TEMA 4: A ESPAÑA DO SÉCULO XIX. A CONSTRUCIÓN DO RÉXIME LIBERAL

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
Esquema simplificado del siglo XIX en España
Advertisements

EVOLUCIÓN DE LOS PARTIDOS POLÍTICOS
EL SEXENIO REVOLUCIONARIO  Es, aparentemente, un corte radical: España isabelina y la Restauración.  Triunfo del liberalismo radical y democrático. 
ESPAÑA EN EL SIGLO XIX Crisis del Antiguo Régimen ( )
CLAVES DEL PERIODO EL CONTEXTO MUNDIAL ESPAÑA
El siglo XIX.
LA CONFIGURACIÓN DEL ESTADO LIBERAL ( ).
La España del siglo XIX: la construcción de un régimen liberal
UNIDAD 4 CRISIS DEL ANTIGUO RÉGIMEN Y PRIMEROS INTENTOS DE REVOLUCIÓN LIBERAL ( )
LA CRISIS DEL ANTIGUO RÉGIMEN ( ).
Historia de España Siglo XIX.
TEMA 5. ESPAÑA:FIN DEL ANTIGUO RÉGIMEN
España en el siglo XIX. Unidad 4
EL ANSIA DE LIBERTAD TEMA 10.
Tema 3 Reinado de Fernando VII
Tema 2: Isabel II, "la de los Tristes destinos” ( ) Entre lo Antiguo y lo Nuevo: : Isabel II, "la de los Tristes destinos" ( )
Isabel II El reinado efectivo
El Sexenio Democrático ( ) Tema 1: El Sexenio Democrático ( ) Un intento fallido de democratizar España.
Sexenio Revolucionario
Tema 2: Isabel II, "la de los Tristes destinos" Tema 2: Isabel II, "la de los Tristes destinos”
6 El Sexenio Democrático ( ).
LA ESPAÑA DE ISABEL II (1833 – 1868) Construcción del Estado liberal
LAS GUERRAS CARLISTAS 1ª ª ª
Síntesis unidad 2 Objetivo. Sintetizar principales conceptos y contenidos vistos de la unidad 2.
La España del siglo XIX: la construcción de un régimen liberal
Independencia de Iberoamérica
El absolutismo El absolutismo es cuando un monarca gobernaba,cobraba impuestos,dirigian la política exterior y los ejercitos y él no es responsable.
EL SEXENIO REVOLUCIONARIO
LIBERALISMO-NACIONALISMO
ESPECTRO POLITICO DEL REINADO DE ISABEL II
Reinado de Isabel II Construcción del estado liberal
Esquema simplificado del siglo XIX en España
Las Líneas Monárquicas Desde Carlos IV hasta Alfonso XII.
Independencia y Construcción del Estado-Nación en Chile
ESPAÑA EN EL SIGLO XIX Crisis del Antiguo Régimen ( )
Revolución Liberal en el reinado de Isabel II
La revolución francesa
Historia de España 2º de Bachillerato
TEMA 5.1 LA GUERRA DE INDEPENDENCIA: ANTECEDENTES Y
CRISIS DEL ANTIGUO RÉGIMEN
3 La era de la Restauración ( ) Jesús Bueno Madurga
Tema 4. La España del siglo XIX: La construcción del régimen liberal
La Revolución francesa
LA CRISIS DEL ANTIGUO RÉGIMEN ( )
INICIOS E CONSOLIDACIÓN DO RÉXIME LIBERAL
O reinado de Isabel II ( )
EL REINADO DE ISABEL II
INDUSTRIALIZACIÓN E SOCIEDADE NA ESPAÑA DO SÉCULO XIX
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
PUNTO 1. LA GUERRA DE LA INDEPENDENCIA ( )
A Crise do Antigo Réxime en España
3º Estado :Non Privilexiados
CONSTITUCIONES: REINADO DE ISABEL II
Atenas.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
ERA DE LAS REVOLUCIONES
A política fiscal.
Implantación do Estado liberal en España Guerra de independencia e Cortes de Cádiz ( ) Constitución 1812 Reinado de Fernando VII ( ) Sexenio.
CLAVES DEL PERIODO EL CONTEXTO MUNDIAL ESPAÑA
SEGUNDO CONGRESO DOS SOVIETS: ● Destituíu ao Goberno Provisional. ● Aprobou a formación dun Consello de Comisarios do Pobo :  Constitúese no primeiro.
CLAVES DEL PERIODO EL CONTEXTO MUNDIAL ESPAÑA
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
O matrimonio homosexual.
En qué ano se aprobou a Constitución?
La Constitución Española de 1978
Objetivo de Aprendizaje: Relacionar la doctrina liberal con los procesos revolucionarios europeos de 1820, 1830 y Caracterizar y comparar las revoluciones.
12.3. EL REINADO EFECTIVO: MAYORÍA DE ISABEL II ( )
EL ROMANTICISMO CONTEXTO HISTÓRICO 08/08/2019.
La Independencia de América. Objetivos Comprender las principales causas de la independencia americana (FICHAS 25; ILUSTRACIÓN – 26; INDEPEDENCIA DE AMÉRICA).
Transcripción de la presentación:

