La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Árbores do Xardín do Posío e arredores

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Árbores do Xardín do Posío e arredores"— Transcripción de la presentación:

1 Árbores do Xardín do Posío e arredores

2 O Posío comezou a súa andaina no ano 1846
O Posío comezou a súa andaina no ano Naceu como xardín botánico ligado á cátedra de Física, Química e Historia Natural do Instituto de Segunda Enseñanza, na actualidade o IES Otero Pedrayo Está distribuido en tres terrazas que foron especializando o seu uso co paso do tempo. O xardín botánico orixinal chegou a cultivar unhas 200 especies diferentes.

3 Cupressus sempervirens
Nome científico: Cupressus sempervirens Nome común: ciprés común Árbore perenne, longa e estreita, conífera, con pólas colgantes. Follas escamiformes, delgadas, aplanadas, con punta obtusa, deprimidas, imbricadas, de cor verde escuro mate.

4 Flores masculinas Tronco con codia pardo-vermella e gretada. Estróbilos femininos

5

6 Nome científico: Cedrus libani Nome común: cedro do Líbano
Tronco con codia gris, gretada. Árbore monoica, perennifolia. Pólas superiores horizontais formando capas extensas e planas

7 Estróbilos masculinos solitarios
follas                              Follas aciculares e ríxidas, agrupadas na punta das pólas Estróbilos femininos

8

9 Nome científico: Cedrus deodara Nome común: cedro do Himalaya
Árbore monoica, perennifolia, copa cónica Cima en agulla, con brote principal colgante

10 Follas aciculares ríxidas

11                              Estróbilos masculinos solitarios no ápice dos penachos de follas Estróbilos femininos ovoides, erectos, de maduración bi ou trienal.

12 Pseudotsuga menziesii
Nome científico: Pseudotsuga menziesii Nome común: abeto de Douglas Follas aciculares Árbore perennifolia e monoica. Estróbilos masculinos axilares e numerosos na cara inferior das pólas. Estróbilos femininos péndulos. Sementes aladas

13 Nome común: arce blanco, falso plátano, pradairo
Nome científico: Acer pseudoplatanus Nome común: arce blanco, falso plátano, pradairo Especie arbórea caducifolia que pode chegar ós m de altura coa codia lisa, grisácea que se fai gretada e escamosa coa idade, desprendéndose en placas de maneira parecida ó falso plátano.

14 Flores en acios longamente pedunculados
Follas simples opostas con 3 ou 5 lóbulos, pecioladas, lóbulos agudos e toscamente dentados, glabros, Envés verde máis pálido, con pubescencia nas nerviacións.

15 Froito disámara, ás diverxentes

16 Nome científico: Acer negundo Nome común: arce
Árbore dioica de ata 25 m con follaxe caducifolia. decidua;

17 follas opostas, pinnado-compostas, folíolos grosamente aserrados
Froito disámara

18

19 flor masculina inflorescencia masculina flor feminina inflorescencia feminina flores sen pétalos, verdosas, as flores femininas en acios colgantes

20 Nome común: acacia negra
Nombre científico: Acacia melanoxylon Nome común: acacia negra Árbore pequena perennifolia e copa columnar;

21 Follas transformadas en filodios, elíptico-lanceoladas (pecíolos comprimidos que funcionan como follas) Filodios con follas compostas

22 Flores con cálice e corola soldados en tubo. Estames numerosos.
Inflorescencia en cabezas solitarias ou en acios axilares. Froito legume, aplastada, retorta. Semente

23 Nome común: árbore botella
Nome científico: Brachychiton populneum Nome común: árbore botella Árbore sempre verde de m de altitude , coa copa densa e piramidal. Tronco recto xeralmente, coa codia lisa e verdosa, con regañas.

24 Follas alternas, de 6-8 cm de lonxitude, con largo pecíolo, de cor verde escura e de forma variable aínda que na mesma árbore. A forma normal adulta é ovoide, co ápice moi pronunciado e a nerviación marcada. En ocasións teñen 3-5 lóbulos.

25 Flores numerosas, acampanadas, de 1 cm de diámetro, de cor blanca-amarelada e puntos vermellos no interior. Florece en Abril-Maio. Froito en cápsula leñosa dehiscente (folículo), duns 7 cm de lonxitude e de cor negriza na madurez. As sementes son de cor amarela e están recubertas de peliños irritantes ó tacto.

