida política do s. XIX: O Método de acceso ó poder,o pronunciamento: unha sublevación militar, case sempre incruenta, co fin de conquistar o poder ou, a lo menos, presionar ó goberno para conseguir obxectivos políticos. O prestixio e a popularidade gañada no campo de batalla polo exército, e en especial, algúns xenerais. Durante o s. XIX foron numerosos os conflictos bélicos nos que se viu inmerso o exército español: Guerra da Independencia( ),Guerras de independencia das colonias americanas( ),Guerras civís carlistas: 1827, , , ,Conflictos coloniais en África (guerras contra Marrocos), Cuba, expedicións pintorescas á Cochinchina (1860) ou México (1862). A debilidade do poder civil, carente de apoios sociais amplos debido á restricción do corpo electoral e o fraude. Os políticos civís buscaron no exército e nos seus oficiais a forza e a base para ós seus gobernos. A escasa burguesía liberal necesitaba ó exército para loitar contra os opositores ó réxime, dende o absolutismo carlista, ata as opcións máis democráticas e populares. O exército converteuse en ocasións nunha forza de orden público que o goberno utilizaba contra as reivindicacións das clases populares e obreiras. Os oficiais, forxados na ideoloxía liberal, non desaproveitaron a situación e, utilizando a súa xerarquía e capacidade de mando sobre unhas tropas disciplinadas, participaron de bo grado na vida política do país. Ademais, outras dúas institucións de carácter militar participaron na vida política: as Xuntas e as Milicias cidadás. Dous elementos que fortaleceron a vida militar no s.XIX foron: A creación da Garda Civil(no reinado de Isabel II) corpo militar pero con misións civís,e a obrigatoriedade da mili, todos os homes debían de militarizarse nun momento da súa vida. Liderando partidos políticos. Foi o caso dos xenerais ou “espadóns” Espartero, Narváez, O’Donnell, Sérrano e Prim. Afiliándose ós partidos e conseguindo escanos nas Cortes(1853 había 93 senadores que eran oficiais do exército). Dende 1874 redúcese moito a intervención dos militares na vida política por mor do seu sometemento xerárquico ó rei(que será o xefe do exército) e polo resultado do acordo de quenda pacífica no poder dos partidos da Restauración. Houbo un intento de levar ós militares ós cuarteis, e de evitar que os cambios de goberno chegaran a través dun pronunciamento. A maioría dos ministros e xefes do goberno serán civís, pero os militares terán importancia en conflictos coloniais como os de Marrocos ou Cuba, e como forza represora nos problemas de orde pública.
24
DOC. 1. DOC.2. DOC.3. DOC.4 DOC.5 EVOLUCIÓN Fernando vii: división liberal/absolutista Isabel ii: militarización plena da política: pronunciamentos Restaración: sometemento Primo de Rivera e franco: máxima representación do poder militar. CONTEXTO Fernando vii, fin guerra independencia Isabel ii Restauración Alfonso XIII e Primo de Rivera II república e franco IDEAS Militares vinculados ó liberalismo Defensa armada do liberalismo Primeiros pronunciamentos como forma militar de expresión política e defensa duns ideais: díaz porlier Reinado isabel ii: máxima expresión dos pronunciamenos Vinculación cos diferentes partidos políticos e o exército Pronunciamento 35: mendizabal Sarxentos granxa: progresistas 40 espartero 43 narvaez…. Sometemento o rei Papel guerras… Inicio nueva etapa: militares en el poder de forma autoritaria Abandono ideales liberales Defensa dos valores de españa: unidade, conservadurismo, tradicións… Intento república acabar poder exército Franco= éxito exército, valores castrenses… Importancia exército no réxime Vinculación fascismo/nazismo e militarización de todos estos rexímenes políticos IMPORTANCIA -Vinculación do exército coa política, sobre todo nos primeiros momentos coa defensa do liberalismo. - Espadóns: figuras políticas vinculadas ó exercito Exército como base da política. - Relación e necesidade da monarquía co exército (Guerras Carlistas…) Importancia de Cänovas na separación do exército e a política. - Exército na sombra “intocábles” -Relación dos gobernos de dereitas e a efensa do exército. -Sometemento total da vida do pais ó exército con Primo de Rivera. Base da política de Franco - Militarización da vida en xeral. -Importancia dos valores castrenses CONCLUSIÓNS IDEAS XERAIS EVOLUCIÓN EXÉRCITO: liberalismo e conservadurismo FIN CON DEMOCRACIA E CONSTITUCIÓN
25
Doc.l.-Manifesto que dirixe á Nación Española Juan Díaz Porlier o 21 de setembro de 1815:
“O noso obxecto é o de España enteira: unha monarquía sometida a leis xustas e sabias, e constituida dunha maneira que sexa garantía, o mesmo das prerrogativas do trono que dos dereitos da nación. Pedimos a convocatoria de Cortes nomeadas polo pobo, e que estas teñan liberdade de facer na Constitución proclamada polas Cortes extraordinarias, os cambios que esixe a nosa situación (...). Firmes na nosa resolución, non deixaremos as armas (se nos vemos na obliga de recorrer a elas) antes de obter o que pedimos”.