TEMA 4: A ESPAÑA DO SÉCULO XIX. A CONSTRUCIÓN DO RÉXIME LIBERAL

CONTIDOS A crise monárquica de Carlos IV e a invasión napoleónica As Cortes de Cádiz e a Constitución Fernando VII A independencia da América hispana Rexencia de María Cristina, Espartero Isabel II e a construción do estado liberal O sexenio Democrático1868-1874

DATAS IMPORTANTES 1805: BATALLA DE TRAFALGAR 1807 :TRATADO DE FONTENEBLEAU 1808: MOTÍN DE ARANXUEZ, ABDICACIÓNS DE BAIONA E LEVANTAMENTO DE MADRID (2 DE MAIO) 1812: CONSTITUCIÓNDE CÁDIZ 1813: TRATADO DE VALENÇAY 1814-1820: SEXENIO ABSOLUTISTA 1820: PRONUNCIAMENTO DE RAFAEL DE RIEGO 1820-1823: TRIENIO LIBERAL 1823-1833: DÉCADA OMINOSA. 1833-39: PRIMEIRA GUERRA CARLISTA 1839: CONVENIO DE VERGARA 1833-1840: REXENCIA DE MARÍA CRISTINA…..1837 CONSTITUCIÓN 1840-1843: REXENCIA DE ESPARTERO 1844-1854: DÉCADA MODERADA…….1845 CONSTITUCIÓN 1854-1856: BIENIO PROGRESISTA 1856-1868: SEGUNDA METADE DE GOBERNO ISABEL 1868-1874: SEXENIO DEMOCRÁTICO…..CONSTITUCIÓNN DE 1869 1871-1873: MONARQUÍA DE AMADEO DE SAVOIA 1873-1874: I REPÚBLCA

A crise da monarquía de Carlos IV e a invasión napoleónica Carlos IV reinou entre 1788 e 1808. O seu goberno estivo marcado polo temor ao contaxio revolucionario e polo despotismo de Manuel Godoy, un fidalgo de gran ambición, que se converteu no seu home de confianza, causando un gran receo no príncipe Fernando, o herdeiro á Coroa. Inicialmente España, xunto co resto das monarquías europeas, enfrontouse coa Francia revolucionaria en 1793, pero a partir de 1796 mantivo alianzas con ela para facer fronte a Inglaterra, permanente ameaza para o comercio e as colonias americanas. Os enfrontamentos conxuntos contra a armada inglesa foros desastrosos: Trafalgar 1 805. Godoy, primeiro ministro de Carlos IV, asinou en 1807 o Tratado de Fontenebleau con Francia, no que se acordou a invasión francoespañola de Portugal (aliado de GB) e o paso das tropas napoleónicas por España. O exército francés aproveitou a ocasión para ocupar algunhas cidades españolas.

