Aparato circulatorio Miguel Servet (1511-1553) Médico e teólogo español. Foi o primeiro en describir a circulación do sangue e morreu por elo en Xenebra.
(fluído que se atopa rodeando as células) O APARATO CIRCULATORIO conecta todos os aparatos involucrados na función de nutrición có plasma intersticial que rodea as células do corpo. Contribúe a manter o equilibrio do medio interno ou HOMEOSTASE. MEDIO INTERNO Plasma intersticial (fluído que se atopa rodeando as células) Linfa Sistema linfático Sangue Sistema circulatorio APARATO CIRCULATORIO Circula polo Circula polo
FUNCIÓNS DO SISTEMA CIRCULATORIO O sistema circulatorio encárgase de transportar substancias no organismo: Leva os nutrientes resultado da dixestión desde o tubo dixestivo ata todas as células do corpo, Transporta os gases repiratorios Transporta as substancias de refugo, produto do metabo-lismo celular, dende estas ata os órganos da excreción Transporta as hormonas, tan importantes para que o organismo funcione coordinadamente. Regula a temperatura do corpo.
Función de transporte
Anatomía do sistema circulatorio Corazón Vasos sanguíneos Arterias Veas Capilares
CORAZÓN O corazón é un órgano musculoso do tamaño dun pu- ño aloxado na cavidade torácica. O músculo que o forma recibe o nome de MIOCARDIO.
Corazón Externamente está protexido por unha membrana de dúas capas, o PERICARDIO As arterias coronarias nutren o corazón.
Dúas aurículas, de paredes finas. Dous ventrículos, de paredes grosas. Internamente presenta catro cavidades: Dúas aurículas, de paredes finas. Dous ventrículos, de paredes grosas.
Á aurícula esquerda chegan as catro veas pulmonares. Á aurícula dereita chegan as dúas veas cavas. Do ventrículo dereito sae a arteria pulmonar. Do ventrículo esquerdo sae a arteria aorta.
Entre a aurícula dereita e o ventrículo dereito está a válvula tricúspide Entre a aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo está a válvula mitral . Non hai conexión entre o lado esquerdo e o dereito do corazón. Entre os ventrículos e as arterias están as válvulas sigmoideas (semilunares)
Fisioloxía do corazón: MOVEMENTOS DO CORAZÓN: Sístole: contración do músculo cardíaco Diástole: Relaxación do músculo cardíaco Frecuencia cardíaca: número de latidos por minuto. Depende da idade, sexo, estado físico… En repouso: 60-100 por minuto. Exercicio físico: 150-200
O corazón: Ciclo cardíaco Diástole xeral: o sangue desosixenado entra na aurícula dereita. O sangue osixenado entra na aurícula esquerda. As válvulas auriculo-ventriculares ábrense. Sístole auricular: o sangue pasa das aurículas aos ventrículos. Sístole ventricular: os ventrículos contráense. As válvulas aurículo-ventriculares péchanse. As válvulas sigmoideas árense e o sangue pasa ás arterias
Ruídos cardíacos En cada ciclo cardíaco percíbense dous ruídos, separados por un pequeno e un gran silencio. Os ruídos corresponden aos sons “lubb-dupp” considerados como os latexos do corazón. Primeiro ruido: corresponde ao inicio da sístole ventricular. As válvulas tricúspide e mitral péchanse Segundo ruido: prodúcese ao inicio da diástole ventricular. Péchanse as válvulas aórtica e pulmonar. Pulso: Onda de presión producida polo sangue ao sair do corazón, que se transmite ao longo dos vasos sanguíneos. Percíbese nas arterias máis superficiais, nos pulsos e no pescozo
Regulación da actividade cardíaca O corazón é autoexcitable grazas ao tecido nodal, formado por células musculares modificadas e capaces de xerar impulsos. Nódulo sinoatrial (SA): Inicia cada ciclo cardiaco. Nódulo auriculoventricular (AV): Capta a estimulación do SA e a transmite ao seguinte. Fascículo de His: distribúe o sinal aos ventrículos. Se ramifica formando a rede de Purkinje.
