La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

OPENSHOT-Editor de video

Presentaciones similares


Presentación del tema: "OPENSHOT-Editor de video"— Transcripción de la presentación:

1 OPENSHOT-Editor de video

2 SÍNTESE DAS CARACTERÍSTICAS:
OpenShot Vídeo Editor é un programa deseñado para crear e editar vídeos en Linux. Facilmente pode combinar múltiples videoclips, son e imaxes nun so proxecto e logo exportar o vídeo resultante a varios dos formatos de vídeo máis comúns. OpenShot é un editor non liñal de vídeo, o que significa que se pode acceder a calquera fotograma de vídeo en calquera momento, e polo que as secuencias de vídeo se poden superpoñer, mesturar, e ordear de xeito moi creativo. Ningunha edición (corte, empalme, etc ..) das secuencias de vídeo (videoclips) é destrutiva, o que significa que nunca se modifican as secuencias de vídeo orixinais. Pode usar OpenShot para crear presentacións de diapositivas, editar vídeos caseiros, crear anuncios de televisión e películas en-liña ou calquera cousa que poda imaxinar.

3 SÍNTESE DAS CARACTERÍSTICAS:
Soporte de moitos formatos de vídeo, audio e imaxe (baseado en FFmpeg) Integración con Gnome (soporte para "arrastrar e soltar") Múltiples pistas Redimensionado, axuste, separación de fotogramas e corte das secuencias de vídeo (videoclips) Transicións de vídeo con previsualización en tempo real Composición, superposición de imaxes e marcas de augua dixitais Plantillas de títulos, creación de títulos, títulos animados en 3D Amigable con SVG, para crear e incluír títulos e créditos

4 SÍNTESE DAS CARACTERÍSTICAS:
Créditos de película desprazables Clips de cor sólido (incluíndo composición alpha) Soporte para Rotoscopia / Secuencia de imaxes Liña de tempo con "arrastrar e soltar" Control manual sobre a velocidade e reprodución, coas teclas: J,K, y L Codificación de vídeo (baseada en FFmpeg) Animación por fotogramas clave Zoom dixital dos clips de vídeo Cambio de velocidade dos clips (cámara lenta, etc) Transicións personalizadas, luminancias e máscaras Redimensionado de vídeo (tamaño do cadro) Mestura e edición de son

5 SÍNTESE DAS CARACTERÍSTICAS:
Plantillas para a animación e disposición por fotogramas clave Efecto Ken Burns (creación de vídeo "paneando" sobre unha imaxe) Efectos de video dixitais, incluíndo brillo, gamma, ton, escala de grises, chroma key (pantalla azul / pantalla verde) e máis de 40 outros efectos de vídeo e audio

6 PRIMEIROS PASOS Executando OpenShot Video Editor
Pode executar OpenShot dos seguintes xeitos: Menú de aplicacións Elixa Son & Vídeo >OpenShot Video Editor. Liña de comandos Para executar OpenShot dende a liña de comandos, abra unha Terminal, escriba o seguinte comando e preme na tecla Intro: openshot [nomedoficheiro] O parámetro opcional [nomedoficheiro] pode ser un ficheiro de audio ou vídeo, ou un proxecto de OpenShot (*.osp). Poden especificarse varios ficheiros (separados por un espazo), importándose todos nunha única instancia de OpenShot. Abrir con... Para iniciar OpenShot dende Nautilus, preme o botón dereito sobre un ficheiro de imaxe, vídeo ou audio e elixa Abrir con > OpenShot Vídeo Editor. Ou elixa Abrir con > Abrir con outra aplicación > openshot.

7 ¡Manexa OpenShot en 5 minutos!
Usar OpenShot é moi doado. Logo destas simples instrucións, poderá facer un sinxelo pase de diapositivas con música. Paso 1 - Importar Fotos e Música Antes de facer o noso vídeo necesitamos importar ficheiros a OpenShot. Arrastre e solte algunhas imaxes (*.JPG, *.PNG, etc...) e un ficheiro de música (a maioría de formatos deben funcionar) dende o teu escritorio ata OpenShot Vídeo Editor. Asegúrate de que solta os ficheiros onde indica o punteiro na ilustración.

8 Paso 2 - Organiza as fotos na liña de tempo
Despois de importar algúns ficheiros, o seguinte paso é engadilos á liña de tempo e organizalos. Pulsa sobre cada foto (unha á vez), e arrástraas ata a Pista 2 na liña de tempo. Arrastra e solta as fotos (tamén tratadas como clips) para organizalas.

9 Paso 3 - Engade música á liña de tempo
Para facer noso pase de diapositivas máis interesante necesitamos engadir algo de música. Deberíades ter importado un ficheiro de música no Paso 1. Preme sobre o ficheiro de música e arrástrao ata a Pista 1 na liña de tempo. Paso 4 - Previsualice o seu proxecto Para previsualizar cómo se ve e se oe o noso vídeo, preme o botón Reproducir baixo a venta de previsualización. Preme de novo o botón Reproducir para pausar o vídeo. Recorda, si necesitas reorganizar calquera clip, so arrástrao e sóltao para movelo.

10 Paso 5 - Exporta o teu vídeo
Cando estés satisfeito co resultado do teu pase de diapositivas, o seguinte paso será exportar o seu vídeo. Isto converterá o seu proxecto de OpenShot nun arquivo de vídeo que podería reproducirse en calquera reprodutor multimedia de Linux (como Totem, VLC, etc...) ou sitios web (como YouTube, Vimeo, etc...). Preme sobre a icona Exportar Vídeo na parte superior da pantalla (ou utilice o menú Ficheiro > Exportar vídeo...). Elixa unha das moitas opcións de exportación preconfiguradas, e faga clic no botón Exportar Vídeo.

11 Ventá principal OpenShot Vídeo Editor ten unha ventá principal que contén a maioría da información, botóns e menús necesarios para editar os seus proxectos de vídeo. Información xeral: Barra de Ferramentas Principal: Contén os botóns para abrir, gardar e exportar os proxectos de vídeo. Pestanas de funcións: Alterna entre ficheiros de proxecto, Transicións e Efectos Arquivos do Proxecto: Todos os ficheiros de audio, vídeo e imaxes que se importou ao proxecto. Ventá de previsualización: Esta é a área onde se reproducirá o vídeo Barra de ferramentas de edición: Esta barra contén os botóns utilizados para editar, recortar e separar clips Deslizador de ampliación: Este deslizador axusta a escala de tempo da liña de tempo. Regra / Marca de reprodución: La regra mostra a escala temporal e a liña vermella é a marca de reprodución. A marca de reprodución representa a posición actual da reprodución. Liña de tempo: A liña de tempo visualiza o seu proxecto de vídeo, cada clip e transición dentro deste. Filtro: Filtra a lista de obxectos mostrados (ficheiros do proxecto, traducións e efectos) usando os botóns interruptores e a caixa para escribir. Entre algunhas letras do que busca e os resultados serán mostrados.

12 Barra de Ferramentas Principal
A barra de ferramentas principal alberga botóns para crear e gardar rapidamente o seu proxecto, accións de desfacer e refacer, importar ficheiros e exportar o seu vídeo. Tamén pode acceder a todas estas funcións mediante os menús Ficheiro e Editar. 1. -Novo proxecto: Crear un novo ficheiro de proxecto OpenShot (*.OSP). 2. -Gardar Proxecto: Guarda o proxecto actual. Se non se creou un proxecto, abrirase un cadro de diálogo para recoller máis información. 3. -Desfacer: Desfacer a última acción 4. -Refacer: Refacer a acción anterior 5. -Importar ficheiros: Importa 1 ou máis ficheiros ao proxecto actual de OpenShot. 6. -Exportar Vídeo: Exporta o proxecto actual a un ficheiro de vídeo.

13 Pestanas de funcións Estas pestanas permiten alternar entre 3 funcións diferentes: Ficheiros de proxecto, Transicións e Efectos. Os elementos nestas pestanas poden ser arrastrados e soltado á liña de tempo.

