Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
O reinado de Isabel II (1833-1868)
Durante o reinado de Isabel II instálase definitivamente o liberalismo. Porén, o seu reinado será moi inestable pola falta de entendemento entre os liberais moderados e os progresistas, e serán frecuentes os pronunciamentos e a intervención do exército para poder cambiar o gobierno. Con todo, o predominio, agás breves períodos, será para o liberalismo moderado, defensores do chamado “liberalismo doutrinario”.
2
Trazos principais do período
A monarquía constitucional A raíña terá que aceptar as reglas de xogo establecidas na Constitución. Predominio da soberanía compartida entre raíña e Cortes, en troques da soberanía nacional. A raíña mantén amplos poderes pois concentra o executivo (nomea ó goberno, e os principais cargos públicos), e conserva certas prerrogativas lexislativas (nomea a unha parte dos senadores).
3
O Centralismo Os liberais defenden a centralización da administración do Estado. Opóñense á idea do tradicionalismo carlista da defensa das particularidades territoriais existentes no Antigo Réxime A nova división provincial realizada por Javier de Burgos en 1833, aínda hoxe vixente, reflicte esta idea. Os moderados eran partidarios dunha maior centralización fronte os progresistas que eran menos centralistas.
4
Os partidos políticos Non teñen unha estrutura ou estatutos, coma os actuais. Son agrupacións de notables en base a ideas, intereses, relacións persoais, etc. que funcionan como correntes de opinión. Os dous grandes partidos son os Moderados e os Progresistas. Destes partidos, irán xurdindo outros como a Unión Liberal que, escindido dos moderados, pretenderá situarse no centrismo; e os demócratas, saídos dos progresistas, defenderán os principios da democracia liberal.
5
Os moderados Os progresistas
Soberanía Compartida ente a raíña e as Cortes. O monarca concentra maior poder. Dereitos. A Constitución só debe recoller certos dereitos individuais. Sufraxio restrinxido (censitario) ós grandes propietarios (aristocracia y alta burguesía). Estado centralista. Nomeamento e control de alcaldes e gobernadores civís polo goberno central. Orde pública encargada a un corpo militar especial (Garda Civil). Modelo económico proteccionista. Impostos preferentemente indirectos sobre o consumo. Exército profesional complementado polo sistema de quintas. Relación Estado-Igrexa. Estado confesional católico. Defenden o papel da Igrexa na ensinanza. Soberanía Nacional. Maior poder ó Parlamento. Dereitos. A Constitución debe recoller e protexer os dereitos individuais e dereitos e liberdades políticas. Sufraxio censitario máis amplo, que inclúa tamén á pequena burguesía. Estado centralista. Elección popular de alcaldes e autonomía destes e dos gobernadores civis fronte o goberno central. Orde pública encargada ós propios cidadáns do concello, organizados en patrullas civís. Modelo económico librecambista. Impostos preferentemente directos sobre a riqueza. Exército composto por cidadáns voluntarios (Milicia nacional). Rexeitan o sistema de quintas. Relación Estado-Igrexa. Estado laico. Rexeitan a influencia da Igrexa, son anticlericais.
6
Bases sociais dos moderados.
Bases sociais dos progresistas. Terratenentes. Alta burguesía. Banqueiros, comerciantes e industriais. Altos mandos do exército. Clero de ideas liberais. Pequena burguesía. Pequenos comerciantes, empregados, profesións liberais. Mandos inferiores do exército., que inclúa tamén á pequena burguesía. Limitacións do sistema. Sufraxio censitario moi pouco representativo. Fraude electoral sistemático. O xefe de goberno nomeado pola raíña organiza as eleccións ás Cortes, empregando o fraude para obter resultados favorables. Predominio moderado. A raíña apoia ós moderados, e marxina ós progresistas que recorrerán ó exército ou ás revoltas populares con base nas xuntas, para acceder ó poder. Os partidos non dinásticos quedarán fóra do sistema. Intervención dos militares na política. Unhas veces á cabeza de pronunciamentos para cambiar o goberno e outras como líderes dos partidos dinásticos.
7
Fases do reinado Este período divídese en dúas grandes etapas:
O período das rexencias ( ) coincidiu coa minoría de idade da raíña. Estableceuse unha rexencia, exercida primeiro pola súa nai, María Cristina ( ), e despois polo xeneral Espartero ( ). O reinado efectivo de Isabel II ( ) correspondeu a la maioridade da raíña e rematou cunha revolución que supuxo a democratización do réxime, e levou ó exilio a Isabel II.
