O reinado de Isabel II (1833-1868) Durante o reinado de Isabel II instálase definitivamente o liberalismo. Porén, o seu reinado será moi inestable pola falta de entendemento entre os liberais moderados e os progresistas, e serán frecuentes os pronunciamentos e a intervención do exército para poder cambiar o gobierno. Con todo, o predominio, agás breves períodos, será para o liberalismo moderado, defensores do chamado “liberalismo doutrinario”.
Trazos principais do período A monarquía constitucional A raíña terá que aceptar as reglas de xogo establecidas na Constitución. Predominio da soberanía compartida entre raíña e Cortes, en troques da soberanía nacional. A raíña mantén amplos poderes pois concentra o executivo (nomea ó goberno, e os principais cargos públicos), e conserva certas prerrogativas lexislativas (nomea a unha parte dos senadores).
O Centralismo Os liberais defenden a centralización da administración do Estado. Opóñense á idea do tradicionalismo carlista da defensa das particularidades territoriais existentes no Antigo Réxime A nova división provincial realizada por Javier de Burgos en 1833, aínda hoxe vixente, reflicte esta idea. Os moderados eran partidarios dunha maior centralización fronte os progresistas que eran menos centralistas.
Os partidos políticos Non teñen unha estrutura ou estatutos, coma os actuais. Son agrupacións de notables en base a ideas, intereses, relacións persoais, etc. que funcionan como correntes de opinión. Os dous grandes partidos son os Moderados e os Progresistas. Destes partidos, irán xurdindo outros como a Unión Liberal que, escindido dos moderados, pretenderá situarse no centrismo; e os demócratas, saídos dos progresistas, defenderán os principios da democracia liberal.
Os moderados Os progresistas Soberanía Compartida ente a raíña e as Cortes. O monarca concentra maior poder. Dereitos. A Constitución só debe recoller certos dereitos individuais. Sufraxio restrinxido (censitario) ós grandes propietarios (aristocracia y alta burguesía). Estado centralista. Nomeamento e control de alcaldes e gobernadores civís polo goberno central. Orde pública encargada a un corpo militar especial (Garda Civil). Modelo económico proteccionista. Impostos preferentemente indirectos sobre o consumo. Exército profesional complementado polo sistema de quintas. Relación Estado-Igrexa. Estado confesional católico. Defenden o papel da Igrexa na ensinanza. Soberanía Nacional. Maior poder ó Parlamento. Dereitos. A Constitución debe recoller e protexer os dereitos individuais e dereitos e liberdades políticas. Sufraxio censitario máis amplo, que inclúa tamén á pequena burguesía. Estado centralista. Elección popular de alcaldes e autonomía destes e dos gobernadores civis fronte o goberno central. Orde pública encargada ós propios cidadáns do concello, organizados en patrullas civís. Modelo económico librecambista. Impostos preferentemente directos sobre a riqueza. Exército composto por cidadáns voluntarios (Milicia nacional). Rexeitan o sistema de quintas. Relación Estado-Igrexa. Estado laico. Rexeitan a influencia da Igrexa, son anticlericais.
Bases sociais dos moderados. Bases sociais dos progresistas. Terratenentes. Alta burguesía. Banqueiros, comerciantes e industriais. Altos mandos do exército. Clero de ideas liberais. Pequena burguesía. Pequenos comerciantes, empregados, profesións liberais. Mandos inferiores do exército., que inclúa tamén á pequena burguesía. Limitacións do sistema. Sufraxio censitario moi pouco representativo. Fraude electoral sistemático. O xefe de goberno nomeado pola raíña organiza as eleccións ás Cortes, empregando o fraude para obter resultados favorables. Predominio moderado. A raíña apoia ós moderados, e marxina ós progresistas que recorrerán ó exército ou ás revoltas populares con base nas xuntas, para acceder ó poder. Os partidos non dinásticos quedarán fóra do sistema. Intervención dos militares na política. Unhas veces á cabeza de pronunciamentos para cambiar o goberno e outras como líderes dos partidos dinásticos.
Fases do reinado Este período divídese en dúas grandes etapas: O período das rexencias (1833-1843) coincidiu coa minoría de idade da raíña. Estableceuse unha rexencia, exercida primeiro pola súa nai, María Cristina (1833-1840), e despois polo xeneral Espartero (1840-1843). O reinado efectivo de Isabel II (1843-1868) correspondeu a la maioridade da raíña e rematou cunha revolución que supuxo a democratización do réxime, e levou ó exilio a Isabel II.
