La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

OS TECIDOS VEXETAIS.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "OS TECIDOS VEXETAIS."— Transcripción de la presentación:

1 OS TECIDOS VEXETAIS

2 Un TECIDO está formado por un conxunto de células especializadas que desempeñan unha mesma función no organismo. Os tecidos poden ser de varios tipos, dependendo do organismo ao que pertencen e da función que levan a cabo nel. A ciencia que leva a cabo o estudo dos tecidos denomínase HISTOLOXÍA.

3 OS TECIDOS VEXETAIS Son os que presentan as plantas vasculares con órganos especializados (raíz, talo, follas…). Son de 2 tipos: tecidos embrionarios ou meristemáticos e tecidos adultos OS TECIDOS MERISTEMÁTICOS Tamén chamados meristemas. Proceden das células do embrión. As súas células conservan a súa capacidade de división e diferenciación durante toda a vida da planta e permiten que creza de forma continua. A partir deles orixínanse os demáis tecidos da planta. Primarios: procedentes de células embrionarias non diferenciadas Secundarios: formados por células adultas que recuperan o seu carácter meristemático Tipos: cambium e felóxeno Existen 2 tipos de meristemas

4 cara a fóra floema secundario
Meristemas primarios: producen o crecemento primario ou en lonxitude da planta, así como a formación do floema e xilema primarios. Os máis importantes son os apicais (nos ápices dos talos e das raíces) Meristemas secundarios: As súas células proliferan en sentido lateral, o que produce o crecemento secundario ou en grosor da planta. Forman unha capa cilíndrica no interior no interior dos talos e raíces máis vellas. Existen 2 tipos: O cambium: sitúase máis internamente e forma os tecidos condutores secundarios: cara o centro xilema secundario cara a fóra floema secundario O felóxeno: sitúase máis ao exterior e orixina cara a fora o tecido suberoso (cortiza) e cara a dentro parénquima cortical (localizado baixo a epidermis) Estrutura do talo secundario

5 OS TECIDOS ADULTOS Fórmanse por diferenciación das células dos tecidos embrionarios. Segundo a súa función poden ser: Parénquima clorofílico Parénquima de reserva Parénquima acuífero Parénquima aerífero Parénquima vascular Parenquimáticos Protectores De sustentación Condutores Secretores Epiderme Endoderme Súber Colénquima Esclerénquima Xilema Floema Externos Internos

6 OS TECIDOS PARENQUIMÁTICOS
Son os tecidos máis abundantes da planta. Sitúanse entre os demáis tecidos, enchendo os espazos e desempeñan diferentes funcións Formados por células vivas pouco diferenciadas de diversas formas. Segundo a función que realizan diferéncianse en: P. clorofílico: realiza a fotosíntese, polo que as súas células teñen abundantes cloroplastos. Localízase nos talos verdes e no interior das follas. P. de reserva: almacena substancias de reserva de diferentes tipos (especialmente almidón). Localízase en órganos de reserva (raíces, sementes, tubérculos). P. acuífero: almacena auga. Aparece en talos e follas de plantas de climas secos (cactos) P. aerífero: células que delimitan espazos intercelulares onde se acumula aire. Típico de plantas acuáticas. P. vascular: acompaña aos tecidos conductores.

7 p. acuífero Parénquimas

8 OS TECIDOS PROTECTORES
Recobren a superficie externa da planta Protéxena do desecamento e da acción de axentes externos Os máis importantes son: a epiderme, a endoderme e o súber A epiderme: Recobre as partes novas da planta (follas, talos, raíces). Proporciona protección fronte aos axentes externos e regula o intercambio de gases e de auga (a través de estruturas epidérmicas especializadas: estomas e pelos radicais) Habitualmente formada por 1 capa de células vivas que carecen de cloroplastos. Nas follas e talos está recuberta por unha capa transparente denominada cutícula (formada por unha substancia lipídica: cutina) que é impermeable á auga e aos gases

9 A endoderme: Localízase principalmente no interior da raíz: separa os feixes vasculares do parénquima que está baixo a codia. Formada por 1 capa de células vivas, cuxas paredes radiais e horizontais están recubertas (a modo de cinturón) por lignina e suberina (substancias impermeabilizantes que forman a banda de casparyregula a entrada de auga e ións do exterior aos tecidos conductorespasan polo citoplasma das células endodérmicas O súber ou cortiza: Cuberta protectora que substitúe á epiderme nas partes da planta que teñen crecemento secundario. Desenrólase a partir do felóxeno. Formado por varias capas de células mortas (debido ao depósito de suberina, substancia impermeabilizante). Presenta na súa superficie estruturas denominadas lenticelas: poros cheos de células parenquimáticas vivas con esapcios intercelulares polos que circula o aire  comunicación dos tecidos internos co exterior.