8
A I Guerra Carlista (1833-1839). A guerra derivará dun dobre conflito:
Conflito dinástico, tras a morte de Fernando VII (1833), con motivo da derogación polo rei antes de morrer, da Lei Sálica de 1717, que prohibía a herdanza da coroa ás mulleres. Permitía así, a coroación da súa filla (a falta de herdeiros varóns) frustrando as aspiracións de Carlos María Isidro, o seu irmán. Fórmanse dous bandos enfrontados: os “isabelinos”, partidarios da raíña María Cristina e da súa filla, Isabel. os “carlistas”, partidarios de Don Carlos, ó que lle chaman Carlos V.
9
A I Guerra Carlista ( ). Conflito ideolóxico, entre os absolutistas que se aglutinan en torno ó ultrarrealista Don Carlos e os liberais, que aproveitan a conxuntura para aliarse coa raíña nai M. Cristina, que se ve obrigada a renunciar ó Antigo Réxime, e implantar o liberalismo para posibilitar a coroación da súa filla Isabel.
10
A I Guerra Carlista ( ). A base ideolóxica do Carlismo defínese no seu lema "Deus, Patria e Foros": Tradicionalista, absolutista e antiliberal, defende o mantemento do Antigo Réxime. Ultracatólica, defende a preeminencia social da Igrexa. Defende a conservación do sistema foral particularista, os foros dos antigos reinos. Os apoios do carlismo atópanse entre: Numerosos membros do clero. Unha boa parte da nobreza terratenente. Unha ampla base social campesina, que desconfiaba da reforma agraria defendida polos liberais, e do ataque ós valores tradicionais da sociedade rural. Tivo maior presenza nas zonas rurais do País Vasco, Navarra e Cataluña, e en menor medida en Aragón e Valencia.
11
A I Guerra Carlista ( ) Ó comezar a guerra os carlistas controlan o ámbito rural mentres que as cidades permanecen fieis ao liberalismo. Os carlistas non tiñan un exército regular, pero contaban co apoio popular e así van organizar partidas que levan a cabo unha guerra de guerrillas. Este conflito desenvolveuse en catro etapas.
12
A I Guerra Carlista ( ) 1) A formación do foco de insurrección vasco-navarro ( ). O exército isabelino conseguiu reprimir os núcleos carlistas excepto o País Vasco e Navarra, onde o coronel carlista Zumalacárregui creou un auténtico exército a partir das cuadrillas guerrilleiras xa existentes. A morte de Zumalacárregui durante o fracasado asedio a Bilbao, privou a Carlos María Isidro do seu militar máis capacitado.
13
A I Guerra Carlista ( ) 2) As expedicións nacionais ( ). Durante este periodo os carlistas organizaron incursiones fóra dos dous núcleos que controlaban: a Expedición Gómez (1836) e a Expedición Real (1837). Nesta etapa fracasou de novo o proxecto de tomar Bilbao grazas á vitoria do xeneral isabelino Espartero.
14
A I Guerra Carlista ( ) 3) A iniciativa isabelina e o Convenio de Vergara ( ). O exército gobernamental, liderado por Espartero, pasou á ofensiva. Pola súa banda, o mando supremo das tropas carlistas, o xeneral Maroto, era partidario de negociar o fin da guerra. A firma do Convenio de Vergara (1839) foi selada co abrazo entre Maroto e Espartero. Este acordo puxo fin á guerra en Navarra e o País Vasco, e o Goberno comprometeuse, ademais, a remitir a cuestión foral, ás Cortes para a súa discusión.
15
A I Guerra Carlista ( ) 4) O fin da guerra no Maestrazgo ( ). O xeneral Cabrera e as súas tropas negáronse a acatar o Convenio de Vergara e seguiron loitando ata que o xeneral Espartero tomou Morella, o seu principal reducto no Maestrazgo. En 1840 os últimos carlistas se exiliaron en Francia.
16
O período das Rexencias (1833-1843).
Ponse fin ó Antigo Réxime de maneira gradual: Fase de transición entre o absolutismo e o liberalismo. Fase de ruptura Implantación dun goberno liberal de carácter autoritario.
