La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

PRECURSORES E REXURDIMENTO PLENO

Presentaciones similares


Presentación del tema: "PRECURSORES E REXURDIMENTO PLENO"— Transcripción de la presentación:

1 PRECURSORES E REXURDIMENTO PLENO

2 PERIODIZACIÓN DA LITERATURA GALEGA
ÉPOCA MEDIEVAL -Etapa pre-afonsina ( )‏ -Etapa afonsina ( )‏ -Etapa dionisíaca ( )‏ -Etapa posdionisíaca ( )‏ *Etapa da Escola galego-castelá( ) *Etapa da Escola castelá portuguesa (fs.XV- ps.XVI)‏ SÉCULOS ESCUROS (XVI-XVII)‏ ILUSTRACIÓN (XVIII)‏ REXURDIMENTO (XIX)‏ -Precursores ( )‏ -Rexurdimento Pleno ( )‏ -Decadencia Finisecular ( )‏ S.XX-HOXE -Segundo Rexurdimento ( )‏ -Silencio ( )‏ -Lenta Eclosión ( )‏ -Actualidade (1981-Hoxe)‏

3 REXURDIMENTO Características: s. XIX.
Movemento Político (Provincialismo; Federalismo; Rexionalismo; [Nacionalismo]). Recuperación escrita en galego: moita calidade + non subordinación. Clase media. Iniciativa. Opóñense: Organismos oficiais do Estado + intelectuais (internos e externos). Contradicións entre teoría (dignificación galego) e práctica (uso do castelán). A castelanización de Galicia aumenta. Progresiva recuperación do prestixio do galego. Vs. aumento de atrancos.

4 REXURDIMENTO Períodos: Precursor (1808-1862):
Dende a ocupación francesa – ata publicación de Cantares Gallegos. Autores relacionados co Provincialismo. : convivencia: etapa final dos Séculos Escuros e primeiros precursores. Rexurdimento Pleno ( ): Desde Cantares Gallegos – ata publicación da última obra dun dos tres grandes (O Divino Sainete de Curros). Maior esplendor. Poesía (teatro e narrativa, algo). Concursos + gramáticas e dicionarios + Editorial + Prensa. Depresión Finisecular ( ): Dende O Divino Sainete – ata o inicio da I Guerra Mundial. Forte declive. Cuantitativamente: alto; cualitativamente: baixo. Asentamento: narrativa e teatro. Modernismo hispanoamericano + ideoloxía da Xeración do 98 => forte ideoloxía castelanista.

5 REXURDIMENTO Obxectivos: Iniciativas e eidos de uso.
Troco na consideración negativa do galego. Argumentos: Prestixio + Utilidade + Identidade. Ampliación os eidos de uso do galego. Literatura, prensa, recoñecemento oficial, ensino, vida oficial e eclesiástica. Estudo, perfeccionamento e depuración do galego. Dicionarios e gramáticas, xérmolo do galego estándar. Iniciativas e eidos de uso. Historiografía. Defensa do pasado celta => “Pobo con Historia”. Filoloxía. Dicionarios e gramáticas. Tendencia foneticista vs. Tendencia etimoloxista. Prensa. Galego: total ou parte. Trampolín da cultura e os intereses de Galicia. Folclore. Compilacións de literatura oral popular + reivindicación da beleza da etnografía galega. Música. Creación de coros e orfeóns. Divulgación de todo tipo de materiais. Literatura. Recuperación xéneros literarios + certames + primeiras editoriais.

6 REXURDIMENTO: PRECURSORES
1833: Isabel II : de novo enmudece. Album de la Caridad (1862): Textos dos Xogos Florais da Coruña (1861). Contido: Composicións premiadas. “Mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos”. Autores: Antonio Benito Fandiño: A Casamenteira (1849): Escrito 1812 no cárcere. Obra de teatro de 16 escenas en 3 cadros. Tema: casamentos amañados (papel das casamenteiras). Nicomedes Pastor Díaz: A Alborada (1828): Poema amoroso. Égloga de Belmiro e Benigno: 2 pastores dialogan sobre as tristuras do amor.