10 OS TECIDOS DE SUSTENTACIÓN
Proporcionan resistencia mecánica ás distintas partes da planta Formados por células de paredes moi grosas. Tipos: Colénquima: Aparece nas partes novas das plantas leñosas e nas plantas herbáceas Formado por células vivas con cloroplastos e coas paredes celulares engrosadas debido ás capas de celulosa. Esclerénquima: Localízase nos órganos adultos que xa non medran. As súas células en estado adulto están mortas (lignificadas)  máis resistente que o colénquima. Presenta 2 tipos de células: fibras (forma alongada) e esclereidas (formas diversas).

11 OS TECIDOS CONDUCTORES
Constitúen o sistema vascular que se encarga de transportar o zume (disolución de substancias nutritivas) polo interior da planta. Formados por células moi especializadas que se dispoñen a modo de tubos conductores Os tecidos vasculares son: Xilema: (ou tecido leñoso) Transporta o zume bruto (auga e sale minerais disoltos) desde a raíz follas ou talos verdes, onde se realiza a fotosíntese. Tipos : Xilema primario (formado no crecemento primario a partir do meristema apical) e xilema secundario (formado no crec secundario a partir do cambium) Floema: (ou tecido liberiano) Transporta o zume elaborado (solución acuosa de substancias orgánicas obtidas na fotosíntese) desde as follas e os talos verdesresto da planta. Tipos : Floema primario (formado no crecemento primario a partir do meristema apical) e floema secundario (formado no crec secundario a partir do cambium)

12 Conducción do xilema e o floema

13 CÉLULAS QUE COMPOÑEN O XILEMA:
Traqueas: Células cilíndricas que se dispoñen en fila, formando os vasos leñosos. Os seus tabiques transversais están perforados ou faltan. Forman vasos continuos moi eficaces na conducción. Traqueidas: Células longas e delgadas, con extremos aguzados. Os seus tabiques non están perforados posúen punteaduras: zonas de parede moi fina  vasos menos eficaces que as traqueas. Elementos non vasculares: Son células que realizan intercambios cos elementos vasculares e proporcionan sustentación. Son: o parénquima do xilema e as fibras do xilema

14 CÉLULAS QUE COMPOÑEN O FLOEMA:
Tubos cribosos: Células cilíndricas que permanecen vivas, aínda que perden orgánulos e o núcleo. Os seus tabiques se denominan placas cribosas e están perforados. Células cribosas: Células similares ás anteriores, pero máis longas e delgadas e con menos perforacións Elementos non vasculares: Sitúanse entre os vasos do floema. Son: Células acompañantes: asociadas mediante plasmodesmos cos elementos do tubo Parénquima do floema: almacena substancias Fibras do floema: proporcionan sustentación

15 Elementos do floema

16 OS TECIDOS SECRETORES As células dos tecidos secretores elaboran diferentes substancias: productos de excreción ou útiles (de secreción). Poden ser externos ou internos. Tecidos secretores externos: Están na epiderme e expulsan substancias ao exterior. Nectarios: expulsan néctar que atrae a insectos polinizadores Hidatodos: segregan auga no ápice das follas gutación Pelos urticantes: sirven para a defensa. Segregan substancias irritantes que provocan (por contacto) inflamación nos animais Tecidos secretores internos: Están no interior da planta e elaboran distintos produtos. Tubos laticíferos: acumulan látex Canles resiníferas: cavidades que acumulan resina no seu interiordefenden á planta fronte a insectos e fungos.

17 nectarios Pelos urticantes Hidatodos

18 (recolleita de resina de pinaceas??) (abundantes no dente de león)
Canles resiníferas (recolleita de resina de pinaceas??) Tubos laticíferos (abundantes no dente de león)


Descargar ppt "OS TECIDOS VEXETAIS."

Presentaciones similares


Anuncios Google