26

27 Magnolia grandiflora Nome científico: Nome común: magnolia,
                                             Nome común: magnolia, Árbore perennifolia con copa piramidal e con follaxe persistente;                                                           

28 Estípulas anchas, rodeando ó talo ó comenzo e logo caducas deixando unha cicatriz característica.
Follas alternas, ovoide-oblongas, acuminadas, coriáceas, verde lustrosas.

29 Flor blanca, fragante e grande. Cálice con 3 sépalos caedizos
Flor blanca, fragante e grande. Cálice con 3 sépalos caedizos. Corola con 6-12 pétalos en disposición helicoidal.

30                                      Froito polifolículo, parecido a unha piña
Sementes sostidas polo funículo prolongado, cuberta seminal carnosa

31 Magnolia denudata ou soulangeana
Nome científico: Magnolia denudata ou soulangeana É unha árbore dun certo porte, que pode chegar a alcanzar os 5 m de altitude.

32 Follas caducas provistas dunha nerviación mediana moi aparente.

33 Grandes flores blancas, de cor branca pola parte interior dos pétalos e de cor rosa ou púrpura por fora. Saen antes as flores que as follas.

34 Nome científico: Laurus nobilis Nome común: loureiro
Follas simples, alternas, persistentes, coriáceas, aromáticas. Árbore ou arbusto dioica, aromática, sempre verde de 5-10 m de altitude, de tronco recto coa codia gris e a copa densa, escura. Ramaxe erecta

35 Flores hermafroditas ou unisexuais, actinomorfas, en umbelas cortamente pedunculadas, envoltas antes de abrirse por un involucro subgloboso. Perianto de 4 pezas case iguais. rama masculina Froito carnoso tipo drupa.

36 Nome común: castiñeiro de Indias, falso castiñeiro.
Nome científico: Aesculus hippocastanun Nome común: castiñeiro de Indias, falso castiñeiro. Árbore caducifolia corpulenta, de ata 30 m de altitude, coa copa ovalada e densa.

37 Follas opostas, longamente pecioladas, palmado-compostas, con 5-7 folíolos de diferente tamaño, de cor verde escura pola face e máis pálidos polo envés. Con tronco groso, de codia grisácea, lisa nos exemplares xoves, e gretada e escamosa nos adultos,

38 O froito é unha cápsula algo cónica ourizada de púas, dehiscente, con 1-3 sementes grosas e lustrosas. Flores en acios erectos terminais, con 4-5 pétalos desiguais, brancos, con 7 estames.

39 Nome científico: Ulmus glabra Nome común: ulmeira
Árbore con copa ampla, primeiro ovalada-alargada, máis tarde ovalada-redondeada.

40 Follas simples, alternas, caedizas, elípticas a ovaladas, moi asimétricas na base, moi acuminadas na punta, doblemente aserradas, face pelosa e envés pubescente.

41 Froito sámara.

42 Nome común: acacia branca
Nome científico: Robinia pseudoacacia Nome común: acacia branca Árbore caducifolia de m de altitude, de copa ancha e tronco corto moi fisurado. Ramas xoves espinosas.

43 Follas alternas, imparipinnadas, de ata 30 cm de lonxitude
Follas alternas, imparipinnadas, de ata 30 cm de lonxitude. Poseen 9-19 folíolos eliptico-ovales de 3-4 cm de lonxitude, de cor verde intensa na face e algo grisácea no envés, contraste que se aprecia cando o vento axita a copa. Flores en acios colgantes de cm de lonxitude, coa corola de cor blanca e unha mancha amarela. Son moi olorosas e visitadas polas abellas.

44 No ápice dos foliolos ten una pequena escotadura en V
No ápice dos foliolos ten una pequena escotadura en V. Ten un par de espinas ó pé de cada folla.

45 Froito en legume de 5-10 cm de lonxitude, aplanado, castaño cando madura, permanecendo na árbore bastante tempo.

46 Nome común: sofora, acacia do Xapón
Nome científico: Sophora japonica Nome común: sofora, acacia do Xapón Árbore caducifolia de ata 20 m de altitude coa copa ancha e o tronco recto, coa codia rugosa, regañada e escura.

47

48 Follas imparipinnadas, de 15-20 cm de lonxitude
Follas imparipinnadas, de cm de lonxitude. Posúen 7-17 folíolos oblongo-ovais, puntiagudos, de 5-7 cm de lonxitude, de cor verde na face e glaucos no envés.