Fernando, príncipe de Asturias, utilizou o descontento que provocaron estes feitos para provocar o Motín de Aranxuez 1808 e forzar a dimisión do impopular Godoy e a abdicación de Carlos IV, no seu favor. Napoleón aproveitou estas discrepancias para reunir en Baiona (Francia) a Carlos IV e Fernando VII. Baixo presión logrou que ambos dous aceptasen a abdicar no seu irmán Xosé Bonaparte: Abdicacións de Baiona. Xosé reinaría en España coma Xosé I de 1810-1813 O país dividiuse entre: a) afrancesados: ilustrados que recoñecían a Xosé I confiando que fixese as reformas liberais que desexaban. Pensaban que era a mellor forma de lograr a renovación de España. Xosé outorgou unha carta constitucional, proclamou medidas para acabar co Antigo Réxime e promulgou diversos códigos : penal, civil… b) fernandinos: mantivéronse fieis a Fernando VII

Contrariado ante a ocupación francesa, o 2 de maio de 1808, o pobo de Madrid levantouse en armas. O exemplo foi seguido por todo o país, dándolle inicio a Guerra da independencia. As fases máis importantes foron: Resistencia popular 1808: formáronse guerrillas de patriotas para fustigar os franceses. O exército, apoiado por voluntarios, consegue frear o avance francés cara o sur na Batalla de Bailén. Ofensiva Francesa 1808-1812: Napoleón interveu directamente no conflito, debido a enorme resistencia española, e ocupou a meirande parte de España. Despois da Batalla de Somosierra Xosé I logra instalarse na capital. Algunhas cidades resistiron asediadas varios meses , como Xirona ou Zaragoza. Unha vez controlado o país en 1812, Napoleón retira boa parte das súa tropas para invadir Rusia. Vitorias anglo españolas 1812-1814: O exército británico, comandado polo mariscal Wellington, introduciuse por Portugal en auxilio das tropas españolas, vencendo aos franceses nos Arapiles en 1812. Napoleón tivo que recoñecer a derrota mediante o Tratado de Valençay, 1813, retirou as tropas de España e restableceu a Fernando VII no trono e puxo fin á guerra.

AS CORTES DE CADIZ E A CONSTITUCIÓN DE 1812 Simultaneamente á guerra comezou en España unha revolución liberal. As abdicación de Baiona déronlle o trono a un monarca estranxeiro. Este baleiro de poder estimulou a formación dunhas Xuntas locais integradas por patriotas. O seu obxectivos era era rexeitar a invasión e crear un goberno lexítimo que representase ao pobo español. En 1810 creouse a Xunta Suprema Central, co fin de coordinar os esforzos das diferentes Xuntas. A Xunta Central convocou as Cortes en Cádiz, debido á ocupación do resto do país, coa finalidade de redactar unha Constitución. A maioría dos deputados eran liberais, aínda que había unha minoría, os servís, que só querían o regreso de Fernando VII e o mantemento do Antigo Réxime. As Cortes aboliron os privilexios do clero e da nobreza e elaboraron unha Constitución de 1812. Estableceuse un réxime liberal inspirado no francés de 1791 e que tiña como características: Recoñecemento dos dereitos individuais: liberdade de expresión, de propiedade, de igualdade ante a lei… Soberanía nacional, que abolía o carácter divino dos reis e que facía que o poder derivase da nación española

Sufraxio universal para a elección de alcaldes e deputados Separación de poderes, que lle atribuían o poder executivo ao rei,o poder lexislativo ás Cortes e o poder xudicial aos tribunais. Acábase o poder absolutista. Estado confesional, na que a relixión católica era a oficial do reino. A Constitución foi aprobada o 19 de marzo, día de San Xosé, polo que se coñece como La Pepa. Estivo pouco tempo en vigor, pois Fernando VII aboliuna cando regresou mais foi un fito para os liberais, que en épocas de goberno de absolutismo se sublevaron e berraron: Viva la Pepa!!!