26
CONTEXTO IDEAS FERNANDO VII, FIN GUERRA INDEPENDENCIA
MILITARES VINCULADOS Ó LIBERALISMO DEFENSA ARMADA DO LIBERALISMO PRIMEIROS PRONUNCIAMENTOS COMO FORM MILITAR DE EXPRESIÓN POLÍTICA E DEFENSA DUNS IDEAIS: DÍAZ PORLIER
27
Doc.2.-Así interpreta un comentarista da época a presenza militar na política (Elpensamiento de la nación, 1846): “As queixas contra a preponderancia militar datan xa de moito tempo; hai longos anos que as fraccións liberáis se acusan unhas as outras polos estados de sitio; e unha provincia en estado de sitio é unha provincia entregada ao poder militar. O que en 1834 e 1835 dicían os progresistas contra os moderados, dixeron os moderados contra os progresistas en 1836 e 1837; ata 1840 tocoulles a quenda aos progresistas repetir os mesmos cargos, que logo reproduciron os moderados ata 1843; desde o pronunciamento de xuño do mesmo ano, quéixanse outra vez os progresistas. Se algún día os moderados sucumben, é probable que os progresistas lles ofrecerán abundantes motivos para a terceira edición de idénticas reclamacións. O nome das persoas e dos homes non significa nada: o feito é o mesmo. Desde a morte de Fernando VII a preponderancia estivo no poder militar (...); as cortes e os ministerios non puideron facer nada contra a forza das armas”.
28
CONTEXTO: ISABEL II IDEAS:
REINADO ISABEL II: MÁXIMA EXPRESIÓN DOS PRONUNCIAMENOS VINCULACIÓN COS DIFERENTES PARTIDOS POLÍTICOS E O EXÉRCITO PRONUNCIAMENTO 35: MENDIZABAL SARXENTOS GRANXA: PROGRESISTAS 40 ESPARTERO 43 NARVAEZ….
29
Doc.3.-O historiador Raymond Carr analiza a infl uencia militar na política da Restauración:
“Ata a Restauración da monarquía en 1874, o instrumento efectivo de protesta e cambio políticos foi o Exército, que parecerá perder este papel como consecuencia da “desmilitarización” da política realizada por Cánovas. Ata 1923, agás o levantamento republicano de Villacampa, ningún xeneral iniciou un pronunciamento. Esta apariencia civil da vida política da Restauración é engañosa: os xenerais deixaban a política aos civís só a condición de que estes non tocaran o Exército e de que eles mesmos seguiran a ser fi guras infl uíntes na vida política. O tenente xeneral Martínez Campos (...) era consultado en tódalas crises políticas importantes, e a España conservadora dirixírase ao xeneral Polavieja para que a salvara en (...). O ministro da Guerra foi sempre un xeneral, e o orzamento militar unha “reserva sacrosanta” ante a cal os políticos civís experimentaban inhibición total”.
