Historia da literatura galega (1900-1936): Ramón Cabanillas, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08)

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
Encuentro de Filósofos Cuba – Estados Unidos
Advertisements

EL PRIMER TERCIO DEL SIGLO XX EN ESPAÑA
Literatura Medieval S. V – S. XV
BACHARELATO CPI DE PANXÓN Curso
Cumio sobre o clima Copenhague 2009
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 MAIO 2011.
Experiência dos clubes de leitura nos centros de ensino secundário
Historia da Literatura galega: a idade media
O efecto invernadoiro en Galiza
Presentación NOVOS CAMPUS DE ESPECIALIZACIÓN DA UDC
BIOGRAFÍA DE ALEXANDRE BÓVEDA
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
A precocidade de Filgueira no eido das letras ( )
O Coliseum romano Historia dun símbolo.
pex PLAN MUNIPAL de emprego xuvenil – 2020.
OS CLIMAS 1.º FP BÁSICA.
Os Séculos Escuros.
Os Séculos Escuros.
MARCO LEGAL DA LINGUA GALEGA
Cumio sobre o clima Copenhague 2009
Situación de Galiza, con respecto as emisións dos gases invernadoiro.
Auga 22 de marzo día mundial.
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
Estudo dos Autónomos da CORUÑA
Un manso río, una vereda estrecha, un campo solitario y un pinar, y el viejo puentDía grata soledad. DAS LETRAS GALEGAS 2013 ¿Qué es soledad? Para llenar.
O Barroco. Unha arte para a sociedade do seu tempo
Obradoiro do portal educativo do Instituto Galego de Estatística (IGE)
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
O primeiro terzo do século XX
O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e á cultura de Galicia a través do éxito das aventuras que agocha.
Proxecto interdisciplinar
Grupo de traballo combas a-1
NADALXOGO 2011 PROGRAMA DE CONCILIACIÓN
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
Segunda Guerra Mundial ( )
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
Educación Secundaria Obrigatoria Real decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria.
LINGUAXE MUSICAL I A música é unha linguaxe, e para escribila, necesitamos aprender os seus signos. Nuria García Amigo.
Aqueles mozos dos anos 20 Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas, Losada Diéguez Presentación de Noemí Pazó.
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 ABRIL 2014.
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Erros máis comúns (2ª parte)
CONQUISTA E ROMANIZACIÓN DE GALLAECIA
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
O uso das MAIÚSCULAS.
Unha perspectiva de xénero: A migración da muller
VIDA e OBRA NACE O 24 DE AGOSTO DE 1941 EN OURENSE
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
TEMA 7: VOCABULARIO.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
LUCÍA OS ROMANOS.
ASESORAMENTO AO PROFESORADO DENDE A ORIENTACIÓN ESCOLAR
PROGRAMA “SANTIAGO SUMA” DE INCLUSIÓN SOCIAL
Linguas e educación en Galicia
PLAN INTEGRAL DO SERVIZO DE TRANSPORTE AO NOVO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO
Comisións de Avaliación
NORMATIVA E MARCO LEGAL
Capítulo I Sociedades en contacto
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS POR EXPERIENCIA LABORAL (Real Decreto 1224/2009, de 17 de Xullo, de recoñecemento das competencias profesionais.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
librosconversos, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos
Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade
Xornada informativa – xustificación profesorado FSE
OS PLANS DE CONVIVENCIA ESCOLAR
Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.
Santiago de Compostela, 2012
Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade
Transcripción de la presentación:

Historia da literatura galega (1900-1936): Ramón Cabanillas, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08) Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio – Cuntis) (mínima adaptación: Noemí Pazó)

Galiza a comezos do século XX Sociedade moi atrasada economicamente e con alto índice de analfabetismo

As forzas sociais máis importantes eran a fidalguía e a Igrexa, xa que tiñan a propiedade da terra.

A poboación dedicábase maioritariamente á agricultura de subsistencia ou oficios artesanais

Debido ás penurias económicas o campesiñado vese forzado a emigrar, sobre todo a América.

Factores que propiciaron un lento cambio : Importancia do Agrarismo Caída da fidalguía grazas á desaparición do sistema foral. Medre da burguesía industrial e comercial: industria conserveira, construción naval, comercio, banca... Aumento de traballadores na industria, comercio e servizos. Medre das cidades. Nacemento de organizacións e sindicatos obreiros.

AGRARISMO (movemento reinvindicativo) Loita pola abolición dos foros, a rexeneración democrática (caciquismo) e a modernización do agro galego. A lingua é aínda unha cuestión secundaria. Destacan as organizacións “Solidaridad Gallega” (1907) e “Acción Gallega” (1912) e o líder Basilio Álvarez. Serviron de base para o nacemento das Irmandades da Fala O líder agrarista Basilio Álvarez foro: contrato, especialmente agrario, de longa duración ou perpetuo polo que se cedía unha terra a cambio dunhas durísimas condicións. caciquismo: sistema no que unha persoa (o cacique) exerce unha autoridade abusiva en asuntos políticos, administrativos etc.) sobre a colectividade valéndose da súa posición económica e social.