A I Guerra Carlista (1833-1839). A guerra derivará dun dobre conflito: Conflito dinástico, tras a morte de Fernando VII (1833), con motivo da derogación polo rei antes de morrer, da Lei Sálica de 1717, que prohibía a herdanza da coroa ás mulleres. Permitía así, a coroación da súa filla (a falta de herdeiros varóns) frustrando as aspiracións de Carlos María Isidro, o seu irmán. Fórmanse dous bandos enfrontados: os “isabelinos”, partidarios da raíña María Cristina e da súa filla, Isabel. os “carlistas”, partidarios de Don Carlos, ó que lle chaman Carlos V.
A I Guerra Carlista (1833-1839). Conflito ideolóxico, entre os absolutistas que se aglutinan en torno ó ultrarrealista Don Carlos e os liberais, que aproveitan a conxuntura para aliarse coa raíña nai M. Cristina, que se ve obrigada a renunciar ó Antigo Réxime, e implantar o liberalismo para posibilitar a coroación da súa filla Isabel.
A I Guerra Carlista (1833-1839). A base ideolóxica do Carlismo defínese no seu lema "Deus, Patria e Foros": Tradicionalista, absolutista e antiliberal, defende o mantemento do Antigo Réxime. Ultracatólica, defende a preeminencia social da Igrexa. Defende a conservación do sistema foral particularista, os foros dos antigos reinos. Os apoios do carlismo atópanse entre: Numerosos membros do clero. Unha boa parte da nobreza terratenente. Unha ampla base social campesina, que desconfiaba da reforma agraria defendida polos liberais, e do ataque ós valores tradicionais da sociedade rural. Tivo maior presenza nas zonas rurais do País Vasco, Navarra e Cataluña, e en menor medida en Aragón e Valencia.
A I Guerra Carlista (1833-1839) Ó comezar a guerra os carlistas controlan o ámbito rural mentres que as cidades permanecen fieis ao liberalismo. Os carlistas non tiñan un exército regular, pero contaban co apoio popular e así van organizar partidas que levan a cabo unha guerra de guerrillas. Este conflito desenvolveuse en catro etapas.
A I Guerra Carlista (1833-1839) 1) A formación do foco de insurrección vasco-navarro (1833-1835). O exército isabelino conseguiu reprimir os núcleos carlistas excepto o País Vasco e Navarra, onde o coronel carlista Zumalacárregui creou un auténtico exército a partir das cuadrillas guerrilleiras xa existentes. A morte de Zumalacárregui durante o fracasado asedio a Bilbao, privou a Carlos María Isidro do seu militar máis capacitado.
A I Guerra Carlista (1833-1839) 2) As expedicións nacionais (1836-1837). Durante este periodo os carlistas organizaron incursiones fóra dos dous núcleos que controlaban: a Expedición Gómez (1836) e a Expedición Real (1837). Nesta etapa fracasou de novo o proxecto de tomar Bilbao grazas á vitoria do xeneral isabelino Espartero.
A I Guerra Carlista (1833-1839) 3) A iniciativa isabelina e o Convenio de Vergara (1837-1839). O exército gobernamental, liderado por Espartero, pasou á ofensiva. Pola súa banda, o mando supremo das tropas carlistas, o xeneral Maroto, era partidario de negociar o fin da guerra. A firma do Convenio de Vergara (1839) foi selada co abrazo entre Maroto e Espartero. Este acordo puxo fin á guerra en Navarra e o País Vasco, e o Goberno comprometeuse, ademais, a remitir a cuestión foral, ás Cortes para a súa discusión.
A I Guerra Carlista (1833-1839) 4) O fin da guerra no Maestrazgo (1839-1840). O xeneral Cabrera e as súas tropas negáronse a acatar o Convenio de Vergara e seguiron loitando ata que o xeneral Espartero tomou Morella, o seu principal reducto no Maestrazgo. En 1840 os últimos carlistas se exiliaron en Francia.
O período das Rexencias (1833-1843). Ponse fin ó Antigo Réxime de maneira gradual: Fase de transición entre o absolutismo e o liberalismo. Fase de ruptura Implantación dun goberno liberal de carácter autoritario.