7 REXURDIMENTO: PRECURSORES
Alberto Camino: Compón: Vilancicos para o Hospicio compostelán. Poemas variados. Francisco Añón Paz: Poema “A Galicia”: Gaña os Xogos Florais da Coruña de 1861. Xoán Manuel Pintos: A Gaita Gallega: 7 foliadas. Prosa e verso. Castelá, galego e latín. Intención: Exaltación e aprendizaxe do galego. Un gaiteiro galego e un tamborileiro discuten sobre a lingua.

8 REXURDIMENTO: PLENO: ROSALÍA DE CASTRO
Mito: chorona + santiña + romántica rezagada + inconsciente da súa relevancia. Realidade: culta + contestataria (pioneira e fortes concepcións) + rexa +consciente da súa relevancia. Problemas para publicar <= poucos lectores. Recibe constantes ataques + abandono. Romántica? Nunca actitude escapista; sempre coa realidade. Non actitude individualista; actitude solidaria e crítica. Non cursilería e finximento; ton de sinceridade. Temas graves tratados dun xeito máis serio e fondo.

9 REXURDIMENTO: PLENO: ROSALÍA DE CASTRO
Alta sensibilidade social: Defensa da cultura, lingua e idiosincrasia galegas. Defensa dos valores sociais e morais galegos. Identificación cos problemas do pobo (mulleres). Denuncia das inxustizas cos galegos. Reivindicación dos dereitos da muller. Feminismo: contra os patróns establecidos: 93% mulleres analfabetas. Escritoras: castelán + temas “de mulleres”.

10 REXURDIMENTO: PLENO: ROSALÍA DE CASTRO
Obra en galego: Cantares Gallegos (1863): 1º libro totalmente en galego. Dedicada a Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber). Cadro de Galicia: Dignificación + folclore. Estrutura: Dedicatoria. Prólogo. 36 poemas. Prólogo: introdución. -1 tópico da captatio benvolentiae: desculparse. - Razóns da escrita en galego: ·Validez e capacidade do noso idioma. ·Maltrato do país e os habitantes. ·Combater a falsa negativa imaxe de Galicia e os habitantes. Corpo:34 poemas. - Tema: folclórico-etnográfico: ·os máis numerosos. ·costumistas + amorosos. - Tema: social e/ou patriótica: ·galeguismo + denuncia de situacións. - Tema: intimista: ·vivencias e sentimentos persoais. Epílogo: despedida.

11 REXURDIMENTO: PLENO: ROSALÍA DE CASTRO
Follas Novas (1880): 1880: Aires da miña terra (Curros Enríquez) e Saudades Gallegas (Lamas Carvajal). A maioría: escritos en Simancas (Valladolid). Estrutura: Prólogo (prosa). 137 poemas en 5 apartados: Lírica Solitaria ou subxectiva: a) “Vaguedás” (20 poemas). -Reflexións da escrita feminina (tamén a súa propia escrita). -Estado anímico propio. b) “Do íntimo” (36 poemas). -insolidariedade humana + imparable paso do tempo. Ponte entre as dúas partes: c) “Varia” (40 poemas). -Sufrimento da xente (mulleres + emigración). Lírica Solidaria ou obxectiva: d) “Da terra” (9 poemas). -identificación co pobo galego. e) “As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos” (31 poemas). -fenómeno da inmigración + consecuencias deste fenómeno. Obra persoal e filosófica. Conto Gallego (1864): Permanece esquecido ata 1923 (Almanaque gallego, Manuel Castro López). 2 amigos apostan por se acadarán unha viúva. Conséguena, pero pola febleza económica e legal. Alegato feminista.