14 Ficheiros do Proxecto A sección Ficheiros do Proxecto contén todos os ficheiros que foron importados no voso proxecto. Antes de poder engadir unha imaxe, son ou vídeo a este, estes deben ser importados á súa sección de Ficheiros do Proxecto.

15 Ventá de previsualización
A Ventá de previsualización é a que controla a reprodución (ou previsualización) do seu proxecto de vídeo. Os botóns baixo a ventá de previsualización controlan a reprodución e a saída de vídeo nesta área. O tamaño da ventá pode ser modificado facendo clic e arrastrando os tiradores (ou liñas) arredor desta sección. 1. -Saltar ao comienzo: Salta ao comezo do proxecto 2. -Retroceder: Rebobina o vídeo dende a posición de reprodución actual. 3. -Reproducir / Pausar: Reproduce ou Pausa a reprodución do proxecto 4. -Avance Rápido: Avanza rapidamente o vídeo dende a posición de reprodución actual. 5. -Saltar ao final: Salta ao final do proxecto.

16 Barra de ferramentas de edición
A Barra de edición permite alternar entre os distintos modos de edición para a liña de tempo. Para mover, recortar ou partir clips é necesario cambiar o modo de edición usando esta barra. 1. -Engadir pista: Engade unha nova pista ao comezo da lista. 2. -Modo de selección: O Modo de selección permite seleccionar e mover clips. 3. -Modo coitela: A ferramenta de corte permítelle dividir un clip en calquera lugar onde faga clic. Se a opción de axuste está activada, facendo clic preto do cabezal (a liña vermella), o clip dividirase exactamente na posición do cabezal. 4. -Modo de redimensión: O Modo de redimensión permite suxeitar os extremos dun clip e arrastralos para redimensionalo (ou recortalo). 5. -Modo de encaixe: A ferramenta de axuste posibilita que os clips se axusten (ou salten) ao clip máis próximo ou ao cabezal (se se encontran próximos) cando os solta. As transicións axustaranse aos clips lindantes. Os clips e as transicións tamén se adaptan á posición do cabezal. 6. -Engadir Marcador: Engade un novo marcador (ou punto de partida), que permite rapidamente saltar de volta a este punto exacto mentres reproduces. 7. -Marcador anterior: Salta ao marcador anterior (se o houber). 8. -Marcador Seguinte: Salta ao seguinte marcador (se o houber).

17 Deslizador de ampliación
O deslizador de zoom permítelle variar a escala temporal da liña de tempo. Incremente o zoom para ver a liña de tempo de máis preto, ou reduza o zoom para ver o proxecto enteiro sen necesidade de facer scroll. Pode facer clic nos botóns de zoom (dereita e esquerda), ou arrastrar o deslizador de zoom. Cando arrastre o deslizador, a liña de tempo actualizarase ao pausar ou deixar de mover este.

18 Líña de tempo A liña de tempo visualiza o seu proxecto dun xeito moi gráfico. Cada clip represéntase cun rectángulo amarelo Cada pista represéntase cun rectángulo azul. O cabezal (a liña vermella) representa a posición actual de reprodución (ou previsualización) do seu proxecto. Faga clic en calquera lugar da regra para saltar a ese punto da liña de tempo. Se arrastra a regra, se "refregará" o vídeo, o cal é unha forma rápida aínda que ruda de previsualizar o seu proxecto. 1.- Regra: A regra mostra a escala temporal actual da liña de tempo. 2.-Cabezal de reprodución: O cabezal de reprodución representa a posición actual de reprodución da súa ventá de previsualización. 3.-Clip: Un clip representa un arquivo de audio, imaxe ou vídeo. 4.-Pista: Una pista é similar a unha capa. As pistas que están enriba mostran vídeo e imaxes sobre as que están debaixo. Non hai límite no número de pistas que pode ter un proxecto.

19 Pistas OpenShot usa as pistas como capas de vídeos e imaxes, de modo análogo a como o fan as aplicacións de edición de imaxe. A pista superior é equivalente á capa superior e a pista inferior é equivalente á capa inferior. OpenShot mesturará todas as capas/pistas, como o faría unha aplicación de edición de imaxe. Por exemplo, imaxine un proxecto con 3 pistas de vídeo Podería usar unha imaxe dunha posta de sol como fondo, outra imaxe con varios círculos no medio e un logo na parte superior. 1. -Pista superior: Os clips desta pista mostraranse por enriba de todas as demais. Nesta capa deberían ir os logos e as marcas de auga. O logo de OpenShot da captura de pantalla está nesta capa. 2. -Pista intermedia: Estes clips están baixo a pista superior e sobre a pista inferior. A imaxe cos círculos encóntrase nesta pista na ilustración. 3. -Pista inferior: Estas pistas están por debaixo de todas as demais. O atardecer da imaxe está nesta capa.

20 Control da reprodución de vídeo
Reprodución, pausa e busca son características moi importantes nun editor de vídeo. Durante a creación dun proxecto de vídeo necesítase reproducir este unha e outra vez. Facer clic no botón Re producir é un xeito doado de lograr isto, pero hai outras maneiras máis rápidas. Métodos de reprodución Hai 8 formas de controlar a reprodución de vídeo en OpenShot: Facendo clic na Barra de previsualización (Reproducir, Avance rápido, etc...) Arrastrando o deslizador sobre a barra de ferramentas de previsualización Arrastrando o Cabezal de reprodución sobre a regra Facendo clic sobre a regra en calquera punto Usando atallos de teclado (teclas J, K, L) Usando os botóns de dirección (esquerda, dereita, arriba, abaixo) Pulsando a barra espazadora Facendo dobre clic nun marcador definido polo usuario.

21 Atallos de teclado Un atallo de teclado é unha tecla (ou teclas) que lle evitan a molestia de mover o seu rato e facer clic. A miúdo é máis rápido pulsar unha tecla que apuntar co rato e facer clic. Estes son todos os atallos de teclado en OpenShot: J: Rebobinar o vídeo K: Pausa, reprodución L: Avance rápido Barra espazadora: Pausa, reprodución Arriba: Buscar o marcador anterior (se existe) Abaixo: Buscar o marcador seguinte (se existe) Esquerda: Ir ao fotograma anterior (frame stepping) Dereita: Ir ao fotograma seguinte (frame stepping) Tabulador: Alternar entre o modo Redimensionar e Seleccionar Ctrl + roda do rato: Achegar e afastar o zoom na liña de tempo Ctrl + Inicio: Desprazarse ata o principio da liña de tempo Ctrl + Fin: Desprazarse ata o principio da liña de tempo C: Dividir todos os clips na posición do cabezal CTRL + N: Crear un proxecto novo CTRL + O: Abrir un proxecto existente CTRL + F: Importar arquivo (audio, video ou imaxe) CTRL + I: Importar secuencia de imaxes CTRL + W: Importar nova tradución CTRL + S: Gardar o proxecto actual SHIFT + CTRL + S: Gardar o proxecto actual como... CTRL + X: Exportar proxecto como XML MLT CTRL + E: Exportar o proxecto actual como un arquivo de vídeo Control+U: Subir o proxecto actual como arquivo de vídeo a Youtube ou Vimeo CTRL + Q: Saír do programa CTRL + Z: Desfacer a última acción CTRL + E: Refacer a acción anterior CTRL + P: Editar as preferencias CTRL + T: Crear un título novo CTRL + B: Crear un título animado novo F11: Cambiar a xeito de pantalla completa F1: Abrir o arquivo de axuda (se está instalado) CTRL + D: Captura e garda a diapositiva actual de calquera clip, agás de son, segundo indique cabeza de reprodución e engade a imaxe aos Arquivos do Proxecto.

