Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
O proceso de industrialización
Concepto
2
Concepto ¿Que é una revolución?
É un cambio rápido e en profundidade que afecta ás estruturas dunha sociedade. Implica, por outra parte, unha aceleración no ritmo das transformacións históricas.
3
Concepto A Revolución Industrial
Supuxo o tránsito dunha economía agraria e artesanal a outra basada na industria e a produción mecanizada. O cambio iniciouse en Inglaterra a mediados do século XVIII. Extendeuse durante o XIX a outros lugares. Actualmente numerosos países no mundo presentan estruturas de marcado carácter preindustrial. Fálase entón de países en vías de desenvolvemento.
4
O proceso de industrialización
A economía preindustrial
5
A economía preindustrial
É de base agraria A poboación é fundamentalmente campesiña, concéntrase nas zonas rurais e as cidades son poucas e escasamente desenvolvidas.
6
A economía preindustrial
A demografía Está determinada por un escaso crecemento vexetativo. As altas taxas de natalidade son contrarrestadas por altas taxas de mortalidade, especialmente, infantil. No século XVIII Se advirte un cambio nese modelo, pois en certas zonas (Inglaterra, Francia), aumentan os excedentes alimentarios e a mllora na nutrición conduce á disminución de fame negra e epidemias. Outro factor que influíu nesa transformación, aínda que de forma menos determinante, foi o progreso da medicina.
7
A economía preindustrial
No século XVIII aportará importantes cambios Éstos foron precursores da revolución industrial e recibiron o nome de “Protoindustrialización”. Manifestáronse en: A expansión do comercio a larga distancia, que estimulou a produción de manufacturas e permitiu a acumulación de capitais, parte dos cales invirtíronse na nacente industria moderna. O desenvolvemento dunha industria rural denominada "Domestic System" (industria doméstica).
8
Aeconomía preindustrial
Protoindustrialización O “Domestic System” É unha industria de carácter rural que conxuga o traballo agrícola ca manufactura casera de téxtiles. Non se desenvolve, por tanto, en fábricas. O empresario (capitalista) é xeralmente un comerciante. É desenvolvida por campesiños. O pago ó traballador/a realízase mediante salario. A produción está destinada á exportación. É unha actividade que se desenvolve á marxe da regulamentación gremial.
9
O proceso de industrialización
A primeira revolución industrial: Inglaterra
10
A primeira revolución industrial
O que se coñece como 1ª Revolución Industrial iniciouse en Inglaterra durante a 2ª metade do século XVIII. Foi posible grazas a unha serie de transformacións Agrarias Demográficas Técnicas Comerciais, dos transportes e das comunicacións Os principais sectores afectados fueron: o téxtil e o siderúrxico
11
A primeira revolución industrial
Transformacións demográficas Debéronse esencialmente a dúas causas: O mantemento de altas taxas de natalidade (en torno ó 40 x mil). O descenso da mortalidade catastrófica. Nisto interviron dous factores : A maior disponibilidade de alimentos e a desaparición das crisis de subsistencia (Revolución agrícola). Avances hixiénico-sanitarios (asepsia) e médicos, ex., a vacina (Jenner).
12
A primeira revolución industrial
Transformacións demográficas
13
A primeira revolución industrial
Transformacións agrarias Precederon e facilitaron as da industria, constituíndo unha auténtica Revolución Agrícola en Inglaterra. Foron posibles grazas a: Unha nova estrutura da propiedade agraria. Os "open fields" (campos abertos) foron sustituidos polas "enclosures" (cercamientos) (Enclosure Acts). A implantación de innovacións, que permitiron o gradual abandono do barbeito e a posta en práctica do "Sistema Norfolk“: estabulación do gando, introdución de novos cultivos (maíz, pataca, prantas forraxeiras, etc.) e o uso das primeiras máquinas agrícolas (segadoras e trilladoras).