30
CONTEXTO: RESTAURACIÓN IDEAS:
SOMETEMENTO O REI PAPEL GUERRAS…
31
O recurso do Golpe de Estado foi de novo utilizado no ano 1923 para que o xeneral Primo de Rivera impuxera e mantivera a súa dictadura. Durante seis anos o exército tomou as rendas do poder, cun directorio militar, convertendo España nun cuartel. Co fin da Monarquía e o establecemento da República, os gobernos progresistas intentaron restar protagonismo ó exército na vida pública, evitar o perigo dos golpes de estado, e retirar definitivamente ós militares do poder, para iso Azaña levou a cabo a súa reforma militar. Os gobernos de dereitas foron sempre máis condescentes co exército. A República cae co Golpe de Estado do xeneral Franco que establece unha dictadura militar na que o exército é un dos piares fundamentais e o seu maior defensor. Os primeiros gobernos de Franco tiveron numerosos militares, incluso os homes de confianza do dictador serán militares, un exemplo claro o do almirante Carrero Blanco. O exército incluso terá funcións xudiciais a través dos consellos de guerra. Coa morte de Franco, os gobernantes españois da Transición deben facer grandes esforzos para que os militares regresaran ós cuarteis e deixaran o seu posto de privilexio mantido durante corenta anos de dictadura. Non faltaron sobresaltos como a ”Operación Galaxia” ou o intento de Golpe de Estado de Tejero do 23 de Febreiro de Hoxe en día os militares da Guerra Civil xa non están nos seus postos,ni tan sequera o ministro de defensa é un militar, o exército é democrático, obedece á Constitución, e leva funcións propias do exército do século XXI.
32
Doc.4.-Declaración ante a prensa de Primo de Rivera, 16 de setembro de 1923:
“Eu non son un ditador. Ninguén pode, con xustiza, aplicarme esta denominación. Son un home a quen os seus camaradas de armas, acaso erróneamente, honraron coa difícil misión de dirixir a reconstrucción da Patria”.
33
CONTEXTO: ALFONSO XIII E PRIMO DE RIVERA IDEAS:
Inicio nueva etapa: militares en el poder de forma autoritaria Abandono ideales liberales Defensa dos valores de España: unidade, conservadurismo, tradicións…
34
Doc.5.-O xeneral Franco, caudillo de España, na compaña de Adolf Hitler en 1940:
35
CONTEXTO: II REPÚBLICA E FRANCO IDEAS:
INTENTO REPÚBLICA ACABAR PODER EXÉRCITO FRANCO= ÉXITO EXÉRCITO, VALORES CASTRENSES… IMPORTANCIA EXÉRCITO NO RÉXIME VINCULACIÓN FASCISMO/NAZISMO E MILITARIZACIÓN DE TODOS ESTOS REXÍMENES POLÍTICOS
36
CONCLUSIÓNS IDEAS XERAIS EVOLUCIÓN EXÉRCITO: liberalismo e conservadurismo FIN CON DEMOCRACIA E CONSTITUCIÓN
37
SETEMBRO 2004: CONSTITUCIÓNS (dúas semellantes, nunha aparece 1812, 2010)
OPCION 1 Os seguintes documentos ilustran sobre as institucións e/ou persoas que son depositarias da soberanía segundo catro constitucións da España do século XIX. Na túa exposición, trata de diferenciar os distintos tipos de soberanía que estes ordenamentos constitucionais implican (soberanía nacional, soberanía compartida, soberanía popular). En todo caso, debes contextualizar os documentos na súa época en relación cos réximes políticos que orixinan ou reflicten, marcando as diferencias esenciais entre eles.
38
CONSTITUCIÓNS 2010 CONTEXTO XERAL: ABSOLUTISMO, LIBERALISMO, DEMOCRACIA. CONSTITUCIÓN ETAPA SISTEMA POLÍTICO CARACTERÍSTICAS CONTEXTO E PROTAGONISTAS DA SÚA APROBACIÓN CARACTERÍSTICAS DA CONSTITUCIÓN IDEA DE SOBERANÍA E SISTEMA POLÍTICO DIVISIÓN DE PODERES PARTICIPACIÓN POPULAR DEREITOS E LIBERDADES VIXENCIA APOIOS E OPOSICIÓN IMPORTANCIA CONCLUSIÓNS Inestabilidade constitucional
39
CONTEXTO Antecedentes: fin Antigo Réxime: Carlos IV e Fernando VII.