22 Proxectos - Crear, abrir e gardar
OpenShot necesita un Ficheiro de Proxecto para gardar a información que compón un proxecto de vídeo. Información como o nome e a situación do seu proxecto, ficheiros de vídeo e de audio, información sobre a liña de tempo, que clips foron recortados, arranxos, etc… Cando se executa OpenShot, o propio programa crea un novo proxecto automaticamente. Pode empezar a usalo inmediatamente sen necesidade de crear un novo proxecto. Os ficheiros de proxecto teñen unha extensión de ficheiro.OSP (proxecto_ejemplo.osp). Ademais, os ficheiros de proxecto necesitan unha carpeta de miniaturas (thumbnail), que conterá todas as miniaturas do seu proxecto. Se move un ficheiro de proxecto, asegúrese de mover a carpeta /thumbnail/ tamén. Ficheirode Proxecto /home/usuario/Escritorio/ProxectoA.osp Carpeta de miniaturas /home/usuario/Escritorio/thumbnail/

23 Crear un proxecto Hai dous modos de crear un proxecto novo
Método 1 - Menú Arquivo: Facer clic no menú Arquivo >Novo proxecto. Abrirase a ventá de Novo proxecto. Cambie o nome e tipo de proxecto, a lonxitude da liña de tempo e, a continuación, faga clic en "Gardar proxecto“. Método 2 - Gardar por defecto: Como Openshot crea por defecto un proxecto cando lanza o programa, vostede pode sinxelamente elixir Arquivo >Gardar. Abrirase a pantalla Gardar proxecto. Cambie o nome do proxecto, tipo de proxecto, duración da liña de tempo e faga clic en "Gardar proxecto".

24 Pantalla de gardar proxecto
Ao facer clic en Novo proxecto ou Gardar proxecto mostrarase esta pantalla. Nome do proxecto: O nome do seu arquivo de proxecto (extensión de arquivo.osp) Carpeta do proxecto: A situación da carpeta onde gardar os seus arquivos de proxecto. 3. Duración do proxecto: A lonxitude máxima da liña de tempo. Non obstante, a liña de tempo crecerá de xeito automático se os clips exceden a devandita lonxitude. 4. Tipo de proxecto: Isto afecta á venda de previsualización. Establece o tamaño, relación de aspecto, e fotogramas por segundo dos arquivos de vídeo que estas previsualizando. É recomendable que edites no co mesmo perfil que planeas exportar (para lograr os mellores resultados). 5. Detalles do Proxecto: Esta táboa previsualiza os detalles do tipo de proxecto, tales como tamaño, relación de aspecto e fotogramas por segundo. Se cambia o despregable de tipo de proxecto, actualizarase esta táboa.

25 Abrir un proxecto Para abrir un proxecto, elixa Ficheiro >Abrir un proxecto. Mostrarase o diálogo Abrir un proxecto. Seleccione o ficheiro de proxecto (*.osp) que desexe abrir, a continuación faga clic en Abrir proxecto. Se está a abrir un proxecto recente, elixa Ficheiro >Proxectos recentes. Esta é a miúdo o xeito máis rápido de abrir un proxecto en OpenShot. Se desexa abrir automaticamente o seu proxecto ao lanzar OpenShot, faga dobre clic no ficheiro.OSP (no seu ordenador), e elixa openshot como comando.

26 Importar ficheiros- Audio, vídeo e imaxes
Antes de poder usar un clip na liña de tempo, debe primeiro importalo ao seu proxecto. Existen unhas cantas maneiras de importar un clip. A máis común é arrastrar e soltar arquivos do seu ordenador á sección Arquivos do proxecto da pantalla. Existen 4 métodos diferentes para importar un clip. Método 1: Arrastrar e soltar Executar OpenShot Arrastrar e soltar á vez múltiples Arquivos dende o seu Escritorio á árbore de Arquivos do proxecto.

27 Importar archivos - Audio, vídeo e imágenes
Método 2: Arrastrar carpeta Executar OpenShot Arrastra e solta unha carpeta con ficheiros de medios do teu escritorio a Ficheiros de proxecto Todos os ficheiros de audio, vídeo e imaxes desta carpeta serán importados Método 3: Abrir con Mentres navega polos seus ficheiros en Gnome, seleccione 1 ou máis ficheiros de Medios Fai click co botón dereito nos ficheiros seleccionados e elixe Abrir con Outra Aplicación... Elixe OpenShot Video Editor (ou o comando openshot) Mesmo despois de comezar a traballar OpenShot cos seus ficheiros, aínda pode volver ao sistema de ficheiros e facer clic dereito en "máis ficheiros" para escollelos OpenShot. Engadiraos á instancia en execución de OpenShot. Método 4: Botón de importar Fai clic no botón Importar ficheiros da barra de ferramentas. Elixe 1 ou máis ficheiros, e fai click en Importar

28 Secuencias de imaxes Unha das características máis potentes de OpenShot é a habilidade de importar secuencias de imaxes. Unha secuencia de imaxes non é, en realidade, máis que unha carpeta chea de imaxes con nomes moi similares e por suposto, nomeadas secuencialmente. Cada arquivo de imaxe representa un fotograma de vídeo. De modo que para un clip de 30 segundos de duración, con 30 fotogramas por segundo, debería ter 900 arquivos de imaxe. Aínda que as secuencias de imaxes poidan ser difíciles de traballar (a causa do gran volume de arquivos) pódese lograr case calquera cousa. Para importar unha secuencia de imaxes, siga estes pasos: Localice unha secuencia de imaxes: Moitos programas poden xerar unha secuencia de imaxes. Por exemplo, en Blender (un paquete de animación 3D), pode crear unha gran secuencia animada para o título e exportala como unha serie de arquivos.PNG (con transparencia). Crearase unha carpeta no seu ordenador que conterá todas as imaxes.

29 Secuencias de imaxes Importe a secuencia de imaxes
Elixa a opción de menú Ficheiro > Importar secuencia de imaxes e lanzarase o diálogo de Secuencia de imaxes. Seleccione a situación da carpeta da súa secuencia de imaxes, e o patrón de nomenclatura de arquivos. Non todas as secuencias de imaxes se nomean da mesma forma. Por exemplo, Movie_0001.JPG é diferente de Movie_1.JPG. Unha vez introducido o patrón correcto de nome de arquivo, faga clic en Importar secuencia de imaxes.

30 Secuencias de imaxes Arrastra e solta secuencias de imaxes.
A forma máis doada para importar unha secuencia de imaxes, é arrastrar e soltar unha única imaxe da secuencia en "Ficheiros de proxecto", ou usar a pantalla Importar Ficheiros e importar unha única imaxe. Entón, preguntarache se queres importar a secuencia completa. Usando este método determinarase automaticamente o patrón do ficheiro e definirase a correcta configuración para a secuencia.

31 Secuencias de imaxes Engadir a liña de tempo
Arrastra e solta a túa nova secuencia de vídeo na liña de tempo Se representará como un clip individual, como calquera outro clip de vídeo. Crea unha secuencia de imaxes Se aínda non tes unha secuencia de imaxes, é doado crear unha. Simplemente faga clic co botón dereito en calquera ficheiro de vídeo nos seus Ficheiros do proxecto e elixa Converter a secuencia de imaxes. Crearase unha nova carpeta e exportará cada fotograma como un ficheiro.PNG. Tamén se engadirá automaticamente unha referencia á súa nova secuencia de imaxes na sección Ficheiros do proxecto.