17
A Rexencia de María Cristina (1833-1840)
A Rexencia de María Cristina ( ). A transición entre os dous modelos. A transición entre o Estado absolutista de Fernando VII e o liberal de Isabel II caracterizouse por: protagonismo de monárquicos reformistas (Cea Bermúdez e Javier de Burgos) e de liberais moderados (Martínez de la Rosa). Publicación do Estatuto Real (1834), unha “terceira vía” entre o liberalismo e o absolutismo. Reformas como a división en provincias de (Javier de Burgos) ou o renacemento da Milicia Nacional. Porén, o réxime da etapa de transición fracasou debido ao intento de reconciliar absolutismo e liberalismo.
18
A ruptura co Antigo Réxime
Os gobernos desta fase impulsaron a ruptura co Antigo Réxime. As súas características foron: Un pronunciamento militar, o dos Sarxentos da Granja de San Ildefonso (1836); que obrigou a M. Cristina a aceptar a Constitución de 1812 e a un goberno progresista liderado por Mendizábal. A Constitución de 1837, máis breve e moderada que a de 1812, que substituiu a esta como cesión os moderados, para garantir a estabilidade. A desamortización promovida por Mendizábal. Os progresistas tiveron moitos problemas para consolidar o seu dominio político fronte aos moderados, así que tiveron que recorrer á insurrección militar, encabezada por Espartero.
19
A rexencia de Espartero (1840-1843)
Espartero desprazou a María Cristina de Borbón como rexente e estableceu un goberno liberal de corte progresista. Porén, o seu marcado autoritarismo ignorando ás Cortes levouno a quedarse sen apoios incluso entre os propios progresistas. Espartero en 1842 aprobou un arancel librecambista que abría o mercado ós tecidos británicos, prexudicando os intereses da industria catalá. Así, producíronse revoltas urbanas en Barcelona e Espartero para sufocalas,chegou a bombardear a cidade de Barcelona. Todo isto desembocou nunha insurrección xeral, encabezada polos xenerais Narváez e O´Donnell que provocarán a súa dimisión. En 1843 abandonou a rexencia, o goberno e exiliouse a Inglaterra.
20
O REINADO DE ISABEL II Isabel II, será declarada maior de idade en 1844, comezando o seu reinado efectivo, que en trazos xerais estará caracterizado por: Construción do novo Estado liberal en España, xa desmantelado o Antigo Réxime na etapa anterior Protagonismo político dos moderados, que gobernaron durante case toda esta etapa, agás nos anos do Bienio progresista,
21
A Década Moderada ( ) En 1844, formou goberno Narváez, líder dos moderados e protagonista da década. A súa actuación política caracterizouse por: A estabilidade política,a través da corrupción administrativa, o illamento aos progresistas. A aprobación da Constitución de 1845, de claro carácter conservador e máis restrictiva en dereitos que a de 1837. A centralizacion política e administrativa: control sobre a Administración local e municipal, co nomeamento polo goberno dos gobernadores civís e os alcaldes; reforma da Facenda coa Lei Mon-Santillán (1845);e creación da Garda Civil como corpo militar encargado da orde publica en substitución da Milicia Nacional. O achegamento á Igrexa Católica, co Concordato coa Santa Sede de 1851, e a suspensión do proceso desamortizador. O inicio da construción da rede ferroviaria en España coas liñas Barcelona-Mataró e Madrid-Aranjuez.
23
O Bienio progresista (1854-56)
O autoritarismo e a restrición de liberdades, a corrupción, o fraude electoral que impedía o acceso ó poder ós progresistas, vai levar a un levantamento xeral, iniciado por un pronunciamento, coñecido como a vicalvarada, e protagonizado por O’Donnell, que deriva nun levantamento xeral a través das xuntas revolucionarias. Supón a volta dos progresistas ó poder, cun vello símbolo do progresismo á fronte do goberno, Espartero.
24
O Bienio progresista (1854-56)
Durante o Bienio progresista levouse a cabo: A elaboración dun proxecto de Constitución (1856): Foi chamada non nata, porque non chegou a promulgarse e a entrar en vigor. Era semellante á de 1837, con algún elemento máis progresista. A culminación do proceso desamortizador: foi promovido polo ministro de Facenda, Pascual Madoz, e afectou non só ás posesións da Igrexa, senón tamén ás terras e bens dos municipios e do Estado. Medidas de carácter económico, como a Lei de Ferrocarrís (1855), que levou a un gran desenvolvemento da infraestrutura viaria, ó facilitar a inversión estranxeira, e as leis bancarias de 1856, que deron lugar á creación do Banco de España e dos primeiros bancos privados.