Século XIX: María Cristina, Espartero, Isabel II, Sexenio Democrático e Restauración(Alfonso XII) Paso Antigo Réxime a consolidación sistema liberal doutrinario e intento liberalismo democrático (sexenio). IMPORTANTE: DIFERENCIAR SISTEMAS POLÍTICOS DEFINICIÓNS DOS DIFERENTES TIPOS DE SOBERANÍA (compartida, nacional e popular) E VINCULACIÓN COS DIFERENTES REXÍMENES POLÍTICOS.
40
1837 1845 1869 1876 CONTEXTO Contexto: rexencia Mª Cristina ( ) Contexto: Isabel II( ) Contexto: fin de Isabel II e sexenio revolucionario ( ) Contexto: Restauración e Alfonso XII ( ) RÉXIME POLÍTICO Réxime político: rexime liberal doutrinario progresista Réxime político: rexime liberal doutrinario moderado Réxime político: liberal democrático Réxime político: liberal doutrinario e Restauración. CONSTITUCIÓN E SOBERANÍA, CARACTERÍSTICAS: IDEA DE SOBERANÍA DIVISIÓN DE PODERES PARTICIPACIÓN POPULAR DEREITOS E LIBERDADES RELIXIÓN VIXENCIA APOIOS E OPOSICIÓN Constitución e soberanía: Referencia ó anterior: 1812: soberanía nacional entendida como popular e monarquía liberal constitucional (hexemonía das Cortes). Constitución 1837: de consenso (abandono liberalismo democrático de 1812 e adopción do liberalismo progresista) Soberanía compartida, sufraxio e división de poderes. Monarquía liberal constitucional Constitución 1845: control moderados (Narváez) Soberanía compartida entre o rei e as Cortes (hexemonía da raíña), sufraxio e división de poderes. Constitución: Soberanía nacional, sufraxio e división de poderes. Monarquía democrática constitucional Soberanía compartida, sufráxio censitario e universal (1890)e división de poderes. Monarquía constitucional doutrinaria conservadora IMPORTANCIA DA CONSTITUCIÓN Desmantelamento AR, consolidación liberalismo, división política…. Consolidación do liberalismo doutrinario conservador. Importancia do papel da raíña e vinculación desta cos conservadores, Establecemento da democracia (fallido). Plena independencia dos poderes e participación da cidadanía. Volta o sistema do liberalismo doutrinario. Importancia do rei, caciques, alternancia de partidos. CONCLUSIÓNS Evolución conceptos soberanía e rexímenes políticos totalmente paralela. Inestabilidade política e constitucional século XIX. Dificultades no establecemento dun sistema parlamentario e representativo da cidadanía. Non remata en 1923: P. Rivera, II República; Franquismo…. Reflicten a continuación das dificultades a hora de establecer as relacións dos poderes.
41
CONTEXTO DOS PRIMEIROS DOCS:
42
Doc.1.-A Constitución de 1837:
“Sendo a vontade da nación revisar, en uso da súa soberanía, a Constitución política promulgada en Cádiz o dezanove de marzo de mil oitocentos doce, as Cortes Xerais congregadas a este fin, decretan e sancionan a seguinte Constitución da Monarquía Española”.
43
Contexto: rexencia Mª Cristina (1836-1840)
Réxime político: rexime liberal doutrinario progresista Constitución e soberanía: Referencia ó anterior: 1812: soberanía nacional entendida como popular e monarquía liberal constitucional. Constitución 1837: de consenso (abandono liberalismo democrático de 1812 e adopción do liberalismo progresista) Soberanía compartida, sufraxio e división de poderes. Monarquía liberal constitucional Consecuencias: desmantelamento AR, consolidación liberalismo, división política….
44
Doc.2.-A Constitución de 1845: “Dona Isabel II, pola gracia de Deus e da Constitución da Monarquía Española, Raíña das Españas (...), sabede: Que sendo a nosa vontade e a das Cortes do Reino regularizar e poñer en consonancia coas necesidades actuais do Estado (...), modificando ao efecto a Constitución promulgada o 18 de xuño de 1837, viñemos, en unión e de acordo coas Cortes actualmente reunidas, en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.
