La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Historia da literatura galega (1900-1936): Ramón Cabanillas, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08)

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Historia da literatura galega (1900-1936): Ramón Cabanillas, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08)"— Transcripción de la presentación:

1 Historia da literatura galega (1900-1936): Ramón Cabanillas, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós
Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08) Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio – Cuntis) (mínima adaptación: Noemí Pazó)

2 Galiza a comezos do século XX
Sociedade moi atrasada economicamente e con alto índice de analfabetismo

3 As forzas sociais máis importantes eran a fidalguía e a Igrexa, xa que tiñan a propiedade da terra.

4 A poboación dedicábase maioritariamente á agricultura de subsistencia ou oficios artesanais

5 Debido ás penurias económicas o campesiñado vese forzado a emigrar, sobre todo a América.

6 Factores que propiciaron un lento cambio :
Importancia do Agrarismo Caída da fidalguía grazas á desaparición do sistema foral. Medre da burguesía industrial e comercial: industria conserveira, construción naval, comercio, banca... Aumento de traballadores na industria, comercio e servizos. Medre das cidades. Nacemento de organizacións e sindicatos obreiros.

7 AGRARISMO (movemento reinvindicativo)
Loita pola abolición dos foros, a rexeneración democrática (caciquismo) e a modernización do agro galego. A lingua é aínda unha cuestión secundaria. Destacan as organizacións “Solidaridad Gallega” (1907) e “Acción Gallega” (1912) e o líder Basilio Álvarez. Serviron de base para o nacemento das Irmandades da Fala O líder agrarista Basilio Álvarez foro: contrato, especialmente agrario, de longa duración ou perpetuo polo que se cedía unha terra a cambio dunhas durísimas condicións. caciquismo: sistema no que unha persoa (o cacique) exerce unha autoridade abusiva en asuntos políticos, administrativos etc.) sobre a colectividade valéndose da súa posición económica e social.

8 NA LITERATURA DE COMEZOS DE SÉCULO:
Hai unha primeira etapa anterior á creación das Irmandades da Fala caracterizada polo continuismo dos modelos literarios do Rexurdimento (Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro). O xénero máis cultivado segue a ser o poético e predomina a temática intimista, costumista, social-patriótica… Destacan Manuel Leiras Pulpeiro e Antonio Noriega Varela, autor de Montañesas (1904) e Do ermo (1920). Ramón Cabanillas encarna a transición cara a un novo período que se abre coa creación das Irmandades da Fala en 1916. A Academia da Lingua Galega fúndase en 1905

9 Ramón Cabanillas, o “Poeta da Raza” (Cambados 1876-1959)
Autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública. Tras publicar os seus dous primeiros libros en Cuba volta á terra e participa de maneira activa no movemento nacionalista: Irmandades, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos. Escribiu poesía de ton cívico, tamén intimista e costumista, ademais dunha poesía narrativa de corte épico na que reelabora os mitos do ciclo artúrico. Os seus poemas de ton anticaciquil e redencionista convertérono no poeta do movemento agrarista, co que entra en contacto a través da “Acción Gallega” de Basilio Álvarez. Xunto con Antón Vilar Ponte escribe a peza teatral “O Mariscal”, unha reconstrución do pasado na que o Mariscal Pardo de Cela se erixe en símbolo de resistencia fronte aos Reis Católicos.

10 Obra de Ramón Cabanillas
Poesía Teatro Prosa No desterro (1913) Vento mareiro (1915) Da terra asoballada (1917) O bendito San Amaro (1926) Na noite estrelecida (1926) A rosa de cen follas (1927) Camiños no tempo (1949) Versos de alleas terras e tempos idos (1955) Da miña zanfona (1954) Samos (1958) A man de Santiña (1921) O Mariscal (1926) Antífona da cantiga (1951)

11 AS IRMANDADES DA FALA . Fúndanse na Coruña o 18 de maio de da man de Antón Vilar Ponte. En pouco tempo nacen outras Irmandades en vilas e cidades galegas. Abren unha etapa de concienciación galeguista. Como o seu nome indica, a dignificación e promoción do idioma era o seu principio fundamental Na Asemblea de Lugo de 1918 convértense nun partido político e formulan as teses do nacionalismo galego: definen Galiza como nación. Na última asemblea (1931) fúndase o Partido Galeguista. O seu voceiro é o xornal A Nosa Terra.

12 OBXECTIVOS: Cooficialidade lingüística entre galego e castelán.
Ampla autonomía que axudase a mellorar o país no económico e no social.Potenciación da cultura galega. Reclaman autonomía política e modernización socioeconómica para Galiza

13 LABOR CULTURAL Promoven o uso oral do idioma en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos… Crean editoriais: Nós (Santiago de Compostela), Lar, Céltiga, Alborada… Publican revistas e xornais: Alfar, Nós, Ronsel… Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social: Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918). Diversifican os xéneros literarios: coleccións de narrativa como “Lar” e “Céltiga” cobren o período … Alentan a creación, en 1923, do Seminario de Estudos Galegos Parte dos seus integrantes estarán ligados ao Grupo Nós e á revista Nós

14 No seo das Irmandades nacen o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos (1923). O SEG era unha institución centrada no estudo das manifestacións culturais do país: etnografía, literatura, arte, prehistoria e arqueoloxía, ensino, filoloxía…

15 PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA (14-05-1931)
A SEGUNDA REPÚBLICA ( ) O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALIZA (28 de xuño de 1936) PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA ( ) O espírito das Irmandades e a Iª Asemblea de Lugo son recollidos polo Partido Galeguista (1931), no que militan Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Alexandre Bóveda. O grande obxectivo político do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía, que será aprobado en 1936.

16 Nas zonas escuras do mapa pódense ver as zonas nas que gaña a Fronte Popular.
CARTELARÍA DA FRONTE POPULAR, BLOCO DE ESQUERDAS NO QUE SE INTEGRA O PARTIDO GALEGUISTA

17 As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.
MITIN PRO-ESTATUTO PRAZA DE TOUROS DE PONTEVEDRA INTERVÉN ALEXANDRE BÓVEDA, SINÁLASE A ALFONSO D. CASTELAO. O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936). Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936. As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.

18 Autoría de Camilo Díaz Baliño e Castelao
CARTEIS PRO- ESTATUTO Autoría de Camilo Díaz Baliño e Castelao

19 CARTEIS PRO-ESTATUTO de diferentes organizacións.


Descargar ppt "Historia da literatura galega (1900-1936): Ramón Cabanillas, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08)"

Presentaciones similares


Anuncios Google