La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

OS TECIDOS ANIMAIS.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "OS TECIDOS ANIMAIS."— Transcripción de la presentación:

1 OS TECIDOS ANIMAIS

2 Un TECIDO está formado por un conxunto de células especializadas que desempeñan unha mesma función no organismo. Os tecidos poden ser de varios tipos, dependendo do organismo ao que pertencen e da función que levan a cabo nel. A ciencia que leva a cabo o estudo dos tecidos denomínase HISTOLOXÍA.

3 OS TECIDOS ANIMAIS Monoestratificados De revestimento Tipos:
Pluriestratificados Pseudoestratificados De revestimento Glandulares Tipos: Epiteliais Conectivos Musculares Nerviosos Glándulas exócrinas Glándulas endócrinas Glándulas mixtas Conxuntivo Adiposo Cartilaxinoso Óseo Sanguíneo Estriado esquelético Estriado cardíaco Liso Neuronas Células da Glía

4 Epitelios de revestimento:
OS TECIDOS EPITELIAIS OU EPITELIOS Formados por células planas, cúbicas ou cilíndricas pouco modificadas e de vida curta. Segundo a súa función poden ser: de revestimento ou glandulares Epitelios de revestimento: Recobren a superficie externa do corpo e as cavidades de órganos ocos. Se apoian sobre unha membrana de tecido conxuntivo denominada membrana basal. Tipos: Epitelios monoestratificados: formados por 1 soa capa de células de diversas formas. Tapizan os vasos sanguíneos, paredes dos ovarios, intestino, estómago, etc. Epitelios pluriestratificados: formados por 2 ou máis capas de células. Aparecen na epiderme, boca esófago, vaxina, etc. Epitelio cilíndrico pseudoestratificado: epitelio simple no que as células acadan diferentes alturas (parece que está formado por varias capas de células). Aparece nas vías respiratorias.

5 Epitelios de revestimento

6 Epitelios glandulares:
Son unha variedade do tecido epitelial cuxas células se especializaron na secreción de substancias de distinta natureza. Forman parte das glándulas (órganos pluricelulares) Tipos de glándulas:(en función de onde verten os produtos que elaboran) Glándulas exócrinas: teñen condutos propios polos que verten secrecións ao exterior (ou ao interior de cavidades que comunican co exterior) como o súor, a saliva, as lágrimas e o leite materno. Ex: glándulas sudoríparas, salivares, lacrimais, etc. Glándulas endócrinas: carecen de conduto secretor. Verten os seus produtos (as hormonas) directamente ao sangue. Controlan o crecemento ou os cambios sexuais entre outras funcións. Ex: a tiroides Glándulas mixtas: teñen 1 parte exócrina e 1 parte endócrina. Ex: o páncreas: é una glándula de secreción mixta porque produce zumes dixestivos que chegan ao intestino delgado e tamén insulina e outras hormonas que serven para procesar o azucre.

7 GLÁNDULAS EXÓCRINAS E ENDÓCRINAS

8 GLÁNDULAS ENDÓCRINAS

9 GLÁNDULAS MIXTAS: O PÁNCREAS

10 OS TECIDOS CONECTIVOS Son os máis abundantes no organismo dos animais. A súa función é unir, dar soporte, nutrir e protexer os demáis tecidos Formados por diversos tipos de células pouco especializadas Tipos de tecidos conectivos: Conxuntivo Adiposo Cartilaxinoso Óseo Sanguíneo

11 O tecido conxuntivo: Une e relaciona os demáis tecidos entre sí Está moi vascularizado e ten numerosas terminacións nerviosas Presenta diversos tipos de células con diferentes funcións: Fibroblastos: producen as fibras e a substancia amorfa da matriz. Histiocitos ou macrófagos: poden fagocitar partículas e substancias extrañas. Mastocitos ou células cebadas: acumulan substancias (heparina, histamina) que liberan en determinadas circunstancias. Adipocitos: almacenen graxa. Células sanguíneas: son os linfocitos (proceden do sangue) e plasmocitos (derivan dos linfocitos B e producen anticorpos)

12 O tecido adiposo: Localízase principalmente baixo a pel, formando o panículo adiposo. Constitúe a maior reserva enerxética do organismo. Proporciona illamento térmico. As súas células son os adipocitos, que almacenen graxa no citoplasma en gotas que ocupan a súa maior parte.

13 O tecido cartilaxinoso:
Constitúe a cartílaxe, que forma parte do esqueleto (sustenta as partes brandas do corpo. as súas células son os condrocitos. Carece de vasos sanguíneos e de terminacións nerviosas. Está rodeado por unha envoltura de tecido conxuntivo (o pericondrio) que o nutre e permite que medre. Tecido cartilaxinoso do xeonllo

14 O tecido óseo: Forma parte dos ósos do esqueleto de vertebrados Os ósos proporcionan soporte interno ao organismo e protexen os órganos vitais (encéfalo, médula, etc.) Os ósos conteñen a médula ósea, que xera células sanguíneas. O periósteo e o endósteo son capas de tecido conxuntivo que revisten os ósos (a superficie externa e interna) Tipos de células do tecido óseo: Osteoblastos: sitúanse na perferia do óso. Segregan a parte orgánica da substancia intercelular, ata que quedan atrapados por ela e se transforman en osteocitos. Osteocitos: son as células principais. Teñen aspecto estrelado. Osteoclastos: son células grandes que reabsorben a matriz ósea.