32 Secuencias de imaxes Editar unha secuencia de imaxes
Se desexa editar unha secuencia de imaxes, recomendámoslle utilizar Gimp (un editor de imaxes libre de orixe). O ten plug-ins para axudar na edición de grandes secuencias de imaxes, e pode simplificar o proceso de edición, gardar e abrir a seguinte imaxe en secuencia. A continuación, pode retocar cada fotograma, eliminar os ollos vermellos, engadir efectos de sabres de luz brillante, borrar arames, etc.. Non hai realmente nada que non se pode facer na edición fotograma por fotograma, pero se necesita moito esforzo. Paquete de animación Gimp (GAP) GAP é un plug-in para Gimp, que axuda á edición de secuencias de imaxes. Pode gardar rapidamente a imaxe actual e cargar a seguinte imaxe dunha secuencia. Tamén pode utilizar fotogramas clave (key-frames) para aplicar efectos en múltiples fotogramas, ou mesmo crear animacións. Se necesita editar unha secuencia de imaxes, definitivamente debería consultar GAP. Pantallazo do Paquete de Animación de Gimp (Gimp Animation Package)

33 Xestionar ficheiros e carpetas
Cando faga un vídeo, necesitará importar moitos ficheiros diferentes no seu proxecto, incluíndo audio, vídeos, imaxes, títulos, capas superpostas, efectos de son, e máis. Isto pode írselle rapidamente das mans, e facer a súa lista de ficheiros de proxecto demasiado longa, o cal retardará a súa busca dun ficheiro determinado. Se o teu proxecto ten demasiados ficheiros (o que é decisión túa), podes usar etiquetas, filtros e carpetas para organizar os teus ficheiros. Etiquetas Cada ficheiro ten unha columna para unha etiqueta. Unha etiqueta é calquera frase ou frases que che axudan a identificar para que se vai utilizar este ficheiro. Por exemplo, "Escena 1", "Intro", "Título", "Créditos". Non hai unha forma correcta ou incorrecta para utilizar unha etiqueta, só introduce calquera texto que che axude a identificar un ficheiro.

34 Xestionar ficheiros e carpetas
Filtros A sección Ficheiros de Proxecto ten botóns de filtro e unha caixa de texto para axudarche a encontrar ficheiros rapidamente. Os botóns de filtro, Vídeo, Audio, e Imaxe, filtrarán rapidamente a lista de ficheiros a eses tipos de ficheiro. Introduce calquera texto na caixa de texto para mostrar só os ficheiros que conteñen o devandito texto no nome ou a etiqueta. Así que, esta característica pódese combinar coas etiquetas para crear un potente sistema de busca e organización de medios. Carpetas Se as etiquetas e os filtros non son suficientes para organizar os ficheiros do teu proxecto, podes ademais, crear carpetas dentro do teu proxecto que che axudarán a agrupar os ficheiros.

35 Xestionar ficheiros e carpetas
Crear unha carpeta Faga clic co botón dereito na sección Ficheiros do proxecto. Elixa Crear unha carpeta... Introduza un nome para a súa carpeta.

36 Xestionar ficheiros e carpetas
Garde os ficheiros na carpeta Asegúrese de ter creado antes unha carpeta. Faga clic dereito en 1 ou máis ficheiros na sección dos Ficheiros do proxecto Elixa Mover ficheiro(s) a carpetaguimenuitem>. Elixa a carpeta Borrar unha carpeta Clic dereito nunha carpeta Seleccione Eliminar Asegúrese de mover todos os ficheiros dunha carpeta antes de eliminala.

37 Agregar ficheiros á liña de tempo
Unha vez importes ficheiros ao teu proxecto, o seguinte paso é engadilos na liña de tempo. Arrastrar e Soltar Para engadir un ficheiro dos teus Ficheiros de Proxecto á liña de tempo, segue estes pasos: Faga clic nun ficheiro. Arrástreo sobre a liña de tempo e sólteo O clip engadirase á liña de tempo. Só podes engadir 1 ficheiro cada vez con este método.

38 Agregar ficheiros á liña de tempo
Engadir múltiples ficheiros á liña de tempo Se quixeses engadir múltiples ficheiros á liña de tempo simultaneamente, hai unha característica chamada Engadir á Liña de Tempo. Para usar esta característica, seleccionan todos os ficheiros que che gustaría engadir á liña de tempo, fai clic co botón dereito e selecciona Engadir á Liña de Tempo. A pantalla Engadir á Liña de Tempo tamén pode aplicar esvaecemento e transición entre os clips, ou simplemente amorealos un tras do outro na liña de tempo. Os ficheiros serán inseridos na posición da reprodución.

39 Agregar ficheiros á liña de tempo
1. -Momento de inicio: Este é o lugar na liña de tempo (en segundos) onde os ficheiros se engadirán. A situación predeterminada é a posición de reprodución na liña de tempo. 2. -Pista superior: A pista superior é a pista onde se engadirán os clips en principio. Se non se están a usar transicións, só se necesita a pista superior. 3. -Pista inferior: A pista inferior úsase cando se necesitan transicións, e os clips alternan entre a pista superior e inferior, con transicións entre eles. 4. -Esvaecer: Tipo de fundido a aplicar sobre un clip 5. -Duración do fundido: Duración (en segundos) do fundido. 6. -Transición: O tipo de transición a engadir entre clips. Podes, ademais, elixir Transición Aleatoria, se non queres que a mesma transición se use unha e outra vez. 7. -Duración da transición: Duración (en segundos) da transición. 8. -Subir: Mover os ficheiros seleccionados cara a arriba na lista 9. -Baixar: Mover os ficheiros seleccionados cara a abaixo na lista. 10. -Barallar ficheiros: Baralla os ficheiros e colócaos en orde aleatoria. 11. -Eliminar arquivo: Elimina os ficheiros seleccionados desta pantalla

40 Movemento e axuste de clips na liña de tempo
Unha vez que haxa ficheiros (tamén chamados clips) na liña de tempo, temos que colocalos en pistas, e poñelos na orde correcta. Tamén, teremos que seleccionar o comezo e o final do clip de vídeo (se é necesario). Mover un clip (modo de selección) Cambie ao modo de selección (este é o modo por defecto) Faga clic nun clip. Arrastre o clip a unha nova posición na liña de tempo, e sólteo. Se a opción de axuste está habilitada, o clip aliñarase a continuación de calquera clip próximo (ou ao cabezal de reprodución, se se encontra próximo). Recortar un clip (Modo de redimensión) Cambie ao modo de Redimensionar, facendo clic na icona Redimensionar. Mova o cursor do rato sobre o bordo dereito ou esquerdo dun clip. Arrastre o bordo do clip para recortar o vídeo. Conforme arrastre o bordo do clip, a ventá de previsualización mostrará onde comezará ou rematará o clip (segundo que lado do clip estea a arrastrar). Cortar un clip (Modo Coitela) Para cortar un clip en 2 pezas, cambie a Modo coitela. O cursor do rato cambiará a unha liña de puntos e unha icona de coitela. Faga clic sobre un clip no punto que desexa cortar ou dividilo. * Se a opción de axuste está activada, a coitela saltará á posición do cabezal, se esta se encontra próxima.

41 Movemento e axuste de clips na liña de tempo
Barra de ferramentas de edición A Barra de edición permite alternar entre os distintos modos de edición para a liña de tempo. Para mover, recortar ou partir clips é necesario cambiar o modo de edición usando esta barra. 1.-Engadir pista: Engade unha nova pista ao comezo da lista. 2.-Modo de selección: O Modo de selección permite seleccionar e mover clips. 3.-Modo coitela: O Modo coitela permite separar un clip cortando onde se preme. 4.-Modo de redimensión: O Modo de redimensión permite suxeitar os extremos dun clip e arrastralos para redimensionalo (ou recortalo). 5.-Modo de encaixe: O Modo de encaixe permite encaixar (ou saltar) o clip arrastrado xunto ao clip ou marca de reprodución máis próximo (de haber un preto) ao momento de soltalo. 6.-Engadir Marcador: Engade un novo marcador (ou punto de partida), que permite rapidamente saltar de volta a este punto exacto mentres reproduces. 7. -Marcador anterior: Salta ao marcador anterior (se o houber). 8. -Marcador Seguinte: Salta ao seguinte marcador (se o houber).

