La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

A enerxía TEMA -5.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "A enerxía TEMA -5."— Transcripción de la presentación:

1 A enerxía TEMA -5

2 Que é a enerxía? É todo o que pode producir cambios.
Cando fregas as túas mans, quéntanse.

3 A enerxía preséntase de moitas formas:
De que formas se pode presentar a enerxía? A enerxía preséntase de moitas formas: A enerxía calorífica é a que posúenos corpos que emiten calor. exemplo vitrocerámica, unha estufa, o forno, etc. A enerxía luminosa é a que teñen os corpos que emiten luz. exemplo unha candea, o sol ou unha lámpada.

4 A enerxía química é a que se almacena nos alimentos, nos combustibles e en todos os seres vivos.
A enerxía eléctrica é a que posúen os raios das tormentas e a que utilizan os aparatos eléctricos como o ordenador, a lavadora, a torradora, etc.

5 A enerxía cinética ou mecánica está presente nos corpos en movemento
A enerxía cinética ou mecánica está presente nos corpos en movemento. Ex unha persoa correndo, un avión voando, o balón cando lle damos unha patada, etc. A enerxía sonora é a que emiten algúns corpos ao vibrar, como os instrumentos musicais, a radio, etc.

6 Os cambios da enerxía A enerxía non se crea nin se destrúe só se transforma. . A enerxía eléctrica pódese transformar en enerxía luminosa. Ex: cando enchufas unha lámpada . A enerxía química pódese transformar en enerxía cinética. Grazas a enerxía química do gasóleo un coche móvese, é dicir se transforma en enerxía cinética ou mecánica.

7 A enerxía cinética pódese transformar en enerxía sonora
. A enerxía cinética pódese transformar en enerxía sonora. Ex: cando movemos as palmas das mans e aplaudimos produce son. . A enerxía eléctrica tamén se pode converter en enerxía calorífica. Como pasa cando enchufas o ferro de pasar para alisar a roupa ou cando enchufas a torradora para facer as torradas do almorzo.

8 Como poden ser as fontes de enerxía?
Poden ser : renovables e non renovables. -As fontes de enerxía renovables son as que non se esgotan cando as utilizamos. Son o sol, o vento e a auga en movemento.

9 -As fontes de enerxía non renovables son as que poden chegar a esgotarse cando as consumimos máis rápido do que se poden xerar. As máis importantes son os combustibles fósiles como: o carbón, o gas e o petróleo.

10 Como se chama a enerxía que obtemos do sol?
A enerxía que obtemos do sol chámase enerxía solar. Os aparatos que usamos para recollela son os paneis solares. Hainos de dous tipos: . Os paneis que aproveitan a enerxía calorífica do sol para quentar a auga. . Os paneis que transforman a luz solar (enerxía eléctrica, é dicir en electricidade.

11 Como se chama a enerxía que produce o vento?
A enerxía que produce o vento chámase enerxía eólica. Os aparatos que usamos para recollela son os aeroxeradores. Transforman a enerxía cinética ou mecánica do vento en enerxía eléctrica.

12 Como se chama a enerxía que produce a auga en movemento?
A enerxía que obtemos da auga en movemento (dos ríos, dos mares) chámase enerxía hidráulica. Aprovéitase para producir electricidade nas centrais hidroeléctricas. Utilizan unhas turbinas. Aproveitan a enerxía cinética da auga para moven esas turbinas que a van a converter en enerxía eléctrica.

13 Como se formaron os combustibles fósiles?
Os combustibles fósiles formáronse hai miles de anos a partir de seres vivos (animais e plantas) quedaron enterrados. enterrados. Os combustibles fósiles máis usados son: O carbón, o petróleo e o gas.

14 Como se extraen os combustibles fósiles e para que os usamos?
O carbón Extráense das minas e queimámolo para producir enerxía calorífica e eléctrica.

15 O gas Extráese perforando o solo e utilízase, sobre todo para a calefacción e para producir electricidade.

16 O petróleo Extráense perforando pozos na terra e úsase por exemplo, para obter gasolina e gasóleo.

17 Como se forma e como se extrae o petróleo?
Animais e plantas quedaron enterrados no fondo dos océanos hai millóns de anos. Estes restos quedaron cubertos de lodo ata converterse en rochas. Coa calor, a presión e o osíxeno transformáronse nun líquido negro e espeso: o petróleo. - O tempo que transcorreu para que se formase o petróleo que se extrae hoxe é aproximadamente de 10 millóns de anos.

18 Como se extraen o petróleo?
- Extráense do solo por medio de pozos petrolíferos. - Una vez detectado o depósito realízanse os pozos de produción empregando “torres de perforación ou extracción”. Estas torres perforan a varios kilómetros de profundidade. Logo bombéase e lévase ao lugar onde se trata e transforma.

19 Para que utilizamos a enerxía na nosa vida?
Utilizamos a enerxía para moitas tarefas, por exemplo, para o transporte, para os traballos no campo para habitar os edificios, para que funcionen ás fábricas.

20 - Enerxía para o transporte
- Enerxía para o transporte. Coches e camións empregan gasolina ou gasóleo, mentres que trens e metros usan a electricidade.

21 - Enerxía para o campo. Case todas as máquinas que usan os agricultores utilizan gasolina ou gasóleo, que obtemos do petróleo.

22 - Enerxía nos edificios
- Enerxía nos edificios. Nos fogares a electricidade, fai que funcionen case todos os aparatos que utilizamos. Estes aparatos transforman a electricidade en enerxía sonora, calorífica, luminosa, cinética…

23 - Enerxía para as fábricas
- Enerxía para as fábricas. As máquinas das fábricas utilizan case sempre a electricidade.

24 Que pode producir o mal uso da enerxía?
Un gasto enorme de enerxía pode traernos consecuencias, como por exemplo: O abuso de combustibles fósiles (carbón, gas ou petróleo) pode producir problemas de abastecemento e chegar a esgotarse. Producir e consumir enerxía pode causar problemas medioambientais: contaminación, alteración da paisaxe ou desaparición de seres vivos. Esgotouse contamina

25 Cales son os problemas medioambientais que
produce o consumo de enerxía? O uso dos combustibles fósiles libera a atmosfera substancias tóxicas, polo tanto contaminan. Ex: os gases que votan os coches ou as fábricas.

26 Os encoros, os paneis solares ou os aeroxeradores modifican a paisaxe e alteran a vida animal e vexetal.

27 O petróleo se cae o mar contamina a auga
O petróleo se cae o mar contamina a auga. Facendo que morran os seres vivos que habitan o mar.

28 Por que debemos reducir o consumo de enerxía?
Reducir o consumo de enerxía axuda a que non se esgoten as fontes non renovables e diminúe os problemas medioambientais como a contaminación, a alteración da paisaxe ou a desaparición dos seres vivos.

29 Que podes facer ti para aforrar enerxía?
Apagar os aparatos eléctricos que non se estean usando. Apagar as luces dos cuartos se non hai ninguén neles.

30 Cerrar as portas e as fiestras se está acendida a calefacción.
Usar o autobús, a bicicleta ou ir andando sempre que se poida.


Descargar ppt "A enerxía TEMA -5."

Presentaciones similares


Anuncios Google