45
Contexto: Isabel II(1843-1868)
Réxime político: rexime liberal doutrinario moderado Constitución e soberanía: Constitución 1845: control moderados (Narváez) Soberanía compartida entre o rei e as Cortes, sufraxio e división de poderes. Monarquía liberal constitucional Consecuencias
46
Doc.3.-A Constitución de 1869: “A Nación Española, e no seu nome as Cortes Constituíntes elixidas por sufraxio universal, desexando afianzar a xustiza, a liberdade, a seguridade (...), decretan e sancionan a seguinte Constitución”.
48
Contexto: fin de Isabel II e sexenio revolucionario (1868-1875)
Réxime político: liberal democrático Constitución: Soberanía nacional, sufraxio e división de poderes. Monarquía democrática constitucional Consecuencias:
49
Doc.4.-A Constitución de 1876: “Don Alfonso XII, pola gracia de Deus Rei constitucional de España (...), sabede: que en unión e de acordo coas Cortes do Reino actualmente reunidas, viñemos en decretar e sancionar a seguinte Constitución da Monarquía Española”.
50
Contexto: Restauración e Alfonso XII (1875-1923)
Réxime político: liberal doutrinario e Restauración. Constitución: Soberanía compartida, sufráxio censitario e universal (1890)e división de poderes. Monarquía constitucional doutrinaria conservadora Consecuencias:
51
CONCLUSIÓNS Evolución conceptos soberanía e rexímenes políticos totalmente paralela. Inestabilidade política e constitucional século XIX. Dificultades no establecemento dun sistema parlamentario e representativo da cidadanía. Non remata en 1923: P. Rivera, II República; Franquismo…. Reflicten a continuación das dificultades a hora de establecer as relacións dos poderes.
52
XUÑO 2010 A partir dos seguintes documentos debes elaborar unha composición sobre o final do franquismo e o inicio da transición democrática. Na redacción debes abordar as seguintes cuestións: A incerteza política, a conflitividade social e a crise económica que marcan o período; as posturas políticas enfrontadas, dende o inmobilismo ata a proposta rupturista; a apertura dunha vía reformista cara á democracia. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
53
CONTEXTO Fin franquismo (años, etapas, características, destacando os últimos anos) Transición e democracia. Crise económica Diferentes proxectos e vías IMPORTANTE: FALAR DOS PROTAGONISTAS
54
Doc.1. Extracto do comunicado no que ETA reivindica o atentado contra Carrero Blanco en 1973: “A operación que ETA realizou contra o aparato de poder da oligarquía española na persoa de Luis Carrero Blanco, debe interpretarse como xusta resposta revolucionaria da clase traballadora e de todo o noso pobo vasco (…). Luis Carrero Blanco, un home duro, violento nas súas posicións represivas, constituía a peza clave garante da continuidade e estabilidade do sistema franquista (…)”.
55
A inviable continuidade do réxime
Alusión ETA como clara oposición violenta e nacionalista Carrero Blanco: continuidade e fidelidade (Presi Goberno: xullo decembro 1973) Dificultades Arias Navarro no goberno
57
DESCRIPCIÓN DOS GRÁFICOS/SÁTIRAS- ECONÓMICO
Inestabilidade económica e social en aumento 1973 Causas crise e crise xeral Oposición últimos anos do réxime Vinculación protestas económicas e políticas
58
Doc.4. Discurso de J. A. Girón de Velasco ao ser nomeado presidente da Confederación Nacional de Excombatientes (novembro de 1974): “Incúmbenos a mesma responsabilidade que, por razóns de honor, nos botou ao monte en 1936 (…). O compromiso desta hora reside, por tanto, en evitar que sobre aquel holocausto e aquel sacrificio se corra hoxe un estúpido velo (…). Aquí pasaron moitas cousas e han pasar moitas máis (…). Impúlsanos o deber de pechar o paso aos que queren arrebatarnos a vitoria”.
