Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
A CREACIÓN DO REXISTRO DE PARELLAS DE FEITO DE GALICIA Xornadas EGAP, 24-25 de setembro de 2009
2
NORMATIVA E MARCO LEGAL
Lei 2/2006, de Dereito Civil de Galicia Ausencia de lei reguladora das parellas de feito Disposición adicional 3ª da Lei 2/2006 Lei 10/2007 Decreto 248/2007 Orde do 25/01/2008
3
UNIÓNS DE FEITO Unión estable de convivencia entre 2 persoas non unidas por matrimonio, Que se comportan cara a terceiros como se dun matrimonio se tratase (é dicir: relación pública e notoria) Que levan unha vida estable e duradeira Con intereses comúns de desenvolver unha vida familiar (isto é, unidas para convivir e prestarse axuda mutua, alimentos..., etc)
4
DISPOSICIÓN ADICIONAL 3ªLDCG Redación antiga
Para os efectos de aplicación desta lei, equipáranse ao matrimonio as relacións maritais mantidas con intención ou vocación de permanencia, co que se estenden, polo tanto, aos membros da parella os dereitos e as obrigas que esta lei lles recoñece aos cónxuxes Terá a consideración de relación marital análoga ao matrimonio a formada por 2 persoas que leven convivendo polo menos 1 ano, e tal circunstancia poderase acreditar por medio da inscrición no rexistro, por manifestación expresa mediante acta de notoriedade ou por calquera outro medio admisible en dereito. No caso de teren fillos en común abondará con acreditar a convivencia.
5
DISPOSICIÓN ADICIONAL 3ª LDCG Redación nova: LEI 10/2007
(O primeiro parágrafo queda igual): Para os efectos de aplicación desta lei, equipáranse ao matrimonio as relacións maritais mantidas con intención ou vocación de permanencia, co que se estenden, polo tanto, aos membros da parella os dereitos e as obrigas que esta lei lles recoñece aos cónxuxes Terán a condición de parellas de feito as unións de 2 persoas maiores de idade, capaces, que convivan con intención ou vocación de permanencia en unha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expresando a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio. Non poderán constituír parellas de feito: a) Os familiares en liña recta por consanguinidade ou adopción b) Os colaterais por consanguinidade ou adopción ata o 3º grao c) os que estean ligados por matrimonio ou formen parella de feito debidamente formalizada con outra persoa. Os membros da unión de feito poderán establecer validamente en escritura pública os pactos que consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción, sempre que non sexan contrarios ás leis, limitativos da igualdade de dereitos que corrsponden a cada convivente ou gravemente prexudiciais para cada un deles…
6
DISPOSICIÓN DERRADEIRA da Lei 10/2007
No prazo dun mes contado desde a publicación desta lei no DOG, a Xunta de Galicia aprobará un decreto mediante o cal se creará e regulará a organización e a xestión do RPFG, que terá carácter constitutivo e no que se inscribirán necesariamente as declaracións formais de constitución de parellas de feito, as modificacións e as extincións, calquera que sexa a súa causa.
7
DECRETO 248/2007 Artigo 1º: Obxecto
Créase o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia que se rexerá por este decreto e demais disposicións de desenvolvemento (como por exemplo é a Orde pola que se aproban os modelos de solicitude susceptibles de presentación ante o RPFG, vid. Disposición final) A inscrición como parella de feito neste rexistro é voluntaria e ten carácter constitutivo
8
DECRETO 248/2007 Artigo 5º: Requisitos
Ser maiores de idade. Non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o 3º grao. Manifestar a vontade de constitución de parella de feito. Non estar ligados por matrimonio. Non formar parella de feito debidamente formalizada con outra persoa. Non estar incapacitados xudicialmente para rexer a súa persoa. Ter 1 dos membros a veciñanza civil galega. Acreditar o empadroamento dos membros da parella no mesmo domicilio dalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
9
DECRETO 248/2007 Disposicións derradeiras 1ª e 2ª
Autorízase ao titular da consellería competente en materia de xustiza, para que, no ámbito das súas competencias, dite as normas de desenvolvemento deste decreto. Mediante orde da consellería competente en materia de xustiza aprobaránse os modelos de solicitude susceptibles de presentación ante o RPFG. (Orde do 25 de xaneiro de 2008, DOG 28/01/2008)
10
GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN
A creación do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia Xornadas sobre o RPFG, EGAP, 24-25/09/2009
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.