25
O Bienio progresista (1854-56)
Durante esta etapa produciuse un crecemento económico, pero este favoreceu claramente á burguesía, mentres que as clases populares quedaron á marxe. Así, estouparon conflitos sociais: Na incipiente industria: folgas organizadas por sociedades obreiras que culminaron na folga xeral de xullo de 1855, a máis importante producida ata entón. No campo: motíns de subsistencia, debido á carestía de trigo, que foron duramente reprimidos. Como consecuencia, produciuse a caída do Goberno. O xeneral O´Donnell foi o encargado pola raíña para acabar coa resistencia armada da Milicia Nacional, que apoiaba os motíns populares. Tras estes sucesos, os progresistas deixaron de ser o sector radical do liberalismo español; en diante, a á esquerda sería ocupada polos demócratas.
26
O retorno o moderantismo (1856-1868)
A preocupación principal dos gobernos liberais nesta etapa foi restaurar a orde. Así, produciuse a alternancia no Goberno de dúas forzas políticas: Os moderados,dirixidos por Narváez. A Unión Liberal, un novo partido creado e liderado por O’Donnell, que pretendía aglutinar ós moderados menos conservadores e ós progresistas más conservadores; é dicir, intentou ser unha opción de centro sen éxito. Nesta forza política destacaron militares como Francisco Serrano, Juan Prim e Juan Bautista Topete, ou civís como Antonio Cánovas del Castillo. Os seus membros tamén foron chamados “unionistas”. Os progresistas quedaron, de novo illados do poder, xunto con outros partidos que o estiveran dende o seu nacemento coma os demócratas.
27
O retorno o moderantismo (1856-1868)
Este período caracterizouse por un liberalismo pragmático e realista que non atopou inicialmente unha excesiva oposición por parte das élites do país. Tres trazos caracterizaron a política dos gobernos este período: A insistencia no progreso económico como obxectivo supremo da política. Por esta razón incrementáronse os investimentos públicos: Continuación do tendido ferroviario ( ) e finalización da Canle de Isabel II (1858), que abastecería a Madrid de auga.
28
O retorno o moderantismo (1856-1868)
Política exterior, de carácter intervencionista. A finalidade era restablecer o prestixio de España e restaurar o seu papel como potencia internacional, sempre de acordo cos intereses de Francia e o Reino Unido. Ademais, con esta política se fomentaba o nacionalismo na opinión pública. A principal intervención militar tivo como escenario Marrocos ( ). O pretexto foi a defensa de Ceuta e Melilla dos ataques das tribos rifeñas. Tamén se realizou unha expedición militar a México, en colaboración con Francia e o Reino Unido (1861); unha expedición á península de Indochina, en colaboración con Francia (1859); unha guerra contra Perú e Chile ( ). Ningunha destas empresas reportou vantaxes materiais ou económicas destacables.
29
O retorno o moderantismo (1856-1868)
Política interior cada vez máis autoritaria e represiva: A actuación do goberno baseouse nos principios moderados da Constitución de 1845. De novo, se bloquea a alternancia pacífica no poder. O goberno era nomeados ou destituídos segundo o favor e a confianza da raíña. Para acalar á oposición, o Goberno clausura as Cortes e reforza a represión. Os grupos marxinados do poder, como os progresistas e os demócratas, recorreron á vía insurreccional para acabar non só cos gobernos senón tamén contra a raíña mesma.
30
A fin do reinado de Isabel II
Entre estes disturbios destacou a protesta estudiantil coñecida como a Noite de San Daniel (1865) ou a sublevación dos sarxentos do cuartel de San Gil (en Madrid, en 1866). A represión desatada polo goberno neses anos obrigou a esas forzas opositoras a organizarse no exilio. En 1866, as distintas forzas de oposición asinaron un acordo de actuación, o Pacto de Ostende (Bélgica). Trala morte dos dous principais apoios da raíña, O’Donnell (1867) e Narváez (1868), incluso os militares unionistas (Prim, Serrano e Topete) adheríronse ao pacto. A recesión económica de , para rematar, aumentou o descontento xeral, especialmente no ámbito empresarial e dos negocios. Todos estes factores desencadearon a revolución de setembro de ?A Gloriosa
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.