59
Doc.5. Propostas da Junta Democrática, feitas públicas en París en xullo de 1974: “1. A formación dun Goberno provisional que substitúa ao actual para devolver ao home e á muller españois (…) o recoñecemento legal de todas as liberdades, dereitos e deberes democráticos. 2. A amnistía absoluta de todas as responsabilidades por feitos de natureza política ou sindical. 3. A legalización dos partidos políticos, sen exclusións (…). 11. A celebración dunha consulta popular (…) para elixir a forma definitiva do Estado”.
60
Doc.6.Artigo de Arnaud de Borchgrave publicado na revista Newsweek en abril de 1976: “Coido que chegou a hora da reforma, pero o presidente do Goberno, Carlos Arias Navarro, un residuo dos días de Franco, demostrou máis inmobilismo ca mobilidade. O rei opina que Arias é un desastre sen paliativos, xa que se converteu no abandeirado dese grupo de leais a Franco coñecido coma ‘o búnker’ (…)”.
61
Diferentes posicións no final do réxime e inicio transición (continuísmo, continuísmo reformista, reformista): Posición bunker e Arias Navarro (disidencias: 12 febreiro, Tácito) Oposición exterior: Xunta Democrática e Plataforma (PSOE)= Platajunta
62
Doc.7. Lei para a Reforma Política, aprobada polas Cortes en novembro de 1976: “Art 1º.1. A democracia no Estado español baséase na supremacía da lei, expresión da vontade soberana do pobo. Os dereitos fundamentais da persoa son inviolables e vinculan a todos os órganos do Estado (…). Art.2º. 1. As Cortes compóñense do Congreso de Deputados e do Senado. 2. Os deputados do Congreso serán elixidos por sufraxio universal, directo e secreto dos españois maiores de idade”.
63
Alusión monarquía e características transición.
Vía reformista e Adolfo Suárez e Lei para a Reforma Política.
64
CONCLUSIÓNS. Proceso complicado e conflictivo (economía, política, sociedade). Consolidación definitiva democracia Importancia figura Adolfo Suárez. Constitución 1978.
65
Xuño 2003/ xuño 2010 OPCION 1 A partir dos documentos que seguen debes compoñer un texto sobre a transición política á democracia. Logo da morte de Franco, os cambios inícianse definitivamente coa designación de Adolfo Suárez como Presidente do Goberno (Doc.1). A Lei para a Reforma Política (Doc.2) confirma a opción reformista adoptada pola transición e permite á UCD líderada por Suárez levar a cabo un programa de goberno (Doc.3) que, contando no esencial co consenso das demáis forzas políticas, culminaría coa promulgación da Constitución en 1978 (Doc.4). Fracasado o intento de golpe de Estado de febreiro de 1981 (Doc.5), a victoria socialista nas eleccións de 1982 (Doc.6) abriría unha nova etapa política. OPCIÓN B ORIENTACIÓNS: A partir dos documentos que seguen debes compor un texto sobre a transición política á democracia. Na redacción debes abordar as seguintes cuestións: O inicio do proceso por unha vía reformista; o proceso constituínte e a Constitución de 1978; as dificultades (terrorismo, golpismo); a chegada do PSOE ao poder. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.
66
CONTEXTO Antecedentes: fin franquismo e ultimos gobernos de Arias Navarro. Transición (definición, anos, características) e consolidación da democracia. -A t ransi ci ón como un proceso de l i qui daci ón da di c t a dur a f r a nqui s t a e i ns t a ur a c i ón dun s i s t e ma democrático.
67
Doc.1.-Logo de ser designado Presidente do Goberno polo Rei, Adolfo Suárez diríxese ó país (6 de xullo de 1976): “A meta última é moí concreta: que os gobernos do futuro sexan o resultado da libre vontade da maioría dos españois, e para elo solicito a colaboración de tódalas forzas sociais (...). A Coroa ten a vontade expresa de acadar unha democracia moderna para España, unha democracia na que a liberdade, a xustiza, a participación, a paz e a cultura sexan o froito do esforzo de todos e o resultado do que todos se beneficien”.
68
Proclamación monarquía, dimisión Arias Navarro e elección de Adolfo Suárez en 1976.
-A posición dunha monarquía que busca a súa consolidación na lexitimidade democrática e as demandas de variadas forzas sociais e políticas da oposición, como factores que promoven a transición Goberno e reformas. Forzas políticas do momento.
