Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
Publicada porLuis Salinas Cabrera Modificado hace 6 años
1
Plásticos, fibras téxtiles e outros materiais
TEMA 11 Plásticos, fibras téxtiles e outros materiais
2
Plásticos ou polímeros
Denomínanse polímeros a uns materiais sintéticos, por reaccións químicas que se engaden aditivos Os aditivos melloran algunhas propiedades ou características do plástico.
3
Características dos plásticos
Resistencia a corrosión e axentes químicos. Illamento térmico, acústico e eléctrico Resistencia ós impactos Boa presencia estética
4
Materia prima dos plásticos
Nos seus inicios (século XX) Materia prima de orixe animal (seda, caseina da leite) e vexetal (látex e celulosa). Ata aproximadamente 1930. Alcatrán do carbón xerado como residuo o transformar o carbón mineral en carbón de coque. Na actualidade Case exclusivamente petróleo e, en menor medida, gas natural.
5
Obtención dos produtos plásticos
6
Compoñentes principais dos plásticos
Materia básica: constitúe os monómeros que entran na reacción química (elementos 1 e 2). Comercialízanse en forma de granulos. Cargas: engádense a materia básica co obxecto de abaratar o produto obtido e mellorar as súas propiedades físicas, químicas ou mecánicas. Úsanse fibras téxtiles, fibra de vidro, papel, sílice e outros materiais. Aditivos: teñen como misión mellorar as cualidades do polímero. Catalizadores: a súa misión e iniciar e acelerar o proceso de reacción química.
7
Aditivos Colorantes: solubles co polímero e danlle unha cor máis atractiva. Antiestáticos: evitan a acumulación de cargas estáticas. Conductores: aumentan a conductividade eléctrica. Estabilizantes: aumentan a resistencia á degradación da luz.
8
Tipos de plásticos Termoplásticos: son aqueles plásticos que, ó seren quentados a temperaturas de entre 50 e 200 ºC alcanzan un estado de plasticidade que lles permite ser moldeados con facilidade. Termoestables: son aqueles que, unha vez moldeados, non poden recuperar a súa forma primitiva. Son duros é fráxiles. O quentalos conséguese carbonizalos, pero non abrandalos. Un tipo destes plásticos son as fibras. Elastómeros: son materiais de estructura moi elástica. Iso permite grandes deformacións sen roturas, recobrando a súa forma inicial.
9
Plásticos termoplásticos
PC Policarbonato Obtense a partir do ácido carbónico É transparente, con brillo elevado. Coloréase con facilidade. Permite o paso da luz en máis dun 90 % (substitúe ós cristais), ten gran resistencia ó impacto (non o rozamento). Úsase para cámaras fotográficas e de video, microscopios, ventás de avión. Posúe unha grande resistencia mecánica, tenacidade e ríxidez. Non produce estelas cando rompe. Por eso usase en cascos de seguridade.
10
Plásticos termoplásticos
PVC Cloruro de polivinilo Obtense a partir do acetileno e do ácido clorhídrico. Ten unha gran resistencia mecánica, rixidez e dureza. Comercializase de dúas formas distintas: Ríxido: Emprégase en tubos, ventás, portas, discos de música (vinilos), ect. Plastificado: Úsase en recubrimentos de cables, mangueiras de xardín, xiringas, xoguetes, ect.
11
Plásticos termoplásticos
PP Polipropileno Obtense por polimerización do propileno. Para iso empréganse catalizadores. É un dos plásticos máis baratos que existen. Ten unha dureza superficial e unha flexibilidade aceptables, o que o fai moi competitivo no mercado. Empréganse para a fabricación de maletas, pequenos electrodomésticos, tapadeiras de inodoros, céspede artificial, tarrinas de margarina, botellas en xeral, bolsas de alimentos, ect.
12
Plásticos termoplásticos
PE Polietileno Obtense por polimerización do etileno. Ó queimalo non contamina. A súa cor está entre transparente e abrancazada. Pódese colorear sen dificultade. Existen dúas formas distintas de comercializar este plástico: Polietileno de alta densidade ou ríxido (PEAD ou HDPE). Posúe unha elevada resistencia mecánica. Emprégase para caixas, xoguetes, tubos, botellas, ect. Polietileno de baixa densidade ou flexible (PERD ou LDPE). De menor resistencia có anterior, emprégase para bolsas, sacos de dormir, invernadoiros, ect. HDPE LDPE
13
Plásticos termoplásticos
PMMA Polimetacrilato de metilo Obtense do acetileno Acostumáselle chamar metacrilato É transparente (permite pasar ata o 90 % da luz), pero pódese colorear con facilidade. Non se decolora co tempo. Aplicacións: pilotos de automóbiles, luminosos en xeral, accesorios de baño, lentes protectoras, acristalamento de barcos, avións, ect.
14
Plásticos termoplásticos
PS Poliestireno Obtense do benceno e do etileno Resiste bastante ben os axentes externos, pero é algo fráxil. Comercializase de dúas formas: Poliestireno duro. É transparente (pódese colorear). Úsase para: filmes de películas, interiores de automóbiles, casetes e cintas de video, ect. Poliestireno expandido (cortiza branca). Úsase en illamentos, oveiras, transporte de elctrodomésticos, ect.
15
Plásticos termoplásticos
ABS Acrilonitrilo-butadieno-estireno É da familia do PS Obtense a partir da copolimerización dos monómeros acrilonitrilo, butadieno e estireno É moi resistente. Cada día é máis empregado na fabricación de carcasas de televisores, ordenadores e xoguetes en xeral.
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.