42 Separar o audio do vídeo
OpenShot pode separar o audio e o vídeo dun clip, se é necesario. Se só desexa reproducir o audio dun clip, ou só reproducir o vídeo sen audio, siga estes pasos: Só o vídeo. Para reproducir só o vídeo dun clip, faga clic na icona do altofalante, situado no clip. Silenciarase o audio deste clip de vídeo. Ou se desexa silenciar o audio de toda a pista, faga clic na icona do altofalante na pista. Só o audio. Para só escoitar o audio dun clip, faga clic na icona do ollo, situado no clip. Isto ocultará a saída de vídeo. Ou se desexa ocultar a saída de vídeo de toda a pista, faga clic na icona do ollo na pista.

43 Duplicar clips Unha característica moi útil en OpenShot é a capacidade para duplicar clips, transicións, e as máscaras. Para duplicar un elemento, faga clic dereito sobre o elemento (como un clip ou transición) e elixa Duplicar. Isto agregará unha copia exacta do elemento duplicado á liña de tempo. Incluídos os puntos de entrada e saída, os efectos aplicados ao clip, e os principais axustes de animación de fotograma clave. Un uso común da función Duplicar, é recortar un clip de vídeo ata unha escena específica, a continuación, duplicar o clip. Unha vez que haxa dous clips idénticos, pode silenciar o audio nun, e ocultar o vídeo do outro. É un método rápido para separar o audio e o vídeo dun clip. Agora pode desprazar o audio do clip, ou continuar co audio do clip, mentres que o recorte do vídeo esta abaixo. Isto utilízase a miúdo nas películas, cando dúas persoas están a falar. Escóitase o audio da primeira persoa que fala, mentres se mostra a reacción da segunda persoa.

44 Propiedades do clip Cada clip en OpenShot ten moitas propiedades que poden ser manipuladas. Non obstante, debido a que non é posible visualizar e axustar todos os parámetros da liña de tempo, creouse esta pantalla. Permite ao usuario axustar cada posible opción e propiedade que teña un clip, incluíndo lonxitude, velocidade, volume, tamaño, posición, relación de aspecto e moitos outras. Lanzamento da ventá de Propiedades de clip Para lanzar a ventá de Propiedades do clip, faga clic nun clip e seleccione Propiedades. Vista previa de cambios. Para previsualizar rapidamente o que a nova configuración produce, faga clic no botón Reproducir guibutton> ou arrastre a vista previa Diapositiva guibutton>. Aplicar guibutton>. Etiqueta Xeral A etiqueta Xeral ten as seguintes propiedades: Habilitar Vídeo: Saída de vídeo deste clip Habilitar audio: Saída de audio para este clip

45 Propiedades do clip Pestana Duración
A pestana Duración proporciona información sobre o inicio, final, e a lonxitude total dun clip. Ao axustar estes valores, podes atrasar o comezo dun clip, finalizar o clip anticipadamente ou ambas as dúas cousas. Utiliza o botón Reproducir para previsualizar os cambios. Practica axustando estes valores sen utilizar a ferramenta de Cambiar tamaño. A pestana Duración ten as seguintes propiedades: Entrada (segundos): O segundo en que comezará a reproducirse o vídeo (decimal) Saída (segundos): O último segundo do clip de vídeo (decimal) Duración (segundos): A duración do clip calcúlase sobre a base dos puntos de entrada e saída.

46 Propiedades do clip Pestana Velocidade
A pestana de velocidade mostra un modo simple e un modo avanzado. No modo simple, utilizando os valores predefinidos, pódese acelerar o clip a 16x a velocidade normal ou retardar o clip a 1/16 da velocidade normal. Tamén, pode cambiar a dirección. O modo avanzado permítelle establecer unha velocidade de alta precisión con decimais, en lugar das fraccións simples predefinidas. Nota: A solapa de velocidade só se mostra para arquivos de vídeo. O audio non se reproduce cando se modifica a velocidade. A pestana velocidade ten as seguintes propiedades: Velocidade: O segundo en que comezará a reproducirse o vídeo (decimal) Dirección: O último segundo do clip de vídeo (decimal) Velocidade avanzada: Un valor decimal de alta precisión para a velocidade dun clip. Este valor varía en función dos cambios realizados no despregable de velocidade.

47 Propiedades do clip Pestana Distribución
A pestana Distribución ten as seguintes propiedades: Fotograma clave: Este despregable determina en que fotograma clave está a traballar. Cada clip ten dous fotogramas clave, o inicio e o final do clip. Altura: A altura dun clip (sobre a base de porcentaxe). Canto maior sexa o número, máis alto será o clip. Canto menor sexa o número, menor será o clip. Isto só afecta ao fotograma clave actual, non a todo o clip. Anchura: A anchura dun clip (sobre a base de porcentaxe). Canto maior sexa o número, maior será o ancho do clip. Canto menor sexa o número, máis estreito será o clip. Isto só afecta ao fotograma clave actual, non a todo o clip. X: Posición X do centro do clip. Canto maior sexa o número, máis á dereita estará o clip. Canto menor sexa o número, máis preto da esquerda estará o clip. Isto só afecta ao fotograma clave actual, non a todo o clip. Y: Posición Y do centro do clip. Canto maior sexa o número, máis preto da parte inferior estará o clip. Canto menor sexa o número, máis preto da parte superior estará. Isto só afecta ao fotograma clave actual, non a todo o clip. Alpha: O nivel alfa do clip (transparencia). 100 = opaco. 0 = invisible. Isto só afecta ao fotograma clave actual, non a todo o clip.

48 Propiedades do clip Pestana Audio
A pestana de audio ten as seguintes propiedades: Volume: O nivel de volume deste clip. 0 = mudo, 100 = max. Fundido de entrada: Fundir o audio dende mudo ata o nivel de volume. Fundido de saída: Atenuar o clip dende o seu nivel de volume a mudo. Esvaecemento (segundos): O número de segundos que durará o esvaecemento. Canto maior sexa este número, máis gradual será a atenuación.

49 Propiedades do clip Etiqueta de vídeo
A pestana de vídeo pode axustar o tamaño, a posición e a aliñación dun clip. Ademais, pode aplicar efecto de fundido ao principio e final dun clip, que ás veces é máis doado que usar unha transición. Debido a que a atenuación é unha propiedade do clip, esta móvese cando se move o clip. Así, a diferenza das transicións, o esvaecemento permanece co clip cando este é movido. A pestana de vídeo ten as seguintes propiedades: Axustar a pantalla completa: Axusta os clips ao tamaño da pantalla (definida no tipo de proxecto) Manter a relación de aspecto: Non distorsiona o clip. Aliñación horizontal: Aliñación do clip de esquerda a dereita. Aliñación vertical: Aliñación do clip de arriba cara a abaixo. Xirar: O número de graos a rotar a imaxe. Este pode ser un número positivo ou negativo, dependendo da dirección en que queiras rotar. Fundido de entrada: Fundir o clip de transparente a opaco. Fundido de saída: Esvaece o clip de opaco a transparente. Esvaecemento (segundos): O número de segundos que durará o esvaecemento. Canto maior sexa este número, máis gradual será a atenuación.

50 Propiedades do clip Pestana de efectos
A pestana de efectos pode aplicar e controlar os múltiples efectos que se poden aplicar a un clip. Para previsualizar o clip cos efectos, utilice o botón de Reproducir. Cada efecto pode ter moitas configuracións, así que use o botón Re producir segundo varía os axustes para comprobar o resultado. A pestana efectos ten as seguintes propiedades: Lista de efectos: Esta caixa ten unha lista de todos os efectos aplicados a este clip. Os clips procésanse en orde de superior a inferior. Engadir: Engadir un novo efecto a este clip. Quitar: Eliminar o efecto seleccionado do clip. Arriba: Mover o efecto seleccionado cara a arriba na lista. Abaixo: Mover o efecto seleccionado cara a abaixo na lista. Configuración de Efectos: Esta área contén os axustes para o clip seleccionado (se procede).