12 REXURDIMENTO: PLENO: ROSALÍA DE CASTRO
Obra en castelán: La Flor (1857): Poemas de temas e actitudes románticas. La hija del mar (1859): Novela de trasfondo feminista. Elementos autobiográficos. A mi madre (1862): Poema pola morte da nai. El caballero de las botas azules (1867): Novela satírica, literaria e socialmente. En las orillas del Sar (1884): O poemario máis pesimista e nihilista. Fondo amor polo país.

13 REXURDIMENTO: PLENO: ROSALÍA DE CASTRO
Lingua Galego de Padrón-Santiago. Sinxeleza (seseo + vulgarismos). Temática e recursos: Populares (paralelismo, repetición, asonancia,…). Formas menores (romance ou muiñeira) [predominan] + Formas maiores. Versos de arte maior + formas novidosas => revolución. Escola rosaliana: Moitos/as continúan o seu camiño. Solidarización cos problemas dos/as galegos/as. Beleza da nosa terra. En xeral menos ácedos/as. Destaca: Valentín Lamas Carvajal, O catecismo da doutrina labrega (1888, por entregas) ou Saudades Gallegas (1880): anticaciquil.

14 REXURDIMENTO: PLENO: EDUARDO PONDAL
Obra en Galego: A campana de Anllóns (1858): Un soldado galego prisioneiro en Orán que sente morriña das paisaxes bergantiñás nativas. Queixumes dos Pinos (1886): Poemas: 89 galego + 2 galego e castelán. Textos: Todos os de Gandreiras. 17 de Rumores de los Pinos (2 gal-cast) + 11 gal. + 4 traducidos. Celtismo + misoxinia + bardismo + helenismo. “Os Pinos” + música Pascual Veiga =>Himno Galego. Os Eoas (1886): Historia de Cristovo Colón e os mariñeiros galegos que o acompañan. Refaina de xeito constante. 2005 publicación definitiva. Posibles causas da NON publicación: Neurose => preocupación por se fracasa. Extensión + lingua coidada + tema moi manido => posible problemas de publicación. Excesiva semellanza c’ Os Lusíadas de Camoes (1572). Anacronismo dun xénero como a epopea.

15 REXURDIMENTO: PLENO: EDUARDO PONDAL
Obra en galego e castelán: Rumores de los Pinos (1877): Poemas: 8 cast gal. + 2 gal. e cast. Celtismo + misoxinia + bardismo. Obra en castelán: Primeiros poemas: temática romántico-amorosa. 1856: primeiro poema ideolóxico (no Banquete de Conxo). Juán Pérez (1858): Novela autobiográfica.

16 REXURDIMENTO: PLENO: EDUARDO PONDAL
Trazos xerais: Ideolóxicos: Ambición => quere ser o bardo de Galicia. Demócrata + progresista > protogaleguismo (rexionalismo). Temáticos: Non costumismo; estética persoal. Celtismo: Galiza celta; España íbera. Pasado glorioso. Bardismo: bardo é sacerdote-adiviño-poeta celta [ossianismo s.XVIII]. Iberismo: futura unidade ibérica: Hispania + Lusitania + Galiza. Misoxinia e machismo: feminino negativo; masculino positivo. Helenismo ou Clasicismo: admiración por Esparta e polo poeta Tyrteo. Natureza: valor simbólico ou personaxe.

17 REXURDIMENTO: PLENO: EDUARDO PONDAL
Lingua: Galego de bergantiños + cultismos. Elimina vulgarismos e castelanismos. Menos popular, máis enxebre Estilo: Rexistro culto e refinado. Adxectivos en oposición semántica. Uso de epítetos e expresións metafóricas. Símbolos con elementos naturais. Topónimos abondosos. Diminutivos escasos. Cultismos grego + latín. Moitos seguirán a liña iniciada por Pondal.