A constitución de Cádiz soberanía Nacional ideoloxía Progresista Poderes Executivo: rei+ministros Lexislativo:cortes Xudiciais: tribunais Sufraxio Sufraxio universal masculino dereitos Individuais: imprenta, propiedade, inviolabilidade do domicilio, igualdade ante a lei Relacións igrexa estado Estado confesional catolicismo a relixión oficial

O REINADO DE FERNANDO VII 1814-1833 O SEXENIO ABSOLUTISTA 1814-1820 En marzo de 1814, Fernando VII o Desexado cruzou a fronteira. Atopou un país arruinado cunha poboación que aclamaba o seu regreso. Os liberais esperaban que o rei xurase a Constitución e os servís, que a abolisen. Apoiado polos segundos (Manifesto dos Persas), o rei clausurou as Cortes e derrogou a constitución e as leis aprobadas durante a guerra. Moitos liberais foron perseguidos e exiliáronse. Fernando VII gobernou de forma absoluta durante seis anos, aconsellado por unha camarilla de amigos próximos. Restaura os privilexios da nobreza e do clero, dispensándoos de pagas impostos. Os liberais e parte do exército trataron de restaurar o liberalismo mediante pronunciamentos (sublevacións militares). Fracasan ante a indiferenza da poboación e os seus dirixentes foron encarcerados ou executados

O TRIENIO LIBERAL 1820-1823 En 1820 triunfou un pronunciamento liberal liderado polo coronel Riego, que proclamou a Constitución de Cádiz en las Cabezas de San Juan (Sevilla). Outros militares, descontentos pola débeda do Estado e pola dura represión, apoiárono. O rei tivo que xurar a Constitución, liberar aos presos políticos e convocar eleccións para reunir as Cortes. Restaurase a lexitimidade de Cádiz e formaron a Milicia Nacional para defender o réxime. Intentaron afrontar a crise económica pero non deron evitado a independencia das colonias americanas. Nestes anos os liberais vanse dividir en dúas fracciones: a) Os doceanistas, defensores de reforzar o poder do rei, posteriormente serán coñecidos como moderados. b) Os exaltados ou progresistas, que apoiaban ao réxime e a constitución de 1812. Fernando viuse obrigado a xurar a Constitución e por iso reclamou a axuda da Santa Alianza. Esta enviou a expedición dos Cen Mil fillos de San Luís, ao mando do duque de Angulema, que invadiu España e restaurou o poder absoluto do monarca en 1823

A DÉCACA OMINOSA 1823-1833 Tras a volta do absolutismo, a represión contra os liberais proseguiu. Uns exiliáronse e outros intentaron novos pronunciamentos. Os problemas económicos e políticos levaron a monarquía á súa crise definitiva. A nivel económico, a guerra contra os franceses debilitou a economía e deixou a facenda en bancarrota. A independencia das colonias americanas privaron ás arcas do Estado duns importantes ingreso. Para superar a crise propoñen unha reforma fiscal na que os privilexiados tiveron que pagar impostos pero estes eran os principais defensores do absolutismo e os rei non podía contrariar os seus intereses. O rei no tivo fillos varóns. En 1830 naceu a súa filla Isabel, xurdindo o problema dinástico. Isabel garantía a sucesión pero desbancaba o irmá do rei, Don Carlos, como sucesor. Xorden dúas opcións: a) Realistas: partidarios de Don Carlos, aplicaban que a Lei Sálica, que excluía as mulleres do poder, estaba en vigor. b) Os liberais, o goberno e os absolutistas moderados, eran fieis a Doña Isabel e publicaron a Pragmática Sanción, para derrogar a Lei Sálica e así unha muller puidese reinar. Os dous bandos vanse enfrontar na Primeira Guerra Carlistas

