Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
7. NARRATIVA DE POSGUERRA (II)
NEIRA VILAS. A NOVA NARRATIVA GALEGA A narrativa dos anos sesenta experimenta un notable desenvolvemento grazas á achega de tres grupos: Os narradores xa consolidados na década anterior seguen publicando obra importantes: Blanco Amor, Cunqueiro e Fole. Escritores que elaboraron unha narrativa de tema realista, centrada na situación de Galicia e na emigración: Neira Vilas. Escritores mozos que van renovar a narrativa: a Nova Narrativa Galega que vai incorporar novas técnicas e novos temas. Destacan Méndez Ferrín, Carlos Casares, Mª Xosé Queizán… 1 1 1 1 1
2
Volveu a Galicia no ano 1999. Morreu en 2015.
Naceu na aldea de Gres, Vila de Cruces, no ano 1928. En 1949, emigra a Bos Aires. Alí desenvolve un importante labor cultural (funda as Mocidades Galeguistas e a editorial Follas Novas). En 1961 trasladouse a Cuba, onde traballou na Administración e desenvolveu unha intensa actividade cultural. Volveu a Galicia no ano Morreu en 2015. Publicou obras da literatura infantil (O cabaliño de buxo, Espantallo amigo…) e como investigador analizou o papel dos emigrantes galegos en América (Galegos no golfo de México, Castelao en Cuba…). 2 2 2
3
PROTAGONISTA INFANTIL
NARRATIVA DE NEIRA VILAS GALICIA AMÉRICA CARACTERÍSTICAS Retrato da Galicia de posguerra (miseria, prexuízos, opresión...) Carencia de perspectivas de futuro. Os problemas de adaptación, o illamento, a morriña... PROTAGONISTA INFANTIL Memorias dun neno labrego (1961) Cartas a Lelo (1971) Aqueles anos do Moncho (1977) PROTAGONISTA ADULTO Xente no rodicio (1965) A muller de ferro (1969) Querido Tomás (1980) Camiño bretemoso (1967) Historias de emigrantes (1968) Remuíño de sombras (1973) Tempo novo (1987) 3 3 3
4
MEMORIAS DUN NENO LABREGO (1961)
Conta dende a óptica do neno protagonista, Balbino, a vida dun rapaz nunha aldea do interior de Galicia e presenta as súas inquedanzas e frustracións. É o best-seller da literatura galega e un dos libros máis traducidos. Divídese en 16 capítulos independentes que dan conta da realidade do rural galego da época: “Loito”, “América”, “Rebusque”, “A morte”,… 4 4 4 4
5
7. NOVA NARRATIVA GALEGA Renovan a narrativa galega coa introdución de novas técnicas e temáticas presentes no panorama literario internacional influídos por autores como J. Joyce, F. Kafka, W. Faulkner, M. Proust… Teñen estudos universitarios e publicaron as súas obras a finais dos 50 e na década dos 60. Son escritores monolingües en galego e comprometidos co galeguismo de esquerdas. Autores: Gonzalo R. Mourullo, Xohana Torres, Camilo Gonsar, Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán... 5 5 5 5 5 5 5
6
NOVIDADES DA NOVA NARRATIVA GALEGA
Presenza de personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desorientados, violentos ou sumidos en estados patolóxicos (loucura, delirio, etc.). O mundo do subconsciente tomado da psicanálise (traumas, pesadelos,...). Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos. Ruptura da linearidade temporal con constantes avances e retrocesos. Pluralidade de voces narradoras nun mesmo relato para ofrecer varias perspectivas. Predominio do monólogo interior ou fluír de conciencia que intenta reproducir os pensamentos tal como brotan na mente. O narrador actúa como se fose unha cámara cinematográfica rexistrando con obxectividade o que perciben os seus sentidos. 6 6 6 6 6 6 6
7
MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938)
Foi membro do grupo de poesía Brais Pinto. Fundou varios partidos políticos, como a UPG, e organizacións nacionalistas. É un dos escritores fundamentais da literatura galega actual. Foi presidente da RAG Tres etapas na obra narrativa: Primeiras obras dentro da NNG. Os protagonistas son antiheroes en ambientes sórdidos: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas… Nos anos 60 escribe obras de temática política que presentan a violencia, a represión do Estado, a clandestinidade: Elipsis e outras sombras, Retorno a Tagen Ata… Desde 1980 combina a fantasía e as recreacións míticas con ambientes e personaxes da materia de Bretaña: Amor de Artur, Bretaña Esmeraldina... 7 7 7
8
CARLOS CASARES Cultivou sobre todo a narrativa.
(Ourense, Vigo, 2002) Cultivou sobre todo a narrativa. As primeiras obras dentro da NNG teñen carácter autobiográfico: Vento ferido, Cambio en tres,… Outras obras ambiéntanse nun pasado histórico: narracións lúdicas entre os séc. X e XX (Os escuros soños de Clío), a chegada do cine a a Galicia a principios do séc. XX (Ilustrísima), investigación dunha morte a comezos da Guerra Civil (Os mortos daquel verán), a posición dos intelectuais galeguistas durante o franquismo (Deus sentado nun sillón azul)… En Ourense tivo relación co grupo de Vicente Risco. En Santiago contacta co ambiente galeguista e foi deputado no Parlamento de Galicia polo PSOE. Dirixiu a Editorial Galaxia e a revista Grial e presidiu o Consello da Cultura Galega. 8 8 8
9
MARÍA XOSÉ QUEIZÁN Obra narrativa:
(Vigo, 1939) Obra narrativa: A primeira obra encádrase dentro da NNG (A orella no buraco). Noutras obras está presente a visión feminina: Amantia, Amor de tango, O solpor da cupletista… Tamén publicou ensaios sobre o papel da muller na sociedade: A muller en Galicia, Recuperemos as mans, Evidencias… A súa obra abrangue todos os xéneros: novela, conto, ensaio, teatro e poesía. Moi implicada co feminismo, creou a revista Festa da palabra silenciada co propósito de darlle visibilidade á literatura feminina. 9 9 9
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.