A Rexencia de María Cristina (1833-1840) A Rexencia de María Cristina (1833-1840). A transición entre os dous modelos. A transición entre o Estado absolutista de Fernando VII e o liberal de Isabel II caracterizouse por: protagonismo de monárquicos reformistas (Cea Bermúdez e Javier de Burgos) e de liberais moderados (Martínez de la Rosa). Publicación do Estatuto Real (1834), unha “terceira vía” entre o liberalismo e o absolutismo. Reformas como a división en provincias de 1833 (Javier de Burgos) ou o renacemento da Milicia Nacional. Porén, o réxime da etapa de transición fracasou debido ao intento de reconciliar absolutismo e liberalismo.
A ruptura co Antigo Réxime Os gobernos desta fase impulsaron a ruptura co Antigo Réxime. As súas características foron: Un pronunciamento militar, o dos Sarxentos da Granja de San Ildefonso (1836); que obrigou a M. Cristina a aceptar a Constitución de 1812 e a un goberno progresista liderado por Mendizábal. A Constitución de 1837, máis breve e moderada que a de 1812, que substituiu a esta como cesión os moderados, para garantir a estabilidade. A desamortización promovida por Mendizábal. Os progresistas tiveron moitos problemas para consolidar o seu dominio político fronte aos moderados, así que tiveron que recorrer á insurrección militar, encabezada por Espartero.
A rexencia de Espartero (1840-1843) Espartero desprazou a María Cristina de Borbón como rexente e estableceu un goberno liberal de corte progresista. Porén, o seu marcado autoritarismo ignorando ás Cortes levouno a quedarse sen apoios incluso entre os propios progresistas. Espartero en 1842 aprobou un arancel librecambista que abría o mercado ós tecidos británicos, prexudicando os intereses da industria catalá. Así, producíronse revoltas urbanas en Barcelona e Espartero para sufocalas,chegou a bombardear a cidade de Barcelona. Todo isto desembocou nunha insurrección xeral, encabezada polos xenerais Narváez e O´Donnell que provocarán a súa dimisión. En 1843 abandonou a rexencia, o goberno e exiliouse a Inglaterra.
O REINADO DE ISABEL II Isabel II, será declarada maior de idade en 1844, comezando o seu reinado efectivo, que en trazos xerais estará caracterizado por: Construción do novo Estado liberal en España, xa desmantelado o Antigo Réxime na etapa anterior Protagonismo político dos moderados, que gobernaron durante case toda esta etapa, agás nos anos do Bienio progresista, 1854-1856.
A Década Moderada (1844-1854) En 1844, formou goberno Narváez, líder dos moderados e protagonista da década. A súa actuación política caracterizouse por: A estabilidade política,a través da corrupción administrativa, o illamento aos progresistas. A aprobación da Constitución de 1845, de claro carácter conservador e máis restrictiva en dereitos que a de 1837. A centralizacion política e administrativa: control sobre a Administración local e municipal, co nomeamento polo goberno dos gobernadores civís e os alcaldes; reforma da Facenda coa Lei Mon-Santillán (1845);e creación da Garda Civil como corpo militar encargado da orde publica en substitución da Milicia Nacional. O achegamento á Igrexa Católica, co Concordato coa Santa Sede de 1851, e a suspensión do proceso desamortizador. O inicio da construción da rede ferroviaria en España coas liñas Barcelona-Mataró e Madrid-Aranjuez.
O Bienio progresista (1854-56) O autoritarismo e a restrición de liberdades, a corrupción, o fraude electoral que impedía o acceso ó poder ós progresistas, vai levar a un levantamento xeral, iniciado por un pronunciamento, coñecido como a vicalvarada, e protagonizado por O’Donnell, que deriva nun levantamento xeral a través das xuntas revolucionarias. Supón a volta dos progresistas ó poder, cun vello símbolo do progresismo á fronte do goberno, Espartero.
O Bienio progresista (1854-56) Durante o Bienio progresista levouse a cabo: A elaboración dun proxecto de Constitución (1856): Foi chamada non nata, porque non chegou a promulgarse e a entrar en vigor. Era semellante á de 1837, con algún elemento máis progresista. A culminación do proceso desamortizador: foi promovido polo ministro de Facenda, Pascual Madoz, e afectou non só ás posesións da Igrexa, senón tamén ás terras e bens dos municipios e do Estado. Medidas de carácter económico, como a Lei de Ferrocarrís (1855), que levou a un gran desenvolvemento da infraestrutura viaria, ó facilitar a inversión estranxeira, e as leis bancarias de 1856, que deron lugar á creación do Banco de España e dos primeiros bancos privados.