49

50 Flores dispostas en anchas panículas terminais
Flores dispostas en anchas panículas terminais. Son de cor crema, pequenas, moi visitadas polas abellas. Froito en legume carnosa con estrangulacións entre as sementes. Mide uns 5-8 cm de lonxitude e permanece bastante tempo na árbore.

51 Nome científico: Platanus acerifolia
Nome común: plátano de paseo Árbore monoica caducifolia de gran talla que pode alcanzar m de altitude, co tronco recto, alto, e a codia delgada que se desprende en placas. A copa é ampla, redondeada, aínda que coa poda pode tomar formas variadas.

52

53 Follas palmado-lobuladas e palmatinervias, con 3-5 lóbulos desiguais e dentes desiguais. Pecíolo de ata 5-8 cm de lonxitude, ensanchado na base. Face da lámina verde brillante, glabra, envés máis claro e algo pubescente. Froitos dispostos en cabezas esféricas. Cada froito é un aquenio rodeado na base de pelos de cor parda. Flores dispostas en inflorescencias esféricas longamente pedunculadas, terminais, colgantes. Cada pedúnculo con 2-3 cabezas globosas. As flores masculinas con 3-6 estames.

54 Nome común: carballo americano
Nome científico: Quercus rubra Nome común: carballo americano Tronco con codia pouco gretada, grisácea, con vetas abrancuxadas horizontais. Árbore monoica, caducifolia.

55                         Pólas con follas alternas.                              Follas ovaladas ou obovadas, pinnatíficas con 7-11 pares de lóbulos triangulares con dentes aristados, glabras, pecioladas.

56 Amentos masculinos fasciculados nas axilas das follas superiores
Amentos masculinos fasciculados nas axilas das follas superiores. Flores femininas solitarias ou xeminadas. Froito aquenio de maduración bienal.

57 Nome científico: Populus canescens Nome común: álamo gris.
Árbore con tronco de codia grisácea e lenticelas horizontais negruzcas. Inflorescencias coetáneas coas follas

58 Follas de dous tipos. As da base das ramiñas case suborbiculares, de 3
Follas de dous tipos. As da base das ramiñas case suborbiculares, de cm de diámetro, glabras ou subglabras en ambas superficies, coa marxe dentado-sinuada. As follas das partes superiores son anchamente ovadas, de 6-10 cm de lonxitude, glabrescentes e de cor verde forte na face e gris-tomentosas no envés. A marxe é irregularmente dentada, ou ás veces cortamente lobulada. Os pecíolos das follas inferiores son aplastados e glabros, mentras que os das follas superiores son tomentosos e redondeados

59 Nome científico: Morus alba Nome común: moreira.
Árbore caducifolia monoica

60 Follas alternas, enteiras ou lobuladas.
Froitos aqueniformes, en infrutescencias carnosas (sorosis) blancas ou brancuxadas-rosadas. Flores dispostas en inflorescencias

61 Catalpa bignonioides Nome científico: Nome común: catalpa
Árbore caducifolia de mediano porte, 8-10 m de altura, de copa ancha e redondeada (aínda que eso depende das podas), coa codia fisurada coa idade.

62 Follas grandes, de cm de lonxitude, de forma acorazonado-ovada, acuminadas, longamente pecioladas, enteiras, xeralmente dispostas en verticilos de tres, pubescentes, algo ásperas ó tacto, de cor verde intensa, amarelando no outono. Flores en panículas terminais, grandes, acampanadas, cos pétalos algo rizados nos seus extremos, de 4-5 cm de lonxitude, de cor branca con manchas amarelas e púrpura.

63

64

65

66 . Froito capsular, estreito, de cm de lonxitude, permanecendo na árbore o outono e parte do inverno. Contén numerosas sementes alongadas e aladas para a súa dispersión polo vento.

67 Nome común: palmeira canaria
Nome científico: Phoenix canariensis Nome común: palmeira canaria Palmeira dioica de tronco único, groso, dereito, de 20 m. de altura e ata cm. de diámetro, cuberto dos restos das bases das follas. Follas pinnadas, formando unha corona moi frondosa. Miden 5-6 m. de lonxitude, con pares de folíolos apretados, de cor verde clar. Os folíolos inferiores están transformados en fortes espinas. Inflorescencia moi ramificada nacendo entre as follas, con flores de cor crema. Froitos globoso-ovoides, de cor laranxa, duns 2 cm. de lonxitude.