51 Fotogramas clave OpenShot pode utilizar Fotogramas Clave para animar un clip. Un fotograma clave é un punto no tempo que contén moitos axustes, tales como tamaño, posición e transparencia. Hai dúas maneiras de establecer fotogramas clave en OpenShot, manualmente ou cun valor preestablecido. Animacion preestablecida Moitas animacións preestablecidas atópanse dispoñibles, tales como desprazar un clip de abaixo a arriba na pantalla ou aplicar un zoom retardado a un clip. Para agregar unha animación preestablecida, faga clic co botón dereito nun clip, e elixa Animación.

52 Fotogramas clave Distribucións predefinidas
Tes á túa disposición moitas distribucións predefinidas tales como cambiar o tamaño dun clip e posicionalo nunha esquina da pantalla ou centralo. Para agregar unha distribución preestablecida a un clip, faga clic co botón dereito nun clip, e elixa Distribución.

53 Fotogramas clave Manualmente
Para crear manualmente fotogramas clave, faga clic dereito nun clip, e elixa Propiedades. Cambie á pestana Distribuciónguibutton> Cada clip ten 2 fotogramas clave, o inicio dun clip, e o final dun clip. Se hai algunha diferenza entre o inicio e o final, OpenShot interpolará a diferenza en cada fotograma, animando así o clip. As seguintes propiedades vense afectadas polos fotogramas clave: altura, anchura, X, E, e alpha.

54 Fotogramas clave Por exemplo, considere estes fotogramas clave:
Fotograma clave de inicio: X=-50, Y=0 Fotograma clave final: X =150, Y=0 Isto resultaría na animación do clip de esquerda a dereita na pantalla. A diferenza da configuración de X é interpolada en todos os marcos neste clip. Canto máis tempo dure o clip, máis lenta é a animación. Canto máis curto o clip, máis rápida a animación. Se desexa cambiar estaticamente o tamaño ou a posición dun clip, Establezca para os fotogramas crave, inicial e final, os mesmos valores: Fotograma clave de inicio: X=-50, Y=-50 Fotograma clave final: X=-50, Y=-50 Isto desprazaría o clip á parte superior dereita da pantalla. Non se produciría animación posto que os fotogramas clave de inicio e final teñen o mesmo valor. Se necesita máis de 2 fotogramas clave, corte o clip en moitos anacos, e ao principio e ao final de cada sección, pode establecer os fotogramas clave, dando así a posibilidade de realizar un número ilimitado de fotogramas clave.

55 Efecto de recorte OpenShot pode recortar clips de vídeo e de imaxe usando a nosa configuración de Distribución, que se encontra na pantalla de Propiedades do clip. Faga clic dereito sobre un clip, e elixa Propiedades. A continuación, cambie á pestana Distribución. Para recortar un clip, ten que facer zoom na parte do clip que desexa mostrar. Axuste os valores de altura, anchura, X, e Y para achegar a área do clip que desexe recortar. Asegúrese de configurar ambos os dous fotogramas clave cos mesmos valores. Utilice o botón Re producir para lograr unha vista previa. Unha vez que estea satisfeito co obtido, faga clic en Aplicar.

56 Efecto de rotación Se necesita xirar un clip de vídeo 90 graos, 180 graos, ou mesmo realizar unha rotación animada en círculos, OpenShot dispón do efecto Xirar para axudarlle nesta tarefa. OpenShot dispón de dous tipos de efectos de rotación dispoñibles, fixa e animada. Para aplicar un efecto de rotación, cambia á Pestana de Efectos na ventá principal, e arrastra o efecto Xirar ao seu clip de vídeo. Para axustar a configuración de rotación, faga clic dereito no clip e seleccione Propiedadesguimenuitem>. Reproducir para previsualizar o efecto.

57 Efecto de rotación Rotación fixa
Cunha rotación fixa pode rotar un vídeo 90 graos, 180 graos, ou calquera outro número de graos que precise. Esta rotación non é animada. Isto é útil cando grava un vídeo xirado e necesita volver xiralo. Para usar unha rotación fixa, simplemente axuste a configuración co inicio en "Fixa". Asegúrese de volver axustar a configuración a cero. Rotación animada A rotación animada pode usarse para facer xirar un clip en círculos ou en moitos outros patróns. Este pode ser un bonito efecto para títulos, xornais xiratorios ou outros usos creativos. Para utilizar unha rotación animada, axuste a configuración "Fixa" a cero e use unicamente a configuración que comeza por "Rotar“. Rotación simple Cada clip ten unha opción de Rotar, que rotará o clip sen que faga falta engadir un efecto ao clip. Isto pódese modificar na pantalla de Propiedades do Clip, ou facendo click co botón dereito nun clip e elixindo o menú Rotar.

58 Editor de Título Como moitos editores de vídeo, OpenShot ten incluído un editor de títulos. Ten algunhas funcións básicas para axudarche a crear títulos para o teu proxecto de vídeo. Estas son as características do sistema de títulos: Moitas plantillas (incluíndo unha plantilla de cor sólida) Edición sinxela de texto (título, subtítulo) Cambio de fonte e cor (incluíndo a canle alfa) Cambio da cor de fondo (incluíndo a canle alfa) Utiliza o formato de imaxe SVG (baseado en gráficos vectoriais) Engade os títulos á sección Ficheiros do proxecto Integración con Inkscape (como editor avanzado) Non obstante, se o editor básico non lle resulta bastante potente, pode importar e usar como título calquera arquivo de imaxe SVG. A canle alfa (transparencia) será respectada, o que significa que os títulos poden ser superpostos sobre outras pistas e o vídeo se mostrará a través das partes transparentes. Lanzar o editor de títulos Para engadir un novo título, faga clic na opción de menú Título > Novo título.... Isto iniciará o Editor de títulos.

59 Editor de Título Crear un novo arquivo de título
Unha vez lanzado o editor de títulos, debe seleccionar unha plantilla e facer clic no botón Crear novo título. Isto fará unha copia do equipo de título SVG e engadiraa aos seus Ficheiros do proxecto. Introduza o nome do ficheiro, pois será gravado no seu disco duro.

60 Editor de Título Ventá do editor de títulos
O diálogo de título permítelle elixir unha plantilla, editar o texto, cambiar as cores e crear os seus propios títulos para o seu proxecto de vídeo. Cando remate de editar o seu título, faga clic no botón Apply. -Elixir equipo: Elixir un equipo de arquivo SVG para usala como título. -Botón crear título: Faga clic neste butón para crear unha copia do equipo SVG. -Editar o texto: Lanzar a ventá de edición de texto -Cambiar a fonte: Cambiar o tamaño e familia da fonte. -Cor de fonte: Cambiar a cor da fonte e o nivel alfa (transparencia). -Cor do fondo: Cambiar a cor do fondo e o nivel alfa (transparencia). -Editor avanzado: Editar este título SVG en Inkscape. -Previsualización do título: Previsualiza o seu título tras cada edición, cambio de cor ou de fonte.

61 Editor de Título Títulos emerxentes / créditos
Para crear o efecto de títulos en marquesiña, necesitas recortar a súa secuencia de título en varios títulos con diferentes tamaños de pantalla. Crea a imaxe para cada título

62 Editor de Título Coloca cada título na liña de tempo
Engade cada imaxe de título dos teus créditos deslizantes á túa liña de tempo, define a lonxitude de cada imaxe 7 segundos, e logo aplica un desfase (offset) entre as dúas pistas. Isto pode ser feito rapidamente coa característica Engadir á Liña de Tempo. Anime cada título Faga clic co botón dereito en cada clip de título e elixa Animar > De abaixo a arriba. Desta forma crearase a ilusión de que todos os seus títulos de crédito se desprazan de abaixo a arriba nunha secuencia continua, sen saltos. Asegúrese de solapar os títulos (como se mostra na ilustración) de maneira que non haxa ocos entre os títulos.

