Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
A NUTRICIÓN NOS ANIMAIS
2
Os animais, como o resto dos seres vivos, necesitan tomar do medio exterior substancias (nutrintes) para realizar as súas funcións vitais. A materia orgánica inxerida, para poder ser utilizada polas células necesita unhas transformacións: incorporación de nutrintes, transporte destes ás células e excreción dos produtos de refugallo. Isto supón a intervención de 4 aparatos: DIXESTIVO RESPIRATORIO CIRCULATORIO EXCRETOR.
3
Os animais están formados por células especializadas, que dependen unhas de outras.
Para favorecer o contacto entre elas e co medio externo, os animais contan con: Medio interno: conxunto de líquidos extracelulares que transportan as substancias polo organismo. Superficies de intercambio de substancias entre o medio interno e o medio externo. Principais superficies de intercambio: Superficie de absorción dixestiva: a través dela penetran os nutrintes resultantes da dixestión. Superficie respiratoria: o O2 (nutrinte) e o CO2 (refugallo) entran e saen a través desta superficie por difusión. Superficie excretora: as substancias de refugallo pasan, a través dela, dende o medio interno ao exterior.
4
O proceso de nutrición Os animais son heterótrofos (elaboran as súas propias moléculas orgánicas a partir doutras preexistentes. Neles a función de nutrición consta das seguintes etapas: Inxestión: captación dos alimentos do medio externo. Ademáis os organismos aerobios (como os animais) necesitan incorporar O2 nun proceso denominado respiración. Dixestión: tratamento mecánico e químico que sufren os alimentos previo á súa incorporación ás células, transformando así moléculas complexas en outras máis sinxelas. Circulación: os nutrintes e o O2 absorbidos e incorporados ao medio interno teñen que ser distribuidos a todas as células do organismo pluricelular.este proceso o realiza o sistema circulatorio. Excreción: proceso polo cal se eliminan as substancias de refugallo resultantes do metabolismo celular e non aproveitables polo organismo.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.