14
A primeira revolución industrial
Consecuencias das transformacións agrarias foron: O incremento dos excedentes alimentarios que cubriron a crecente demanda dunha poboación en alza. A disponibilidade de excedentes de man de obra campesiña, empleada na nacente industria. Un importante fluxo migratorio dende o campo á cidade. O incremento das rendas dos propietarios rurais, parte das cales invirtíronse nas primeiras fábricas.
15
A primeira revolución industrial
Innovacións técnicas Foron aplicadas ó sistema produtivo, conducindo a un colosal incremento dos bens materiais. O exemplo paradigmático o constitúe a máquina a vapor de James Watt.
16
A primeira revolución industrial
Expansión comercial Produciuse en Inglaterra, posibilitada por dous factores: A ampliación do seu mercado interno, grazas a: O crecemento da poboación, que incrementa a demanda de bens. A mellora do sistema de transportes e vías de comunicación (canais fluviais, estradas e, máis tarde, o ferrocarril). A expansión do mercado exterior, posibilitada por: A ampliación e diversificación do comercio externo, estimulado pola demanda de materias primas (algodón) e a exportación de produtos industriais (tecidos). A axuda dunha potente mariña, tanto mercante como militar. A posesión dun vasto imperio colonial.
17
A primeira revolución industrial
O sector téxtil Foi impulsado pola industria algodonera, que despraou á da lá en importancia. Nel se producen as principais innovacións técnicas: Lanzadeira voante de Kay (1773), Spinning Jenny de Hargreaves (1765), Water Frame de Arkwright (1767), Mule Jenny de Crompton (1779). Tres feitos contribuíron a ese desenvolvemento: A prohibición de importar teas de algodón da India. A existencia de grandes plantacións en Norteamérica. A inexistencia de regulamentacións gremiais.
18
A primeira revolución industrial
O sector téxtil
19
A primeira revolución industrial
O sector siderúrxico A industria do ferro estuvo moi vinculada á minería do carbón. Foi este mineral (hulla, coque) o que sustituiu á madeira como combustible. Tivo menor relevancia que o téxtil nesta primeira fase de industrialización. Ó seu desenvolvemento contribuiu á incorporación de innovacións técnicas, como o pudelaxe de ferro (Henry Cort, 1783). Mención especial merece o uso do ferrocarril como dinamizador do sector.
20
O proceso de industrialización
Extensión da 1ª Revolución industrial
21
Extensión da 1ª Rev. Industrial
Na Europa continental Hai que distinguir entre: Os “First Comers”: Os primeiros en chegar á industrialización, tras Gran Bretaña. Bélxica (tra-la súa independencia en 1830). Francia. Alemaña. Os países periféricos: Fixérono máis tarde e menos uniformemente. No Mediterráneo: Cataluña (España) e Piamonte (Italia). No Imperio Austríaco: Moravia e Bohemia. No Norte: Dinamarca e Suecia. No Leste: Rusia.
22
Extensión da 1ª Rev. Industrial
Fora de Europa Destacan dúas potencias: Estados Unidos A súa industrialización acelérase ó finalizar a Guerra Civil ( ). A finais do século XIX alcanza ó Reino Unido. Japón O seu desenvolvemento foi parello ós cambios sociais e políticos que desmantelaron as estruturas feudais no último tercio do século XIX, incentivada pola institución imperial (Era Meiji ou da Luz).