68 Nome común: palmeira china, palmito
Nome científico: Trachycarpus fortunei Nome común: palmeira china, palmito Palmeira monoica de tronco único de ata m. de altura e 20 cm. de diámetro, cuberto con restos das bases das follas vellas e abundante fibrosidade de cor escura. A base do tronco soe ser máis delgada ca parte superior.

69

70 Follas palmeadas, redondeadas, de 1. 20 m
Follas palmeadas, redondeadas, de 1.20 m. de diámetro, de cor verde escura, ás veces co envés máis pálido. Limbo dividido ata a base en segmentos erectos ou lixeiramente curvados na súa punta. Pecíolo de cm. de lonxitude coa base cuberta de fibras e as marxes aserradas finamente. Froito esférico ou arriñonado de 1.2 cm. de lonxitude, de cor negra azulada.

71 Nome común: palmeira de California
Nome científico: Washingtonia filifera Nome común: palmeira de California Palmeira hermafrodita, de tronco robusto duns 15 m. de altura e ata cm. de diámetro, coa base ensanchada. A superficie pode estar cuberta dos restos de follas vellas ou ser rugosa con gretas verticais moi finas e aneis moi xuntos. Follas costapalmadas de m. de lonxitude, divididas case ata a metade en 50-60(80) segmentos de punta fina fendida e con filamentos, de cor verde grisácea. Pecíolo de ata 1.5 m. de lonxitude, coas marxes armadas de fortes dentes. Inflorescencia de 3-5 m. de lonxitude nacendo de entre a base das follas, colgante, con flores brancas. Froito ovoide duns 6 mm. de diámetro, negruzco.

72 Nome común: tilleira prateada
Nome científico: Tilia tomentosa Nome común: tilleira prateada Árbore caducifolia que pode alcanzar 30 m de altura, con porte piramidal e codia lisa, abrancuxada.

73 Follas redondeadas, cortamente acuminadas, coa base acorazonada
Follas redondeadas, cortamente acuminadas, coa base acorazonada. Miden cm de lonxitude e outro tanto de anchura. Marxe con frecuencia con pequenos lóbulos á vez que dentes dobles e afiados. Limbo verde escuro e lixeiramente pubescente na face e tomentoso-plateado no envés. Pecíolo pubescente de cm de lonxitude. Flores blancas, aromáticas, dispostas en cimas de 5-10 flores de cm de lonxitude. Brácteas florais pubescentes, tan longas como as cimas. Froitos ovoides de 6-9 mm de lonxitude, pubescentes, con punta corta e 5 costelas.

74 Nome común: tilleira de follas grandes
Nome científico: Tilia plathiphyllos Nome común: tilleira de follas grandes Árbore caducifolia de porte piramidal coa codia gris escura, fisurada, que pode alcanzar gran altura. Ramiñas xoves algo pubescentes, avermelladas.

75

76

77 Follas de 6-12 cm de lonxitude, de forma orbicular-ovada, co ápice puntiagudo, a base algo oblicua e cordiforme e o borde dentado. Face verde escura e envés algo máis pálido, ás veces pubescente. Pecíolos pubescentes. As flores son de cor branca marelada, dispostas en inflorescencias colgantes. Florece en xuño. Froito indehiscente, leñoso, globoso ou piriforme, de cm de diámetro, con 3-5 costelas moi marcadas e de superficie tomentosa.

78 Nome común: tilleira de follas pequenas
Nome científico: Tilia cordata Nome común: tilleira de follas pequenas Árbore caducifolia que pode alcanzar 30 m de talla, coa codia lisa, grisácea, que se greta lonxitudinalmente coa idade

79

80 As follas son oblicuamente acorazonadas, de 3. 5-7
As follas son oblicuamente acorazonadas, de cm de lonxitude e outro tanto de anchura, co pecíolo delgado. Teñen o ápice acuminado e a marxe finamente dentado-aserrada. Son glabras e de cor verde escura na face e glauca no envés, con un feixe de pelos vermellos nas axilas das nerviacións. As flores son brancas amareladas, aromáticas, e disponse en cimas de 6-10 flores. Pedúnculo soldado ata a metade a unha bráctea foliácea de cor brancuxada verdosa e cm de lonxitude. O froito é globoso, seco, indehiscente, unilocular, sen costelas, cuberto dun tomento grisáceo.

81 Departamento Bioloxía e Xeoloxía I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense.


Descargar ppt "Árbores do Xardín do Posío e arredores"

Presentaciones similares


Anuncios Google