A INDEPENDECIA DA AMÉRICA HISPANA: Seguindo o exemplo de EUA, entre 1810 e 1825 a maioría das colonias españolas en América lograron a independencia. A causa principal foi o descontento dos crioulos , persoas de orixe española nadas en América, eran poderosos pero estaban descontentos porque os españois dirixían a política e a recadación de impostos (monopolio español dos portos). Diferenciamos dúas etapas na independencia: Primeira etapa 1808/1814: tras o baleiro de poder xurdido en España pola Guerra da Independencia , os crioulos depuxeron as vicerreis e capitáns xerais e non aceptaron as Xunta Central. Formaron gobernos soberanos até que Fernando VII restableceu o poder en 1814. Segunda etapa 1814/1824: A represión española consolidou o proceso revolucionario. O Xeral San Martín proclamou a independencia das Provincias Unidas de Sudamérica (futura Arxentina) en 1816 e de Chile en 1818. Simón Bolívar vence e crea a República da gran Colombia (formada por Colombia, Venezuela e Ecuador) en 1819. Perú independizouse no 1824 e México en 1821 grazas a Agustin de Iturbide. Só Cuba e Porto Rico permaneceron sometidas á coroa española. Os independentistas contaron co apoio de GB que querían debilitar a España e controlar o comercio . Os novos gobernos republicanos tiveron grandes problemas: a corrupción, os golpes de Estado e a gran dependencia dos países occidentais

A MINORÍA DE EDADE DE ISABEL II 1833-1843: Guerras Carlistas Morto Fernando VII, a súa viúva, María Cristina fíxose cargo do goberno sendo a Raíña rexente. Ao tempo, Don Carlos publicou o Manifesto de Abrantes e proclamouse rei. María Cristina chamou a ao goberno aos liberais moderados para garantir o seu apoio. Comeza o reinado no que habería de instaurarse o réxime liberal en España. A Primeira Guerra Carlistas 1833/1839: enfrontou a os carlistas (don Carlos apoiados polo baixo clero, nobreza rural e os campesiños) cos cristinos (partidarios de Isabel II, eran a nobreza cortesá, a burguesía e as clases medias e populares das cidades. AS diferenzas eran de tipo dinástico e ideolóxico: os liberais querían limitar o poder da coroa e os carlistas defendían ao antigo réxime e o absolutismo. O levantamento iniciouse no País Vasco e foron derrotados polas tropas liberais do xeral Espartero. A paz asinouse no Convenio de Vergara en 1839 (María Cristina respectaba os foros de Navarra e Vascos e a aceptar a xenerais carlistas no exéRcito a cambio da paz)Os carlistas seguirán loitando pola tradición, cunha notable base social e cunha liña sucesoria propia. Entre 1846-48 houbo importantes levantamentos en Cataluña Segunda Guerra Carlista 1872/1876: iniciouse no Sexenio Democrático ante a vacante no trono tras o exilio de Isabel II. Os carlistas levantáronse en amplos territorios e chegaron a formar un goberno paralelo en Estella até a súa definitiva derrota.

AS REXENCIAS DE MARÍA CRISTINA E DE ESPARTERO. Durante a minoría de idade de Isabel II, iniciouse a construción dun Estado Liberal en España que se institucionalizou durante a Década Moderada e entrou en crise en 1866. A REXENCIA DE MARÍA CRISTINA 1833-1840: Ao inicio, apoiouse nos liberais moderados, que iniciaron tímidas reformas. Unha serie de levantamentos e de revoltas populares provocaron que lle entregase o poder aos liberais progresistas, cuxas pretensións eran afondar no liberalismo. Mendizábal, líder progresista, iniciou a abolición do A. Réxime, facendo unha reforma fiscal, suprimindo o réxime señorial, desvinculando a propiedade privado e desamortizando os bens da Igrexa. Suprimiron as aduanas interiores que dificultaban o comercio e extinguíronse os gremios que obstaculizaban a industria e o comercio. A Constitución de 1837, de carácter progresista, recoñeceu a soberanía nacional, aínda que con sufraxio censatario, concedíalle a coroa o dereito de vetar as leis e de disolver o Parlamento e outorgaba amplos dereitos ás liberdades individuais.