63 Editor de Títulos Animados
Os títulos animados 3D son tan doados de crear como os títulos baseados en imaxes sinxelas. O sistema de título animado ten as seguintes características: Moitas plantillas Edición sinxela de texto (título, subtítulo) Cambiar fonte e cor Fondos Transparentes Produce unha secuencia de imaxes PNG (con canle alfa) Engade os títulos á sección Ficheiros do proxecto Integración con Blender (un programa de animación 3D) Iniciar o Editor de Títulos Animados Para engadir un novo título, faga clic na opción de menú Título > Novo título animado.... Abrirase o Editor de títulos animados. Asegúrese de configurar o axuste «Executable de Blender» no diálogo de preferencias á ruta de Blender (requírese a versión 2.5 ou superior).

64 Editor de Títulos Animados
Crear un Título Animado Novo 1.- Elixir plantilla: Seleccionar unha plantilla para usar como título 2.- Ventá de previsualización: Previsualizar calquera fotograma na animación 3.- Selector de fotogramas: Elixir calquera fotograma para previsualizar na animación. 4.- Actualizar: Refrescar a ventá de previsualización, para aplicar os cambios novos. 5.-Editar configuracións: Editar os diversos axustes da animación, incluíndo o título, fonte, cor, etc… 6.-Renderizar: Xerar unha secuencia de imaxes co título animado, e engadilo á sección Ficheros do Proxecto.

65 Transicións As transicións utilízanse para pasar gradualmente dun clip a outro. Hai moitas transicións dispoñibles en OpenShot. É doado arrastralas e soltalas na liña de tempo e poden engadir un montón de diversión a un proxecto de vídeo. Pantalla de transicións Pestana de transicións: Esta é a pestana de transicións. Contén unha lista de todas as transicións dispoñibles en OpenShot. 2.- Lista de transicións: Esta é a lista de transicións. Seleccione unha transición e arrástrea e sóltea na liña de tempo. 3.- Ferramenta Redimensionar: Pode usar a ferramenta de redimensionar para redimensionar unha transición. 4.- Unha transición na liña de tempo: Unha vez que soltou unha transición na liña de tempo, pode movela e redimensionala como con calquera outro clip. A transición encabalgase entre as pistas e mestúrase entre as dúas pistas.

66 Transicións Engadir unha transición
Para engadir unha transición, active a pestana de Transicións, e seleccione unha transición facendo clic nela. Arrastre e solte a transición sobre a liña de tempo. Acomodarase entre as dúas pistas. Mover unha transición Para mover unha transición, active o modo Seleccionar na barra de ferramentas da liña de tempo, e arrástrea a unha nova posición. Redimensionar unha transición Para redimensionar unha transición, active o modo Redimensionar na barra de ferramentas da liña de tempo, e arrastre o extremo esquerdo ou dereito a un novo tamaño. Cambio de dirección. Debido a que as transicións se mesturan entre 2 pistas, é importante saber en que dirección se produce a mestura. Na transición, hai unha frecha indica a dirección, de arriba abaixo ou de abaixo cara a arriba. En xeral, a transición debería ir do primeiro clip ao seguinte segundo a súa posición na liña de tempo. Para cambiar a dirección dunha transición, faga clic dereito nunha transición, e elixa Cambiar dirección.

67 Transicións Propiedades da transición
Ao igual que un clip, unha transición ten unha ventá de propiedades. Para iniciar a ventá de propiedades dunha transición ou dunha máscara, faga clic dereito sobre o elemento e elixa Propiedades. Para gardar os cambios, faga clic en Aplicar Tipo: Máscara ou transición 2.- Dirección: A dirección da transición ou a máscara. Arriba produce unha mestura dende o clip inferior ao clip superior. E Abaixo mestura dende o clip superior cara ao clip subxacente. 3.- Suavidade: A suavidade da transición. Canto maior sexa o número, maior será a duración, canto menor sexa o número máis breve será a duración da transición. 4.- Máscara de Albor: O albor da máscara é a cantidade de grises a utilizar para a máscara. Canto maior sexa o número, maior cantidade de máscara aplícase; canto menor sexa o número, menos utilízase. Experimente para encontrar o albor axeitado para unha máscara.

68 Transicións Converter en máscara
Unha máscara é moi similar a unha transición, salvo que unha máscara é estática. Non cambia gradualmente dun clip ao seguinte. No seu lugar, mestúranse as 2 pistas nun momento predeterminado. Unha máscara pode ser utilizada para mostrar só unha pequena sección dun clip, para mostrar un bordo ao redor dun clip, para bloquear algo dun clip. Para experimentar cunha máscara, simplemente converta unha transición a máscara e vexa que acontece. Para converter unha transición a unha máscara, faga clic dereito na transición, e elixa Converter en máscara. Crear unha nova Transición / Máscara. As transicións non son máis que imaxes en escala de gris. Pódense crear en calquera programa gráfico. Para engadir unha transición ou máscara personalizada, seleccione Ficheiro > Importar nova transición, e selecciona un arquivo de imaxe PNG en escala de grises dende o seu disco duro. Esta imaxe mostrarase na pestana Transicións. Esta transición situarase na carpeta /home/USER/.openshot/. Eliminar unha transición Para eliminar unha transición, faga clic dereito nunha transición na liña de tempo e elixa Eliminar.

69 Lista de transiciones Persianas de dentro a fuera Fractal 2
Persianas grandes de dentro a fuera Fractal 3 Cierre de persianas Fractal 4 Círculo desde dentro hacia afuera Fractal 5 Círculo de fuera a dentro Fractal 6 Reloj de izquierda a derecha Fractal 7 Reloj de derecha a izquierda Fractal 8 Fractal 1 Emerger 1

70 Lista de transiciones Emerger 2 Puzzle 7 por 7 Emerger 3
Rectángulo de adentro hacia fuera Reloj de arena 1 Rectángulo de afuera hacia adentro Reloj de arena 2 Arena Reloj de arena 3 Esfera Reloj de arena 4 Espiral abstracta 1 Montañas Espiral abstracta 2 Openshot logo Espiral grande

71 Lista de transiciones Espiral media Transición en diagonal 1
Espiral pequeña Transición en diagonal 2 Lunares Transición en diagonal 3 Estrella 1 Transición en diagonal 4 Estrella 2 Limpiar de izquierda a derecha Persianas verticales de dentro a fuera Limpiar de derecha a izquierda Persianas verticales grandes de dentro a fuera Limpiar de arriba abajo Limpiar de abajo arriba

72 Efectos OpenShot dispón de máis de 40 efectos deseñados para manipular o vídeo ou o audio dun clip. Axustar o ton dunha cor, brillo e gamma, todo iso pode facerse cos efectos. Así como efectos máis exóticos como distorsión, onda, película antiga, pantalla verde (tamén coñecida como Chroma Key) e efectos de audio. Agregar un efecto Para agregar un efecto, cambie á pestana Efectos, seleccione un efecto da lista, e arrastre o efecto a un clip na liña de tempo. 1.- Pestana de efectos: Esta pestana contén a lista de efectos. A lista de efectos pode ser filtrada cos botóns "todos os Efectos", "Vídeo", ou "Audio". Podes, tamén escribir as primeiras letras do nome do efecto, e mostrarase unha lista filtrada de efectos. 2.- Lista de efectos: A lista de efectos contén todos os efectos dispoñibles en OpenShot. Pódese filtrar a lista cos botóns sobre esta lista. 3.- Clip: Arrastra o efecto seleccionado a un clip. Usa as Propiedades do Clip para axustar a configuración do efecto. Tamén podes facer dobre click na icona do efecto, que se mostrará en todos os clips que teñen efectos e lanzará a pantalla de propiedades do clip.

