Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
O RELEVO TERRESTRE
2
CONTIDOS A CODIA TERRESTRE: OCÉANOS E CONTINENTES.
A estrutura interna da Terra Os océanos e continentes A SUPERFICIE DA TERRA NON É LISA: formas de relevo continental, costeiro e submarino. A FORMACIÓN DO RELEVO: TECTÓNICA DE PLACAS PREGAMENTOS E FALLAS VOLCÁNS E TERREMOTOS AXENTES QUE MODIFICAN O RELEVO A Temperatura O vento A auga Os seres humanos
3
A CODIA TERRESTRE: OCÉANOS E CONTINENTES
A ESTRUTURA INTERNA DA TERRA: Existen tres capas concéntricas cara o interior da Terra a) Codia: é a capa máis superficial. É unha capa de rochas que só ocupa o 1% do noso planeta. A profundidade desta capa varía sendo de 20 a70 km baixo os continentes e de 10 km baixo os océanos. A zona continental está constituída principalmente por granito e a oceánica por basalto . b) Manto: é a capa intermedia que ocupa o 85% do volume da Terra. Podemos diferenciar o manto superior (70 a 700 km) formado por materiais menos densos e o manto inferior (700 a 2900 km) constituído por materiais máis densos. Algúns dos materiais que forman o manto están fundidos é forman o magma c) Núcleo: é a capa máis profunda, vai dende os 2900 até 6000km. Diferenciamos un núcleo exterior líquido e un núcleo interior en estado sólido. Está formado principalmente por níquel e ferro
6
OS OCÉANOS : Os océanos ocupan o 70% da superficie terrestre
OS OCÉANOS : Os océanos ocupan o 70% da superficie terrestre. Son grandes masas de augas salgadas, hai cinco e esténdense principalmente polo hemisferio sur. 1) Océano Pacífico: baña América, Asia e Oceanía. É o máis grande (ocupa un 1/3 da superficie terrestre) e o máis profundo. 2) Océano Atlántico: baña as costas de América, Europa e África. É o segundo máis extenso e o menos profundo 3) Océano Índico: sitúase entre África, Oceanía e Asia. Estableceuse o meridiano 20 ºL como límite co Atlántico e o meridiano 147º L co Pacifico 4)Océano Glacial Ártico: rodea o Polo Norte. A maiorías das augas están conxeladas 5) Océano Glacial Antártico: rodea o Polo Sur, a Antártida. As súas augas están conxeladas gran parte do ano. OS CONTINENTES: As terras emerxidas constitúen o 30% formando os continentes que son grandes extensións de terra rodeadas por océanos e mares e as illas. Hai seis continentes: Europa, América, Asia, Oceanía África e a Antártida
8
A SUPERFICIE DA TERRA NON É LISA
FORMAS DO RELEVO CONTINENTAL : Montañas: son terreos elevados con fortes pendentes. Poden estar illadas ou agrupadas en serras, sistemas ou cordilleiras. Os terreos situados entre montañas son os Vales e a miúdo están percorridos por ríos. Chairas: son terreos de pouca altura, chairos. As máis extensas localízanse nas costas e nas concas dos grandes ríos. Mesetas ou altiplanos: son chairas elevadas Depresións: son terreos situados a menos altitude que as terras que o rodean. Algunhas sitúanse por debaixo do nivel do mar.
10
FORMAS DO RELEVO COSTEIRO :
Costa ou litoral: é a zona de contacto entre a terra e o mar. Diferenciamos costas baixas, onde predominas as praias e costas altas onde sobresaen os acantilados, que son terreos rochosos cortados en forma vertical, altos e escarpados. A costa presenta diferentes formas: península: é unha porción de terra rodeada por auga agás por unha chamada istmo , que a une ao continente illa, é unha porción de terra rodeada por auga. Varias illas constitúen un arquipélago. cabo é un tramo do litoral que entra no mar. golfo é unha entrada de mar na costa. Se é pequeno chámase baía. As calas e enseadas son aínda máis pequenas.
12
FORMAS DO RELEVO SUBMARINO : No fondo dos océanos, as forma do relevo varían.
Plataforma continental: é a superficie suavemente inclinada que descende até uns 200 m de profundidade. Termina nunha forte pendente chamada noiro continental . Chaira abisal: esténdense entre 3000 e 7000 m de profundidade e constitúe o fondo mariño. Adoita estar salpicadas de dorsais oceánicas, que son cordilleiras somerxidas . As cimas máis elevadas forman illas. Foxas mariñas: son profundas e extensas fendas que se abren na chaira abisal. A máis profunda é a Challenger, cuns 11000m de profundidade e atópase no Pacífico.