23
O proceso de industrialización
A 2ª Revolución Industrial
24
A 2ª Revolución Industrial
Tra-la Primera fase da industrialización (Inglaterra) e a súa extensión (Europa, USA e Xapón), iníciase unha nova fase que dura ata Gran Bretaña perde o seu liderazgo en beneficio doutras potencias. A caracterizan os seguintes rasgos: O empleo de novas fontes de enerxía O desenvolvemento de novos sectores da produción Cambios na organización do traballo Novas formas de capital empresarial A formación dun mercado de extensión mundial
25
A 2ª Revolución Industrial
Novas fontes de enerxía Se o vapor constituiu a principal fonte de enerxía aplicada ás máquinas na Primeira R. Industrial, durante a Segunda, se desenvolven outras novas: O Petróleo Serviu de combustible ó motor de explosión e á automoción, que alcanza a madurez con H. Ford no primeiro tercio do século XX. A electricidade A súa aplicación foi esencial para a iluminación (Edison, bombilla, 1879), a transmisión de sinais electromagnéticas (telégrafo), acústicas (radio de Marconi) e para determinados motores, entre eles, os de metros e tranvías.
26
A 2ª Revolución Industrial
Novos sectores da produción Fronte á industria téxtil e á siderúrxica, impulsores da primeira industrialización, xorden novos sectores punteiros entre 1870 e 1914: A Industria Química Colorantes, explosivos (Ex., a dinamita de Nobel), abonos, medicamentos, fibras artificiais (Ex., o naylon), caucho, etc. A nova siderurxia Dela obténse níquel, aluminio, etc. O ferro sométese a procesos de refinado a través do Convertidor de Bessemer ou o de Siemens-Martin, estimulando o desenvolvemento da industria de armamentos. As industrias alimentarias Latas en conserva esterilizadas (1875), frigoríficos industriais (1878), etc.
27
A 2ª Revolución Industrial
Novas formas de organización do traballo A complexidade das novas empresas e dos procesos de produción impuxeron nesta segunda fase da R. Industrial novos sistemas de organización do traballo, destacando: O Taylorismo. Busca a organización científica do proceso produtivo da empresa mediante a especialización, a estandarización, co fin de reducir costes de produción. O traballo en Cadea ("Fordismo"). Aplicado con éxito nas fábricas de automóviles de Henry Ford significa a máxima especialización, a optimización do traballo e os rendementos, abaratando mercancías e acercándoas ós consumidores.
28
A 2ª Revolución Industrial
Novas formas de capital Se os pioneiros da industrialización financiáranse en gran medida co capital familiar, as novas necesidades impulsaron a búsqueda de novas fontes de financiación: A Banca Os empresarios acoden a ela en busca de créditos cos que facer frente ós crecentes desembolsos de inversión. As sociedades anónimas Constituidas por socios propietarios de participacións (accións) da empresa. A compra e a venta de accións ten como escenario a Bolsa. Simultáneamente, prodúcese unha concentración empresarial, que forma grandes corporacións en forma de carteles, trusts ou holdings.
29
A 2ª Revolución Industrial
Unha economía mundializada A globalización da economía prodúcese como consecuencia da necesidade de obter materias primas e controlar novos mercados onde vende-los excedentes da produción industrial. As principais potencias embárcanse na conquista e control de amplios territorios de África e Asia, forzando á integración das distintas economías. Este rasgo obedece ó fenómeno do Imperialismo, que constituirá unha das causas do estalido da Primera Guerra Mundial.
30
O proceso de industrialización
Transformacións demográficas e sociais
31
Transformacións demográficas e sociais
Os cambios ocurridos no campo económico repercutiron na estrutura social. A revolución industrial estivo aparellada ós siguientes fenómenos: O aumento da población europea Produciuse como consecuencia do mantemento de altas taxas de natalidade e a drástica redución das de mortalidade. Este incremento foi máis significativo nas cidades que no ámbito rural. A urbanización As cidades creceron debido á inmigración procedente das zonas rurais e do extranxeiro. A urbanización foi rápida e desordenada, sen planificación. O nacemento dunha sociedade capitalista dividida en clases Fronte á estamental-feudal, a sociedade de clases supón, en principio, a igualdade de todolos individuos ante a lei. Pero esa igualdade legal non se corresponde ca división social, estruturada en torno a dúas clases fundamentais: a burguesía e o proletariado.
32
Transformacións demográficas e sociais
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.