73 Efectos Axustar a configuración do efecto
Para axustar a configuración dun efecto, faga clic dereito nun clip e elixa Propiedades. Vaia á pestana Efectos e poderá ver unha lista de todos os efectos que se aplicaron ao clip actual. 1.- Lista de efectos: Lista dos efectos que pertencen ao clip seleccionado. 2.- Configuración de Efectos: Unha lista de axustes para o efecto seleccionado. Faga clic nun efecto para cargar a lista de axustes. Pode cambiar os valores destes parámetros, utilice o botón de Reproducir guibutton> para previsualizar o efecto. 3.- Botóns de vista previa: Utilice o botón Re producir e o control deslizante para previsualizar os efectos antes de facer clic en Aplicar. 4.- Engadir Efecto: Este botón inicia a ventá Engadir Efecto. Seleccione un efecto para agregar e faga clic en Engadir efecto. 5.- Quitar efecto: Este botón borra o o efecto seleccionado (se o houber) 6.- Mover efecto: Os efectos aplícanse de arriba a abaixo. Utilice estes botóns para organizar a orde dos efectos. Utilice o botón Re producir para previsualizar os cambios.

74 Lista de efectos Baixos - Axusta o son ou ton baixo.
Distancia de cor - Calcula a distancia entre a cor seleccionada e o pixel actual e utiliza este valor como novo valor de pixel. Branco e negro - Axusta a cor da imaxe a branco e negro segundo un albor. Contraste - Axusta o contraste da imaxe orixinal. Desenfoque - Desenfoca a imaxe de xeito similar a unha cámara desenfocada. Desentrelazar - Converte vídeo entrelazado en non entrelazado. Brillo - Axusta o brillo da imaxe. Distorsionar - Distorsiona a imaxe orixinal de forma similar ao plasma Cartoon - Transforma a imaxe en debuxos animados, utilizando unha clase de detección de bordos. Eco - Engadir un eco. Carbón - Filtra a imaxe para darlle aspecto de ter sido debuxada con carbón. Edgeglow - Encontra e fai resplandecer os bordos dos obxectos. Chroma Hold - Mostra unha única cor, convertendo a escala de grises o resto da imaxe. Conxelar - Conxelar o fotograma dun video. Chroma Key - Facer transparente unha única cor. Tamén coñecido como pantalla verde ou pantalla azul. Gamma - Axusta os valores de gamma ou luminancia da imaxe.

75 Lista de efectos Resplandor - Engade un efecto de resplandor á imaxe.
Granulado Antigo - Engade interferencias e granulado á imaxe. Escala de grises - Converte unha imaxe a escala de grises. Liñas Antigas - Engade liñas verticais ao azar á imaxe. Ton - Modifica o ton de todas as cores da imaxe. Sobresaturar - Sobresatura a cor da imaxe, como nas películas antigas en Tecnicolor. Investir - Converte as cores da imaxe aos seus opostos ou complementarios. Phaser - Engade unha serie de picos e vales ao audio, creando un efecto de varrido. Espello - Divide a imaxe e a replica como nun espello. Poden usarse espellos verticais, horizontais e diagonais. Pixelar - Aumenta o tamaño dos pixeis para esvaecer a imaxe. Nosync - Axusta a imaxe arriba e abaixo, coa porción que excede a pantalla aparecendo no lado contrario. Eliminar Azul - Suprime a cor azul da imaxe. Po antigo - Engade aleatoriamente pequenas moutas de po á imaxe. Eliminar Verde - Suprime a cor verde da imaxe. Película antiga - Axusta o brillo e gamma de forma aleatoria para crear a ilusión dunha película antiga. Eliminar Vermello - Suprime a cor vermella da imaxe.

76 Lista de efectos Rotar - Rota unha imaxe de xeito estática ou animada.
Saturación - Axusta a saturación ou intensidade da imaxe. Sepia - Axusta a cor da imaxe para emular unha película en branco e negra á que se engadiu un pigmento sepia. Sobel - Detecta e resalta os bordos dos obxectos. Umbral - Reduce e mestura as cores da imaxe segundo un umbral. Treble - Axusta o son ou ton agudo. Balance de brancos - Axusta o balance de brancos e a temperatura da cor.

77 Exportar Vídeo Unha vez que remate un proxecto, quererá exportalo ao formato axeitado, segundo ás súas necesidades. OpenShot ten moitos formatos predefinidos para simplificar este proceso. Hai dous modos de exportar un vídeo en OpenShot, modo simple e modo avanzado. Os dous modos comparten un espazo común na parte superior dá pantalla, Opcións xerais. Introduza un nome para ou seu ficheiro de vídeo (sen extensión) e elixa unha carpeta para a exportación. Lanzar a ventÁ de exportación Para iniciar a ventá de exportación, faga clic na icona Exportar vídeo na barra de ferramentas na parte superior dá ventá principal, ou elixa Ficheiro > Exportar vídeo.

78 Exportar Vídeo Modo Sinxelo
OpenShot ten moitos formatos predefinidos de exportación, que cobren os supostos de exportación máis comúns. Seleccione un Tipo de proxecto, como DVD ou Web, e logo elixa Obxectivo, Perfil de vídeo, e Calidade. Selecciónase Todos vos formatos, daralle unha lista de todos vos formatos comúns, e permitiralle elixir ou que desexe. Subir á Web Elixe a opción de Subir a Web na parte superior desta pantalla para escoller entre Youtube e Vimeo. Estes son dous sitios moi comúns para compartir vídeos. Isto definirá automaticamente a configuración de exportación para que sexa compatible coa web seleccionada e lanzará a pantalla de Subir Vídeo unha vez o vídeo sexa creado.

79 Exportar Vídeo Modo avanzado
As opcións avanzadas só deberían ser utilizados por alguén familiarizado con FFmpeg, xa que é moi doado crear combinacións non válidas de codeces, formatos e taxas de bits. Non obstante, se vostede está familiarizado con estes axustes, pode utilizar calquera formato/codec/taxa de bits soportado por FFmpeg, o cal abre ducias e ducias de formatos adicionais que poden ser utilizados durante o proceso de exportación. Tamén pode exportar o vídeo como unha secuencia de imaxes, que pode ser útil se ten previsto importar este vídeo nun programa que require secuencias de imaxes, como Blender. Ademais, se primeiro selecciona valores no Modo simple e logo cambia ao Modo avanzado os axustes do modo simple serán recordados e aparecerán preseleccionados.

80 Subir vídeo Se queres subir un vídeo directamente a Youtube ou Vimeo, elixe Ficheiro > Subir Vídeo. Ademais, na pantalla Exportar Vídeo, podes escoller Subir a Web, que primeiro exportará o teu proxecto no formato correcto e logo mostrará a pantalla para subir o ficheiro. 1.- Ficheiro de vídeo: Escolle un ficheiro de vídeo para subir a Youtube. Asegúrate primeiro, de que ten un formato compatible con Youtube, ou pode que non funcione correctamente. Se usas primeiro a pantalla de Exportar Vídeo, podes utilizar Subir a Web directamente. 2.- Subir A: Elixe os sitios web de vídeo aos que queres subir o vídeo 3.- Título: Introduce un título para o vídeo 4.- Descrición: Introduce unha descrición para o vídeo 5.- Credenciais: Introduce o nome de usuario e contrasinal para a web de vídeo

81 Exportar a XML Exportar o teu proxecto nun formato XML potente e flexible, chamado XML MLT. Este arquivo XML pode ser usado en Kdenlive e a liña de comando melt

82 Tipos de proxecto / Perfís
Todo proxecto en OpenShot debe ter un tipo de proxecto (tamén coñecido como perfil). Un perfil determina as seguintes opcións de reprodución e exportación para o proxecto de vídeo: fotogramas por segundo, altura e anchura, relación de aspecto e de pixel. OpenShot dispón de máis de 40 perfís predefinir / tipos de proxecto dispoñibles. Non obstante, se non atopa un perfil que funcione para o seu proxecto, tamén pode crear un propio. Pode xestionar a lista de perfís coa pestana Editar >Preferencias > Perfís.

83 Preferencias Para configurar OpenShot, elixa Editar >Preferencias. O diálogo Preferencias pode axustar a duración predeterminada das imaxes, o tema por defecto así como o tipo de proxecto / perfil predeterminados. Configurar estes valores pode aforralo un tempo valioso cada vez que inicie un novo proxecto.


Descargar ppt "OPENSHOT-Editor de video"

Presentaciones similares


Anuncios Google