O Bienio progresista (1854-56) Durante esta etapa produciuse un crecemento económico, pero este favoreceu claramente á burguesía, mentres que as clases populares quedaron á marxe. Así, estouparon conflitos sociais: Na incipiente industria: folgas organizadas por sociedades obreiras que culminaron na folga xeral de xullo de 1855, a máis importante producida ata entón. No campo: motíns de subsistencia, debido á carestía de trigo, que foron duramente reprimidos. Como consecuencia, produciuse a caída do Goberno. O xeneral O´Donnell foi o encargado pola raíña para acabar coa resistencia armada da Milicia Nacional, que apoiaba os motíns populares. Tras estes sucesos, os progresistas deixaron de ser o sector radical do liberalismo español; en diante, a á esquerda sería ocupada polos demócratas.
O retorno o moderantismo (1856-1868) A preocupación principal dos gobernos liberais nesta etapa foi restaurar a orde. Así, produciuse a alternancia no Goberno de dúas forzas políticas: Os moderados,dirixidos por Narváez. A Unión Liberal, un novo partido creado e liderado por O’Donnell, que pretendía aglutinar ós moderados menos conservadores e ós progresistas más conservadores; é dicir, intentou ser unha opción de centro sen éxito. Nesta forza política destacaron militares como Francisco Serrano, Juan Prim e Juan Bautista Topete, ou civís como Antonio Cánovas del Castillo. Os seus membros tamén foron chamados “unionistas”. Os progresistas quedaron, de novo illados do poder, xunto con outros partidos que o estiveran dende o seu nacemento coma os demócratas.
O retorno o moderantismo (1856-1868) Este período caracterizouse por un liberalismo pragmático e realista que non atopou inicialmente unha excesiva oposición por parte das élites do país. Tres trazos caracterizaron a política dos gobernos este período: A insistencia no progreso económico como obxectivo supremo da política. Por esta razón incrementáronse os investimentos públicos: Continuación do tendido ferroviario (1856-66) e finalización da Canle de Isabel II (1858), que abastecería a Madrid de auga.
O retorno o moderantismo (1856-1868) Política exterior, de carácter intervencionista. A finalidade era restablecer o prestixio de España e restaurar o seu papel como potencia internacional, sempre de acordo cos intereses de Francia e o Reino Unido. Ademais, con esta política se fomentaba o nacionalismo na opinión pública. A principal intervención militar tivo como escenario Marrocos (1859-1860). O pretexto foi a defensa de Ceuta e Melilla dos ataques das tribos rifeñas. Tamén se realizou unha expedición militar a México, en colaboración con Francia e o Reino Unido (1861); unha expedición á península de Indochina, en colaboración con Francia (1859); unha guerra contra Perú e Chile (1864-66). Ningunha destas empresas reportou vantaxes materiais ou económicas destacables.
O retorno o moderantismo (1856-1868) Política interior cada vez máis autoritaria e represiva: A actuación do goberno baseouse nos principios moderados da Constitución de 1845. De novo, se bloquea a alternancia pacífica no poder. O goberno era nomeados ou destituídos segundo o favor e a confianza da raíña. Para acalar á oposición, o Goberno clausura as Cortes e reforza a represión. Os grupos marxinados do poder, como os progresistas e os demócratas, recorreron á vía insurreccional para acabar non só cos gobernos senón tamén contra a raíña mesma.
A fin do reinado de Isabel II Entre estes disturbios destacou a protesta estudiantil coñecida como a Noite de San Daniel (1865) ou a sublevación dos sarxentos do cuartel de San Gil (en Madrid, en 1866). A represión desatada polo goberno neses anos obrigou a esas forzas opositoras a organizarse no exilio. En 1866, as distintas forzas de oposición asinaron un acordo de actuación, o Pacto de Ostende (Bélgica). Trala morte dos dous principais apoios da raíña, O’Donnell (1867) e Narváez (1868), incluso os militares unionistas (Prim, Serrano e Topete) adheríronse ao pacto. A recesión económica de 1866-68, para rematar, aumentou o descontento xeral, especialmente no ámbito empresarial e dos negocios. Todos estes factores desencadearon a revolución de setembro de 1868. ?A Gloriosa