15
AMÉRICA: Principais sistemas montañosos: Montañas Rochosas, Serra Madre e cordilleira dos Andes. Principais mesetas: altiplano de Bolivia e Mato Grosso. Grandes Chairas: a chaira do Mississippi (EUA) e no sur a chaira do río Amazonas. Illa de Groenlandia Península: Labrador, Florida, Iucatán, Alasca e California Cabo: Cabo de Hornos
16
ÁFRICA :. Principais sistemas montañosos: Montes Atlas e Drakensberg. Principais mesetas: ocupan gran parte de África Golfo: Golfo de Guinea Illa de Madagascar Península: Somalia Cabo: Cabo de Boa Esperanza
17
EUROPA :. Principais sistemas montañosos: Cáucaso, Cárpatos, Urais, Alpes e Pireneos. Chairas: A gran chaira Europea que vai dende o Atlántico até os Urais Golfo: Golfo de Biscaia Illa de Sicilia, Creta, Baleares Península: escandinava, balcánica, itálica, ibérica
18
ASIA: Principais sistemas montañosos: O Himalaia é a cordilleira máis alta do mundo e o Everest o pico de máis altitude Mesetas: O Tibet é a meseta máis alta do mundo. Golfo: Pérsico e o de Bengala. Península: Anatolia, Arábiga
19
OCEANÍA: Principais sistemas montañosos: Gran cordilleira Divisoria
20
Que é a teoría da deriva continental?
Segundo esta teoría formulada no século XX, hai millóns de anos existía un so bloque de terras, ao que os científicos chamaron Panxea, e un único mar chamado Mar de Tetis. Ao longo de millóns de anos Panxea foise fracturando en grandes pezas, as placas tectónicas. As distintas placas fóronse desprazando moi lentamente até conformar os continentes que coñecemos hoxe. Entre os continentes fóronse orixinando os océanos.
21
A FORMACIÓN DO RELEVO: PREGAMENTOS E FALLAS
A TECTÓNICA DE PLACAS : A Terra está sempre movéndose. Segundo a teoría da tectónica de placas, a codia terrestre está formada por placas tectónicas de poucos quilómetros de grosor que están en constante movemento debido as forzas internas da Terra.(pezas dun quebracabezas). As placas non coinciden exactamente cos continentes. Unha placa pode estar formada tanto por terras emerxidas coma por somerxidas baixo os océanos. No seu desprazamento as placas chocan entre elas isto fai que aumente a presión e se produzan deformacións na codia terrestre. As deformacións son con frecuencia pequenas, pero hai veces que son enormes e e orixinan grandes formas no relevo (Himalaia ler páxina 39)
23
Pregamentos: Se as forzas internas actúan sobre materiais pouco ríxido, a superficie terrestre ondúlase e orixina pregamentos. Algunhas cadeas montañosas, ou parte delas, formáronse ao pregárense materiais. Fallas: Se as forzas internas da codia terrestre actúan sobre materiais ríxidos, a codia agrétase e fractúrase en bloques. Estas fracturas chámanse fallas. Uns bloques do terreo levántanse formando montañas e mesetas mentres que outros bloques afúndense dando lugar a vales e chairas.
25
Volcáns: Son fendas na codia terrestre polas que se expulsan materiais do interior da Terra a elevadas temperaturas. Estas fendas formáronse polo choque de dúas placas ou pola acción das forzas internas da Terra. Soen localizarse nas zonas de contacto das placas tectónicas porque son a parte máis fráxil da codia terrestre. Os volcáns dormentes permanecen moito tempo en repouso e os activos están en constante actividade e entran en erupción con relativa frecuencia. As erupcións prodúcense polo aumento de presión que exerce o manto sobre a codia provocando que os materiais moi quentes do interior da Terra, o magma, ascendan por unha cheminea saíndo á superficie terrestre a través dunha abertura ou cráter. Os materiais expulsados poden ser sólidos coma a cinza, líquidos coma a lava e tamén gasosos. As erupcións volcánicas modifican o relevo, os materiais expulsados acumúlanse no exterior e, ao arrefriaren, poden formar elevadas montañas, coñecidos como conos volcánicos (Kilimanxaro). Outras veces poden orixinar illas, como é o caso de Canarias.
27
Terremotos ou sismos: Son tremores bruscos da codia terrestre, provocados polo choque das placas, os movementos das fallas ou as erupcións volcánicas. Estas sacudidas propáganse a través das ondas sísmicas, que son moi destrutivas. O hipocentro é o punto do interior da Terra en que se orixina o terremoto. O epicentro é o punto da superficie da Terra máis próximo ao hipocentro. A magnitude dun terremoto mídese cos sismógrafos e cuantifícanse pola escala de Richter. Os tsunami ou maremotos é unha serie de ondas xigantes que se produce como consecuencia dun terremoto ou dunha erupción volcánica no fondo do mar.