18 REXURDIMENTO: PLENO: CURROS ENRÍQUEZ
Obra en galego: Curros gaña o Certame Literario de Ourense (1874): “A Virxe de Cristal”, “Unha boda en Einibó” e “O Gueiteiro”. => instalación definitiva no galego. Aires da miña terra (1880): Poemas heteroxéneos. Estrutura: “Introdución”: xustifica o uso do galego. Poemas: 17 na 1ªed; 23 na 2ªed (1881); 32 na 3ª ed (1886). “Encomenda”: reflicte o compromiso cívico. Temática: Poemas sociais ou cívicos: progresismo + democracia + galeguismo. Núcleo básico. Poemas intimistas e de cirscunstacias: Acontecementos persoais ou familiares. Poemas costumistas: Os tres poemas cos que gañara o Certame Literario de Ourense. Os ataques e o procesamento polo anticlericalismo => adquira moita sona.

19 REXURDIMENTO: PLENO: CURROS ENRÍQUEZ
O Divino Sainete (1888): Poema satírico-burlesco. Parodia da Divina Comedia de Dante Alighieri. Obxectivos: Criticar ao goberno e a sectores reaccionarios. Defensa do Rexurdimento e da literatura galega como autónoma. Satirizar a determinados inimigos. Estrutura: introdución + 8 cantos. Argumento: Curros marcha a Roma para polo Xubileo do papa León XIII (1877) guiado por Francisco Añón a través dos diferentes vagóns (cada un deles representa un pecado capital).

20 REXURDIMENTO: PLENO: CURROS ENRÍQUEZ
Trazos xerais: Ideolóxica e temática: Combate e compromiso constante. Progreso + democracia + liberdade + república + galeguismo. Progresismo: Compromiso Social: Anticlericalismo: Evolución: Esquemas optimistas vs. Realidade negativa. Confianza no capitalismo > combáteo. Solución na emigración > combátea. De Republicano convencido > rexionalista (autogoberno).

21 REXURDIMENTO: PLENO: CURROS ENRÍQUEZ
Lingua: Galego de fala popular. Enxebre e depurado de castelanismos. Sinxela e eficazmente comunicativa. Estilo: Finalidade moralizante e didáctica. Achega a súa poesía aos moldes populares. Moitos seguiron os pasos de denuncia social (conflitividade, marxinalidade e maltrato de Galicia).

22 REXURDIMENTO: DECADENCIA FINISECULAR: PROSA E TEATRO
Cultivo: só 2 últimas décadas do s.XIX. Esplendor: Irmandades e Grupo Nós. Por que o atraso destes xéneros? Explicación da época: incapacidade da lingua. Explicacións reais: Consecuencias da marxinación do idioma (falla de estándar,...). Alfabetización exclusiva en castelán. Falta de editoriais e dificultades de edición. Facilidade de edición da poesía nos xornais e revistas. Actitude hostil das clases acaudaladas da sociedade.

23 REXURDIMENTO: DECADENCIA FINISECULAR: PROSA E TEATRO
1ª obra: Majina ou a filla espúrea, Marcial Valladares (1880). Tipos: Narrativa Histórica: baséase no Romantismo. Narrativa Sentimental. Narrativa Costumista. Narrativa de transfondo Político: combate ideolóxico. Teatro: Antes do s.XIX existe teatro popular: Comicismo, mofa e “picante”. Anónimo. Representación ao ar libre con determinadas festividades. Teatro Culto: Dende 2 décadas finais s. XIX. Por que? Normas oficias do teatro (só permitido:castelán). Actitude hostil das clases medias e altas. Carencia de compañías teatrais. Escaseza editorial 1ª estrea: A fonte do xuramento, Francisco Mª de la Iglesia (1882). 1903: Escola Rexional de Declamación (A Coruña). Teatro histórico. Teatro costumista e sentimental. Teatro Social e anticaciquil.


Descargar ppt "PRECURSORES E REXURDIMENTO PLENO"

Presentaciones similares


Anuncios Google