Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
A RESPIRACIÓN EN VERTEBRADOS
2
RESPIRACIÓN CELULAR E EXTERNA
Os animais necesitan enerxía para realizar as súas funcións vitais esta enerxía procede da respiración celular, que se leva a cabo nas mitocondrias neste proceso incorpórase O2 e se desprende CO2 como produto de refugallo. RESPIRACIÓN EXTERNA: A respiración celular esixe que teña lugar un intercambio continuo de gases entre o medio externo e a célula respiración externa: prodúcese a través da membrana plasmática das células da pel ou de superficies especializadas no intercambio de gases (como as branquias ou os pulmóns) denominadas superficies respiratorias.
3
SUPERFICIES DE INTERCAMBIO GASOSO: CARACTERÍSTICAS
Para realizar o intercambio gasoso é necesario que a estrutura implicada cumpla as seguintes condicións: As paredes do órgano onde se produce o intercambio de gases deben ser delgadas. A superficie debe estar húmida, xa que a auga facilita a difusión. As zonas de intercambio deben ser superficies moi irrigadas, é dicir, con moito líquido do medio interno do animal, de forma que os gases poidan ser captados ou expulsados rápidamente (grazas a moléculas transportadoras como a hemoglobina, encargada do transporte de gases entre a superficies respiratoria e as células)
4
TIPOS DE SISTEMAS RESPIRATORIOS NOS ANIMAIS
Os distintos animais presentan distintos tipos de sistemas respiratorios, en función do seu modo de vida, do seu tamaño e da súa complexidade. Segundo esto, podemos diferenciar ata 5 modelos básicos de sistemas respiratorios: Difusión simple: intercambio de gases directamente co exterior (poríferos e celentereos) Respiración cutánea: animais ligados a ambientes húmidos (anélidos ou anfibios: variante da difusión simple) Respiración traqueal: sistema interno de tubos húmidos e ramificados, típica dos insectos Respiración branquial: sistema de respiración propio de animais acuáticos. Sistema de intercambio: branquias: moi vascularizadas para captar e aproveitar o máximo as escasas concentracións de O2. Típica de anfibios e peixes. Respiración pulmonar: é o sistema respiratorio máis evolucionado e máis eficaz de todos. Típico de organismos superiores terrestres.
5
SISTEMAS RESPIRATORIOS NOS ANIMAIS
Respiración Traqueal
6
SISTEMAS RESPIRATORIOS NOS ANIMAIS
Respiración branquial Respiración pulmonar
7
RESPIRACIÓN PULMONAR É o sistema respiratorio máis eficaz e o máis evolucionado, xa que se desenrolan superficies protexidas do desecamento. Estas cavidades internas, de paredes moi finas e vascularizadas son os pulmóns. Animais con respiración pulmonar: Gasterópodos (caracois), anfibios (ranas), reptiles (serpes), aves e mamíferos (humanos, delfíns, etc)
8
TIPOS DE PULMÓNS: Pulmóns de difusión: moi primitivos. Consisten nunha cámara sinxela e se comunican co exterior por un orificio sempre aberto. Típicos de invertebrados terrestres Pulmóns de ventilación: necesitan mecanismos activos de ventilación. Formados por 2 cámaras, subdivididas en pequenas cavidades ou alvéolos, que están rodeados por capilares. A comunicación co exterior realízase a través das vías respiratorias, compostas por tubos cartilaxinosos progresivamente máis estreitos e ramificados. Típicos de vertebrados terrestres.
9
APARATO RESPIRATORIO HUMANO
Fosas nasais: constituidas por esqueleto óseo e cartilaxinoso, tapizado por unha mucosa, responsable de quentar, humedecer e limpar o aire inspirado. Ademáis teñen receptores olfactivos A farinxe: punto de cruce entre as vías respiratorias e as dixestivas. O paso do aire está regulado pola epíglote. A larinxe: tubo que une a farinxe coa tráquea. Nela atópanse as cordas vocais A tráquea: tubo respiratorio que contén gran cantidade de cilios e glándulas mucosassegregan un mucucs cuxa misión é atrapar as partículas de po que leva o aire inspirado. Os bronquios: son 2 divisións da tráquea que introducen as súas raíces nos pulmóns. A súa ramificación progresiva (no interior do pulmón) da lugar á árbore bronquial, constituída por uns tubos, cada vez máis finos, cuxa última ramificación son os bronquiolos. Éstes dilátanse e acaban nunhas cavidades moi vascularizadas en forma de saco denominadas alvéolos.
12
MECANISMOS DE VENTILACIÓN PULMONAR
Nos mamíferos: os pulmóns ventilan por unha bomba de succión: o aire entra e sae dos pulmóns como resultado do cambio de volume da caixa torácica (a que alberga aos pulmóns), por contracción e relaxación dos músculos que a rodean. O aire móvese en 2 sentidos: Inspiración: é un fenómeno activo que supón a entrada do aire ao interior dos pulmóns. Prodúcese a contracción dos músculos da caixa torácica aumenta o seu volume, a presión atmosférica é menor no seu interior o aire entra desde as fosas nasais ata os alvéolos. Expiración: é un fenómeno pasivo producido pola relaxación dos músculos que rodean a caica torácica a caixa recupera o seu volume normal os pulmóns dsminúen o seu tamaño o aire se expulsa ao exterior.
13
INTERCAMBIO E TRANSPORTE DE GASES
Intercambio de gases: Se realiza por difusión, tanto nos pulmóns como nos tecidos!!! Exemplo: O aire contido nos pulmóns contén + O2 que o sangue dos caplares que os rodean o O2 tende a pasar ao interior dos capilares. O CO2 ten unha maior concentración no sangue dos capilares pulmonares que no interior dos alvéolos o CO2 tende a pasar dende o sangue alvéolos
14
Intercambio de gases nos alvéolos
16
Transporte de gases: En vertebrados, O2 e CO2 son transportados no interior das células sanguíneas por proteínas denominadas pigmentos respiratorios (ex: hemoglobina). A hemoglobina ten a particularidade de cambiar a súa estrutura dependendo da concentración de O2 que a rodea. Concentración O2 alta: (capilares dos alvéolos pulmonares): a hemoglobina combínase con máis O2. Cando o sangue chega a lugares do corpo con menor concentración a hemoglobina se desprende do O2 debido a un cambio na súa estrutura. O mesmo sangue que transporta O2 desde os pulmóns, tamén transporta o CO2 no seu “camiño de regreso”. O CO2 se transporta de 3 formas: Como ión bicarbonato disolto no sangue (a maioría) En combinación coa hemoglobina Disolto no plasma
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.