Regulación da actividade cardíaca O ritmo cardíaco pode ser alterado polo sistema nervioso e polo sistema endócrino. As fibras simpáticas aceleran o ritmo cardiaco (efecto estimulador). As fibras parasimpáticas fanno máis lento (efecto inhibidor). A adrenalina e noradrenalina (sintetizadas nas cápsulas suprarrenais) e a tiroxina (sintetizada na tiroide) aumentan o ritmo cardiaco.
VASOS SANGUÍNEOS As veas teñen paredes finas e levan o sangue dende os órganos ao corazón. Presentan válvulas que impiden o retroceso do sangue As arterias son vasos de paredes grosas que levan o sangue dende o corazón aos órganos arteriola vénula Os capilares son vasos de paredes moi finas nos que se produce o intercambio de substancias
As arterias Levan o sangue desde o corazón aos tecidos. Histoloxía: Túnica adventicia, externa, de tecido conxuntivo. Túnica media, de fibra muscular lisa. Túnica interna, de endotelio.
As veas Devolven o sangue desde os tecidos ao corazón. Histoloxía: Túnica adventicia, máis grosa que en arterias. Túnica media, máis fina que nas arterias. Túnica interna. Teñen válvulas que evitan o retroceso do sangue
Os capilares Moi finos (8-12 micras) Unha soa capa de tecido epitelial (endotelio). Neles realízase o intercambio de substancias Suman unha lonxitude de 100.000 quilómetros. Se estima que la longitud total de todos los capilares del cuerpo humano es de unos 100.000 kilómetros.
A circulación sanguínea: Temos unha circulación dobre: O sangue pasa dúas veces polo corazón. Completa: O sangue rico en osíxeno nunca se mestura có rico en CO2. A parte dereita do corazón sólo bombea sangue rica en CO2, A esquerda bombea só sangue rica en O2.
CIRCULACIÓN MENOR OU PULMONAR: O sangue cargado de dióxido de carbono sae do ventrículo dereito, polas arterias pulmonares, osixénase nos pulmóns e regresa polas veas pulmonares ata a aurícula esquerda.
CIRCULACIÓN MAIOR OU SISTÉMICA: O sangue cargado de osíxeno sae do ventrículo esquerdo pola arteria aorta, leva aos órganos osíxeno e nutrientes e recolle refugos e dióxido de carbono, volve a aurícula dereita do corazón polas veas cavas.
O SANGUE O sangue é un tecido formado por varios tipos de células e unha substancia intercelular chamada plasma.
FUNCIÓNS DO SANGUE Transporte de nutrientes, hormonas e refugos Transporte de gases respiratorios Regula a temperatura corporal FUNCIÓNS DO SANGUE Función de defensa Coagulación sanguínea
CIRCULATORIO DE VERTEBRADOS
PEIXES Corazón: 1A/1V Circulación pechada simple
ANFIBIOS E RÉPTILES ( agás crocodilos) Corazón: 2A/1V Circulación pechada dobre e incompleta
MAMÍFEROS E CROCODILOS Corazón: 2A/2V Circulación pechada dobre e completa
SAÚDE
Presión sanguínea É a presión que exerce o sangue sobre as paredes das arterias. Mídese có esfingomanómetro. A presión máxima coincide coa sístole ventricular. A mínima coincide coa diástole.
COLESTEROL O COLESTEROL é un compoñente natural das membranas celulares. En exceso pódese depositar nas arterías causando ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES. Colesterol unido a lipoproteínas de alta densidade (HDL) - colesterol "bo", Colesterol unido a lipoproteínas de baixa densidade (LDL) - colesterol "malo”
Controla o consumo de graxas saturadas (de orixe animal) xa que favorecen a formación de colesterol LDL. Calcula o teu Índice de Masa Corporal http://www.calculoimc.com/ “Familia” de Botero.
PÁXINAS DE CONSULTA: http://www.educantabria.es/docs/Digitales/Primaria/Cono_ 3_ciclo/CONTENIDOS/CUERPO%20HUMANO/DEFINITIVO% 20CIRCULATORIO/publicar/page8.html http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/profe sor/3eso/1.htm
Pilar de Vega Bioloxía de 1º de BAC.