15 Tipos e localización dos tecidos óseos:
Tecido óseo esponxoso: compón as epífises (extremos) dos ósos longos e o interior dos ósos curtos e planos. Tecido óseo compacto: compón as diáfises dos ósos longos e o exterior dos ósos curtos e planos. Está formado pola repetición de unidades chamadas osteonas ou sistemas de Havers. Cada osteona ten 1 conduto central (conduto de Havers, polo que discorren vasos sanguíneos) e una serie de láminas concéntricas de matriz ósea ao seu arredor

16 O tecido sanguíneo: É un tecido conectivo moi especializado en funcións de transporte. En vertebrados acada un gran desenrolo e circula polo interior de vasos sanguíneos impulsado polas contraccións do corazón. O sangue transporta o osíxeno e os nutrintes que as células necesitan e os produtos de refugallo que estas orixinan no seu metabolismo. Tamén transporta as hormonas dende a súa orixe ata o órgano diana. O plasma sanguíneo: A matriz extracelular do sangue denomínase plasma sanguíneo e é unha solución acuosa e amarelada formada por auga, sales minerais, proteínas, lípidos, glicosa, aa, enzimas, hormonas e produtos de refugallo (urea, ácido úrico, etc). Neste medio líquido están suspendidas as células sanguíneas.

17 As células do sangue: Eritrocitos, glóbulos vermellos ou hemacíes: o seu citoplasma está cargado de hemoglobina, o que lles proporciona a cor vermella. Transportan (unidos á hemoglobina) os gases respiratorios (O2 e CO2). Leucocitos ou glóbulos brancos: son incoloros. A súa función é defender ao organismo dos xermes e das substancias extrañas, fagocitándoas. Poden ser: Granulocitos: teñen gránulos no citoplasma. Poden ser: neutrófilos, basófilos e eosinófilos. Agranulocitos: sen granulacións. Poden ser: monocitos e linfocitos. Plaquetas: interveñen na coagulación.

18 Compoñentes do sangue

19 OS TECIDOS MUSCULARES Son os principais constituíntes dos músculos. Están formados por un único tipo de células moi diferenciadas e de forma alongada denominadas fibras musculares Estrutura das fibras musculares: Son células MOI diferenciadasperden a capacidade de dividirse e as súas partes teñen nomes específicos (citoplasma = sarcoplasma, a membrana = sarcolema). A súa principal propiedade é a súa capacidade de contraerse ou relaxarse en función dos estímulos. Conteñen numerosas estruturas filamentosas denominadas miofibriñas, responsables do proceso de contracción muscular Cada miofibriña está formada por miofilamentos, formados polas proteínas actina e miosina  Os filamentos de actina e miosina dispóñense intercalados, formando unidades denominadas sarcómeros.

20 A contracción muscular acurta a lonxitude do sarcómero e prodúcese polo movemento dos filamentos de actina entre os de miosina. Este proceso require moita enerxía (ATP)  se obtén da respiración celular

21 Estriado esquelético Estriado cardíaco Liso Tipos de tecidos musculares

22 Tecido muscular estriado esquelético: forma os músculos esqueléticos, que se insiren nos ósos.
Estes músculos están formados por paquetes de fibras unidas por 3 envolturas de tecido conxuntivo, a través das cales chegan vasos sanguíneos e terminacións nerviosas: Endomisio: envolve cada fibra muscular Perimisio: envolve cada fascículo Epimisio: envolve o músculo completo. Inervado polo SNC Contracción rápida e voluntaria

23 Tecido muscular estriado cardíaco: forma as paredes do corazón
Estes músculos están formados por células íntimamente unidas mediante estruturas que fan que todas actúen como unha unidade. Inervado polo SNA Contracción rápida, rítmica e involuntaria  responsable do latexo cardíaco. Tecido muscular liso: forma parte da parede dos condutos dixestivos e respiratorios, dos vasos sanguíneos, etc. Inervado polo SNA Contracción lenta e involuntaria  responsable dos movementos peristálticos do tubo dixestivo, os da pupila, aparello reprodutor e excretor, etc.

24 OS TECIDOS NERVIOSOS Principal constituínte do sistema nervioso Función: transformar os estímulos externos e internos en sinais electroquímicos (impulsos nerviosos) conducilos  procesalos elaborar unha resposta axeitada  levar a resposta aos órganos efectores que se encargan de executala. Formados por 2 tipos de células: Neuronas Células da glía: células máis pequenas e numerosas que as neuronas e que as “acompañan” exercendo diferentes funcións. Tipos: Astrocitos: interveñen na nutrición das neuronas Células da microglía: poden fagocitar restos celulares e produtos de refugallo do tecido Oligodendrocitos: dispóñense arredor dos axóns das neuronas do SNC, formando unha envoltura membranosa illante: a vaíña de mielina. Células de Schwann: forman tamén vaíñas de mielina pero só nas neuronas do SNP

25 As neuronas Son as células principais do tecido nervioso Función: transmisión de impulsos nerviosos. Alto grao de diferenciación (perden capacidade de dividirse  cando morren non se substitúen!!!) Estrutura das neuronas: presentan 2 partes: Pericarión ou corpo celular: contén o núcleo (grande, esférico e central) e os orgánulos habituais. Prolongacións neuronais: poden ser de 2 tipos: Dendritas: prolongacións curtas, numerosas e moi ramificadas. Reciben o impulso doutras neuronas e condúceno cara o corpo neuronal Axón: prolongación longa e única que termina nuhas ramificacións chamadas telodendróns. O axón conduce o impulso nervioso desde o corpo neuronal ata outra neurona.

26 Estrutura das neuronas


Descargar ppt "OS TECIDOS ANIMAIS."

Presentaciones similares


Anuncios Google