A REXENCIA DE ESPARTERO 1840-1843: En 1840 o xeral Espartero converteuse en rexente. Era de ideas progresistas e moi popular grazas as vitorias nas Guerras Carlistas. Levou un goberno moi autoritario que que desgustou a moitos liberais. Puxo en marcha a redución de aranceis (de impostos á importación) o que provocou revoltas entre os empresarios e obreiros de Barcelona xa que pecharon moitas fábricas ante a competencia das compañías británicas. Mediante o Bombardeo a Barcelona sufocouse o problema. Este feito escandalizou a progresistas e moderados que forzaron a dimisión de Espartero. Decidiron que Isabel II fose declarada maior de idade con só trece anos.

REINADO DE ISABEL ii 1843-1868

O REINADO DE ISABEL II 1843-1868 DÉCADA MODERADA 1843-1854: Durante os primeiros anos de goberno só chamou ao goberno a xente conservadora. O Xeral Narváez foi o home forte que presidiu varios gobernos. Apróbase unha nova Constitución en 1845 que estará en vigor durante todo o reinado. Nela recoñecíanse as principais liberdades individuais pero foron aplicadas de forma restritiva. Consolidouse un sistema político centralista. Reorganizouse a administración estatal e municipal e só o País Vasco e Navarra conservaron os seus antigos dereitos forais. Reformouse a facenda, que centralizou os impostos de estado. Elaborouse un Código penal e creouse un sistema de instrución pública nacional. Asinouse un Concordato coa Igrexa, esta recoñecía as desamortizacións e España era un estado confesional e conseguía importantes competencias educativas. Crease no 1844 a Garda Civil para manter o orde nas zonas rurais. Os últimos anos caracterízanse por un grande autoritarismo , que deixaron de convocar Cortes. En 1854 prodúcese un pronunciamento dirixido por o´Donnell que lle poñerá fin a esta época.

O BIENIO PROGRESISTA 1854-1856: O xeral O´Donnel encabezou unha revolta popular contra os moderados. Foi o pronunciamento de Vicálvaro, no que participou a Milicia Nacional e se formaron as Xuntas revolucionarias. Isabel II cedeu as presión e deulle o poder aos progresistas, que recorreron de novo a Espartero. As Cortes redactan unha nova Constitución no 1856 que no chegou a aprobarse. O goberno afonda as reformas económicas con tres leis fundamentais: a) Unha nova desamortización que afectou aos bens comunais e dos Concellos. Desamortización de Madoz en 1855 b) Unha lei de ferrocarrís e c) unha lei de minas para impulsar a rede ferroviaria e mineira, aínda que as puxeron en mans estranxeira. A SEGUNDA METADE DO REINADO 1856-1868: A partir de 1856, os unionistas (Unión liberal de O´Donnell ) e os moderados alternáronse no poder, mentres que os progresistas quedaron marxinados. O crecemento económico foi intenso até 1865 (ferrocarril) . O´Donnel presidiu un goberno logo e, durante a cal intentou intervir na disputa colonial pero foi un fracaso.

MODERADOS PROGRESISTAS TIPO DE SOBERANÍA Compartida entre o rei e as cortes. Dereito do rei a intervir na política Nacional. Reside únicamente nas Cortes. Non acepta a intervención da coroa. SUFRAXIO Censitario e moi limitado Censitario e pouco + amplo. Os demócratas defenderán o sufraxio universal masculino PODER LOCAL Maior peso dos poderes centrais do estado Maior autonomía aos poderes locais DEREITOS INDIVIDUAIS Recoñecen dereitos individuais pero con tendencia a restrinxilos Recoñecen + dereitos EXÉRCITO Exército e garda civil Defenden a milicia militar REFORMISMO Reformas restrixidas e freo as desamortizacións Impulsan as desamortizacións e reformas profundas RELACIÓNS COA IGREXA Estado confesional Estado confesional con libertade de culto

A partir de 1866 a monarquía de Isabel II entrou nunha profunda crise: os problemas económicos levan a numerosas revoltas; o autoritarismo do goberno leva a matanzas; e a escandalosa vida de Isabel con diversos amantes fora do matrimonio facíana cada vez máis impopular. A oposición ao réxime moderado ampliouse e naceron novos grupos como os demócratas (defenden o sufraxio universal) e os republicanos (contrarios a monarquía). En 1866 estes novos grupos asinan un pacto, o Pacto de Ostende, onde acordaron a expulsión dos Borbóns e a democratización da vida política. A unión Liberal uniuse ao pacto con posterioridade, poñendo fin ao reinado en 1868.