NA LITERATURA DE COMEZOS DE SÉCULO: Hai unha primeira etapa anterior á creación das Irmandades da Fala caracterizada polo continuismo dos modelos literarios do Rexurdimento (Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro). O xénero máis cultivado segue a ser o poético e predomina a temática intimista, costumista, social-patriótica… Destacan Manuel Leiras Pulpeiro e Antonio Noriega Varela, autor de Montañesas (1904) e Do ermo (1920). Ramón Cabanillas encarna a transición cara a un novo período que se abre coa creación das Irmandades da Fala en 1916. A Academia da Lingua Galega fúndase en 1905

Ramón Cabanillas, o “Poeta da Raza” (Cambados 1876-1959) Autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública. Tras publicar os seus dous primeiros libros en Cuba volta á terra e participa de maneira activa no movemento nacionalista: Irmandades, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos. Escribiu poesía de ton cívico, tamén intimista e costumista, ademais dunha poesía narrativa de corte épico na que reelabora os mitos do ciclo artúrico. Os seus poemas de ton anticaciquil e redencionista convertérono no poeta do movemento agrarista, co que entra en contacto a través da “Acción Gallega” de Basilio Álvarez. Xunto con Antón Vilar Ponte escribe a peza teatral “O Mariscal”, unha reconstrución do pasado na que o Mariscal Pardo de Cela se erixe en símbolo de resistencia fronte aos Reis Católicos.

Obra de Ramón Cabanillas Poesía Teatro Prosa No desterro (1913) Vento mareiro (1915) Da terra asoballada (1917) O bendito San Amaro (1926) Na noite estrelecida (1926) A rosa de cen follas (1927) Camiños no tempo (1949) Versos de alleas terras e tempos idos (1955) Da miña zanfona (1954) Samos (1958) A man de Santiña (1921) O Mariscal (1926) Antífona da cantiga (1951)

AS IRMANDADES DA FALA . Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte. En pouco tempo nacen outras Irmandades en vilas e cidades galegas. Abren unha etapa de concienciación galeguista. Como o seu nome indica, a dignificación e promoción do idioma era o seu principio fundamental Na Asemblea de Lugo de 1918 convértense nun partido político e formulan as teses do nacionalismo galego: definen Galiza como nación. Na última asemblea (1931) fúndase o Partido Galeguista. O seu voceiro é o xornal A Nosa Terra.

OBXECTIVOS: Cooficialidade lingüística entre galego e castelán. Ampla autonomía que axudase a mellorar o país no económico e no social.Potenciación da cultura galega. Reclaman autonomía política e modernización socioeconómica para Galiza

LABOR CULTURAL Promoven o uso oral do idioma en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos… Crean editoriais: Nós (Santiago de Compostela), Lar, Céltiga, Alborada… Publican revistas e xornais: Alfar, Nós, Ronsel… Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social: Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918). Diversifican os xéneros literarios: coleccións de narrativa como “Lar” e “Céltiga” cobren o período 1920-1936… Alentan a creación, en 1923, do Seminario de Estudos Galegos Parte dos seus integrantes estarán ligados ao Grupo Nós e á revista Nós

No seo das Irmandades nacen o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos (1923). O SEG era unha institución centrada no estudo das manifestacións culturais do país: etnografía, literatura, arte, prehistoria e arqueoloxía, ensino, filoloxía…

PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA (14-05-1931) A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1936) O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALIZA (28 de xuño de 1936) PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA (14-05-1931) O espírito das Irmandades e a Iª Asemblea de Lugo son recollidos polo Partido Galeguista (1931), no que militan Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Alexandre Bóveda. O grande obxectivo político do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía, que será aprobado en 1936.

Nas zonas escuras do mapa pódense ver as zonas nas que gaña a Fronte Popular. CARTELARÍA DA FRONTE POPULAR, BLOCO DE ESQUERDAS NO QUE SE INTEGRA O PARTIDO GALEGUISTA

As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938. MITIN PRO-ESTATUTO PRAZA DE TOUROS DE PONTEVEDRA INTERVÉN ALEXANDRE BÓVEDA, SINÁLASE A ALFONSO D. CASTELAO. O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936). Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936. As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.

Autoría de Camilo Díaz Baliño e Castelao CARTEIS PRO- ESTATUTO Autoría de Camilo Díaz Baliño e Castelao

CARTEIS PRO-ESTATUTO de diferentes organizacións.