28
OS AXENTES QUE MODIFICAN O RELEVO
Lentamente o relevo vai sufrir modificacións ou alteracións debido a acción de forzas externas coma a auga, a temperatura, o vento e os seres humanos. Estas modificacións lévanse a cabo mediante tres fases: a) Erosión: é o proceso mediante as rochas desgástanse, se fragmentan e se disolven. b) O transporte: é o arrastre dos fragmentos arrancados pola erosión. c) A sedimentación: é o depósito de materiais erosionados e transportados. Axentes modificadores: A temperatura: Na montaña e nos desertos existen grandes diferenzas de temperatura entre o día e a noite. Estes cambios de temperatura rompen as rochas. Nas zonas húmidas, a auga fíltrase por entre as rochas; cando a temperatura baixa, a auga conxélase e actúa como unha cuña fragmentando a rocha
30
O vento: O vento transporta materiais que desgastan as rochas contra as que chocan. Despois, deposita as partículas arrancadas formando dunas ou terreos areentos. A auga: A auga actúa de diferentes formas: pode disolver compoñentes das rochas, como a calcaria, orixinando paisaxes orixinais. a) Auga dun río: modifican o relevo ao longo do seu percorrido. No nacemento, como a corrente é pronunciada o río discorre moi rápido, a auga erosiona arrancando materiais e escavando profundo canóns e estreitos vales. No curso medio, o río percorre zonas chás e vai a menos velocidade, erosionando menos e transporta materiais que arrancou na etapa anterior. No tramo final, a auga corre de xeito moi lenta erosionando moito menos e sedimentando os materiais arrancados. b) A auga do mar transforma o relevo. As ondas das correntes mariñas desgastan as costas, formando acantilados, que son paredes verticais que poden formarse pola acción do mar sobre terreos escarpados, e o fondo mariño. Tamén transporta materiais arrancados noutros lugares creando as praias.
31
Os seres vivos: Os seres vivos modifican o terreo
Os seres vivos: Os seres vivos modifican o terreo. As raíces das árbores ou os túneles que fan algúns animais poden fragmentar as rochas. Son os seres humanos os que máis modifican a paisaxe: construíndo estradas, edificios, encoros, praias artificias… Os seres humanos establécense en lugares próximos a ríos, en zonas cun clima adecuado para o desenvolvemento da vida….a maioría da poboación vive preto da costa e o 80% viven por debaixo dos 500 m de altitude. Soemos asentarnos en zonas de vales e chairas, onde a pouca pendente e a fertilidade das terras faciliten a agricultura e a construción de vías de comunicación.
32
EXERCICIOS DE AMPLIACIÓN
Seguramente recordarás o terremoto que aconteceu o 12 de xaneiro do en Haití. Le a noticia e responde. “O terremoto de sete graos na escala Richter que se produciu onte á noite en Haití, causou numerosos mortos e feridos e deixou miles de persoas atrapadas entre os entullos da gran cantidade de edificios que se derruíron na capital, Porto Príncipe, segundo informaron testemuñas presenciais. O epicentro do terremoto foi localizado só a dez quilómetros de profundidade e a 16 km ao oeste da capital. O palacio presidencial quedou en ruínas, así como numerosos edificios públicos de Porto Príncipe, segundo unha televisión haitiana captada por internet desde Washington. O terremoto que durou máis un minuto, foi seguido poucos minutos despois por unha forte réplica de 5.9 graos, así como por unha alerta de tsunami na zona do Caribe que posteriormente foi desactivada para a maioría da rexión” Onde está Haití? Que significan as palabras que subliñou o xornalista? Completa o cadro é Causado por …. consecuencias terremoto Erupción volcánica
33
EXERCICIOS DE AMPLIACIÓN
Nomea as tres capas internas nas que se divide a Terra. Agora, nome as externas Indica se son verdadeiras ou falas as seguintes afirmacións O núcleo está formado, sobre todo, por aceiro O manto está formado por rocha sólida e magma Os continentes e as illas constitúen as terras emerxidas. Escribe nome dos continentes Explica a diferenza entre os seguintes termos: Falla e pregamento Hipocentro e epicentro Chaira e meseta Placa tectónica e continente Cabo e golfo Depresión e foxa mariña
34
EXERCICIOS DE AMPLIACIÓN
6) Completa o texto O relevo terrestre presenta estas formas principais, nos continentes: ____________, _______________, _____________ e_________________; na costa: __________, _______________, ____________ e ______________; nos océanos: _______________, _________________, ________________, _____________________e __________________________. O relevo terrestre formouse pola acción de forza internas que dan lugar a: __________________que son_______________________________________, __________________que son _______________________________________, _______________que son __________________________________________, ___________________que son __________________________________________, O relevo cambia pola acción de axentes como _______________, ______________, ________________ e _________________________
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.