69
Doc.2.-Lei para a Reforma Política, aprobada polas Cortes o 18 de novembro de 1976: Art.1º.1.A democracia no Estado español baséase na supremacía da lei, expresión da vontade soberana do pobo. 2.A potestade de elaborar e aprobar as leis reside nas Cortes. O Rei sanciona e promulga as leis. Art.2º.1.As Cortes compóñense do Congreso dos Deputados e do Senado. 2.Os deputados do Congreso serán elixidos por sufraxio universal, directo e secreto dos españois maiores de idade. 3.Os senadores serán elixidos en representación das entidades territoriais. O Rei poderá designar para cada lexislatura senadores en número non superior á quinta parte dos elixidos”.
70
Lei para a Reforma Política de Suárez.
Legalidade franquista. -O triunfo dunha vía reformista, conducida por Adolfo Suárez e a UCD, como solución de compromiso entre posturas rupturistas e continuistas, e que ten a súa mellor plasmación na Lei para a Reforma Política Importancia.
71
Doc.3.-Na campaña para as eleccións de xuño de 1977, o candidato de UCD, Adolfo Suárez, pronuncia o seguinte discurso: “Prometemos volverlle a soberanía ao pobo español, e pasado mañá exércea. Prometemos normalizar a nosa vida política, xestionar a transición en paz, construír a democracia desde a legalidade, e cremos que, coas lóxicas deficiencias, o conseguimos. Prometemos que todas as familias políticas poderían ter un lugar nas Cortes, e o mércores poden acadalo (...). Podo prometer, e prometo, intentar elaborar unha Constitución en colaboración con todos os grupos representativos nas Cortes, calquera que sexa o seu número de escanos (...). Podo prometer, e prometo (...), adicar todos os esforzos a acadar un entendemento social que permita fixar as novas liñas básicas que ha seguir a economía española nos vindeiros anos (...). Podo prometer, e prometo, un marco legal para institucionalizar cada rexión segundo as súas propias características”.
72
Eleccións 1977 e continuidade de Suárez coa UCD.
Partidos políticos máis importantes e protagonistas. Reformas do goberno da UCD e final con Calvo Sotelo
73
Doc 4. -Constitución de 1978: “Art. 1. 1
Doc 4.-Constitución de 1978: “Art España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordeamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria. Art.2..-A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da nación española, patria común e indivisible de tódolos españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas. Art.3.1.-O castelán é a lingua española oficial do Estado (...) As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos (...). Art.6.-Os partidos políticos expresan o pluralismo político, concorren á formación e manifestación da vontade popular e son instrumento fundamental para a participación política”.
74
Proceso elaboración Constitución 1978
Características fundamentais. -A pretensión permanente de consenso, que posibilita acordos como os Pactos da Moncloa e sobre todo a propia Constitución de 1978. -A Constitución como pedra angular do novo Estado democrático, destacando algúns aspectos esenciais (soberanía popular, Estado das Autonomías...)
75
Doc.5.-Mensaxe de Juan Carlos I, emitido por radio e televisión na madrugada do día 24 de febreiro de 1981: “Ante a situación creada polos sucesos desenvolvidos no Palacio do Congreso, e para evitar calquera posible confusión, confirmo que ordenei ás autoridades civís e á Xunta de Xefes de Estado Maior que tomen as medidas necesarias para manter a orde constitucional dentro da legalidade vixente (…). A Coroa, símbolo da permanencia e unidade da patria, non pode tolerar de xeito ningún accións ou actitudes de persoas que pretendan interromper pola forza o proceso democrático (…)”.
76
Dificultades do proceso
Golpe de Estado do 23F Protagonistas Papel del rei
78
A alternancia no poder tralas eleccións de 1982, no que supón de consolidación da democracia e que pode ser analizada como remate da transición. Características das eleccións de 1982 Protagonistas e partidos políticos Vencedores
79
CONCLUSIÓNS Dificultades xerais periodo
Papel diferentes forzas políticas: monarquía, partidos políticos, oposición… Fin periodo franquista, consolidación definitiva democracia, alternancia política, bipartidismo.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.