O SEXENIO DEMOCRÁTICO 1868-1874 A GLORIOSA REVOLUCIÓN En 1868, froito do Pacto de Ostende, produciuse un pronunciamento para depoñer a Isabel II. Os dirixentes foron os xenerais Serrano e Prim. Organizáronse xuntas revolucionarias para controlar cidades e provincias. A derrota dos partidarios de Isabel na batalla de Alcolea precipitou o derrocamento e o exilio da raíña. Coa Gloriosa revolución comezou o Sexenio democrático. Por primeira vez España organízase de forma democrática. GOBERNO PROVISIONAL E REXENCIA DE SERRANO. Tras o triunfo, os dirixentes, desarmaron as xuntas, e asumiron o goberno convocando Cortes Constituíntes. A nova Constitución de 1869 foi a máis avanzada do século XIX. Contiña unha ampla declaración de dereitos e instauraba o sufraxio universal masculino pola presión dos demócratas e republicanos. Mantíñase a monarquía e e nomeábase rexente ao xeneral Serrano até a elección dun rei. A situación política era complicada: o goberno tivo que enfrontarse a unha insurrección en Cuba e a unha reforma da economía facilitando a explotación mineira e reducindo os aranceis. Mantívose o Servizo militar ante a guerra en Cuba. A peseta, neste goberno retiran a moeda da destronada Isabel e instauran unha nova moeda, a peseta. Estivo en vigor desde o 1869-2002

A MONARQUÍA DE AMADEO I DE SAVOIA O príncipe italiano, Amadeo de SaVoia, patrocinado por Prim, foi elixido rei. Amadeo desembarcou en Valencia en 1871, mentres Prim era asasinado en Madrid. O rei perdía o seu principal valedor. Atoparase co desprezo da aristocracia e das clases populares e co único apoio dos unionistas e progresistas. O seu goberno enfrontouse á guerra de Cuba e a unha nova Guerra Carlista desde 1872. Amadeo abdica en 1873. PRIMEIRA REPÚBLICA ESPAÑOLA 1873-1874 Tras a abdicación de Amadeo, as Cortes proclamaron a I República en febreiro de 1873. Era a primeira vez que se instauraba un réxime republicano en España. Foi o primeiro intento de organizar un sistema político descentralizado. Primeiro proclamouse a República Federal, presidida por Figueras a quen lle sucedeu Pi i Margall. Intentou aprobar unha constitución federal, pero dimitiu polo estourido do movemento cantonalista. Este movemento declaraba soberanas ás comarcas. Por exemplo: Cartaxena proclamouse cantón independente.

O fracaso da República federal deulles paso a presidentes máis moderados, os republicanos unitarios Salmerón e Castelar, que non puideron reconducir a situación. A I República tivo unha vida moi curta. Terminou en xaneiro de 1874 cando o xeneral Pavía deu un Golpe de Estado e disolveu as Cortes. A caída a República deuse por varios motivos: Os escasos apoios que contaba. As clases altas temían que situación dexenerara nunha revolución e as clases populares estaban desganadas polo incumprimento das promesas A división dos republicanos entre federais e unitarios A proliferación dos conflitos: A guerra de Cuba, a terceira guerra carlista.. Tras o golpe de Estado, o xeneral Serrano presidiu o goberno durante case un ano. Mantivo as formas republicanas pero non o espírito que a república representaba. Por isto, cando un novo de Golpe de Estado restaurou a dinastía dos Borbóns ninguén se opuxo pero isto o veremos no próximo tema

constitución Anos de vixencia carácter 1812 7 progresista 1837 8 1845 23 moderada 1856 Non nata 1869 4 democrática 1873 Republicana 1876 47 Flexible pacto entre conservadores e liberais