Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
Publicada porIrene Hidalgo Rojo Modificado hace 6 años
1
librosconversos, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos
Mércores 18 maio 2016, Día Internacional dos Museos. 18h00 Visita guiada librosconversos Pepe Cáccamo | Baldo Ramos Mércores 18 de maio, Día Internacional dos Museos, o Museo do Pobo Galego organiza unha visita guiada á exposición librosconversos, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos Este proxecto expositivo xorde como un diálogo entre creación literaria e creación plástica. Escollendo poemas da nosa tradición poética clásica e contemporánea, ou ben encargándolle a algúns autores textos que dialogaran coas súas pezas plásticas, van fiando estes dous poetas e artistas plásticos un diálogo entre a literatura como contido e o libro como continente. Libros de artista, libros-obxecto, libros intervidos, libros-escultura entran na poesía, reescríbena, amplifícana, agóchana, establecen puntos de contacto que propician unha dialéctica de ida e volta: desde o poema ao libro e desde o libro ao poema. Mestizaxe de voces, de olladas, de libros que se abren para convidar ao lector a que entre nese diálogo que nunca remata. A visita, conducida por Baldo Ramos e Pilar Sampedro, comezará ás 18h00. A entrada é libre. San Domingos de Bonaval ▪ Santiago de Compostela
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.