La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

APARATO RESPIRATORIO 1º DE BAC. IES ÁNXEL FOLE

Presentaciones similares


Presentación del tema: "APARATO RESPIRATORIO 1º DE BAC. IES ÁNXEL FOLE"— Transcripción de la presentación:

1 APARATO RESPIRATORIO 1º DE BAC. IES ÁNXEL FOLE
“Poesía para el pobre, poesía necesaria  como el pan de cada día,  como el aire que exigimos trece veces por minuto,  para ser y en tanto somos dar un sí que glorifica”. GABRIEL CELAYA APARATO RESPIRATORIO (FUNCIÓNS DE NUTRICIÓN)

2 RESPIRACIÓN INTERNA (CELULAR)
RESPIRACIÓN EXTERNA (PULMONAR) RESPIRACIÓN INTERNA (CELULAR)

3 Proceso respiratorio Ventilación pulmonar: inspiración e espiración.
Intercambio gasoso entre o aire e o sangue. Ocorre nos alveolos Transporte dos gases polo sangue. Hemoglobina dos g. vermellos. Intercambio gasoso entre o sangue e os tecidos. Respiración celular. Ten lugar nas mitocondrias. RESPIRACIÓN EXTERNA O PULMONAR RESPIRACIÓN INTERNA

4 A respiración externa ou pulmonar é o proceso de intercambio de gases (osíxeno e dióxido de carbono) que ten lugar nos pulmóns (alveolos) entre o corpo e o exterior.

5 A respiración interna ou celular é o proceso de degradación de glicosa en presenza de osíxeno; desta maneira a célula obtén enerxía e produce dióxido de carbono. Ocorre nas mitocondrias. Ese osíxeno utilizado nas mitocondrias procede da respiración pulmonar.

6 Anatomía do aparato respiratorio
Vías respiratorias Fosas nasais Farinxe Larinxe Tráquea Bronquios Bronquíolos Alveolos Pulmóns

7

8 Son estruturas propias dos mamíferos
Alvéolos Os bronquíolos terminan en pequenos sacos (1 mm de diámetro) rodeados de abundantes capilares sanguíneos. Son os alvéolos. No aparato respiratorio pode haber centos de millóns de alvéolos.

9 O intercambio de gases ten lugar nos alvéolos por un proceso de difusión simple (a favor de gradiente). O osíxeno e o dióxido de carbono son transportados pola HEMOGLOBINA dos glóbulos vermellos do sangue (oxihemoglobina/carboxihemoglobina).

10 As vías respiratorias: Fosas nasais
As fosas nasais están comunicadas có exterior polos orificios nasais O interior das fosas nasais atópase tapizado por unha membrana, a pituitaria vermella. Ésta encárgase de filtrar, quentar e humidificar o aire. Porén é preferible respirar polo nariz e non pola boca.

11 Farinxe Tubo musculoso común aos aparatos dixestivo e respiratorio.

12 Larinxe Tubo musculo-cartilaxinoso que comunica a farinxe coa tráquea.
Forma unha prominencia no pescozo, máis acusada no home, chamada noz ou bocado de Adán. A epíglote ten forma de lengüeta. Durante a deglutición pecha a entrada á larinxe para impedir que os alimentos entren nas vías respiratorias Dentro da larinxe están as cordas vocais.

13 Tráquea, bronquios e bronquíolos
A tráquea é un tubo de 13 cm de lonxitude e 2 de diámetro. Situado diante do esófago e formado por aneis cartilaxinosos Divídese en dous bronquios, que penetran nos pulmóns, e siguen dividíndose formando os bronquíolos e terminan nos alvéolos.

14 Epitelio mucociliar (función protectora)
Todo o tracto respiratorio está tapizado por un epitelio de células ciliadas secretoras de Moco (EPITELIO MUCOCILIAR) Os movementos ciliares trasladan as bacterias e outras partículas capturadas pola mucosa cara á gorxa, desde onde serán expulsadas. Ás veces, expúlsanse pola tose ou esbirros. 

15 Pulmóns Son dous órganos de forma cónica, aloxados na caixa torácica
O dereito é máis grande e ten tres lóbulos . O esquerdo ten dous lóbulos. Están recubertos por unha dobre membrana serosa protectora chamada pleura. A capa interior da pleura está unida aos pulmóns e a exterior, ao tórax“. Entre as dúas capas existe líquido pleural Os pulmóns teñen unha capacidade de 5 litros.

16 Ventilación pulmonar INSPIRACIÓN Os músculos intercostais contráense
RESPIRAMOS 12-15 VECES POR MINUTO INSPIRACIÓN Os músculos intercostais contráense As costelas elévanse O diafragma contráese e tira dos pulmóns cara abaixo A caixa torácica aumenta de volume O aire entra nos pulmóns EXPIRACIÓN Os músculos intercostais reláxanse As costelas baixan O diafragma reláxase A caixa torácica diminúe de volume O aire sae dos pulmóns

17 Control da respiración:
O control da Respiración efectúase no bulbo raquídeo, activando ou relaxando os músculos que interveñen na respiración. A variación de concentracións de osíxeno e dióxido de carbono no sangue son os estímulos químicos que necesita o bulbo raquídeo para controlar a velocidade e a intensidade da respiración.

18 PULMÓNS DE VERTEBRADOS
ANFIBOS Bolsas ocas. RÉPTILES Tabicados internamente AVES Con sacos aéreos, extensión en forma de bolsas MAMÍFEROS Con alvéolos pulmonares Ao longo da evolución, os pulmóns dos vertebrados adquiren estruturas que os converten en máis eficientes ao aumentar a superficie de intercambio gasoso.

19 SAÚDE O tabaco

20 SUBSTANCIAS QUÍMICAS QUE CONTÉN UN CIGARRILLO

21 O tabaco cumpre os tres requisitos para seren considerado unha DROGA:
 1. TOLERANCIA: Consiste nun proceso de adaptación do organismo ás sustancias do tabaco; cada vez necesítase consumir maior cantidade para conseguir o mesmo efecto.  2. DEPENDENCIA: Consiste nun estado no cal o adicto sinte a necesidade de continuar a consumir tabaco para sentirse ben. Se non o consome sofre unha serie de transtornos físicos e psíquicos que se coñecen como Síndrome de Abstinencia. 3. ADICCIÓN:  Consiste no desexo irrefrenable de continuar consumindo tabaco. A NICOTINA é a principal responsable da adicción do tabaco.

22 O tabaco é a principal causa de cancro de pulmón.

23 FONTES DE INFORMACIÓN:


Descargar ppt "APARATO RESPIRATORIO 1º DE BAC. IES ÁNXEL FOLE"

Presentaciones similares


Anuncios Google